- Código
- MP0155-FE0133
- Tipo
- Diploma de Experto/a
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 20.0
- Curso
- 2023-2024
- Prezo
- 2.000,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
-
Maria Emilia Vazquez Rozas
Miguel Angel Otero Simon - Contacto
mascomex [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Miguel Ángel Otero Simón
647 73 44 76
mascomex [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
Duración: 09/01/2024 - 30/04/2024
Preinscrición: 06/11/2023 - 21/12/2023
Matrícula: 22/12/2023 - 28/12/2023
Número alumnos/as mínimo: 1
Número alumnos/as máximo: 5
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Este curso forma parte de:
Código | Nome do curso |
---|---|
MP0155 | Máster de Formación Permanente en Dirección e Xestión do Comercio Exterior |
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título universitario. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requerida. Neste caso, non poderá obter o Diploma de Experto/a quen previamente non obtivera o título de Grao. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego ( FUNDAE), polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo, poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico. Coñecemento de idiomas. Experiencia profesional. Estadías no estranxeiro e entrevistas persoais en castelán e inglés.
Obxectivos
Para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis competitivo, xa non é suficiente posuír un título universitario, necesítase unha formación especializada, práctica e adaptada ás necesidades e demandas da empresa actual.Desde os nosos inicios, no curso 1991-1992, a nosa misión é formar aos especialistas en internacionalización de empresas, comercio exterior e negocios internacionais que demandan as empresas para desenvolver a súa expansión internacional. Hoxe, prácticamente todas as empresas galegas con proxección internacional contan con directivos e técnicos de MASCOMEX.
MASCOMEX pon a disposición dos seus alumnos, a súa experiencia e o seu prestixio, para ofrecerlles un programa formativo pensado para as necesidades dos directivos do século XXI. O noso obxectivo último é conseguir a súa inserción laboral e contribuír á súa futura progresión e desenvolvemento profesional.
Competencias
A nosa metodoloxía prepara aos nosos alumnos para tomar as decisións axeitadas para resolver de xeito exitoso as complexas situacións que se lle presentan ás empresas que operan a nivel internacional. Para iso combinamos ferramentas da formación tradicional (clases maxistrais, método do caso, etc.) con outras máis novidosas (“Da aula a empresa”, Plans de Internacionalización reais, etc.), incorporando en todas elas o uso de idiomas estranxeiros.Para facer a nosa metodoloxía totalmente práctica as empresas están sempre presentes, adaptando todos os nosos instrumentos formativos ás súas necesidades:
• O noso temario, cobre desde unha perspectiva totalmente práctica e especializada todos os coñecementos que debe manexar un experto en marketing que actúe no mercado internacional.
• O noso claustro de profesores está formado maioritariamente por directivos con ampla experiencia internacional, que orientan a aplicación dos conceptos á realidade empresarial.
• A nosa metodoloxía “Da aula á empresa” permítenos desenvolver o método do caso nas propias empresas protagonistas do mesmo, incorporando aos seus directivos como poñentes ou profesores.
• Na realización de Plans de Internacionalización reais os nosos alumnos exercitan os coñecementos adquiridos, baixo a dirección de consultores especializados e en colaboración cos directivos da empresa, para a que elaboramos o Plan.
A través desta metodoloxía conseguimos que os nosos alumnos, ademais de recibir unha excelente formación, desenvolvan distintas capacidades fundamentais para o seu desenvolvemento profesional:
• Capacidade de síntese e análise.
• Visión práctica da realidade empresarial.
• Capacidade de decisión.
• Capacidade de negociación.
• Capacidade de comunicación en español e outros idiomas.
• Capacidade de coordinación e traballo en equipo.
Avaliación
- Asistencia a clases (mínimo dun 80%).
- Exames ao longo do curso (necesario superación das probas de avaliación correspondentes a cada materia).
- Traballos e proxectos que deben ser valorados positivamente para a súa validación.
Metodoloxía
Titorías presenciais de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 nos despachos 247 e 314.
De luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e/ou de 15:30 a 20:00 horas
Observacións
Curso impartido na modalidade PRESENCIAL.
Ao tratarse dun curso "full time", dedicación plena do alumno, as clases impartiranse habitualmente en horario partido de mañá e tarde. Con carácter xeral as clases das distintas materias impartiranse pola tarde, salvo as de Inglés de Negocios que se impartirán dous días á semana en horario de mañá e as de Proxectos que tamén se impartirán pola mañá.
Tamén realizaranse ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A DOCENCIA como visitas a empresas, instalacións portuarias, institucións, etc.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Estratexias e Plan de Márketing Internacional. | 5.0 |
2 | Imaxe de Marca e Promoción Exterior. | 5.0 |
3 | Desenvolvemento de Canles e Fixación de Prezos nos Mercados Internacionais. | 5.0 |
4 | Inglés de Negocios 2: Comunicación e Negociación Comercial. | 5.0 |