Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
-Localización teórica dos estudos de tradución na lingüística.
-Coñecer o devir da historia da tradución en Galicia, desde a Idade Media ata os nosos días, e o papel da tradución no sistema literario galego.
-Distinguir os distintos tipos de textos e as estratexias respectivas á hora de traducilos.
-Recoñecer os problemas prácticos que se poden suscitar á hora de facer unha tradución, e aprender a maneira de resolvelos.
-Coñecer os recursos necesarios (sobre todo lexicográficos e gramaticais) e as ferramentas online que facilitan as traducións.
-Adquirir competencias para realizar traducións literarias e mais para analizalas.
1. ¿Que é a tradución? A tradución nos estudos de lingüística. A denominación da disciplina. Nocións principais.
2. Historia da tradución en Galicia.
3. Tipos, métodos, modalidades, procedementos técnicos de tradución.
4. Problemas concretos de tradución.
5. Instrumentos de traballo dos tradutores.
6. Prácticas de tradución.
Bibliografía básica
Baker, Mona (ed.) (1998): Routledge encyclopedia of translation studies. London: Routledge.
Coseriu, E. (1977): “Lo erróneo y lo acertado en la teoría de la tradución”, en El hombre y su lenguaje. Estudos de teoría y metodología lingüística, Madrid, Gredos, 214-239. Trad. esp. do alemán de M. Martín Hernández.
Dasilva, Xosé Manuel (2003): Babel entre nós. Escolma de textos sobre a traducción en Galicia. Vigo: Universidade de Vigo.
Delisle, Jean / Hannelore Lee-Jahnke / Monique C. Cormier (dirs.) (2003): Terminoloxía da tradución. Versión galega de Anxo Fernández Ocampo e Alberto Álvarez Lugrís. Vigo: Universidade de Vigo.
Gambier, Yves / Luc van Doorslaer, eds. (2010): Handbook of Translation Studies. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins. 4 vols.
Hurtado Albir, Amparo (2001): Traducción y traductología: introducción a la traductología. Madrid: Cátedra.
Malmkjær, Kirsten & Windle, Kevin (2012): The Oxford Handbook of Translation Studies. Oxford University Press.
Moya, Virgilio (2004): La selva de la traducción. Teorías traductológicas contemporáneas. Madrid: Cátedra.
Newmark, Peter (1988): A Textbook of Translation. New York: Prentice Hall. Trad. gal. (Francisco Xabier Fernández Polo): Manual de traducción. Universidade de Santiago de Compostela, 1993. Trad. esp. (Virgilio Moya): Manual de traducción. Madrid: Cátedra, 1992.
Noia Campos, Camino (1995): “Historia da traducción en Galicia no marco da cultura europea”, Viceversa 1, 13-62. http://webatg.webs.uvigo.es/viceversa/files/1/vi_1_camino.pdf
Bibliografía complementaria
Agost, Rosa (2018): “Traducción, ideología y norma: entre la institución y el destinatario”, TRANS. Revista de Traductología 5, 127.
Alvarez Lugrís, Alberte (1997): Os falsos amigos da traducción: criterios de estudio e clasificación. Vigo: Universidade de Vigo.
Bueno García, Antonio / Joaquín García-Medall (eds.) (1998): La traducción, de la teoría a la práctica. Valladolid: Universidad de Valladolid.
Carbonell, Ovidio (2018): “Lingüística, traducción y cultura”, TRANS. Revista de Traductología (1), 143.
Domínguez, César (2014): “Un Ulises que non-o coñece o Joyce que o criou". Algunhas precisións á tradución de Ramón Otero Pedrayo”, Grial 203, 32-41.
Gomez Clemente, Xosé Mª (2020): “Traducción al gallego”, en Portal de Historia de la Traducción en España. http://phte.upf.edu/gallego/gallego-traduccion-al/
Even-Zohar, Itamar (1996): “A posición da traducción literaria dentro do polisistema literario”, Viceversa 2, 57-65.
Galanes Santos, Iolanda (2016): “La traducción literaria gallega contemporánea. Intratraducción y extratraducción”, en Iolanda Galanes Santos et alii (eds.): La traducción literaria. Nuevas investigaciones. Granada: Comares.
Kabatek, J. (1998): “Traducción e interferencia”, en Dieter Kremer (ed.): Homenaxe ó profesor Ramón Lorenzo. Vigo: Galaxia, vol. 2, 843-850.
Lefevere, André (1992): Translation, rewriting, and the manipulation of literary fame. London: Routledge. Trad. esp. de Mª del Carmen África Vidal / Román Álvarez: Traducción, reescritura y la manipulación del canon literario. Salamanca: Ed. Colegio de España, 1997.
Luna Alonso, Ana (2002): “A adquisición da competencia traductora”, en Actas da VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias. Santiago de Compostela, 22, 23, 24 de novembro de 2001. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 555-562.
Recursos web
• Bivir. Biblioteca virtual da literatura universal en Galego. Asociación de Traductores Galeg
Coas competencias pretendemos a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio de capacidades xenéricas susceptibles de aplicarse a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumno.
Favorecemento da expresión escrita mediante a realización dos traballos citados que servirá tamén para a potenciación das competencias referidas na actividade anterior.
Competencias de tipo instrumental: coñecemento dos corpora (monolingües e bilingües) e das ferramentas en internet para o traballo de tradución (dicionarios e glosarios on line); exercicio da comunicación verbal mediante o desenvolvemento da comunicación interpersoal e estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións mediante a exposición oral das actividades propostas e a participación nas clases interactivas.
Competencias sistémicas: demostración da súa creatividade e dos seus estándares de calidade na realización dos traballos individuais
A medida que se van expondo os contidos teóricos, exemplificarase co galego como lingua de partida ou de chegada. A partir de textos literarios de diversos xéneros proporanse traducións ou análises de traducións xa feitas, trala súa confrontación cos textos orixinais. Amais dos aspectos lingüísticos, terase en conta o momento histórico en que foron realizadas. Para as traducións,a lingua orixe será distinta do galego, da que se posúa bo coñecemento (castelán, portugués, inglés, francés, catalán...). Para a análise de traducións, o galego será lingua orixe ou lingua termo. Poranse ó dispor dos alumnos textos e diferentes materiais no campus virtual.
Primeira oportunidade
A asistencia é obrigatoria. O número de faltas de asistencia non xustificadas non pode ser superior a 5.
A avaliación será continua: teranse en conta as actividades propostas ó longo do curso nas aulas, que poderán consistir en resolución de problemas de tradución, exposición na aula dunha referencia bibliográfica, análise de traducións ou outro tipo de tarefas. Como traballo de curso proporase a realización dunha tradución dun texto literario ou a análise dunha tradución, comparándoa co texto orixinal.
-Participación activa durante as aulas e realización de actividades propostas: 70%. Se non se entregan as tarefas no período estipulado, a nota será cero (0). (Tema 1: 20%, tema 2: 25%, temas 3-4: 25%).
-Traballo final: 30%.
Segunda oportunidade.
Aquelas persoas que non superen a materia por avaliación continua poderán volver a repetir os items previamente non superados, sempre que cada un deles conte máis dun 20% dentro do tema respectivo. As porcentaxes serán as mesmas.
Alumnado con dispensa.
O sistema de avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia será: traballo final (30%) máis exame (70%). No exame final avaliaranse os contidos teóricos expostos na aula, e os prácticos mediante unha tradución xustificada ou unha análise de traducións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Horas presenciais expositivas: 32 horas
- Horas presenciais interactivas: 16 horas
- Estudo para o exame, preparación de actividades programadas, lecturas e preparación do traballo de curso: 102 horas.
É importante a participación activa na aula.
Plan de continxencia
Escenario 2
Metodoloxía da ensinanza
Se existen restricións parciais á presencialidade física, a docencia efectuarase parcialmente a través da plataforma institucional Teams de forma síncrona, igual cás titorías. As tarefas disporanse por medio do campus virtual da USC.
Sistema de avaliación
Dado que a avaliación é continua, non haberá cambios. Tódolos exercicios e probas se realizarán a través das plataformas institucionais.
Escenario 3
Metodoloxía da ensinanza
A docencia pasará a ser telemática e síncrona a través de Teams, coma as titorías. As tarefas e os exames disporanse por medio do campus virtual da USC e/ou por Teams.
Sistema de avaliación
Dado que a avaliación é continua, non haberá cambios. Tódolos exercicios e probas se realizarán a través das plataformas institucionais.
Ana Isabel Boullon Agrelo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811812
- Correo electrónico
- ana.boullon [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C02 |
Venres | |||
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | C02 |
14:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C02 |