Ir o contido principal

Plan de Formación e Innovación Docente

Marzo 2025

Boas prácticas en Ciencia Aberta

Curso presencial para dar a coñecer as implicacións das políticas europea e estatal de Ciencia Aberta na carreira do persoal investigador da USC e os recursos e servizos que a USC pon ao dispor do persoal docente e investigador para dar cumprimento aos mandatos legais de depósito en aberto.
Datas
26 de marzo
Lugar
Campus Norte, Fac.CC Econòmicas, Aula 21
Preinscrición
Aberta

Comprensión e manexo da ferramenta anti-plaxio Turnitin

Curso de formación na ferramenta de detección de Plaxio, Turnitin. O Obxectivo do curso é coñecer as utilidades e funcionalidades do programa antiplaxio Turnitin, así como as súas implicacións prácticas, creación de contas, clases, exercicios e o proceso de subida e revisión de documentos
Datas
25 de marzo
Lugar
Campus Vida, Biblioteca Concepción Arenal, Aula Luisa Cuesta

Inclusión no ensino universitario das persoas con discapacidade e/ou necesidades específicas de apoio educativo

Aproximación ao apoio á inclusión na aulas na USC a través da presentación dos servizos que se ofrecen dende a propia estrutura (SEPIU) e recomendacións para o traballo na aula segundo as diferentes tipoloxías de discapacidade ou necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
Datas
25 ó 31 de marzo
Lugar
Campus Norte, Fac.Filoloxía, Aula B10 (1º andar)
Preinscrición
Aberta

A convivencia na USC. O Protocolo de actuación fronte ao acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional no traballo

A violencia no ámbito laboral, manifestada en abusos, ameazas e/ou agresións, pon en risco a seguridade, o benestar e a saúde das persoas traballadoras. Neste contexto, o presente curso ten como obxectivo sensibilizar ao persoal da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre a importancia de fomentar unha convivencia saudable e proporcionar as ferramentas básicas para abordar posibles situacións de violencia no traballo. Ao longo desta formación, exploraranse os principios e valores institucionais que sustentan a convivencia na USC, facendo especial énfase na violencia como un elemento perturbador da harmonía das relacións interpersoais no ámbito universitario. Analizaranse as diversas tipoloxías de violencia psicolóxica e os posibles conflitos laborais que poden xurdir no día a día, así como as súas principais repercusións na dinámica organizacional. Ademais, afondarase no Protocolo de actuación fronte ao acoso psicolóxico, a violencia psicolóxica e outras situacións de conflito relacional no traballo da USC, detallando os pasos a seguir para a identificación, denuncia e intervención ante situacións de acoso ou violencia psicolóxica. Ao final da sesión, reservarase un espazo de tempo para resolver dúbidas e preguntas das persoas asistentes.
Datas
21 de marzo
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Aberta

Conversa en inglés. Nivel avanzado

Sesións de conversación de 40 minutos dirixidas por un/ha profesor/a orientadas á práctica da expresión e a interacción oral no nivel avanzado (C1)
Datas
19 de marzo ó 14 de maio
Lugar
Campus Vida, Fac. Bioloxía, Seminario 2
Preinscrición
Aberta

Diversificar e innovar no ensino superior a través da aprendizaxe e da avaliación

A aprendizaxe e a avaliación son procesos que van directamente conectados. O profesorado pode utilizar técnicas e prácticas concretas para promover estratexias de co-aprendizaxe que redunden en procesos de avaliación que rompan coas dinámicas tradicionais que aínda se realizan. Esta actividade formativa permite coñecer novas estratexias de ensino-aprendizaxe e, consecuentemente, novas posibilidades de avaliación no ensino superior.
Datas
14 ó 28 de marzo
Lugar
Campus Vida, Fac.CC.Educación, Aula 8, Módulo A
Preinscrición
Aberta

Deseño dun Proxecto Colaborativo de Aprendizaxe Internacional (COIL- Collaborative Online International Learning)

