Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Transmitir os contidos fundamentais sobre a natureza e a orixe da linguaxe.
- Amosar as cuestións abertas que alimentan a investigación neste eido.
- Alentar a imaxinación e o debate para tratar de facer aportacións propias e contrastar ideas.
- Proporcionar unha formación sólida en Filosofía da Linguaxe, situándoa no conxunto dos saberes científicos e humanistas, no tecido cultural e na práctica social do mundo contemporáneo.
- Combinar a formación en Filosofía da Linguaxe co ensino das habilidades precisas para aplicar os coñecementos adquiridos na práctica profesional.
- Xerar capacidade de análise e crítica no eido da Filosofía da Linguaxe.
- Ser quen de aprender de xeito autónomo as bases da Filosofía da Linguaxe, usando criterios propios e aplicándoos o longo da vida.
- Promover os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais na igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Docencia expositiva:
1. Introdución: O obxecto de estudo da Filosofía da Linguaxe.
1.1 As ciencias da linguaxe.
1.2 Filosofía da linguaxe vs. Filosofía da lingüística.
2. Unha teoría da linguaxe: a gramática xerativo-transformacional de Chomsky
2.1 Presupostos: da taxonomía á teoría.
2.2 Linguaxe, lingua e fala.
2.3 Sistema e norma. Competencia e actuación.
2.4 A creatividade lingüística. Teoría xeral e gramáticas particulares.
2.5 Os rasgos definitorios da linguaxe e os universais lingüísticos.
2.6 A gramática como sistema xerador. Gramática transformacional.
2.7 Semántica xerativa.
2.8 Recursividade e creatividade.
3. Linguaxe e forma. O papel da forma na evolución.
3.1 Gramáticas formais e autómatas
3.2 Gramáticas, tipos de gramáticas e clases de oracións que xeran.
3.3 Autómatas e tipos de oracións que recoñecen.
3.4 Protolinguaxe e linguaxe.
3.5 O órgano da linguaxe.
3.6 O papel das gramáticas formais na distinción da linguaxe humana dos sistemas de comunicación animal.
Docencia interactiva:
- Indicacións para a realización de comentarios ou ensaios.
- Resolución de cuestionarios de preguntas sobre temas previamente explicados.
- Visionado de material audiovisual e cuestións sobre o contido do mesmo.
- Titorías de grupo para por en común a experiencia formativa recibida.
Bibliografía básica
Alfonseca, M. et al., Teoría del lenguaje, gramáticas y autómatas. ed. Universidad y cultura, 1987.
Calvin,W. H. & Bickerton, D., Lingua ex Machina. La conciliación de las teorías de Darwin y Chomsky sobre el cerebro humano. Gedisa, 2001.
Cela Conde C. J. y G. Marty, ‘Entrevista a Chomsky’, Psicothema, 1997, nº 9, vol. 3, pp.: 569-585
Chomsky, N., Aspectos de la teoría de la sintaxis, Gedisa, 1999.
Chomsky, N., Lingüística cartesiana: un capítulo de la historia del pensamiento racionalista. Gredos, 1972.
Chomsky, N. & Miller, G., El análisis formal de los lenguajes naturales. Alberto Corazón editor, Madrid, 1972.
Fitch, W. T. & Hauser M. D., ‘Computational constraints on syntactic processing in a nonhuman primate’. Science, 303, 2004, 377–380.
Hauser, M. D. & Chomsky, N. & Fitch, W. T., ‘The Faculty of Language: What Is It, Who Has It, and How Did It Evolve?’, Science, vol. 298, 2002, 1569-1579.
Hierro Sánchez-Pescador, J., Principios de Filosofía del Lenguaje I, Alianza editorial, 1980.
Hockett, Ch. F., The origin of Speech, Scientific American, 203, 88-111, 1960
Nique, C., Introducción metódica a la gramática generativa. Cátedra, 1985.
Pinker, S., El instinto del lenguaje. Como crea el lenguaje la mente. Alianza, 1995
Searle, J., La revolución de Chomsky en Lingüística. Ed. Anagrama, 1977 (v. orix. 1972)
Bibliografía complementaria
Barsky, Robert F., Noam Chomsky: Una vida de discrepancia. Península, 2005
Bickerton, D., Lenguaje y especies. Alianza Editorial, 1994
Bickerton, D., Adam's tongue: how humans made language, how language made humans. Hill and Wang, 2009.
Bickerton, D., More than nature needs. Language, Mind and Evolution. Harvard U. P., 2014.
Chomsky, N., El conocimiento del lenguaje: su naturaleza, origen y uso. Alianza Editorial, 1989.
Chomsky, N., El Lenguaje y el entendimiento. Seix-Barral, 1977
Chomsky, N., El lenguaje y los problemas del conocimiento, A. Machado libros, 2002.
Chomsky, N. What kind of creatures are we? Columbia University Press, 2016. Ver. cast. en Ariel, 2007.
Corbalis, M., La mente recursiva: los orígenes del lenguaje humano, el pensamiento y la civilización. Ediciones Intervención Cultural, 2014. Ed. orixinal, Princeton U. P. 2011.
Di Sciullo, A. M. et al., The Biolinguistic Enterprise, The MIT Press, 2011.
Fitch, W. T., ‘Animal cognition and the evolution of human language: why we cannot focus solely on communication’. Phil. Trans. R. Soc. B, 375:20190046, 2019
Gentner, T. Q. et al., 'Recursive syntantic pattern learning by songbirds', Nature, 440, 1204-1207.
Hawthorne, J., Philosophy of language, Blackwell, 2008
Larson, R. K. et al., The Evolution of Human Language. Biolinguistic Perspectives. Cambridge U. P., 2010.
Lepore, E., Smith, B. C., The Oxford Handbook of Philosophy of Language, Oxford University Press, 2006
Lowenthal, F. & Lefebvre, L. (eds.), Language and recursion. Springer, 2014
Mariño, X., La conquista del lenguaje. Una mirada a la evolución de la mente simbólica. Shackleton, 2020
Olarrea, A., Orígenes del lenguaje y selección natural. Equipo Sirius, 2005
Smith, N., Chomsky. Ideas e ideales. Cambridge University Press, 2001.
Van der Hulst, H., Recursion and Human language, De Gruyter Mouton, 2010
Wolfe, T. El reino del lenguaje. Anagrama, 2018. V. orig. 2016
Competencias de tipo xeral
1. Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía da Linguaxe.
2. Aplicar estos coñecementos para identificar, formular e resolver os problemas que se presentan na Filosofía da Linguaxe a un nivel xeral e non especializado.
3. Capacidade de transmitir coñecementos, ideas, cuestións e solucións tanto a un público xeral como especializado en temáticas propias da Filosofía da Linguaxe.
4. Capacidade de continuar a formación en Filosofía da Linguaxe cun alto grao de autonomía.
5. Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía da Linguaxe.
Competencias de tipo específico
1. Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións e correntes da orixe e natureza da linguaxe.
2. Explicar e estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos propios sobre a orixe e a natureza da linguaxe.
3. Saber aplicar eses coñecementos dentro e fora da Filosofía da Linguaxe.
4. Saber expresar, comunicar, debatir e dialogar acerca da orixe e natureza da linguaxe.
5. Desenvolver razonamento crítico e compromiso ético no eido da Filosofía da Linguaxe.
6. Ter sentido social e fomentar a cooperación e a mediación nesta materia.
7. Ter un espíritu construtivo, amosando creatividade e adaptación a novos contextos no eido da Filosofía da Linguaxe.
(1) Aulas expositivas. Ofrecerase unha explicación dos temas do programa incidindo sobre todo en aqueles aspectos que sexan nucleares e que contribuan a que os/as alumnos/as formen o seu propio mapa conceptual do tópico tratado. A exposicion estará sempre aberta á participación e ao debate.
(2) Aulas interactivas. Propiciarase unha participación activa do alumnado propondo tarefas nas que terán un papel protagonista. Estes cometidos poden comprender:
- Indicacións para a realización de comentarios ou ensaios filosóficos.
- Resolución de cuestionarios de preguntas sobre temas previamente explicados.
- Visionado de material audiovisual e cuestións sobre o contido do mesmo.
(3) Traballo autónomo do alumnado.
- Resposta aos cuestionarios plantexados.
- Comentarios curtos sobre as actividades teóricas ou audiovisuais programadas.
(4) Actividade titorial en grupo
Á metade do cuadrimestre programaranse titorias en grupo, para por en común a experiencia formativa recibida ata ese momento e recoller suxestións para a segunda parte do curso. Análise e implementación das mesmas.
(5) Aula virtual. A materia dispón de aula virtual.
É posible superar a materia mediante (1) avaliación continua ou (2) realizando o exame final. A avaliación continua require da asistencia ás aulas.
(1) A avaliación continua consta de:
- Probas parciais, consistentes en preguntas de resposta curta sobre os diferentes bloques de materia.
- Cuestionarios de resposta breve sobre distintos aspectos da materia.
(2) O exame final constará de 10 preguntas de resposta breve sobre os contidos do programa. Poderá ser realizado de manera presencial ou virtual si así o requerisen as circunstancias.
- Alumnado con exención de asistencia a clase: Deberá presentarse ao exame final.
Dimensións da avaliación:
(1) Avaliación continua:
- Probas parciais: 90 %
- Resolución de cuestionarios: 10%
(2) Exame final:
O alumnado que non supere a materia ou que desexe mellorar a nota acadada na avaliación continua poderá concorrer ao exame final. Nese caso, a nota definitiva será a do exame final.
2ª Oportunidade.
No caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, as cualificacións obtidas nesa oportunidade conservaranse para a 2ª oportunidade. Tamén se terá en conta a actividade realizada na docencia interactiva.
As competencias da materia son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación continua e no exame final. O exame final constará de 10 preguntas, de resposta curta, sobre os diferentes contidos do programa.
- Alumnado con exención de asistencia a clase: avaliarase co exame final.
Normas a ter en conta:
- Non será obxecto de avaliación continua quen non entregue as tarefas acordadas nos prazos establecidos.
- O/a alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respectando o traballo dos demáis, evitando todo tipo de plaxios e apropiacións indebidas e actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observancia de esta norma conlevará non superar a materia nas dúas convocatorias anuais.
Horas presenciais semanais: 51 h.
- Horas expositivas de docencia: 24
- Horas interactivas de seminario de docencia: 24
- Horas de titorías de grupo: 3
Horas non presenciais semanais: 99 h.
- Horas de estudo: 70 h.
- Preparación de probas: 29 h.
1. Actitude activa nas aulas.
2. Seguimento ao día da materia.
3. Asistencia ás titorías.
4. Ler, pensar, debater e escribir.
Non hai
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812534
- Correo electrónico
- alejandro.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
11.01.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
04.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Hipatia |
04.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Sala Hipatia |
04.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Sala Hipatia |
04.07.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Sala Hipatia |