Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado habilidades de razoamento espacial, así como ferramentas de expresión gráfica acordes coas novas tecnoloxías da información e coñecementos básicos sobre Normalización neste eido, que lle faciliten as operacións de deseño e representación de obxectos tridimensionais relacionados coa súa futura actividade profesional. Hai que dotar ao alumno/a, futuro/a enxeñeiro/a, dos coñecementos prácticos que lle permitan entenderse e expresarse nunha linguaxe gráfica, común ás distintas profesións técnicas.
Así, os contidos da materia de Debuxo Técnico Asistido por Ordenador responden a unha meta primordial, que se formula con respecto a esta materia e ao seu bloque formativo: a de conseguir que o alumnado, ao finalizar os seus estudos, sexa capaz de elaborar e xestionar a documentación gráfica necesaria para a redacción dun proxecto da súa especialidade.
Para chegar a alcanzar este obxectivo é necesario que o alumnado traballe as seguintes destrezas e habilidades, tanto de tipo xenérico (que deberan ser comúns e transversais a todas as materias) como específico:
XENÉRICAS:
a) Capacidade para a análise e a síntese.
b) Capacidade para aprender.
c) Capacidade para resolver problemas.
d) Capacidade para aplicar o coñecemento na práctica.
e) Capacidade para xerar novas ideas (creatividade).
f) Capacidade para a toma de decisións.
g) Capacidade para o traballo autónomo, xa sexa en grupo ou individualmente.
ESPECÍFICAS:
De tipo informativo:
a) O coñecemento de programas de DAO ou CAD como ferramenta rápida e precisa para resolver os problemas de trazados xeométricos de uso habitual nos debuxos da especialidade e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
b) O coñemento estruturado dun programa universal de CAD para a resolución de problemas espaciais e para a confección de bases documentais no ámbito das enxeñarías.
c) O coñecemento racional e dedutivo dos fundamentos da Xeometría que permitan resolver os problemas de trazados xeométricos planos de uso habitual nos debuxos da especialidade.
d) O coñecemento aplicado dos principais Sistemas de Representación, dos seus fundamentos e técnicas, con especial profundización no sistema de Planos Acoutados e a súa aplicación á representación e modelado de terreos, como obxectivo específico da intervención na Enxeñaría Topográfica.
e) O coñecemento básico da Normalización en xeral e das normas de aplicación ao Debuxo Técnico no ámbito profesional da Enxeñaría Topográfica.
f) O coñecemento da estruturación da documentación gráfica dun proxecto.
De tipo formativo:
a) A adquisición e fortalecemento de visión e comprensión espacial.
b) A adquisición de destreza no manexo das ferramentas informáticas aplicadas á expresión gráfica, co fin de obter unha boa representación da realidade.
c) A adquisición de capacidade para a interpretación de calquera dos principais Sistemas de Representación, e para facer representacións nos Sistemas Diédrico, Axonométrico e de Planos Acoutados empregando as novas tecnoloxías.
d) A adquisición de capacidade de análise e resolución de problemas gráficos.
e) A adquisición de destreza no manexo dos instrumentos de debuxo e precisión e de hábitos de pulcritude, co fin de obter unha boa calidade dos trazados.
f) A utilización do debuxo a man alzada como instrumento de análise espacial.
Todo isto concuerda co recollido na Orde Ministerial CIN/353/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía, que establece literalmente que o alumnado, na súa formación, debe adquirir “capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador”.
A Memoria do Título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Normalización do Debuxo Técnico.
- Gráficos por ordenador.
- Debuxo 2D.
- Modelado tridimensional.
- Aplicación práctica con distintos programas de CAD.
Estes contidos teóricos e prácticos da materia mistúranse ao longo das clases interactivas, que será a única modalidade, xunto coas titorías en grupo, de clases para o alumnado.
Elíxese un programa de CAD, neste caso o coñecido e ampliamente empregado no mundo da enxeñaría AutoCAD, para o desenvolvemento xeral da materia. Farase en cada tema unha introdución ao seu manexo con respecto aos contidos, e logo resolveranse unha serie de exercicios de aplicación do programa no eido da enxeñaría. Non obstante, empregaranse outros programas de CAD (preferentemene software libre) nalgunha das partes do desenvolvemento da materia.
Son os temas seguintes os que aglutinan eses contidos esenciais e necesarios para superar esta materia; constitúen ao mesmo tempo, polo seu carácter interactivo, a súa programación práctica (que se desenvolverá nas 36 horas interactivas presenciais da materia):
1.- Interfaz. Introdución de comandos e datos (4 horas).
2.- Presentacións, textos e escalas (4 horas).
3.- Comandos de debuxo (4 horas).
4.- Comandos de modificación e consulta (4 horas).
5.- Acoutamento (2 horas).
6.- Manexo de imaxes (2 horas).
7.- Bloques e atributos (2 horas).
8.- Execución de planos (2 horas).
9.- Trazado (1 hora).
10.- Modelado 3D (7 horas).
11.- Aplicación á Topografía (4 horas).
En calquera caso, o seu desenvolvemento temporal non se axustará estrictamente a este esquema, xa que se vai dar unha visión integrada do programa e da súa aplicación que conleva a necesidade de misturar estes contidos, sobre todo a medida que se avanza na materia.
Bibliografía básica:
Félez, J. e outros. Fundamentos de Ingeniería Gráfica. Sintesis. Madrid, 1996
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2016. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2015
Montaño de la Cruz, F. AutoCAD 2020. Guía Práctica. Anaya Multimedia. 2019
Bibliografía de consulta (complementaria):
Mora Navarro, J.G. AutoCAD aplicado a la Ingeniería Civil. Editorial de la UPV. Valencia, 2009
Mora Navarro, J.G. AutoCAD aplicado a la Topografía. Editorial de la UPV. Valencia, 2007
Reyes Rodríguez A.M.; Montaño de la Cruz, F. AutoCAD Práctico: 130 ejercicios definitivos. Anaya Multimedia. 2012
Reyes Rodríguez A.M. AutoCAD 2019 (Manual imprescindible). Anaya Multimedia. 2019
Zurita; Herráez; Arias. Modelado gráfico del terreno. Explanaciones. Servicio de Publicaciones E.P.S.
Para o desenvolvemento da materia, o Centro tamén proporcionará ao alumnado diferentes recursos, entre os que cabe destacar licencias de software de distintos programas de Deseño Asistido por Ordenador (AutoCAD …) co correspondente hardware.
Asimesmo, o alumnado contará ao inicio de cada sesión práctica cos exercicios a desenvolver na mesma, cun guión detallado dos pasos a seguir.
A materia de Debuxo Técnico Asistido por Ordenador constitúe coa materia de formación básica Sistemas de Representación, que o alumnado cursou en 1º, e a outra optativa de 3º curso, Cálculo Gráfico, un módulo ou bloque formativo de Expresión Gráfica na Enxeñaría, de grande interese para o cumprimento dos obxectivos globais da titulación.
Nestas materias o alumnado adquirirá e practicará as seguintes competencias xerais e específica, que aparecen dentro do cadro de competencias que se deseñou para o conxunto da titulación, e que como xa se apuntou, concorda co recollido na Orde Ministerial CIN/353/2009, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Topografía:
Competencias xerais:
- CG1: Deseñar e desenvolver proxectos xeomáticos e topográficos.
- CG3: Comprender e analizar os problemas de implantación no terreo das infraestruturas, construcións e edificacións proxectadas desde a enxeñaría en topografía, analizalos e proceder á súa implantación.
- CG5: Determinar, medir, avaliar e representar o terreo, obxectos tridimensionais, puntos e traxectorias.
Competencia específica (asociada ao conxunto do bloque formativo):
- CFB4: Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador.
Asimesmo, en concordancia co recollido no apartado dos obxectivos da materia en canto as destrezas e habilidades a desenvolver no alumnado, establécense como competencias transversais a traballar nesta materia as seguintes:
- CT1: Capacidade de análise e síntese.
- CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
- CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
- CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Esta materia forma parte dun Plan de estudos en extinción, correspondente á titulación de Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía que está a piques de desaparecer da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC no Campus de Lugo.
Coa finalidade de que o alumnado pendente de rematar esta titulación teña unha oferta de materias que llo permitan, preséntase esta como unha opción de matrícula, con dereito a exame pero sen docencia presencial.
Así pois, a metodoloxía de ensinanza só se basará no traballo autónomo do alumnado, co apoio titorial do profesorado cando o considere oportuno, atendendo ás competencias xerais e específica CG1, CG3, CG5 e CFB4, e tamén ás transversais CT1, CT2, CT3, CT4 e CT5 recollidas nesta Guía, especialmente a 2, 3 e 5. Así, a presencialidade quedaría reducida a encontros puntuais en titorías libres, se o alumnado así o demanda, e á realización do exame final da materia.
En calquera caso, daráselle ao alumnado a posibilidade de facer unhas prácticas titoradas voluntarias, coa realización e entrega de exercicios (a través do Campus Virtual da materia), que poden formar parte da súa avaliación final.
