Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 7 Total: 21
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Ser quen de describir os principais sistemas de almacenamento, transporte e eliminación de metais en diferentes sistemas biolóxicos.
- Ser quen de describir o papel dos ións metálicos nalgúns procesos que implican funcións a nivel celular (bomba sodio/potasio, fotosíntese).
- Ser quen de describir procesos químicos relevantes (oxidación, hidrólise e transferencia) mediados por metaloenzimas, identificar o papel do metal no proceso e os factores que o modulan
TEMA 1. Ións metálicos implicados en funcións biolóxicas.
TEMA 2. Transporte e almacenamento de ións metálicos en sistemas biolóxicos. Mecanismos de defensa e desintoxicación biolóxica.
T
TEMA 3. Metaloenzimas e compostos modelo: Biotransformacións catalizadas por ións metálicos. Reaccións de hidrólise, transferencia de grupos e redox.
TEMA 4. Metais en Medicina.
Básica (manuais de referencia)
- J.S. Casas, V. Moreno, A. Sánchez, J.L. Sánchez, J. Sordo. Química Bioinorgánica. Síntesis, S.A., Madrid, 2002.
- M. Vallet-Regí, J. Faus, E. García-España, J. Moratal. Introducción a la Química Bioinorgánica. Síntesis S.A., Madrid, 2003.
- D. Rehder. Bioinorganic Chemistry, Oxford University Press, Oxford, 2014.
Complementaria
- E. Ochiai. Bioinorganic Chemistry, A Survey. Elsevier, 2008.
1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG2.- Identificar información da literatura científica empregando os canles axeitados e integrar esa información para formular e contextualizar un tema de investigación.
CG5.- Empregar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
CG6.- Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización da información para resolver problemas na actividade profesional.
CB7.- Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9.- Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns que as sustentan a públicos especializados e non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
CB10.- Que o estudantado teña as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en boa parte autodirixido ou autónomo.
2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1.- Elaborar, redactar e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT3.- Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4.- Valorar a calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.- Definir conceptos, principios, teorías e feitos especializados das diferentes áreas da química.
CE2.- Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos nas distintas especialidades químicas.
CE3.- Aplicar materiais e biomoléculas en campos innovadores da industria e da enxeñaría química.
MD1.- Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (emprego de encerado, ordenador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
MD3.- Seminarios realizados con profesorado propio do Máster ou con profesionais invitados da empresa, administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións co alumnado.
MD5.- Titorías individuais ou en grupo reducido.
MD6.- Realización de traballos, individualmente ou en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Máster.
MD7.- Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesorado e alumnado.
MD8.- Emprego de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente en liña (Aula Virtual).
MD10.- Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información.
MD11.- Realización das diferentes probas para verificar a adquisición de coñecementos teóricos e prácticos, así como de habilidades e actitudes.
- Todas as clases serán de carácter presencial na aula.
- A asistencia a todas as clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose os casos contemplados na normativa universitaria vixente.
Exame final de primeira ou segunda oportunidade (60%; CG2, CG5, CB7, CB9, CB10, CE1, CE3)
Resolución de problemas e casos prácticos (10%; CB7, CE2, CE3, CT1)
Exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos) (10%; CG5, CE2, CT1, CT3)
Asistencia e participación (10%; CB10, CT1, CT3)
Avaliación continua mediante preguntas e cuestións orais durante o curso (10%; CB7, CB10, CT1, CT4)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas é obrigatoria e valorarase na avaliación continua da materia.
A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia. Os seminarios e as titorías poderán incluír exercicios e traballos realizados presencialmente, exercicios entregados ao profesorado ou exposicións públicas de temas previamente seleccionados.
No que respecta á avaliación continua, a entrega das diferentes tarefas propostas será preferentemente presencial, aínda que poderá realizarse virtualmente se así o require o/a docente responsable. As exposicións públicas serán de carácter presencial.
Os exames finais de primeira e segunda oportunidade (N2) abranguerán a totalidade dos contidos da materia e terán un peso do 60% na cualificación final.
Os exames finais serán sempre de carácter presencial.
A nota final obtida polo alumnado calcularase aplicando a seguinte fórmula:
Nota final = (0,4 x N1 + 0,6 x N2)
, onde N1 é a cualificación numérica da avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota do exame final de primeira ou segunda oportunidade (escala 0-10).
A materia considerarase superada se a nota final é igual ou superior a 5,0 puntos sobre 10,0.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
a) Clases expositivas en grupo grande: 12 horas
b) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): 7 horas
c) Titorías: 2 horas
Total horas presenciais en aula ou laboratorio: 21 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
a) Preparación de probas e traballos dirixidos: 18 horas
b) Estudo persoal do alumnado: 36 horas
Total horas de traballo persoal: 54 horas
TOTAL HORAS: 75 HORAS
- É moi importante asistir ás clases expositivas.
- Aconséllase a lectura da bibliografía específica para cada tema, xa que facilitará a comprensión dos conceptos clave.
- Esta materia impartirase en castelán.
Miguel Vazquez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815736
- Correo electrónico
- miguel.vazquez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |