Competencias en información para a docencia e a investigación
As competencias en información son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que nos van permitir resolver problemas relacionados coa xestión da información.
O obxectivo deste curso é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia. Todo no contexto dun investigador da USC.
Así, estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado.
Ademais inclúe 2 sesión presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
- Datas
- 20 de outubro ó 20 de novembro
- Lugar
- Campus Vida, Fac. Dereito (Aula Seminario) para o alumnado que asista dende Santiago e Campus de Lugo (CACTUS, Sala Conferencias) para o alumnado que asista dende Lugo)
- Preinscrición
- Pechada