Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 36.75 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecementos:
Coñece-los métodos e técnicas propios da xeodesia física e espacial.
Coñecer e comprende-lo campo magnético terrestre.
Coñecer e comprende-los principios básicos da sismoloxía e enxeñaría sísmica.
Coñecer e comprende-lo campo gravitatorio terrestre e os fundamentos para a súa determinación.
Aptitudes:
Saber aplica-los coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
Acostumarse ó manexo de bibliografía, de normativa específica e Internet.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimenta-la súa curiosidade e interés pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos da Terra.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practica-lo razonamento correcto.
Fomenta-lo traballo en equipa.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Gravimetría.
Sismoloxía e Enxeñaría Sísmica
Xeomagnetismo
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario, no que se indican de maneira aproximada as horas presenciais (expositivas HE, de seminario HS, de laboratorio HL e de titorías de grupos reducidos TGR) e non presenciais (NP):
TEORÍA
GRAVIMETRÍA
TEMA 1: CAMPO GRAVITATORIO (3HE + 6h NP)
Gravitación. Potencial gravitatorio. Sistemas de coordenadas terrestres. Campo da gravidade en terra esférica. Potencial da gravidade. Forma da terra. Xeoide. Gravidade normal. Elipsoides. Determinación do Xeoide. Fórmula de Stokes. Modelos do campo da gravidade.
TEMA 2: MEDIDA DA GRAVIDADE (2HE + 4HI + 20h NP)
Gravimetría. Aplicacións da gravimetría. Medidas absolutas e relativas. Método do péndulo reversible e métodos de caída libre. Métodos dinámicos: Instrumentos con péndulos. Métodos estáticos. Gravímetros. Tipos de gravímetros. Redes gravimétricas.
TEMA 3: ANOMALÍAS GRAVIMÉTRICAS (3HE + 7h NP)
Corrección de Aire-libre. Anomalía Aire-libre. Reducción de Bouguer. Anomalía de Bouguer. Isostasia. Reducciones isostáticas. Anomalías isostáticas.
TEMA 4: SISTEMAS DE ALTITUDES (1HE + 2h NP)
Cotas xeopotenciais. Altitudes dinámicas. Corrección dinámica. Altitudes ortométricas. Corrección ortométrica. Altitudes normais. Corrección normal. Diferencias entre os sistemas de altitudes.
SISMOLOXÍA
TEMA 5: ONDAS SÍSMICAS (3HE + 6h NP)
Tipos de ondas sísmicas. Traxectoria do raio sísmico. Diferentes casos de propagación. Atenuación das ondas sísmicas internas. Ondas sísmicas superficiales: Rayleigh y Love. Atenuación das ondas sísmicas superficiais. Dromocronas e estrutura interna da Terra. Sismoloxía de reflexión e refracción. Sismoloxía instrumental.
TEMA 6: INSTRUMENTACIÓN SÍSMICA (1HE + 4HI + 10h NP)
Sismógrafo mecánico. Sismógrafo electromagnético. Sismógrafo de deformacións. Acelerógrafos. Red sísmica.
TEMA 7: TERREMOTOS (2HE + 6h NP)
Parámetros focais dos terremotos. Localización espacio-temporal do foco. Intensidade, magnitude e enerxía. Relación entre as faias e os terremotos. Orientación do plano de faia. Distribución dos terremotos: Relación coa dinámica de placas. Predicción de terremotos.
TEMA 8: ANÁLISIS DE SISMOGRAMAS (1 HE + 5h NP)
Sismogramas. Sismos locales. Sismos lonxanos.
TEMA 9: SISMICIDADE. (1 HE + 1h NP)
O estudo das faias sísmicas. Análise da sismicidade. Análise da perigosidade sísmica. Efectos inducidos polos terremotos no terreo.
XEOMAGNETISMO
TEMA 10: O CAMPO MAGNÉTICO TERRESTRE (1HE + 2h NP)
O campo magnético terrestre e as súas compoñentes. O dipolo terrestre. Coordenadas xeomagnéticas. Campo non dipolar. Campo xeomagnético internacional de referencia.
TEMA 11: CAMPO XEOMAGNÉTICO DE ORIXE INTERNO (1.5HE + 4h NP)
Variación secular. Orixe do campo xeomagnético interno. A dinamo autoinducida. Conclusións sobre a variación secular.
TEMA 12: CAMPO XEOMAGNÉTICO DE ORIXE EXTERNO (1.5HE + 4h NP)
Variacións do campo xeomagnético de orixe externo. A Ionosfera e a Magnetosfera. Variacións periódicas. Variación solar e lunar tranquila. Modelo da dinamo ionosférica. Sistema de correntes equivalentes. Variacións non periódicas. Tormentas Xeomagnéticas.
TEMA 13: PALEOMAGNETISMO (1HE + 4h NP)
Magnetismo das rochas. Magnetización remanente térmica. Magnetización remanente deposicional. Migración dos Polos. Inversións do campo xeomagnético.
TEMA 14: MEDIDAS DO CAMPO XEOMAGNÉTICO (1HE + 4h NP)
Medidas absolutas e relativas. Métodos clásicos. Métodos absolutos e relativos. Variómetros e rexistros. Métodos modernos. Magnetómetro de protóns. Magnetómetro de bombeo óptico. Magnetómetro de núcleo saturado.
TEMA 15: ANOMALÍAS MAGNÉTICAS (1HE + 2h NP)
Anomalías rexionais. Correccións ás medidas magnéticas.
PRÁCTICAS
P1: Procesamento de datos gravimétricos (4HI + 6h NP)
P2: Cálculo de anomalías gravimétricas (4HI + 6h NP)
P3: Análise de sismogramas (3HI + 4h NP)
P4: Localización de terremotos (3HI + 4h NP)
P5: Instrumentos de medida do campo xeomagnético (2HI + 4h NP)
Bibliografía básica
• Ciencias de la Tierra. Una Introducción a la Geología Física
Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K. Madrid: Ed. Pearson - Prentice Hall. 2005
• Fundamentos de Geofísica. 2ª Edición
Udías, A. y J. Mezcua. Madrid: Ed. Alianza 1996
• Geomagnetismo
Luis de Miguel, Editorial Instituto Geográfico Nacional (3ª ed.), 1980
Bibliografía complementaria
• An Introduction to Applied and Enviromental Geophysics
Reynolds, J. Chichester: Ed. Wiley. 1997.
• The solid earth: an introduction to global geophysics
C. M. R. Fowler, Editorial Cambridge University Press, 1990
• Geofísica aplicada para ingenieros y geólogos
D.H. Griffiths, R.F. King; Editorial Paraninfo, 1972
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas CB-1 a CB-5 fixadas pola Orde Ministerial:
Xerais:
CG6. Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e económicamente con el. (CG 6)
Específicas:
CTE3. Coñecemento e aplicación dos métodos e técnicas propios da xeodesia física e espacial; xeomagnetismo; sismoloxía e enxeñaría sísmica; gravimetría.
Observacións sobre competencias específicas:
A competencia específica CTE3 adquírese conxuntamente coa materia de Astrometría e Xeodesia Física (primeiro semestre do segundo curso), Sistemas de Posicionamento Global (segundo semestre do terceiro curso) e Redes Xeodésicas (segundo semestre do cuarto curso), que se centran de xeito máis específico na xeodesia física e espacial, mentres que nesta materia se tratan específicamente os bloques de xeomagnetismo, sismoloxía e enxeñaría sísmica e gravimetría.
Transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As actividades presenciais son:
-Clases expositivas, fundamentalmente dedicadas a desenvolver os contidos teóricos da materia. Impártense na aula por parte do profesor, axudado de medios audiovisuais. Permiten traballar as competencias:
Xerais: CG6
Específicas: CTE3
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
-Os seminarios en grupos reducidos de 20 alumnos, que consisten en sesións prácticas ou clases interactivas, fundamentalmente dedicados a resolver casos, exercicios ou exemplos. Son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a traveso do traballo persoal e das clases de teoría. Nas clases interactivas organízanse actividades formativas nas que os alumnos, en grupos de dos ou tres alumnos, buscan a información necesaria para desenvolver algún aspecto do temario. A continuación, fan unha exposición oral sobre eses contidos ao resto de compañeiros. O documento realizado, que pode ser mellorado con traballo non presencial, e a exposición avalíase tanto polo profesor como polos compañeiros. De modo que se traballan as seguintes competencias:
Xerais: CG6
Específicas: CTE3
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A entrega definitiva dos documentos permite traballar ademais a CT6
-As titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...).