Esta metodoloxía corresponderíase co Escenario-1 de “Normalidade adaptada”, recollido no “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”, aprobado polo Consello de Goberno da USC o 30 de abril de 2021. Para os outros dous escenarios contemplados nese plan de continxencia, os matices na metodoloxía a seguir recóllense no apartado de Observacións, ao final da presente Guía Docente.
O debuxo é un xeito fundamental de expresión para o enxeñeiro e o Debuxo Técnico Asistido por Ordenador é unha potente ferramenta de traballo neste sentido. Polo tanto, a cualificación do alumnado debera reflectir o nivel adquirido na formación necesaria para a súa correcta utilización.
Así, en todos os exercicios, xa sexan de Prácticas ou de Exame, valoraranse dous aspectos:
1º.- Os coñecementos, a capacidade de resolución e a visión espacial.
2º.- A precisión, a lexibilidade e a pulcritude na resolución e presentación do exercicio.
Deste xeito, a cualificación obtida na corrección do procedemento e resultados dun exercicio, poderá ser rebaixada ata un 30% por mala calidade da presentación ou por pouca precisión no debuxo.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado, e polo tanto, a forma de medir se adquiriu as competencias xerais e específica marcadas para esta materia, basearase nun proceso de avaliación continua que levará aparellado un sistema de seguimento e exame final (de carácter eminentemente práctico e coa posible utilización de material de apoio) ao longo do curso. A continuación expóñense as súas principais características:
Para a cualificación final da materia, en 1ª ou 2ª oportunidade, terase en conta, ademais do exame que se describe a continuación, e que pode supoñer a totalidade da nota final da materia, a realización e envío dun conxunto de exercicios que o profesorado proporcionará ao alumnado para que resolva de xeito voluntario (e que suporían, no caso de facerse, un 30% da nota da materia). Para executar esta posibilidade se empregaría o Campus Virtual da materia, de tal xeito que o profesor proporía estes exercicios a través desa ferramenta para que o alumnado os resolva e os envíe para a súa corrección e posteriores comentarios, individuais ou grupais, nos prazos establecidos, independentemente do Escenario no que nos atopemos.
EXAME FINAL (primeira oportunidade da convocatoria en curso):
Ao rematar o segundo semestre, no mes de maio ou xuño (en data oficial fixada polo Centro), realizarase unha proba ou exame final (cunha achega do 70 ou do 100% da nota da materia, segundo os casos). Todo o alumnado deberá realizar obrigatoriamente este exame, que é complementario da avaliación continua da materia á que o alumnado pode optar.
Coa superación deste exame, que se cualificará sobre 10 puntos, aprobarase a materia en calquera caso.
Non obstante, a non superación do mesmo (é dicir, non ter chegado aos 5 puntos) non significa que non se poda acadar ese aprobado na materia. Pódese obter o aprobado coa axuda das notas correspondentes á realización dos exercicios das prácticas (sempre e cando se alcancen uns mínimos no exame, que se sitúan na obtención de polo menos un 4 sobre os 10 puntos, aínda que este requeremento poderá modificarse en función do contexto e sempre favorablemente para o alumnado).
Se o alumnado optou pola avaliación continua e a realización e entrega dos exercicios propostos polo profesorado, a nota do exame se multiplicaría por 0’7, e se lle sumaría a nota das prácticas, corrixidas sobre un máximo de 3 puntos. Deste xeito, se chega aos 5 puntos, tería aprobada a materia.
EXAME DE XUÑO- XULLO (segunda oportunidade da convocatoria en curso):
No caso de non aprobar a materia na oportunidade anterior, na seguinte (na de xuño-xullo) o alumnado realizará un novo exame de recuperación de toda a materia, coas mesmas condicións esixidas para o exame final.
No caso de non superarse o exame nesta oportunidade, poderá aprobarse a materia seguindo os mesmos criterios expresados para a anterior.
En ambos casos, e como xa se sinalou, a nota dos exames (cun máximo de 10 puntos, e que supón o 100% ou o 70% da cualificación da materia segundo o caso) incrementarase coa entrega dos exercicios das prácticas voluntarias (ata un máximo de 3 puntos), sempre e cando se cumpran os requisitos mínimos esixidos para aqueles.
Concluíndo, a superación da materia (en 1ª ou 2ª oportunidade) require acadar 5 puntos sobre 10, tendo en conta que o exame supón un 100 ou un 70% da nota, e a realización e entrega dos exercicios das prácticas un 30% naquel alumnado que opte por esta vía. En calquera caso, inicialmente é imprescindible sacar como mínimo 4 puntos sobre 10 no exame da materia para poder ter en conta o outro criterio de avaliación (salvo que se produza a rebaixa que se comentou anteriormente).
