Ir o contido principal

Desenvolvemento e validación de cuestionarios: conceptos e aplicacións

  • 2025/2026

A recollida de datos mediante cuestionarios é unha práctica esencial en múltiples ámbitos como a investigación, a docencia, a xestión sanitaria e o traballo social. A calidade dos datos obtidos depende, en gran medida, dun bo deseño do cuestionario e da súa validación. Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos fundamentos teóricos e prácticos do deseño de cuestionarios, prestando especial atención á formulación das preguntas, á elección dos formatos e aos procesos de validación.