- Código
- MP0155
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 90.0
- Curso
- 2023-2024
- Prezo
- 7.900,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Emilia Vazquez Rozas
Miguel Angel Otero Simon - Contacto
mascomex [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Miguel Ángel Otero Simón
647 73 44 76
mascomex [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 02/10/2023 - 20/12/2024
Preinscrición: 12/06/2023 - 15/09/2023
Matrícula: 18/09/2023 - 22/09/2023
Número alumnos/as mínimo: 7
Número alumnos/as máximo: 26
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso engloba os seguintes cursos de posgrao ou formación continua:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0155-FE0133 | Diploma de Experto en Marketing Internacional |
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título universitario. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requerida. Neste caso, non poderá obter o título de Máster en Formación Permanente quen previamente non obtivera o título de Grao. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego ( FUNDAE), polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo, poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico. Coñecemento de idiomas. Experiencia profesional. Estadías no estranxeiro e entrevistas persoais en castelán e inglés.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 4.000,00€ | 18/09/2023 - 22/09/2023 |
2 | 3.900,00€ | 01/03/2024 - 11/03/2024 |
Obxectivos
Para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis competitivo, xa non é suficiente posuír un título universitario, necesítase unha formación especializada, práctica e adaptada ás necesidades e demandas da empresa actual.Desde os nosos inicios, no curso 1991-1992, a nosa misión é formar aos especialistas en internacionalización de empresas, comercio exterior e negocios internacionais que demandan as empresas para desenvolver a súa expansión internacional. Hoxe, prácticamente todas as empresas galegas con proxección internacional contan con directivos e técnicos de MASCOMEX.
MASCOMEX pon a disposición dos seus alumnos, a súa experiencia e o seu prestixio, para ofrecerlles un programa formativo pensado para as necesidades dos directivos do século XXI. O noso obxectivo último é conseguir a súa inserción laboral e contribuír á súa futura progresión e desenvolvemento profesional.
Máis do 95% dos alumnos que realizan MASCOMEX conseguen a súa inserción laboral en multinacionais e empresas exportadoras antes de finalizar o master, a través do noso programa de prácticas.
Actualmente a nosa rede MASCOMEX está formada por máis dun milleiro de alumnos, presentes en todos os continentes e nunha ampla variedade de sectores e profesións vinculadas ao ámbito internacional: Directores Internacionais ou de Exportación, Directores de Loxística Internacional, Directores de Compras Internacionais, Directores de Administración Internacional, Area Managers, Técnicos de Exportación, Técnicos de Logística Internacional, Técnicos de Compras Internacionais, etc.
Competencias
A nosa metodoloxía prepara aos nosos alumnos para tomar as decisións adecuadas para resolver de xeito exitoso as complexas situacións que se lle presentan ás empresas que operan a nivel internacional. Para iso combinamos ferramentas da formación tradicional (clases maxistrais, método do caso, etc.) con outras máis novidosas (“Da aula a empresa”, Plans de Internacionalización reais, etc.), incorporando en todas elas o uso de idiomas estranxeiros.Para facer a nosa metodoloxía totalmente práctica as empresas están sempre presentes, adaptando todos os nosos instrumentos formativos ás súas necesidades:
• O noso temario, cobre desde unha perspectiva totalmente práctica e especializada todos os coñecementos que debe manexar un directivo ou técnico especialista que actúe no mercado internacional.
• O noso claustro de profesores está formado maioritariamente por directivos con ampla experiencia internacional, que orientan a aplicación dos conceptos á realidade empresarial.
• A nosa metodoloxía “Da aula á empresa” permítenos desenvolver o método do caso nas propias empresas protagonistas do mesmo, incorporando aos seus directivos como poñentes ou profesores.
• Na realización de Plans de Internacionalización reais os nosos alumnos exercitan os coñecementos adquiridos, baixo a dirección de consultores especializados e en colaboración cos directivos da empresa, para a que elaboramos o Plan.