Este curso está enfocado a proporcionar ao persoal docente os coñecementos e fundamentos prácticos para o deseño e posta en marcha dunha actividade de aprendizaxe colaborativa internacional (COIL). No marco desta actividade afondarase na metodoloxía de planificación e realización dunha experiencia COIL a, través da programación de medidas de aprendizaxe colaborativo entre estudantado de diferentes países, coa intervención e guía dos docentes que a promoven e que comparten o proceso de ensino. A actividade formativa proposta ten como finalidade proporcionar as habilidades e ferramentas que permitan ao persoal docente introducir a dimensión internacional no currículo das materias, favorecendo, a través dunha interacción virtual síncrona e asíncrona entre estudantado de distintas zonas xeográficas e culturas, a aprendizaxe e o desenvolvemento de competencias interculturais e interdisciplinarias. O curso combina sesións síncronas e traballo asíncrono entre pares con obxecto de deseñar un proxecto COIL para a súa posterior posta en práctica.
Datas
14 de marzo ó 4 de abril
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Aberta

Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de grao e mestrado

O curso analiza o novo Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de Grao e Máster da USC, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2024. O curso facilitará as ferramentas precisas para a interpretación e execución da norma que entra en vigor o 1 de febreiro de 2025, a través da súa abordaxe teórica e práctica, dirixidas cara unha xestión procedemental máis áxil e centrada no estudante.
Datas
11 de marzo ó 11 de abril
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, aula de Dereito Civil (1ª planta)
Preinscrición
Aberta

Febreiro 2025

Uso de grupos e seguimento de estudantes no Campus Virtual

O Campus Virtual permite crear conxuntos de participantes con diversos fins, como a creación e itinerarios de aprendizaxe, a entrega de tarefas en grupo ou o envío de avisos personalizados. A creación de grupos de estudantes permite unha xestión da aula máis flexible e personalizar a docencia ás necesidades de cada un dos grupos. Neste curso ofrecerase unha introdución ao sistema de grupos e revisaranse casos prácticos de uso que se presentan frecuentemente.
Datas
17 ó 28 de febreiro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Seguridade no traballo en laboratorios

Formación básica para calquera persoa que traballe en laboratorios. Riscos e medidas preventivas no traballo en laboratorios. Manipulación de produtos e realización de prácticas.
Datas
12 ó 28 de febreiro
Lugar
Curso en liña
Preinscrición
Pechada

Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de grao e mestrado

O curso analiza o novo Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de Grao e Máster da USC, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2024. O curso facilitará as ferramentas precisas para a interpretación e execución da norma que entra en vigor o 1 de febreiro de 2025, a través da súa abordaxe teórica e práctica, dirixidas cara unha xestión procedemental máis áxil e centrada no estudante.
Datas
11 de febreiro ó 11 de marzo
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, Aula Galeno
Preinscrición
Pechada

As rúbricas como instrumento de avaliación formativa na Educación Superior

As rúbricas son un instrumento para a innovación docente que permite implementar procesos de avaliación formativa na universidade que, ademais, propician a avaliación de competencias. Este instrumento promove a autorregulación da aprendizaxe e inflúe positivamente no estudante xa que este coñece o modo polo que vai a ser avaliado. Neste sentido, esta acción formativa posibilitará que os docentes se familiaricen con este instrumento e sexan capaces de construír unha rúbrica para a avaliación da súa materia.
Datas
11 ó 21 de febreiro
Lugar
Campus Vida, Fac.CC.Educación, aula de informática 8
Preinscrición
Pechada

Aprendizaxe activa en grupos numerosos

A utilización de metodoloxías activas vese dificultada con frecuencia pola presenza de moitos alumnos en clase (máis de 60). Certamente, as metodoloxías máis ambiciosas (por exemplo, a aprendizaxe baseada en proxectos) son inviables (ou moi difíciles de aplicar) nestas condicións. Pero outras moitas son posibles (e moi beneficiosas) sempre que exista unha planificación coidadosa do traballo que deben realizar os alumnos dentro e fóra de clase. No taller ofreceranse recomendacións e pautas para abordar este reto.
Datas
11 ó 12 de febreiro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Datas
10 ó 20 de febreiro
Lugar
Curso en liña, Campus Virtual USC
Preinscrición
Pechada

