Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Espérase que o alumnado:
coñeza e saiba manexar información química
coñeza riscos e normas de seguridade no manexo de sustancias químicas
saiba resolver problemas químicos
Programa de clases teóricas:
Tema 1. ÁCIDOS E BASES
Tema 2. PROCESOS REDOX
Tema 3. SIMETRÍA MOLECULAR
Tema 4. SÓLIDOS INORGÁNICOS
Tema 5. COMPOSTOS DE COORDINACIÓN
Tema 6. DETERMINACIÓN ESTRUCTURAL
Programa de clases prácticas:
PRÁCTICA 1.- PREPARACIÓN DE COMPOSTOS DE COORDINACIÓN DE COBALTO 1
PRÁCTICA 2.- PREPARACIÓN DE COMPOSTOS DE COORDINACIÓN DE COBALTO 2
PRÁCTICA 3.-CORROSIÓN/IDENTIFICACIÓN E COMPARACIÓN DOS COMPLEXOS DE COBALTO POR COLOR E CONDUCTIVIDADE
Básica (manual de referencia).
Housecroft, C.E. e Sharpe, A.G.; Química Inorgánica, 2ª ed.; Pearson/Prentice Hall, 2006
Complementaria.
Shriver&Atkins; Química Inorgánica, 4ª ed.; McGraw-Hill, 2006
Rodgers, G.E.; Química Inorgánica. Introducción a la química de coordinación, del estado sólido y descriptiva; McGraw-Hill, 1995
Petrucci, R.H., Harwood, W.S e Herring, F.G.; Química General, 8ª ed.; Pearson/Prentice Hall, 2010
Bibliografía para os escenarios 2 e 3
No caso de non acceso á biblioteca, no link https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ podese descargar o libro de C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, en inglés (Inorganic Chemistry) gratuitamente.
https://chem.libretexts.org/Bookshelves.
https://chem.libretexts.org/Bookshelves/Inorganic_Chemistry
1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERÁIS
CG5 - Que os estudantes sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado, como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.- COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT12 - Adquirir unha aprendizaxe autónoma.
CT13 - Capacidade de adaptación a novas situación.
CT14- Desenvolver creatividade.
CT3 - Adquirir coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
3.- COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE5 - Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións na Química.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE16- Ser capaz de avaliar e interpretar datos
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE21- Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
4.- COMPETENCIAS E RESULTADOS DO APRENDIZAJE QUE O ESTUDIANTE ADQUIRE CO MÓDULO DE QUÍMICA INORGÁNICA
- Saber relacionar, diferenciar e recoñecer o comportamiento dos elementos químicos e os seus compostos así como predicir as propiedades, tipo de enlace, estructura e posible reactividade de compostos inorgánicos non descritos sobre a base das relacións entre grupos e variacións establecidas.
- Habilidade para manipular os reactivos químicos e compostos inorgánicos con seguridade.
- Planificar e levar a cabo experimentalmente sínteses sencillas de compostos inorgánicos, con seguridade e utilizando as técnicas adecuadas.
- Asignar e determinar a estructura dos distintos tipos de compostos inorgánicos.
- Comprender e utilizar a información bibliográfica e técnica referida ós compostos inorgánicos.
- Poder explicar de maneira comprensible fenómenos e procesos relacionados coa Química Inorgánica.
Actividades formativas na aula coa presencia do profesor
A) Clases expositivas en grupo grande (“E” nas táboas horarias): Lección impartida polo profesor con posibles formatos diferentes (de teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia, …). O profesor pode apoiarse en medios audiovisuais e informáticos.
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “S” nas táboas horarias): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven cuestións relacionadas coa teoría, aplicacións, exercicios, problemas, etc. (nestas clases, o alumno participa activamente de distintas formas e entrega ó profesor exercicios que se teñen proposto con suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Pódense incluir probas de avaliación.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar. Éste constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
A realización e superación das prácticas de laboratorio farase, obrigatoriamente, dentro do calendario establecido para a realización das mesmas. A asistencia a estas clases prácticas é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada se recuperará de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a asignatura.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas. Inclúense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais o realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá ós alumnos a entrega de exercicios con anterioridade á celebración da titoría.
Escenario 1: normalidade adaptada.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma especial e xustificada poderase combinar a docencia presencial coa telemática ata un máximo do 10% das horas da materia, no caso da docencia práctica poderá realizarse de modo telemático ata un 25%. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma telemática. A entrega de exercicios ao profesor será preferentemente telemática.
Escenario 2: distanciamento.
A docencia expositiva poderá realizarse na súa totalidad de modo telemático, no caso que o distanciamento no sexa posible, ou combinarse ata un 50% coa docencia presencial no caso que o distanciamento sexa posible.
Na docencia interactiva de seminario e laboratorios, poderá combinarse a docencia presencial coa docencia telemática ata un máximo do 50% das horas de modo telemático, cando o distanciamento sexa posible.
As titorías serán preferentemente telemáticas.
A entrega de exercicios será exclusivamente virtual.
A docencia telemática non presencial realizarase a través da aula virtual e a plataforma "teams".
Escenario 3: peche das instalacións.
A docencia será completamente de modo telemático, con mecanismos síncronos e asíncronos.
As titorías serán exclusivamente telemáticas.
A entrega de exercicios será exclusivamente virtual.
A docencia telemática non presencial realizarase a través da aula virtual e a plataforma "teams".A asistencia as clases será no grupo que cada un teña asignado, e non se admitirán cambios de grupo que non estean convenientemente xustificados.
A asistencia ás clases presenciais expositivas, seminarios e titorías é avaliable. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. As ausencias deberán estar debidamente documentadas. AS PRÁCTICAS NON REALIZADAS POR CAUSAS XUSTIFICADAS, DEBERÁN RECUPERARSE DESPOIS DE CONSULTAR AO PROFESOR.
1. A avaliación consistirá en dúas partes:
1.1) Avaliación continua, que consta a súa vez de:
i. Asistencia ás clases expositivas
ii. Asistencia e participación nos Seminarios e Titorias
iii. Exercicios entregados ao profesor (Ex.entr)
iv. Exercicios feitos nos Seminarios e traballo realizado nas titorías (Tut)
v. Prácticas laboratorio (Pract)
1.2) Exame final (EF)
2. OS SUBAPARTADOS DO APARTADO 1 CONTABILIZARAN PARA A NOTA FINAL DO ALUMNO DA SEGUINTE MANEIRA:
Escenario 1: normalidade adaptada.
As probas finais serán presenciais.
2.1) I +II + III + IV: 25%
V: 15%
2.2) EXAME FINAL Presencial (EF) 60%
A CUALIFICACIÓN FINAL SERÁ A MAIOR ENTRE A RESULTANTE DESTE CÁLCULO E A OBTIDA NO EXAME FINAL. Para superar a materia, o alumno debe obter un mínimo de 5 puntos, coa cualificación correspondente ao exame final igual ou superior a 4 puntos (escala de 0 a 10).
Escenario 2: distanciamento.
As probas finais serán preferentemente de modo telemático.
2.1) I +II + III + IV: 25%
V: 15%
2.2) EXAME FINAL TELEMÁTICO(EF) 60%
A CUALIFICACIÓN FINAL SERÁ A MAIOR ENTRE A RESULTANTE DESTE CÁLCULO E A OBTIDA NO EXAME FINAL. Para superar a materia, o alumno debe obter un mínimo de 5 puntos, coa cualificación correspondente ao exame final igual o superior a 4 puntos (escala de 0 a 10).
Escenario 3: peche das instalacións
As probas finais serán exclusivamente de modo telemático.
2.1) I +II + III + IV: Consistirá nunha avaliación continua con exercicios entregados ao profesor antes dos seminarios, cuestionarios on-line e outras probas telemáticas que o profesor considere necesarias. 25%
V: 15%
2.2) EXAME FINAL TELEMÁTICO(EF) 60%
3. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
• Organización e pulcritude no laboratorio
• Execución da práctica
• Cuestionario de laboratorio e cuestionario final
• Proba escrita sobre os contidos prácticos
Para supera-la materia, o alumno debe acadar a cualificación de apto, 5 (escala 0-10), na avaliación das prácticas.
No escenario 3 avaliarase a asistencia ás sesións virtuais, xunto coa avaliación do cuestionario proposto.
4. O exame final versará sobre tódolos aspectos da asignatura.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.Ao longo do curso evalúanse as seguintes competencias:
Evaluación de Competencias Clases de Seminarios Prácticas de laboratorio Clases de Tutorías Examen Final
CG5------------------------------------------------------------x---------------------------------------- x
CB2------------------------------------x---------------------------------------------------------------- x
CB3------------------------------------x----------------------------------------------x
CB4------------------------------------x-----------------------------------------------------------------x
CB5------------------------------------x-----------------------------------------------------------------x
CT12-----------------------------------x-----------------------x
CT13-----------------------------------x-----------------------x
CT14-----------------------------------x---------------------------------------------x
CT3------------------------------------x-----------------------x
CT4------------------------------------x-----------------------x-----------------------------------------x
CE5------------------------------------x-----------------------x-----------------------------------------x
CE14-----------------------------------x-----------------------x-----------------------------------------x
CE16-----------------------------------------------------------x---------------------x-------------------x
CE18----------------------------------x------------------------x-----------------------------------------x
CE21-----------------------------------------------------------x
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO HORAS
Clases expositivas en grupo grande 28
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios) 12
Clases interactivas en grupo moi reducido (titorías) 2
Prácticas de laboratorio 12
Exame 3
Total de horas de traballo presencial na aula 57
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudio autónomo individual ou en grupo 44
Resolución de exercicios, ou outros traballos 25
Preparación de presentacións orais,
escritas, elaboración de exercicios propostos;
actividades en biblioteca ou similar 12
Preparación do traballo de laboratorio e
elaboración do caderno de prácticas 12
Total horas traballo persoal do alumno 93
• É moi importante asistir ás clases e manter “ó día” o estudio da materia.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando os puntos fundamentais e as relacións básicas que se deben recordar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é importante para o aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identifica-las ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasa-los conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entende-los obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que poidera xurdir deberá ser consultada co profesor.
