- Código
- FD0206
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 12.0
- Curso
- 2023-2024
- Prezo
- 750,00€
- Centro
- Facultade de Química
- Dirección
-
David Ferro Costas
Antón Coucheiro Failde - Contacto
david.ferro [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Química Física
DAVID FERRO COSTAS
david.ferro [at] usc.es
Facultade de Química
Datas
Duración: 30/07/2024 - 31/08/2024
Preinscrición: 01/03/2024 - 31/05/2024
Matrícula: 01/06/2024 - 30/06/2024
Número alumnos/as mínimo: 23
Número alumnos/as máximo: 40
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
sen titulacion universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Valoración do Currículum e da Carta de Interese Tamén se terá en conta a orde de inscripción
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 250,00€ | 01/06/2024 - 30/06/2024 |
2 | 500,00€ | 30/06/2024 - 10/07/2024 |
Obxectivos
1. Desenvolvemento de Habilidades de Interpretación: Potenciar a espontaneidade e a capacidade de resposta emocional dos participantes a través de exercicios, dinámicas grupais e escenas improvisadas, mellorando así as súas habilidades interpretativas.2. Exploración da Dramaturxia Improvisada: Fomentar a creatividade na creación de historias, personaxes e conflictos en tempo real, permitindo aos participantes comprender e aplicar os principios fundamentais da dramaturxia no contexto da improvisación teatral.
3. Introdución á Dirección Improvisada: Brindar aos participantes as ferramentas e técnicas necesarias para dirixir escenas e deseñar formatos de improvisación, desenvolvendo a súa capacidade para guiar e estructurar narrativas espontáneas de maneira efectiva, e liderar aos seus equipos.
4. Fomento da Colaboración e do Traballo en Equipo: Promover a creación dun ambiente colaborativo e dun espazo seguro, onde os participantes aprendan a construir xuntos, fortalecendo así as súas habilidades de traballo en equipo, liderazgo e comunicación.
Competencias
O enfoque do curso está deseñado para proporcionar aos participantes unha experiencia inmersiva, que impulse a súa capacidade de adaptación, expresión e colaboración, para adquirir os coñecementos teóricos e prácticos que se requiren á hora de comunicarse e desenvolver escenas improvisadas.1. Xogos e Exercicios de Improvisación: Sesións prácticas que involucran xogos teatrais e exercicios deseñados para fomentar a espontaneidade, a escoita activa e a conexión cos compañeiros de formación.
2. Análise de Escenas Improvisadas: Discusión e análise de escenas creadas durante as improvisacións, permitindo aos participantes comprender os elementos dramatúrxicos e interpretativos involucrados, para mellorar a súa capacidade para construír historias de maneira coherente.
3. Masterclasses: Cada semana un profesional e experto fará una masterclass profundizando e expandindo algúns dos temas e enfoques do curso
4. Proxectoo Final: A última semana de traballo estará adicada á creación, produción, entrenamento e representación de diferentes traballos, nos cales o alumnado ponrá en práctica os conceptos incorporados durante o curso e poderá finalizar a formación cun formato de impro para levar a escena.
Esta formación busca ofrecer aos participantes unha experiencia integral en improvisación teatral, que non só fortaleza as súas habilidades artísticas, se non que tamén fomente a exploración creativa e a conexión interpersoal.
Avaliación
non hai
Metodoloxía
O Curso de Formación Específica en Improvisación teatral está deseñado para ofrecer unha preparación integral dos alumnos na disciplina escénica da impro, unha formación que inclúe tanto coñecementos teóricos como prácticos. A formación divídese en sete módulos: O primeiro é de carácter introductorio, Impo, teoría e práctica, que inclúe as materias de Teoría e Análise da impro, e outra de Práctica da impro. O segundo afonda na Dramaturxia, coas materias de Dramaturxia do texto e Dramaturxia do espazo. O terceiro céntrase na Interpretación coa materia de Teatro físico e movemento, e co de Creación de personaxes. O cuarto é o de Direción, tamén dividido en dúas materias, Análise de formatos e Posta en escena. O quinto (Corpo e Emoción) e o sexto (composición) son dous módulos que se dividirán cada un deles en dúas master classes impartidos por profesionais expertos nas súas materias: Corpo coa ténica de Lecoq, Emocións en escena, Viewpoints e Partituras de impro. O sétimo e derradeiro módulo está centrado no Proxecto final, no que os alumnos deseñarán o seu propio formato de improvisación teatral, orientados por dous titores.
Luns a venres de 10:00 a 14:00 e sábados de 10:00 a 15:00.
Observacións
Os últimos catro días, para ensaios e mostra, en horario de 17:00 a 22:00.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Teoría e Análise da Impro. | 1.0 |
2 | Práctica da Impro. | 1.0 |
3 | Dramaturxia do Texto. | 1.0 |
4 | Dramaturxia do Espazo. | 1.0 |
5 | Teatro Físico e Movemento. | 1.0 |
6 | Creación de Personaxes. | 1.0 |
7 | Análise de Formatos. | 1.0 |
8 | Posta en Escena. | 1.0 |
9 | O Corpo e a Emoción. | 1.0 |
10 | Composición. | 1.0 |
11 | Proxecto Final. | 2.0 |