Todas estas compoñentes servirán para avaliar conxuntamente as competencias CG1, CG3, CG5 e CFB4, relacionadas con esta materia. En canto as competencias transversais recollidas nesta Guía, CT1, CT2, CT3, CT4 e CT5, serán traballadas polo alumnado, sen seren sometidas a un proceso de avaliación específico para comprobar a súa consecución.
O Sistema de avaliación descrito con detalle neste apartado refírese ao Escenario-1 de “Normalidade adaptada”, recollido no “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”, aprobado polo Consello de Goberno da USC o 30 de abril de 2021. Para os outros dous escenarios contemplados nese plan de continxencia, o sistema a seguir recóllese no apartado de Observacións, ao final da presente Guía Docente.
Dicir por último que ante a realización fraudulenta destes exercicios e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Sendo unha materia sen docencia, todo o traballo corresponderá ao alumnado, iso si, co apoio titorial do profesorado.
Ao tratarse dunha materia de 4’5 créditos ECTS, cunha carga de traballo de 112’5 horas (25 horas x 4’5), o tempo semanal dedicado a ela (para o seu estudo ou para facer as prácticas voluntarias comentadas) tería que rondar as 7 horas semanais (112’5 / 15 semanas por semestre), estimando que o exame terá unha duración dunhas tres horas presenciais.
Aínda que a adquisición da visión espacial e da destreza na representación gráfica, incluso co emprego de ferramentas informáticas, poden ter unha compoñente inherente á persoa que facilite a súa aprendizaxe, o certo é que ambas habilidades requiren dun traballo constante, en calquera dos Escenarios no que nos atopemos, para que poidan ser desenvoltas con garantía de éxito na consecución dos obxectivos marcados nesta materia.
É importante o traballo autónomo titorado, como instrumento para fortalecer a aprendizaxe do alumnado. Con esta dedicación vai desenvolver o aprendido e vai ser consciente do nivel que vai adquirindo e das súas limitacións, sempre coa axuda e o apoio do profesor.
En calquera caso, non se trata de memorizar definicións e procedementos, senon de resolver problemas reais relacionados coa titulación, empregando para elo as ferramentas que nos proporciona o Debuxo Técnico Asistido por Ordenador. E estas habilidades, que poden resultar máis doadas para unhas persoas que para outras, adquírense coa práctica e o traballo constante e persoal ao longo do curso.
A impartición desta materia farase en galego.
PLAN DE CONTINXENCIA
• Metodoloxía da ensinanza:
A metodoloxía descrita con detalle no apartado correspondente desta Guía Docente referiríase ao Escenario-1 de “Normalidade adaptada” recollido no “Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22”, aprobado polo Consello de Goberno da USC o 30 de abril de 2021, que contempla a docencia integramente presencial nese escenario.
Neste caso, ao tratarse dunha materia en extinción sen docencia, o cambio do Escenario-1 ao Escenario-2 de “Distanciamento”, onde a docencia presencial conviviría coa virtual dacordo con recollido nese mesmo Plan de Continxencia, non suporía ningunha variación. Só no caso das titorías manteríase unha presencialidade misturada con sesións virtuais (a través de ferramentas síncronas de comunicación entre profesorado e alumnado), cando así se estime conveniente.
Esta metodoloxía de titorías telepresenciais sería a empregada integramente no caso do Escenario-3 de “Peche de instalacións”, xunto co uso dun foro específico no Campus Virtual da materia, o correo electrónico e ata un posible grupo de whatsapp creado para a ocasión, procedementos que permitirán ao alumnado o contacto case permanente co profesor. Por suposto, estas formas de comunicación tamén poderían utilizarse puntualmente de estar no Escenario-1.
Nestas circunstancias marcadas polo Escenario-3 (e naqueles casos nos que se aplique no Escenario-2), as sesións síncronas de videoconferencia faranse a través da ferramenta corporativa Microsoft TEAMS.
• Sistema de avaliación da aprendizaxe:
O Sistema de avaliación descrito con detalle neste apartado da Guía Docente está deseñado para o Escenario-1 de normalidade, pero en calquera caso manteríase para os outros dous Escenarios contemplados no Plan de Continxencia da USC. Só habería que sinalar que a proba final de 1ª ou 2ª oportunidade (que supón un 70 ou un 100% da nota final da materia segundo o caso) faríase igualmente no Escenario-3, pero de xeito non presencial: empregando o Campus Virtual e con comunicación a través de Microsoft TEAMS, desenvolveríanse estas probas telematicamente con todas as garantías para o alumnado.
Tamén se fixo mención nese apartado a que ante a realización fraudulenta destas probas telemáticas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC, como no caso de seren presenciais.
Francisco Javier Lopez Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Teléfono
- Ext.23211
- Correo electrónico
- franciscojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador