Ir o contido principal

Relacións con outros centros e entidades

Relacións con outros centros e entidades

Relacións con outros centros de investigación

O GI-1648 manten relacións e colaboracións con investigadores de distintos centros:

Nacionais

Estación Experimental del Zaidín, CSIC, Granada; Universidade de Extremadura;  Universidade de Oviedo; Universidade Politécnica de Madrid; Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, Pontevedra;  Centro Tecnológico Forestal, Solsona, Lleida; Neiker, País Vasco.

Internacionais

Universidade de Florida; Universidade de Oregón;  Forest Sciences Laboratory, Oregón; European Forest Institute; Universidade de Belfast; Universidade de Florencia; Centro Superior Politécnico de Bragança; Centro de Investigación da Montaña, Portugal; Universidade de Túnez; Department  of Forestry , Lamias, Grecia; Asociación Agroforestal Francesa; Federación Agroforestal Europea; Universidade de Salónica, Grecia; Universidade de Tras os Montes e Alto Douro, Portugal, Instituto Forestal Europeo (EFI).

O equipo de investigación desenvolveu unha notable actividade de internacionalización nos últimos anos que se reflicte nos seguintes indicadores:

  • A IP María Rosa Mosquera Losada, coordinadora de relacións internacionais do grupo, é presidenta electa da Federación Europea de Sistemas Agroforestais (EURAF), da que é membro fundador o coordinador do grupo.
  • Preside tamén a Asociación Española de Sistemas Agroforestais, recentemente creada, de cuxa directiva é  vocal o coordinador do grupo.
  • A profesora Mosquera tamén preside o grupo de sistemas agroforestais da Sociedad Española de Ciencias  Forestales e é membro do grupo RAMIRAN (Neetwwork on Recyclong of Agricultural Municipal and  Industrial Residues in Agriculture), do grupo de traballo de pastos da European Grassland Federation, é tamén coordinadora do grupo de traballo sobre sistemas agroforestais da Global Research Alliance, e coordinadora dun Thematic Network no marco do HORIZON 2020 relacionado coa innovación e participa en foros da Rede Europea de Desenvolvemento Rural e Panel Internacional do Cambio Climático.
  • Varios membros do grupo foron votados para representar, a través da presidencia, á Federación Europea de Sistemas Agroforestais. Esta Federación conseguiu formar parte das institucións europeas como son os grupos de diálogo civil da Comisión Europea (Civil Dialogue Group, CDG), a cuxas xuntanzas están a asistir de forma habitual membros do equipo de investigación. Os grupos de diálogo civil aos que pertence EURAF son os seguintes: Desenvolvemento Rural, Agricultura Ecolóxica, Cultivos arables, Cambio Climático e Medio Ambiente, Pagos Directos e verdeo e Bosques e Cortiza. Ademais EURAF tamén forma parte da Asemblea Europea para o Desenvolvemento Rural na que, ademais, están representados membros dos programas rexionais de desenvolvemento rural de toda Europa. Forma parte EURAF dos grupos de traballo de LEADER, EIP e Avaliación dos programas de desenvolvemento rural.
  • A importancia que o grupo ven dando nos últimos anos á súa proxección internacional vai proporcionando os seus froitos, por exemplo na consecución de financiamento da UE para proxectos, no número de publicacións en colaboración con grupos estranxeiros e na participación en congresos internacionais. 

Os proxectos internacionais en execución na actualidade son:

As publicacións do grupo en revistas JCR en colaboración con grupos extranxeiros nos últimos anos foron: unha no ano 2014, ningunha no 2015 e seis no 2016.

Polo que se refire á participación en congresos internacionais, no ano 2014 presentáronse once comunicacións, cinco no 2015 e once no 2016. Cinco dos traballos presentados en congresos internacionais no ano 2014 elaboráronse en colaboración con outros grupos de investigación non españois, igual que dous dos presentados no ano 2015 e oito dos que se presentaron no ano 2016.

O grupo dirixe actualmente seis teses de doutoramento, catro das cales corresponden a doutorandos non españois.

 

Os datos anteriores son reflexo do esforzo que o grupo está a facer nos últimos tempos de cara á súa internacionalización.

Relacións, convenios e contratos con empresas e administracións

Dende a súa creación, o grupo de Investigación ha suscrito diversos convenios e contratos con empresas e administracións. Nos últimos tres anos foise reducindo o peso por servizos prestados, ao mesmo tempo que se incrementaba substancialmente o peso do financiamento procedente de convocatorias públicas de I+D, fundamentalmente da UE e do Plan Nacional.

As empresas e administracións coas que o grupo suscribiu diversos convenios e contratos ao longo da súa traxectoria son, entre outras: (ver contratos recentes)

  • A y T Agrotecnia, S.L.
  • AGROAMB PRODALT, S.L.U.
  • Asoc. de Propietarios y Criadores "Caballo Gallego de Monte"
  • Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
  • Bosques Naturales, S.A.
  • Compañía Española de Algas Marinas, S.A.
  • Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (CEAMSA)
  • Concello de Lugo
  • Consellería de Cultura
  • Consellería de Medio Ambiente
  • Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
  • Consellería do Medio Rural
  • Consello da Cultura Galega
  • Cooperativa Porco Celta O Incio Sociedade Cooperativa Galega
  • Deputación Provincial de Lugo
  • Dirección Xeral de Conservación da Naturaleza. Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas
  • European Commision
  • Feuga
  • Gestagua, S.A.
  • Ingesyma 2006, S.L.
  • Inludes
  • Milhulloa S. COOP. Galega
  • Parque Nacional Marítimo Terrestre das Ilas Atlánticas de Galicia
  • PARTICULAR
  • Plantalia Natural, S.A.
  • Pridesa Proyectos y Servicios, S.A.
  • Restauraciones y Construcciones Luis J. Sanchez SA
  • Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A.
  • TRAGSA
  • TRAGSATEC
  • TRAGSEGA
  • Treuma, S.C.
  • Universidad de Concepción
Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.03.2023.