Xaneiro 2025

Docencia en inglés 1

Este curso ten como obxectivo apoiar aos profesionais da educación a mellorar as súas habilidades en lingua inglesa, ofrecéndolles unha experiencia educativa máis eficaz e internacional. Os participantes fortalecerán as súas competencias en inglés e poderán aplicar estas habilidades nos seus roles educativos e no seu desenvolvemento persoal e profesional de acordo co nivel B2.
Datas
21 de xaneiro ó 20 de febreiro
Lugar
Campus Vida, Fac. C. Políticas, Seminario 0.4
Preinscrición
Pechada

Protección de datos e a docencia universitaria: entre a nova normativa e as esixencias prácticas

A través deste curso preténdese dar ao alumnado unha visión xeral de normativa vixente referente á protección de datos, a súa aplicación práctica na docencia universitaria, e a específica situación na USC. Basearémonos no Regulamento UE 2016/679 e na LO 3/2018. Analizaranse diversos casos reais e cotiás, tentando aportar solucións ás situacións problemáticas e axudar ao profesorado da USC a súa xestión ordinaria dos datos persoais que manexan, tanto seus como do seu alumnado e persoal colaborador. Tamén se verán o papel das universidades neste eido e as específicas actuacións da USC no mesmo.
Datas
21 ó 31 de xaneiro
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito, aula 17
Preinscrición
Pechada

Xestión de eventos científicos a través de Microsoft Teams

Os eventos científicos en liña creceron como unha necesidade ante a pandemia da COVID-19. Porén, este formato consolidouse e os eventos total ou parcialmente en liña continúan a ser habituais na comunidade académica. Este curso ten como obxectivo preparar aos asistentes para a organización de eventos científicos en liña a través da aplicación MS Teams. Explicarase como organizar e axendar as sesións (plenarias ou paralelas), incluír usuarios doutras institucións, informar aos participantes do uso da ferramenta ou difundir en aberto os vídeos do evento.
Datas
20 de xaneiro ó 20 de febreiro
Lugar
Campus Norte, Fac. de Económicas (aula informática 1)
Preinscrición
Pechada

Obradoiro básico para a planificación da formación virtual

Obradoiro básico orientado á mellora da calidade da docencia virtual que inclúe unha revisión práctica do proceso de ensino-aprendizaxe: deseño, guía, metodoloxía, contidos, recursos e avaliación.
Datas
15 ó 27 de xaneiro
Lugar
Campus de Lugo (Fac. de Formación do Profesorado, aula 25) e en liña (Teams)
Preinscrición
Pechada

A igualdade de xénero na USC: diagnose e ferramentas

A pesar das accións levadas a cabo nos últimos anos, a desigualdade de xénero persiste no ámbito científico e académico. Como noutros ámbitos, para acabar con estas desigualdades, puxéronse en marcha políticas públicas de igualdade que teñen acadado niveis de desenvolvemento diverso. Este curso ten como obxectivo analizar a situación das mulleres na USC así como as políticas de igualdade implementadas pola institución nos últimos anos
Datas
15 de xaneiro ó 3 de febreiro
Lugar
Campus Vida, Fac.CC. Políticas, Seminario 0.1
Preinscrición
Pechada

Decembro 2024

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Datas
17 ó 26 de decembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Humanidades, Salón de Graos
Preinscrición
Pechada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Datas
17 ó 18 de decembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Humanidades, Salón de Graos
Preinscrición
Pechada

Galego seguro: solución de dúbidas na escrita

O curso Galego Seguro pretende dar certeza naqueles aspectos da norma que xeran máis dúbidas e, tamén, darlle unha perspectiva real do seu nivel de lingua. O obxectivo é clarexar erros recorrentes relacionados coa norma, pero tamén pór en valor a lingua real; as capacidades comunicativas tan valiosas que todos e todas atesouran dalgunha maneira.
Datas
10 ó 20 de decembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Datas
10 ó 16 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito, Aula 13
Preinscrición
Pechada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Datas
10 ó 11 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito, aula 16
Preinscrición
Pechada

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Datas
10 ó 19 de decembro
Lugar
Curso en liña, Campus Virtual USC
Preinscrición
Pechada

Novembro 2024

Curso introdutorio sobre a función directiva para cargos académicos

Trátase dun curso de 12 horas, no que se introducirán os aspectos máis destacables de cinco temas básicos en organización, xestión e dirección de centros académicos da USC, mediante a exposición por parte de profesorado e profesionais expertos e o diálogo e o debate conxunto.
Datas
21 de novembro ó 5 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac. Dereito: Aula Lete del Río (días 26 e 27 de novembro) e Aula 10 (días 3, 4 e 5 de decembro) e Campus Norte, Fac. de Económicas: Aula 20 (día 28 de novembro)
Preinscrición
Pechada

Educación da voz: prevención de patoloxías vocais en docentes

A voz é o principal instrumento de traballo do profesorado e, con todo, é a gran esquecida. Na realización deste curso abordaranse as bases da produción da voz desde un enfoque holístico, con especial atención aos aspectos físicos, psíquicos e emocionais que dan como resultado a emisión vocal e que interveñen na súa autorregulación. Tratarase de enriquecer as sensacións propioceptivas das persoas participantes e de ampliar as súas experiencias coa voz de forma lúdica, na medida do posible dado o carácter inicial do curso. Para finalizar, expoñeranse as normas básicas do correcto coidado da voz e romperán mitos respecto diso.
Datas
26 ó 28 de novembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. Formación do Profesorado (aula 25 e 30)
Preinscrición
Pechada

Introdución á metodoloxía COIL como ferramenta para a internacionalización do currículo

O curso constará dunha primeira sesión de 90 minutos de duración onde se explorarán os beneficios e oportunidades da internacionalización do currículo. Esta actividade formativa completarase, na mesma xornada, cun obradoiro de introdución á metodoloxía docente COIL (aprendizaxe colaborativa internacional en liña), de 3 horas de duración.
Datas
25 de novembro
Lugar
Facultade de Filoloxía, Salón de Graos e Aula B10
Preinscrición
Pechada

Cambios de nome e de mención relativa ao sexo na usc: teoría e aplicacións

Para evitar calquera discriminación hoxe, segundo a legalidade vixente, as institucións incorporan protocolos específicos de actuación para novas identidades de xénero. Neste sentido, no curso explicarase o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC. Tamén se reflexionará, de modo xeral, sobre prácticas lingüísticas inclusivas.
Datas
25 de novembro ó 4 de decembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Competencias en información para a docencia e a investigación

As competencias en información son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que nos van permitir resolver problemas relacionados coa xestión da información. O obxectivo deste curso é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia. Todo no contexto dun investigador da USC. Así, estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesión presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
Datas
15 de novembro ó 16 de decembro
Lugar
Campus Vida, Fac.Dereito (Aula Seminario) para o alumnado que asista dende Santiago e Campus de Lugo (Fac. ADE, Sala Explorer, 2º andar) para o alumnado que asista dende Lugo)
Preinscrición
Pechada

A Saúde Comunitaria Baseada en Activos como campo de boas prácticas e proxectos en innovación educativa.

Este curso pretende impartir unha formación básica non deseño de proxectos de innovación educativa en Saúde Comunitaria para docentes da Universidade de Santiago de Compostela. O curso tratará amplamente o tema de Promoción da Saúde Comunitaria Baseada en Activos, cunha especial atención aos enfoques salutoxénico e determinantes sociais da saúde e o benestar como vía para o desenvolvemento e deseño de proxectos de innovación educativa.
Datas
5 ó 12 de novembro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Outubro 2024

Como introducir os ODS na docencia universitaria

A situación de emerxencia ecosocial que enfrontamos urxe un sólido compromiso por parte das universidades. O curso aborda a inserción da sustentabilidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na docencia universitaria, a partir do desenvolvemento dunha proposta baseada nas materias que imparta o profesorado asistente.
Datas
31 de outubro ó 15 de novembro
Lugar
Campus Vida (Fac. C.C.Educación, Aula Frei Martín Sarmiento) e Teams
Preinscrición
Pechada

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Datas
28 de outubro ó 4 de novembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac.Veterinaria, Aula Norvet
Preinscrición
Pechada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Datas
28 ó 29 de outubro
Lugar
Campus de Lugo, Fac.Veterinaria, Sala de Xuntas
Preinscrición
Pechada

Curso práctico de comunicación de The Conversation para o persoal investigador da USC

Non sempre resulta doado para a comunidade investigadora dar o salto de escribir artigos científicos ou papers, nos que se expoñan os resultados da investigación de maneira metódica e técnica, a comunicar a ciencia ao público xeral. E con todo, é unha das mellores bazas coas que contamos para alcanzar a democratización do coñecemento. Dado que a USC conta co apoio e a colaboración de The Conversation, propoñemos realizar un curso intensivo dirixido ao persoal investigador e docente que lle proporcione os coñecementos e ferramentas prácticas necesarios para acceder á plataforma e comezar a publicar artigos divulgativos sobre as súas propias investigacións e comprobar o impacto que poden chegar a ter na sociedade.
Datas
25 de outubro
Lugar
Campus Vida. Facultade de Matemáticas, Aula Magna
Preinscrición
Pechada

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Datas
22 ó 28 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, Aula de Civil, 1º andar
Preinscrición
Pechada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Datas
22 ó 23 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac. de Dereito, Aula 3
Preinscrición
Pechada

Creación de cuestionarios no Campus Virtual

Os cuestionarios son ferramentas que nos permiten crear probas cunha serie de preguntas con diversos obxectivos, desde a autoavaliación á propia avaliación final dos estudantes. O Campus Virtual dispón da actividade Cuestionario, que permite construír probas empregando unha variedade de tipos de preguntas. Ao longo deste curso revisarase o seu funcionamento xeral e os tipos de preguntas dispoñibles. Tamén se revisarán mecanismos para axilizar esta creación a través dos formatos Aiken e GIFT, permitindo así utilizar preguntas creadas previamente
Datas
14 ó 31 de outubro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Como xestionar situacións de risco psicolóxico do alumnado nas aulas

Nos últimos anos a comunidade universitaria está a amosar unha crecente preocupación polo benestar psicolóxico do estudantado. Ademais da existencia na USC dun servizo de atención psicolóxica para atender os problemas que presentan os estudantes, con este curso tratarase de dotar de ferramentas para poder dar unha primeira resposta efectiva ante situacións de risco psicolóxico que se pode dar no contexto universitario e reducir a incerteza que con frecuencia aparece á hora de afrontar estas situacións
Datas
11 de outubro ò 8 de novembro
Lugar
Campus Vida, Facultade de Dereito, Aula de Dereito Civil
Preinscrición
Pechada

Setembro 2024

Curso de Da Vinci Resolve Básico

Davinci Resolve é un programa gratuíto e cada vez mais en uso polos profesionais da industria, válido para calquera software de edición. DaVinci Resolve é a única solución do mercado que combina ferramentas profesionais para editar, etalonar, compor efectos visuais, crear animacións gráficas e mesturar audio nun só programa. O curso estará dividivo en dous grupos, un primeiro grupo de 20 persoas e un segundo grupo de 10 persoas, no que através de 20 horas de sesións online repartidas en 10 videoconferencias en directo. A estas 20 horas sumaránselle 10 horas de traballo autónomo, o estudante poderá adquirir as nocións básicas para poder empezar a crear proxectos de vídeo profesionais con esta ferramenta
Datas
30 de setembro ó 8 de novembro
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Introdución a Python

Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código, está administradopor Python Sotware Foundation e posúe unha licenza de código aberto. Python experimentou nos últimos anos un auxe sen precedentes, dominando a escena das linguaxes de programación de propósito xeral. A aprendizaxe de Python é moi recomendable na actualidade debido ás súas vantaxes na automatización de tarefas administrativas, a análisede datos, o desenvolvemento de aplicacións web, a investigación académica, o ensino e titoría, a colaboración con outros profesionais e aadaptación ás últimas tecnoloxías. Aprender Python proporciona habilidades e ferramentas para mellorar a eficiencia, aproveitar datosinstitucionais, desenvolver proxectos académicos e manterse actualizado nunha contorna académica en constante evolución.
Datas
30 de setembro ó 15 de outubro
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP

A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico. Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou titorial posterior sobre estes programas.
Datas
30 de setembro ó 1 de novembro
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos

O Design Thinking (DT) é unha metodoloxía iterativa para o desenvolvemento de proxectos en base a tarefas de empatía, definición, xeración de ideas, prototipado e experimentación. Esta metodoloxía foi desenvolvida en Standford e ten sido aplicada por numerosas empresas de éxito en todo tipo de sectores, dende o márketing á enxeñaría: Apple, Virgin, Toyota, etc. Mediante a aplicación dunha aproximación centrada nas persoas e baseada na realización de probas iterativas con prototipos acádanse solucións innovadoras e conectadas coas necesidades reais do usuariado. Con este curso preténdese que os participantes comprendan os fundamentos do DT, dominen as fases metodolóxicas para guiar o desenvolvemento de proxectos do alumnado e coñezan os instrumentos de soporte para a implantación de DT (técnicas de ideación, observación, prototipado rápido, entrevista, escoita activa, etc.).
Datas
24 de setembro ó 29 de outubro
Lugar
Campus Vida, Fac.Psicoloxía, Aula 4
Preinscrición
Pechada

Iniciación a GNU Octave

GNU Octave é un software liberado baixo unha licenza libre. Considérase unha alternativa real ás distintas solucións privativas utilizadas na realización de estudos de cálculo numérico. O curso vai dende a instalación de Octave, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a instalación de librerías e complementos.
Datas
23 de setembro ó 25 de outubro
Lugar
En liña, aula virtual CIXUG
Preinscrición
Pechada

Propiedade intelectual e persoal docente universitario

Este curso tratará de ofrecer unha visión dos problemas, retos e solucións sobre a propiedade intelectual na Universidade e resolver as dúbidas que nesta materia se podan plantexar polos asistentes.
Datas
23 ó 26 de setembro
Lugar
Campus Vida, Fac.de Dereito, Aula 12
Preinscrición
Pechada

Curso básico en ferramentas de apoio á docencia híbrida e virtual: Campus Virtual e Microsoft 365

A introdución nas titulacións oficiais das modalidades híbrida e virtual como contrapunto da modalidade presencial obriga a por en valor as ferramentas dispoñibles para o profesorado para crear estratexias didácticas específicas e materiais de estudo adaptados á docencia non presencial. Neste curso percorreranse os aspectos máis esenciais do Campus Virtual e Microsoft 365 co fin de adquirir as habilidades básicas para afrontar as modalidades de docencia híbrida e virtual con garantías.
Datas
23 de setembro ò 18 de outubro
Lugar
En liña, Teams
Preinscrición
Pechada

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Datas
16 ó 30 de setembro
Lugar
Curso en liña, Campus Virtual USC
Preinscrición
Pechada

Introdución á ApS na Universidade

O curso presentará a metodoloxía aprendizaxe-servizo no marco da educación superior. Deste xeito, nun primeiro módulo os/as asistentes poderán coñecer as potencialidades que ten a ApS e diferenciala doutras iniciativas pedagóxicas. Nun segundo momento, deberase deseñar un proxecto. Para isto, irase guiando as/aos participantes na súa construción vinculando as áreas de coñecemento de cadaquén e procurando a súa viabilidade.
Datas
11 ó 24 de setembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. Veterinaria, Aula Norvet
Preinscrición
Pechada