Ir o contido principal

Primeiros pasos con Microsoft Forms

  • 2022/2023

A USC na Nube inclúe dentro do Office 365 a ferramenta Forms. Trátase dunha aplicación que permite crear formularios e realizar cuestionarios con diferentes tipos de preguntas. Os resultados poden consultarse e analizarse ao momento e exportalos a unha folla de cálculo para realizar análises máis avanzados. Ao longo deste curso revisarase o funcionamento xeral da ferramenta Forms, a creación de formularios e cuestionarios, os distintos tipos de preguntas dispoñibles e certos aspectos da configuración útiles para a realización de probas de avaliación.