- Código
- MP0135
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 120.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 10.000,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Urbano Antonio Santana Penin
Urbano Alejandro Santana Mora - Contacto
berta.lago [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Berta Maria Lago Lopez
berta.lago [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 23/09/2022 - 30/06/2024
Preinscrición: 06/06/2022 - 08/07/2022
Matrícula: 01/09/2022 - 15/09/2022
Número alumnos/as mínimo: 2
Número alumnos/as máximo: 4
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Graduados e/ou licenciados en Odontoloxía. Especialistas en Estomatoloxia
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Curriculo, entrevista persoal e proba práctica (tallado dentario e/ou encerado)
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 2.500,00€ | 01/09/2022 - 15/09/2022 |
2 | 2.500,00€ | 10/01/2023 - 20/01/2023 |
3 | 2.500,00€ | 01/09/2023 - 11/09/2023 |
4 | 2.500,00€ | 09/01/2024 - 19/01/2024 |
Obxectivos
Dada a necesidade de realizar nas clínicas odontolóxicas tratamentos de rehabilitación oral complexos, e sendo esta importante parcela só parcialmente abordada durante o grado de Odontoloxía, cremos oportuno reforzar estes coñecementos mediante a organización deste curso de posgrao. Os obxectivos do programa serán: fomentar o estudo, diagnóstico e plan de tratamento interdisciplinar mediante próteses dento e implantosoportada; a capacitación do alumno para a aplicación das distintas técnicas de preparacións dentarías, cirurxía implantolóxica e realización e instalación da rehabilatación protésica; a abordaxe do diagnóstico das desordes temporomandibulares e finalmente a introdución do alumnado no ámbito da investigación científica, revisión bibliográfica, etc.... co fin de realizar o traballo de campo e comunicacións e publicacións científicas.Para o desenvolvemento do Máster e preciso a colaboración co Servizo de Investigación clínica en prostodoncia e implantoloxía da mesma unidade docente (Oclusión e Odontoloxía Protésica) .
Preténdese a formación de alumnos en formato OIR (Odontologo Interno Residente); polo que o número de alumnos admitidos debe ser moi baixo e por igualdade de oportunidades, a matricula do alumno dun coste reducido.
Competencias
Esta formación efectuarase vertebrando os aspectos cirúrxicos e de prostodoncia durante os tratamentos que se realizaran nos distintos pacientes no transcurso da duración do máster.Para acceder ao segundo curso é necesario ter superadas todas as materias do primeiro curso.
Avaliación
Avaliación continuada ao longo dos dous cursos e na data de finalización do máster o alumno debe ter elaborado un artigo científico, realizado en equipo, sometido a unha revista indexada no JCR.
Ao finalizar o primeiro curso realizarase unha avaliación parcial que determinará si o/a alumno/a superou os obxectivos e competencias que lle permitan iniciar a formación do segundo curso
Metodoloxía
Individual e permanente
Luns, martes, mércores, xoves e venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Introdución: Prótese Dental: Concepto e Tipos, Odontoloxía Implantolóxica, Fundamentos. | 1.0 |
2 | Prótese Removible : Concepto e Tipos, Biomecánica. Oclusión e ATM. Diagnose e Plan de Tratamento.laboratorio. Execución Clínica. | 5.0 |
3 | Prótese Fixa Dentosoportada: Principios Xerais. Oclusión e ATM. Consideracións Biomecánicas. Restauración Unitaria, Restauración do Dente Desvitalizado. Prótese Parcial e Total. Laboratorio. Prótese Provisional. Novas Tecnolóxias. | 5.0 |
4 | Odontoloxia Implantolóxica: Fundamentos, Concepto, Tipos e Biomecánica. Oclusión e ATM. Plan de Tratamento.técnicas Cirúrxicas Básicas. Diagnóstico Radiolóxico. TAC. Prótese Unitaria. Prótese Múltiple. Prótese Total. | 6.0 |
5 | Desordes Tempomandibulares I: Diagnose, Diagnose Diferencial e Planficación Terapéutica. | 1.0 |
6 | Investigación I. | 1.0 |
7 | Clínica I. | 15.0 |
8 | Clínica II. | 25.0 |
9 | Prótese Maxilofacial: Concepto e Tipos. Procedementos Clínicos. | 1.0 |
10 | Desordes Tempomandibulares II: Diagnóse, Diagnóse Diferencial e Planificación Terapéutica. (2º Curso) | 2.0 |
11 | Investigación II. (2º Curso) | 2.0 |
12 | Clínica III. (2º Curso) | 28.0 |
13 | Clínica IV. (2º Curso) | 28.0 |