- Código
- FD0373
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 1.5
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- Abonado pola entidade solicitante
- Centro
- Oficina de Igualdade de Xénero
- Dirección
-
Sonia Esperanza Rodríguez Boente
Patricia Alonso Ruido - Contacto
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Oficina de Igualdade de Xénero
VANESSA VIDAL FREIRE
vanessa.vidal.freire [at] usc.es
Oficina de Igualdade de Xénero
Datas
Duración: 06/10/2025 - 10/10/2025
Preinscrición: 28/07/2025 - 19/09/2025
Matrícula: 22/09/2025 - 26/09/2025
Número alumnos/as mínimo: 10
Número alumnos/as máximo: 25
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Non se exixen.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Dirixido a estudantado de grao, máster e doutoramento, así como profesionais da educación, seleccionados por orde de preinscipción.
Obxectivos
1. Analizar a realidade educativa e o currículo escolar desde unha perspectiva crítica, reflexiva e de xénero.2. Comprender a perspectiva de xénero e o seu substrato conceptual, no marco da intervención
pedagóxica e científica feminista, tendo en consideración a cronoloxía da desigualdade.
3. Reflexionar sobre o impacto da desigualdade - alimentada polo sexismo e os estereotipos de xénero- na educación, mentres que se desenvolve unha mirada docente e investigadora de xénero e se estimulan estratexias pedagóxicas feministas no estudantado.
4. Identificar e visibilizar as situacións de discriminación e desigualdade en materia de xénero, desde a perspectiva do pensamento pedagóxico feminista.
5. Incorporar a perspectiva de xénero nas aulas de en sino secundario desde a perspectiva do pensamento pedagóxico feminista.
Competencias
T2.1 Procesar información, ideas e conceptos.T3.2 Adoptar un enfoque proactivo.
T6.3 exercer dereitos e responsabilidades.
T6.6 Estudos de xénero.
S1.12 Crear materiais artísticos, visuais ou docentes.
Avaliación
A fin de avaliar as aprendizaxes das persoas participantes solicitaráselles un esbozo dunha actividade concreta coa que se traballe a incorporación da perspectiva de xénero nunha aula ordinaria. Unha tarefa que deben contextualizar directamente nalgunha das materias do currículo da etapa de Educación Secundaria. Desta forma, preténdese que consideren o sexismo e os estereotipos de xénero enquistados na nosa sociedade e contribúan a súa erradicación utilizando como ferramenta de cambio a educación. Esta tarefa, elaborada en grande medida na aula, será exposta ante o gran grupo na derradeira sesión da actividade. Igualmente, se entregará un informe breve no que se recolla tanto a tarefa deseñada como una reflexión crítica e fundamentada sobre os contidos tratados ao longo da actividade.
Titorías
Propiciarase un espazo de aprendizaxe colaborativo no que se fomente un proceso de construción de coñecemento activo, reflexivo e eminentemente crítico. Desta forma, estimularase o debate e a discrepancia sempre desde o respecto ante o diálogo e intercambio de opinións. Así as cousas, ao longo das sesións a docente guiará o proceso de ensino-aprendizaxe presentando os contidos teóricos, mentres se recorre a ferramentas metodolóxicas activas diversas tales como: debates, role playing, xogos...entre outras. Idiomas: galego e castelán.
Do 6 ao 10 de outubro, de 10:30 a 13:30 h.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | A Perspectiva de Xénero nas Aulas de Ensino Secundario. | 1.5 |