Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Anual
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Como obxectivo xeneral, esta materia permitirá ó alumno comprender os contidos, sintetizar ideas e adquirir os coñecementos necesarios para a correcta xestión catastral, o rexistro da propiedade e a valoración de bens inmobeis.
A memoria do título contempla para dita materia os seguintes contidos:
O Catastro en España e Europa.
Catastro de Rústica e de Urbana.
A Cartografía Catastral.
O Imposto sobre Bens Inmobeis.
O Rexistro da Propiedade.
A Valoración de B.I. e o Mercado Inmobiliario.
Valoración de Bens Inmobeis de Natureza Rústica.
Valoración de Bens Inmobeis de Natureza Urbana.
Estos contidos serán desenvolvidos seguindo este temario, así como a adicación PRESENCIAL (horas)
Programa teórico
UD 1. Introdución ó catastro. O catastro en España e Europa (5)
UD 2. Cartografía catastral (7)
UD 3. Catastro de rústica e de urbana (6)
UD 4. O Rexistro da Propiedade (3)
UD 5. Xestión catastral e xestión tributaria. O IBI (2)
UD 6. Valoración catastral (6)
UD 7. Valoración de Bens Inmobeis de Natureza Rústica (4)
UD 8. Valoración de Bens Inmobeis de Natureza Urbana (4).
Programa de prácticas
Práctica 1. Estudio comparativo do catastro en Europa (4)
Práctica 2. Análise da cartografía catastral (8)
Práctica 3. Traballo colectivo sobre lexislación catastral (4)
Práctica 4. Valoración dun ben inmoble de natureza rústica (8)
Práctica 5. Valoración catastral dun ben inmoble urbano (8)
Programa de seminarios
Seminario 1. O catastro de Ensenada (1)
Seminario 2. Páxina web oficial da Direción Xeneral de Catastro (2)
Seminario 3. Análise doutros sistemas catastrais (2)
Seminario 4. O Planeamento Urbanístico en Galicia (2)
Seminario 5. Revisión de métodos de valoración de bens inmobeis (2)
Bibliografía básica:
ALCÁZAR MOLINA, M.G. Catastro, notaría y registro de la propiedad. Revista de Derecho Urbanístico, Nº 185, abril-mayo, 15-29. 2001.
ALCÁZAR MOLINA, M.G. Valoración Inmobiliaria. Madrid, Editorial Montecorvo. 2003.
ATKINSON, A. Control de calidad posicional en cartografía: análisis de los principales estándares y propuesta de mejora. Universidad de Jaén. Jaén. 2005.
BERNÉ VALERO, J.L. Y FEMENIA RIBERA, C. Catastro de Rústica. Universidad Politécnica de Valencia. 2000.
BERNÉ VALERO, J.L, FEMENÍA RIBERA, C., BENÍTEZ AGUADO, E. El Catastro en España. Universidad Politécnica de Valencia. 2008.
CGCCT. El catastro en España, 1714-1906: de los catastros del siglo XVIII a los amillaramientos de la segunda mitad del siglo XIX. Centro de Gestión Catastral y Cooperación Tributaria. Madrid. 1988.
CONCHEIRO DEL RÍO, J. El Catastro y el Impuesto sobre Bienes Inmuebles. Editorial Bosch, S.A. Madrid, 2008.
Bibliografía recomendada:
GUIMET PEREÑA, J. Valoración catastral de inmuebles urbanos. Descripción práctica. Barcelona, Ediciones UPC. 2002.
MIRANDA HITA, J. La Ley del Catastro del Catastro Inmobiliario (II). Revista CT/Catastro Nº 58. 2006.
VERNÉ BALERO, J.L., FEMENIA RIBERA, C., AZNAR BELVER, J. Catastro y valoración catastral. Edita U. P. de Valencia. Valencia. 2004.
Competencias xenerais:
CG2 - Analizar, rexistrar e organizar o coñecemento do contorno e da distribución da propiedade e usar esa información para o
planeamento e administración do solo.
CG6 - Reunir e interpretar información do terreno e toda aquela relacionada geográfica e economicamente con el.
CG12 - Planificación, proxecto, direción, execución e xestión de procesos e produtos de aplicación en catastro e rexistro,
ordenación do territorio e valoración, no ámbito xeomático.
Competencias transversais:
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidad para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Competencias específicas:
CTE5 - Coñecementos sobre: xestión catastral: aspectos físicos, xurídicos e fiscais; rexistro da propiedade; taxacións e valoracións.
Clases teóricas
O profesor explicará os contidos teóricos do programa da materia (CG2, CG12, CTE5).
O alumno deberá ler previamente os documentos recomendados en cada tema e realizar posteriormente unha revisión ou esquema do tratado en clase (CG6).
Clases prácticas
O profesor explicará as prácticas, expoñendo brevemente os resultados a obter. Desde este momento se computará o tempo dedicado polo alumno ó traballo práctico (CG12).
O alumno realizará a práctica explicada aplicando as recomendacións do profesor e entregará, de selo caso, os resultados correspondentes en forma de memoria breve (CT3, CT4, CT5, CT6 CT7, CT10).
Seminarios
Os seminarios apóianse nunha aprendizaxe baseada na análise de proxectos, a través de situacións nas que o alumno poderá explorar e traballar unha determinada cuestión aplicando coñecementos interdisciplinares (CT3, CT4, CT5, CT6 CT7, CT10, CTE5)
Sitúan á materia fora duns apuntes e duns libros de texto, e permiten que o alumno experimente a procura bibliográfica, fomente o debate e alimente o seu espíritu crítico.
Titorías
O profesor estará dispoñible para a resolución de dúbidas no estudio ou na realización dos traballos prácticos.
O alumno reservará un tempo para preparar as dúbidas e preguntas das titorías que se programarán durante o curso.
Asistencia e participación en clase (10%), avaliarase cando a asistencia ás clases prácticas e teóricas supere os 3/4: Competencia CG2.
Realización dunha proba oral ou escrita de coñecemento (40%), avaliarase o coñecemento dos contidos teóricos impartidos en cada tema do curso: Competencia CTE5.
Resolución de casos prácticos (30%), consistirá na entrega dos resultados de cada práctica, avaliarase tanto a metodoloxía como a resolución adoptada, así como a calidade e presentación da memoria: Competencias CG12, CT3, CT4 e CT5.
Resultado dos seminarios (20%), consistirá na entrega dun informe técnico cos resultados solicitados ó alumno nos seminarios correspondentes, avaliarase a estrutura, presentación, uso do léxico, documentación, a complexidade e a precisión dos resultados: Competencias CG6, CT6, CT7 e CT10.
As prácticas non posúen carácter obrigatorio e tampouco se gardarán durante cursos consecutivos.
No caso de que o estudiante teña obtido a dispensa de asistencia o exame acadará o 50% do valor da cualificación final.
Os requisitos necesarios para aprobar serán os mesmos para os alumnos de primeira matrícula que para os alumnos repetidores.
A continuación preséntase o tiempo que o alumnado debe dedicar ás diferentes actividades da aprendizaxe (Horas presenciais; horas de traballo persoal; créditos ECTS)
- Horas teóricas: 36; 60; 3,84
- Horas prácticas: 30; 40; 2,80
- Horas de seminario: 6; 12; 0,72
- Titorías: 2; 8; 0,40
- Aprendizaxe virtual: 0; 5;0,50
- Avaliacións: 3; 23; 1,04
Plan de continxencia: se contempla que no caso de aplicar o escenario 2 (Distanciamento), a totalidad da avaliación terá lugar a través do campus virtual. En caso de aplicar el escenario 3 (Peche das instalacións), a esto se añadirá que la totalidad de la docencia se realizará mediante videoconferencia, no horario de clase previsto. A docencia (presencial ou por videoconferencia) será complementada, en calquera dos escenarios, polas ferramientas e recursos disponibles no campus virtual.
David Miranda Barros
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982822830
- Correo electrónico
- david.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
18.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario III (Pav.III) |
30.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario III (Pav.III) |