Aos estudantes repetidores que aprobasen as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os demais alumnos.
Observacións
“Plan de Continxencia”
Adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía de ensino e sistema de avaliación prevista para os escenarios 2 e 3 para os efectos de futuros procesos de seguemento e acreditación dos títulos.
METODOLOXÍA DE ENSINO
Escenario 1: normalidade adaptada.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma especial e xustificada poderase combinar a docencia presencial coa telemática ata un máximo do 10% das horas da materia, no caso da docencia práctica poderá realizarse de modo telemático ata un 25%. As titorías poderán realizarse parcialmente de forma telemática. A entrega de exercicios ao profesor será preferentemente telemática.
Escenario 2: distanciamento.
A docencia expositiva poderá realizarse na súa totalidad de modo telemático, no caso que o distanciamento no sexa posible, ou combinarse ata un 50% coa docencia presencial no caso que o distanciamento sexa posible.
Na docencia interactiva de seminario e laboratorios, poderá combinarse a docencia presencial coa docencia telemática ata un máximo do 50% das horas de modo telemático, cando o distanciamento sexa posible.
As titorías serán preferentemente telemáticas.
A entrega de exercicios será exclusivamente virtual.
A docencia telemática non presencial realizarase a través da aula virtual e a plataforma "teams".
Escenario 3: peche das instalacións.
A docencia será completamente de modo telemático, con mecanismos síncronos e asíncronos.
As titorías serán exclusivamente telemáticas.
A entrega de exercicios será exclusivamente virtual.
A docencia telemática non presencial realizarase a través da aula virtual e a plataforma "teams".
Sistema de avaliación
OS SUBAPARTADOS DO APARTADO 1 CONTABILIZARÁN PARA A NOTA FINAL DO ALUMNO DA SEGUINTE MANEIRA:
Escenario 1: normalidade adaptada.
As probas finais serán presenciais.
2.1) I +II + III + IV: 25%
V: 15%
2.2) EXAME FINAL Presencial (EF) 60%
A CUALIFICACIÓN FINAL SERÁ A MAIOR ENTRE A RESULTANTE DESTE CÁLCULO E A OBTIDA NO EXAME FINAL. Para superar a materia, o alumno debe obter un mínimo de 5 puntos, coa cualificación correspondente ao exame final igual ou superior a 4 puntos (escala de 0 a 10).
Escenario 2: distanciamento.
As probas finais serán preferentemente de modo telemático.
2.1) I +II + III + IV: 25%
V: 15%
2.2) EXAME FINAL TELEMÁTICO(EF) 60%
A CUALIFICACIÓN FINAL SERÁ A MAIOR ENTRE A RESULTANTE DESTE CÁLCULO E A OBTIDA NO EXAME FINAL. Para superar a materia, o alumno debe obter un mínimo de 5 puntos, coa cualificación correspondente ao exame final igual ou superior a 4 puntos (escala de 0 a 10).
Escenario 3: peche das instalacións
As probas finais serán exclusivamente de modo telemático.
2.1) I +II + III + IV: Consistirá nunha avaliación continua con exercicios entregados de forma virtual ao profesor antes dos seminarios, cuestionarios on-line e outras probas telemáticas que o profesor considere necesarias. 25%
V: 15%
2.2) EXAME FINAL TELEMÁTICO(EF) 60%
No escenario 3 avaliarase a asistencia ás sesións virtuais, xunto coa avaliación do cuestionario proposto.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Bibliografía para os escenarios 2 e 3
No caso de no acceso biblioteca, no link https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ podese descargar o libro de C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, en inglés (Inorganic Chemistry) gratuitamente.
https://chem.libretexts.org/Bookshelves.
https://chem.libretexts.org/Bookshelves/Inorganic_Chemistry
Maria Elena Labisbal Viqueira
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815089
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Matilde Fondo Busto
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814231
- Correo electrónico
- matilde.fondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Esther Garcia Fernandez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814241
- Correo electrónico
- mesther.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Pereira Lorenzo
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814246
- Correo electrónico
- mteresa.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Gustavo Rama Martinez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Francisco Reigosa Chamorro
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- francisco.reigosa [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Maria Del Carmen Gimenez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- maria.gimenez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_05 (inglés) | Inglés | Aula 3.11 |
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 2.14 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
12.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
12.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
12.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
12.01.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
21.06.2021 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |