Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Electromagnetismo
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Escenario 1
Na materia Radiación e Propagación Electromagnética o alumno estudará as dúas formas de transmisión da enerxía electromagnética entre dous puntos do espazo:
- Inalámbrica (no espazo libre), mediante antenas cuxa xeometría (forma e tamaño) controle a distribución de fontes de radiación que determina a intensidade de radiación en diferentes direccións do espazo.
- Guiada (confinada), mediante unha estrutura guiante formada por conductores e/ou dieléctricos que permita a transmisión de potencia entre dous puntos, minimizando as perdas por radiación
Escenarios 2 e 3
Sen cambios
Escenario 1
BLOQUE DE RADIACIÓN
1. Relacións fonte/campo dun elemento radiante illado.
2. Elementos radiantes de tipo I: dipolos, lazos e hélices.
3. Elementos radiantes de tipo II: buciñas, rañuras e parches.
4. Agrupacións lineais e bidimensionais de antenas: análise e síntese.
5. Antenas reflectoras.
BLOQUE DE PROPAGACIÓN
6. Estruturas guiantes rectilíneas.
7. Transformación de impedancia e métodos de adaptación.
8. Perdas dieléctricas e óhmicas en estruturas rectilíneas.
9. Resoadores.
Escenarios 2 e 3
Sen cambios
No momento de aprobar esta programación docente, pensando nun posible escenario 2 ou 3, estase tamén en proceso de solicitude e adquisición de novo material bibliográfico electrónico; por elo o profesorado da materia especificará no Campus Virtual qué material bibliográfico pode atoparse en formato electrónico na biblioteca da USC cando os fondos estean dispoñibles.
Escenario 1
BLOQUE DE RADIACIÓN
- C. A. Balanis, "Antenna Theory. Analysis and Design", Second Edition, John Wiley & Sons, New York, 1997.
- A. Cardama, L. Jofre, J. M. Rius, J. Romeu, S. Blanch, M. Ferrando, "Antenas", Edicions UPC, Barcelona, 2002.
- R. S. Elliott, "Antenna Theory and Design, Revised Edition", John Wiley & Sons, New Jersey, 2003.
- W. L. Stutzman, G. A. Thiele, "Antenna Theory and Design", Second Edition, John Wiley & Sons, New York, 1998.
- J. D. Kraus, R. J. Marhefka, "Antennas. For All Applications", Third Edition, McGraw-Hill, New York, USA, 2002.
BLOQUE DE PROPAGACIÓN
- Elliott, R. S., "An Introduction to Guide Waves and Microwave Circuits", Prentice-Hall International, Inc., New Jersey, 1993.
- Collin, R. E., "Foundations for Microwave Engineering", McGraw-Hill, Inc., New York, 1992.
- D. M. Pozar, "Microwave Engineering", 2ª Ed., New York: John Wiley & Sons, 1998.
Apuntes subidos ao curso virtual.
Escenarios 2 e 3
Sen cambios
Escenario 1
Entre as competencias específicas cabe destacar:
- Adquiri-los coñecementos básicos para a caracterización dos sistemas radiantes que permitan o deseño de antenas de microondas para aplicacións radar e de comunicacións inalámbricas (facendo fincapé na comunicación por satélite, na telefonía celular e nas redes locais inalámbricas).
- Adquiri-los coñecementos básicos da propagación de campos en liñas de transmisión e guías de ondas que permitan o deseño de sistemas de comunicación con fíos así como da rede de alimentación de antenas.
Escenarios 2 e 3
Sen cambios
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno así como material docente diverso.
Escenario 1
A materia desenrolarase en horas de clase maxistrais, utilizando todos os medios audiovisuais dos que se poida dispoñer (encerado, transparencias e cañón de vídeo) e que fagan interesante e formativa a materia para o alumno. Entregaráselle ó estudante todo o material necesario para o estudo da materia. O alumno disporá das horas de titorías correspondentes.
Escenario 2 e 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións
Escenario 1 e 2
A asistencia a clase será obrigatoria e a avaliación será continua e realizarase mediante a entrega de boletíns de exercicios e/ou un traballo monográfico dun tema novidoso da bibliografía de antenas para o curso.
Haberá tamén un exame final, na data proposta polo decanato, para aqueles alumnos que non haxan superado a avaliación continua ou que decidan subir nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Actividade avaliable:
- Boletíns => Peso na nota de ata un 40 %
- Traballo => Peso na nota de ata un 60 %
Escenario 2 e 3
Ver Plan de Continxencia no apartado Observacións
Escenario 1
Distribución de horas:
Teoría: 20h
Seminarios: 10h
Titorías: 1h
Traballo persoal e outras actividades: 44h
Traballo total do alumno: 75h
Escenarios 2 e 3
Sen cambios
Non hai ningunha recomendación explícita.
PLAN DE CONTIXENCIA ante un posible cambio de escenario
1) Obxectivos: sen cambios
2) Contidos: sen cambios
3) Material bibliográfico: sen cambios
4) Competencias: sen cambios
5) Metodoloxía:
Escenario 2
Non se esperan modificacións no tipo de docencia, se se manteñen os parámetros tradicionais de matrícula. Se as medidas de distanciamento non permitiran que todos os alumnos da materia asistan ás clases presenciais na aula asignada e non se dispón dun espazo docente máis amplo para acoller a todos os alumnos, entón arbitraríanse algunha destas medidas:
- Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende outro espazo docente da facultade. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condición.
- Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría dende a súa casa. Estableceríanse quendas para que todos os alumnos seguirán as clases nas mesmas condicións.
Priorizarase á hora de programar a actividade da materia a presencialidade nas probas de avaliación. Se debido á unha inevitable rotación do alumnado, as probas de avaliación consumirán un número inasumible de horas, á docencia correspondente se impartiría telemáticamente.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, requerirán de cita previa.
Escenario 3
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevidas, algunha das clases se desenvolva de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
As titorías serán telemáticas e requerirán de cita previa
6) Sistema de avaliación
Escenarios 2 e 3
As actividades de avaliación que non poidan ser realizadas de xeito presencial, se non poden ser adiadas, realizaranse telemáticamente a través das ferramentas institucionais en Office 365 e Moodle. Neste caso esixirase a adopción dunha serie de medidas que requiriran que o alumnado dispoña dun dispositivo con micrófono e cámara mentres non se dispoña dun software de avaliación axeitado. O alumnado pode ser chamado a unha entrevista para comentar ou explicar unha parte ou o total da proba.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
7) Tempo de estudo e traballo persoal: sen cambios
8) Recomendacións para o estudio da materia: sen cambios
Francisco Jose Ares Pena
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814016
- Correo electrónico
- francisco.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Antonio Rodriguez Gonzalez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Electromagnetismo
- Teléfono
- 881814030
- Correo electrónico
- ja.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
16:00-17:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
15.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
25.06.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |