- Código
- FD0226
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 2.0
- Curso
- 2023-2024
- Prezo
- 200,00€
- Centro
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Dirección
-
Ana Manuela De Azevedo Gomes
Maria Isabel Quiroga Berdeal - Contacto
anamanuelade.azevedo [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
ANA MANUELA DE AZEVEDO GOMES
anamanuelade.azevedo [at] usc.es
Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Datas
Duración: 13/05/2024 - 15/05/2024
Preinscrición: 25/04/2024 - 28/04/2024
Matrícula: 29/04/2024 - 06/05/2024
Número alumnos/as mínimo: 5
Número alumnos/as máximo: 25
Comentarios: Sala Norvet and Laboratorio de Histología Facultade de Veterinaria Avda Carballo Calero 27002 LUGO gapavet@usc.es
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
O curso estará aberto a investigadores e a calquera profesional que demostre experiencia previa en investigación con peixe cebra ou no ámbito da patoloxía dos peixes. Os graduados/licenciados en Veterinaria terán prioridade. Tamén se admitirán estudantes de Veterinaria ou Bioloxía.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Currriculum vitae e perfil profesional
Obxectivos
Este curso ten como obxectivo principal formar aos participantes en materia de saúde e manexo do peixe cebra no contexto investigador. Este obxectivo divídese en outros:- Familiarizar aos participantes cos aspectos xerais do peixe cebra utilizado en investigación: anatomía, bioloxía, manexo, fisioloxía, histoloxía, benestar e marco legal.
- Profundizar no estudo das principais enfermidades que afectan ao peixe cebra en instalacións de experimentación animal, así como nas diferentes técnicas de seguimento e diagnóstico aplicadas ao seu estudo.
- Proporcionar habilidades prácticas, como a administración de anestesia/eutanasia, a observación clínica e a correcta toma de mostras, para que os participantes poidan aplicalas en situacións reais tanto no contexto clínico como na investigación.
O curso será de utilidade para profesionais (investigadores, biólogos, veterinarios e técnicos) que traballen, ou que desexen comezar a traballar con animais de experimentación (peces), empresas, profesionais interesados na práctica clínica dos animais acuáticos e estudantes de veterinaria e bioloxía que teñan unha clara vocación neste campo.
Competencias
O curso conta co recoñeccido profesor Michael Kent, especialista en patoloxía de peixe cebra e autor de numerosos traballos nese ámbito, que impartirá grande parte das clases teóricas (en inglés). Ademais, tamén impartirán cinco profesores da USC, especialistas en sanidad de los animales acuáticos del Departamento de Anatomía, Producción Animal y Ciencias Clínicas Veterinarias: Roberto Bermúdez Pose (profesor titular de Universidade e diplomado europeo en ECAAH), Mª Isabel Quiroga Berdeal, (profesora titular de Universidade e diplomada europea en ECAAH), Sonia Vázquez (profesora contratada doutora), Ana Paula Losada García (profesora axudante doutora e diplomada europea en ECAAH) y Ana Manuela de Azevedo (profesora axudante doutora e diplomada europea en ECAAH).Trátase dun curso teórico-práctico. No módulo teórico abordaranse aspectos básicos da anatomía, bioloxía, fisioloxía, manexo, benestar e patoloxía clínica do peixe cebra. Tamén se presentarán as enfermidades máis frecuentes que poden afectar aos peixes en instalacións de experimentación animal. Abordarase tamén o estado da investigación no manexo e saúde do peixe cebra usado en instalacións de experimentación animal, o marco legal e as medidas de biosseguridade que se deben tomar neses centros. Por outra banda, mostrarase a importancia da anatomía patolóxica como ferramenta diagnóstica, mediante a presentación de casos prácticos mostrados a través dunha abundante iconografía.
A parte práctica do curso subdividirase en dúas actividades. Na primeria os participantes terán a oportunidade de estudar casos prácticos, utilizando a metodoloxía necesaria para avaliar e monitorizar os peixes vivos e realizar a anestesia e eutanasia. Ademais, os asistentes realizarán técnicas de diagnóstico non letal, necropsias e toma de mostras para diferentes estudos. Nunha segunda sesión tamén se abordará el protocolo de muestreo na investigación con peixe cebra dunha forma aplicada, tengo en contas algunhas das diferentes técnicas de análise como os estudos histopatolóxicos, xenéticos, bioquímicos, microbiolóxicos, enzimáticos ou hematolóxicos. Asimismo, poderán avaliar diferentes casos prácticos baixo o microscopio, co obxectivo de adquirir nocións básicas de citoloxía e histopatoloxía en peixes, coñecendo algunhas das súas enfermidades máis comúns e outras non tan comúns. Todo isto permitirá comprender mellor as principais diferenzas na resposta a enfermidades desta especie en comparación cos mamíferos e coñecer as lesións máis frecuentes nos sistemas orgánicos que poden ser de importancia diagnóstica e no contexto da investigación.
Avaliación
Avaliación continua. Asistencia e participación activa nas clases.
Metodoloxía
A través do correo electrónico
13/05/24 de 16.00h a 20.00h; 14/05/2024 de 9.30 a 14.30h e de 16.00h a 20.00h; 15/05/24 de 9.30h a 14.00h e de 15.30h a 19.30h
Observacións
Día 13/05/24:
16.00h a 20.00h: Sala Norvet
Día 14/05/2024:
9.30 a 14.30h: Sala Norvet
Xantar (non incluído)
16.00h a 20.00h: Laboratorio de Histoloxía, Pabellón 3 2ª Sup
Día 15/05/24:
9.30h a 14.00h: Sala Norvet
Xantar (non incluído)
15.30h a 19.30h: Laboratorio de Histoloxía, Pabellón 3 2ª Sup
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Aspectos Xerais do Peixe Cebra en Investigación. | 0.5 |
2 | Saúde do Peixe Cebra en Instalacións de Experimentación. | 0.5 |
3 | Sesión Práctica I. | 0.5 |
4 | Sesión Práctica II. | 0.5 |