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual. O estudo por parte do alumno permite traballar as competencias:
Xerais: CG6
Específicas: CTE3
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
MATERIA SEN DOCENCIA PRESENCIAL NO CURSO 2019/20. OS REQUISITOS PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA NON VARÍAN E TODOS OS ESTUDANTES SERÁN AVALIADOS COS CRITERIOS DE ALUMNOS REPETIDORES.
Actividades de avaliación
•Asistencia e participación: a asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Faise o seguimento da asistencia a traveso dun anecdotario, no que se rexistra tamén a participación do estudante na clase.
•Actividades interactivas dos seminarios: das actividades presenciais realizadas nos seminarios valóranse as exposicións orais realizadas e os documentos elaborados, tanto no relacionado cos contidos da materia como nas competencias traballadas. Os documentos elaborados entréganse de maneira provisional ao rematar a sesión presencial e de maneira definitiva antes da proba final.
•Proba final: consiste nun exame teórico-práctico que se realiza ao rematar a docencia. A parte teórica consiste en definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver. A parte práctica consiste na resolución de exercicios ou casos prácticos.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB-1 a CB-5.
A asistencia e participación dos alumnos nas sesións presenciais, nas que se desenvolven os contidos teóricos e prácticos da materia permiten avaliar as competencias:
Xerais: CG6
Específicas: CTE3
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
As actividades realizadas nos seminarios interactivos permiten avaliar as competencias:
Xerais: CG6
Específicas: CTE3
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A entrega definitiva dos documentos permite avaliar ademais a CT6
A realización da proba final, un exame de contidos teóricos a desenvolver e dunha parte práctica para a resolución de exercicios ou casos prácticos, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG6
Específicas: CTE3
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
Sistema de avaliación
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, para estimular ó alumnado a segui-lo proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación básease nos seguintes 4 apartados:
1) Asistencia obrigatoria ao 100% das clases.
2) Proba escrita. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima.
3) Actividades realizadas nos seminarios interactivas: exposicións orais, entregas provisionais e definitivas de documentos.
4) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario.
Requisitos para a superación da materia:
-Nota mínima na proba escrita de 5 puntos sobre 10.
-Asistencia ao 100% das clases
-Seminarios coa cualificación de APTOS
Primeira oportunidade:
Para poder presentarse á proba escrita na primeira oportunidade os alumnos deben cumprir unha asistencia do 100% ás clases presenciais excepto faltas xustificadas.
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 60%
-Seminarios 30%
-Actividades de seguimento e participación nas actividades da aula 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Segunda oportunidade:
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 70%
-Seminarios 30%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Alumnos repetidores:
Aqueles alumnos que teñan cumprido o requisito de asistencia e de entrega dos documentos dos seminarios nalgún dos dous cursos anteriores, soamente teñen que presentarse á proba escrita, sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Seminarios 30%
En todo caso, aconséllase a asistencia, como mínimo, ás sesións prácticas e de laboratorio e o seguimento frecuente da materia a través das titorías e do Campus Virtual.
Lectura e preparación de temas: 36h
Elaboración de traballos de curso: 36h
Preparación de probas de avaliación: 23h
Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e prácticas.
Esforzarse nos informes de prácticas.
Intentar resolve-los exercicios previstos antes da resolución en clase.
Consulta-la bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveita-las titorías, tanto as habituales como as programadas en grupo.
MATERIA SEN DOCENCIA PRESENCIAL NO CURSO 2020/21. OS REQUISITOS PARA A SUPERACIÓN DA MATERIA NON VARÍAN E TODOS OS ESTUDANTES SERÁN AVALIADOS COS CRITERIOS DE ALUMNOS REPETIDORES.
Carlos Nuñez Temes
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- carlos.nunez.temes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3