• O noso programa de prácticas remuneradas en empresas exportadoras, de entre 6 e 9 meses de duración, permite ao alumno adquirir unha experiencia práctica fundamental para incrementar o seu valor no mercado e facilitar o seu inserción laboral. Máis do 80% dos nosos alumnos son contratados polas empresas que os reciben ao finalizar as súas prácticas.
A través desta metodoloxía conseguimos que os nosos alumnos, ademais de recibir unha excelente formación, desenvolvan distintas capacidades fundamentais para o seu desenvolvemento profesional:
• Capacidade de síntese e análise.
• Visión práctica da realidade empresarial.
• Capacidade de decisión.
• Capacidade de negociación.
• Capacidade de comunicación en español e outros idiomas.
• Capacidade de coordinación e traballo en equipo.
Avaliación
- Asistencia a clases (mínimo dun 80%).
- Exames ao longo do curso (necesario superación das probas de avaliación correspondentes a cada materia).
- Traballos e proxectos que deben ser valorados positivamente para a súa validación.
Metodoloxía
Titorías presenciais de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 nos despachos 247 e 314.
De luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e/ou de 15:30 a 20:00 horas
Observacións
Curso impartido na modalidade PRESENCIAL.
Ao tratarse dun curso "full time", dedicación plena do alumno, as clases impartiranse habitualmente en horario partido de mañá e tarde. Con carácter xeral as clases das distintas materias impartiranse pola tarde, salvo as de Inglés de Negocios que se impartirán dous días á semana en horario de mañá e as de Proxectos que tamén se impartirán pola mañá.
Tamén realizaranse ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A DOCENCIA como visitas a empresas, instalacións portuarias, institucións, etc. Entre outras que poidan xurdir a longo do master citamos as actividades máis regulares que se desenvolven no marco do máster: Visita a Feira Conxemar en Vigo, Visita a Bodega Martín Códax en Cambados, Visita a sede central de Inditex en A Coruña, Visita as instalacións portuarias do Porto de Vigo,...
O período de docencia será dende o 2/10/2023 ao 28/06/2024 e dende o 02/10/2024 ao 20/12/2024.
A estadía optativa de prácticas en empresas exportadoras será de 6 meses que se poderán iniciar dende o 01/06/2024 ata o 31/09/2024.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Xestión de Empresas Internacionais. | 5.0 |
2 | Economía e Finanzas Internacionais. | 5.0 |
3 | Contorna de Negocios e Competitividade. | 5.0 |
4 | Estratexias e Plan de Márketing Internacional. | 5.0 |
5 | Imaxe de Marca e Promoción Exterior. | 5.0 |
6 | Desenvolvemento de Canles e Fixación de Prezos nos Mercados Internacionais. | 5.0 |
7 | Regulación Aduaneira e Fiscalidade do Comercio Exterior. | 5.0 |
8 | Negociación e Contratación Internacional. | 5.0 |
9 | Loxística e Transporte Internacional. | 5.0 |
10 | Inglés de Negocios 1: Vocabulario Comercial e de Negocios. | 5.0 |
11 | Inglés de Negocios 2: Comunicación e Negociación Comercial. | 5.0 |
12 | Inglés de Negocios 3: Contratos e Termos Legais. | 5.0 |
13 | Prácticas Tuteladas en Empresas I. | 12.0 |
14 | Conferencias e Encontros con Empresarios. | 2.0 |
15 | Proxecto de Selección e Estudo de Mercados Internacionais. (2º Curso) | 7.5 |
16 | Proxecto de Plan de Acción Comercial. (2º Curso) | 7.5 |
17 | Proxecto de Xestión de Operacións Internacionais. (2º Curso) | 7.5 |
18 | Proxecto de Análise Económica de Países. (2º Curso) | 7.5 |
19 | Prácticas Tuteladas en Empresas II. (2º Curso) | 26.0 |