Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 280 Horas de Titorías: 20 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
2. Capacitar para a aplicación dos coñecementos teóricos, metodolóxicos e instrumentais á análise integrada e á interpretación de procesos e problemas espaciais, así como á elaboración de diagnósticos territoriais.
3. Interpretar as diversidades e as complexidades dos territorios e as interrelacións de fenómenos de natureza medioambiental con outros de tipo económico, social e cultural.
4. Capacitar, así mesmo, para a actuación e intervención no territorio e na súa xestión, reforzando o carácter aplicado e experimental da formación xeográfica.
5. Desenvolver as habilidades específicas relacionadas co coñecemento de técnicas de traballo, en especial as relacionadas coa obtención, análise, tratamento e representación de información xeográfica, así como co traballo de campo.
6. Asegurar os coñecementos necesarios para o ensino da Xeografía nos estudos secundarios, sen menoscabo da formación complementaria que se fixe legalmente.
7. Crear as bases para posteriores estudos de Posgrao, especializados ou de carácter transdisciplinar, nos que exista un destacado compoñente territorial.
Cualquiera dos temas que teña afinidade cos ámbitos de coñecemento e as materias impartidas no grao.
O TFG é un traballo autónomo e individual de cada estudante. Consistirá na elaboración dun traballo no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos realizados na titulación de Grao. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.
A proporcionada polos Titores
Basicas e Xerais
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións
CG7 - Comprender as relacións espaciais
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Historia e pensamento da disciplina xeográfica
CT2 - Espazos xeográficos rexionais, Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Ordenación do territorio
CT4 - Métodos de información xeográfica
CT5 - Metodoloxía e traballo de campo
CT6 - Utilizar a información xeográfica como instrumento de interpretación do territorio
CT7 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriis
CT8 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT9 - Realizar propostas de xestión territorial; Xestionar a localización de servizos e actividades; Realizar diagnoses integradas
da acción pública; Explicar os procesos da actualidade mediática
CT10 - Expresar información cartográficamente
CT11 - Traballo de campo e coñecemento directo do territorio
CT12 - Elaborar e interpretar información estatística
ESPECÍFICAS
CE1 - Ordenar e sintetizar a información
CE2 - Traballo de campo, coñecemento directo e análise sobre o territorio Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas
CE3 - Entender os problemas de forma multidimensional; Xestionar a complexidade; Ofrecer explicacións sinxelas a problemas complexos
CE4 - Xestionar a complexidade
CE5 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares; Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas
CE6 - Exposición e transmisión dos coñecementos xeográficos
CE7 - Ofrecer novos usos a saberes tradicionais
Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun director ou dunha directora que oriente e asista ao/á estudante. O/a director/a programará sesións de traballo con cada estudante, nas que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor ao/á estudante as características do TFG, e de axudalo no seu desenvolvemento, na procura da consecución dos obxectivos propostos; e de emitir un informe do TFG que teña tutelado. A CCC poderá, excepcionalmente e de forma motivada, nomear un/ha codirector/a coas funcións que lles asigne.
O/a director/a será Persoal Docente e Investigador (PDI) con docencia no Grao en Xeografía e Ordeación do Territorio ou na Facultade de Xeografía e Historia. Tamén poderá ser PDI adscrito a Departamentos con créditos de formación básica ou obrigatoria no Grao en Xeografía e Ordeación do Territorio. Os TFG poden desenvolverse no marco de convenios con empresas ou institucións.
Os TFG desenvolvidos por estudantes da USC noutros centros universitarios, no marco de convenios de intercambio de estudantes (ERASMUS, SICUE, ....), terán como director/a ao/á coordinador/a do intercambio.
Os/as alumnos/as poderán optar por dous sistemas de Avaliación:
- Defensa ante Tribunal
Os traballos serán avaliados por un tribunal, ante o que se fará a exposición e defensa pública, composto por tres profesores/as da USC que impartan docencia no Grao en Historia, Xeografía e Ordeación do Territorio ou Historia da arte, segundo o caso, do que non poderá formar parte o titor/a do traballo. Todo o persoal docente e investigador das áreas de coñecemento que adscribisen o traballo de fin de Grao da titulación está obrigado a formar parte dos tribunais de avaliación destes traballos. A determinación do número de tribunais en cada convocatoria e a designación dos seus membros é competencia da Comisión de Calidade, por proposta dos Departamentos aos que pertenzan as áreas de coñecemento que adscribisen o traballo de fin de Grao. Os Departamentos, antes do final do mes de novembro de cada ano, propoñen os membros do correspondente tribunal de avaliación, procurando a rotación dos/as docentes dun curso a outro e dando preferencia a aqueles/as que non teñan asignada tutela académica de traballos de fin de Grao”
- Defensa ante o Titor/a
O/a alumno/a poderá optar a unha avaliación en defensa pública ante o titor/a. Neste suposto, o/a Titor/sera o encargado/a da avaliación e cualificación que non poderá ser superior a notable (8)”
(https://www.usc.gal/cdn/ff/5BHIxkZAHgd7MT-OzR5LyaLySnW…)
En ambos casos, teranse en conta na avaliación os seguintes criterios:
a) Calidade do Proxecto;
b) Presentación escrita do TFG;
c) Presentación Oral;
d) Observacións
No proceso de avaliación, será tamén tido en consideración o informe confidencial preceptivo elaborado polo Titor/a
do TFG.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio: 12 créditos ECTS, 300 h.
Recoméndase encarecidamente cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola Biblioteca Universitaria:
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
Información sobre Regulamentos, calendarios e tribunais dos TFG da Facultade de Geografia e Historia
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade- xeografia-historia/ tfg
Carlos Ferras Sexto
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rubén Camilo Lois González
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Pazos Oton
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812632
- Correo electrónico
- miguel.pazos.oton [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Brais Estevez Villarino
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- brais.estevez.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Angel Miramontes Carballada
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- angel.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Valerià Paül Carril
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Manuel Trillo Santamaria
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- juanmanuel.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU