Desde a recomendación da UNESCO de 2021, fóronse adoptando políticas de promoción da ciencia aberta a todos os niveis (europeo, estatal, universitario). Neste curso daranse a coñecer os principios e prácticas da ciencia aberta, as políticas europeas e estatais de fomento, a súa implicación na carreira do persoal investigador da USC, e os recursos e servizos que a USC pon ao dispor do persoal docente e investigador para aumentar e mellorar a visibilidade da súa produción científica.
-
MARCO ACTUAL DA CIENCIA ABERTA
- Concepto e ámbito de alcance.
- Marco político e normativo en España e Europa.
- Estratexia Nacional de Ciencia Aberta.
- Acceso aberto a resultados da actividade investigadora: publicacións científicas e datos de investigación. Infraestruturas abertas en Europa.
-
RECURSOS DA USC PARA PROMOVER A CIENCIA ABERTA
- Servizos de Información, formación e asesoramento na BUSC.
- Recursos e servizos para a publicación en aberto.
- Recursos e servizos para potenciar a visibilidade e o impacto da investigación.
- Recursos e servizos de axuda na avaliación da actividade investigadora.
María Isabel Casal Reyes. Biblioteca Xeral
José Rodríguez Dopazo. Biblioteca Concepción Arenal