- Código
- MP0152
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 1.900,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Dirección
-
Xose Lopez Garcia
Manuel Rico Prada - Contacto
xose.lopez.garcia [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Ciencias da Comunicación
XOSE LOPEZ GARCIA
16536
xose.lopez.garcia [at] usc.es
Facultade de Ciencias da Comunicación
Datas
Duración: 07/10/2022 - 13/05/2023
Preinscrición: 05/07/2022 - 31/07/2022
Matrícula: 01/09/2022 - 23/09/2022
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 13
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
O artigo 16 do Real Decreto 1393/2007 establece que para acceder ás ensinanzas oficiais de máster será necesario estar en posesión dun título universitario español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso ás ensinanzas de máster.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
O sistema de admisión do alumnado será realizado de acordo cos criterios e procedementos establecidos no Regulamento de Posgrao Oficial da Universidade de Santiago de Compostela seguindo os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 1.000,00€ | 01/09/2022 - 23/09/2022 |
2 | 900,00€ | 21/02/2023 - 03/03/2023 |
Obxectivos
O obxectivo do programa proposto é o de aportarlle ao alumnado os coñecementos e ferramentas necesarios para o traballo no marco do xornalismo de investigación e de datos. Estas utilidades sitúanse tanto no plano dos procedementos como no das ferramentas e instrumentos empregados para a actividade diaria neste xeito de producir información, sendo todos eles da partida nas ensinanzas proxectadas.Competencias
Clases expositivas, Clases interactivas, titorías en grupo e actividades de avaliación.Avaliación
A avaliación poderá ser continua cos elementos fixados polo profesorado para medir a implicación do alumnado no desenvolvemento do programa das materias e o nivel de aproveitamento dos contidos.
Poderá ser programado un exame para a avaliación dos coñecementos adquiridos. Tamén se terán en conta os resultados das actividades ou traballos elaborados nas sesións prácticas.
Metodoloxía
O programa das materias organízase arredor dunha serie de contidos de carácter obrigatorio (54 créditos ECTS), composto por oito materias diferentes. A maiores, o estudantado deberá elixir dúas materias optativas (6 créditos ECTS). As prácticas externas en empresas xornalísticas serán obxecto doutros 6 créditos ECTS. Finalmente, destínanse 12 créditos ECTS á realización do Traballo de Fin de Máster, unha investigación xornalística deseñada para a súa publicación nalgúns dos medios cos cales o programa teña asinado un convenio.
9-14h. 16-20h
Observacións
Venres, de 15-20 horas; sábado, de 9-15 horas
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | A Investigación Xornalística. Ferramentas para Investigar. Técnicas e Procedementos. | 3.0 |
2 | Como Planificar unha Investigación. Deseño e Execución dun Proxecto. | 6.0 |
3 | Lei de Transparencia. Teoría e Práctica nas Investigacións Xornalísticas. | 3.0 |
4 | Como Traballar con Rexistros Oficiais Nacionais e Internacionais. | 3.0 |
5 | Economía para Xornalistas de Investigación. | 3.0 |
6 | Fact-Checking. como Verificar a Investigación Antes de Publicar. | 6.0 |
7 | Xornalismo de Datos. Técnica e Aplicacións. | 6.0 |
8 | Técnicas de Visualización dunha Peza de Investigación. | 6.0 |
9 | Novas Narrativas Xornalísticas, Participación Cidadá e Implicación das Audiencias Activas. | 3.0 |
10 | As Organizacións Internacionais do Xornalismo de Investigación e o Dereito a Investigar. | 3.0 |
11 | Ciberseguridade. Investigar Seguro. | 3.0 |
12 | Intelixencia Artificial, Procesamento de Datos en Tempo Real e Investigación Científica. Achegas para Facer Mellores Indagacións. | 3.0 |
13 | Traballo de Fin de Máster. | 12.0 |
14 | Prácticas Externas. | 6.0 |