Ir o contido principal

Enquisa

Enquisa dirixida a docentes de ELE

Enquisa dirixida a docentes de ELE: 2016

Interésanos a su opinión como docente: Enquisa sobre o uso de diccionarios no ámbito da docencia de ELE

Os resultados das enquisa foron evaluadas e publicadas no marco do proxecto de investigación COMBIDIGILEX.

Co obxectivo de poder mellorar as ferramentas lexicográficas actualmente existentes, é preciso coñecer a súa experiencia no uso de diccionarios, tanto para fins docentes como no seu uso particular. O nosa finalidade é coñecer máis a fondo a interacción que ten o profesorado de ELE coas ferramentas lexicográficas actuais. Só así resulta posible deseñar melloras e propoñer solucións innovadoras, que aporten máis e mellor información aos usuarios actuais e futuros das ferramentas de consulta, así como ofrecer formación específica aos profesionais de ELE. Para iso coidamos que a súa información e o seu criterio profesional son imprescindibles.

Esta enquisa anónima enmárcase dentro do proxecto de investigación DICONALE-online, cuxo propósito consiste en elaborar e implementar unha ferramenta lexicográfica bilingüe alemán-español, así como ofrecer formación no ámbito lexicográfico.

Para máis información sobre o proxecto pode consultar a nosa páxina web:

Acceso* directo á enquisa 2016: DICONALE-DIC-DOC-ELE:

*As enquisas ya están pechadas e non aceptan máis datos

---------------------------------------------------------------------

Enquisa dirixida a aprendices de DaF e ELE: 2014-2015 (enquisa cerrada)

Invitación a participar nunha enquisa en liña sobre os seus hábitos como usuario de dicionarios no ámbito DaF e/ou ELE

Invitámoslos a participar nunha enquisa en liña sobre os seus hábitos como usuario de dicionarios no ámbito “Alemán como lingua estranxeira” (Deutsch als Fremdsprache-DaF)  e/ou “Español como lingua estranxeira” (Spanisch als Fremdsprache-ELE).

De xeito que se poidan acadar boa parte dos obxectivos do proxecto de investigación DICONALE, coidamos que é imprescindible coñecer de primeira man que é o que busca o usuario de un dicionario cando o emprega como ferramenta para a aprendizaxe dunha lingua estranxeira. O coñecemento que posúe das obras lexicográficas existentes no mercado e dispoñibles a través da rede, o seu comportamento e actitude no emprego dos ditos recursos, así como a súa valoración, constitúen un punto de partida que non se pode ignorar á hora de promover a elaboración dun dicionario coas características de DICONALE. Só un coñecemento previo e  exhaustivo das necesidades do usuario pode facer que o resultado final que desexamos responda o mellor posible ás expectativas que o que aprende idiomas deposita nesta ferramenta.

É por iso que iniciamos a elaboración dunha enquisa en liña de 30 cuestións de elección múltiple e algunha pregunta de resposta aberta, coa pretensión de que chegue ao mayor número de persoas que desexen aprender e docentes de alemán / español como lingua estranxeira. A análise dos resultados desta enquisa permitiranos concluír que aspectos teñen que terse en conta para desenvolver un dicionario que resulte realmente útil para seus usuarios.

Agradeceriamoslle moito que colaborase con esta iniciativa dándolle a maior difusión posible á presente enquisa, polo que solicitamos que quen acceda a ela a responda de xeito anónimo e nola envíe o máis axiña posible.

Acceder* á enquisa sobre o uso de diccionarios no ámbito Daf -Deutsch als Fremdsprache-  (enquisa Daf en español).   (Umfrage Daf auf Deutsch)

Acceder* á enquisa sobre o uso de diccionarios no ámbito ELE -Español como lengua extranjera- (Umfrage ELE auf Deutsch). (Equisa ELE en español)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.06.2023.