Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 22 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Trátase dunha materia introdutoria que representa o primeiro contacto do alumnado coa Química Inorgánica. Consta de 6 créditos ECTS e impártese no 2º semestre do Grao en Enxeñería Química.
O seu obxectivo é o estudio dos elementos químicos e os seus compostos máis importantes a nivel industrial. En particular, a materia centrarase no estudio do hidróxeno, os metáis alcalinos e alcalinotérreos así coma dos elementos dos grupos principais (s e p) e dos gases nobres.
Obxectivos específicos:
- Explicar e predicir propiedades de familias de substancias e as súas variacións periódicas.
- Formular ecuacións químicas que reflictan métodos xerais de obtención de elementos e compostos inorgánicos de maior importancia industrial.
- Analizar e comprender as propiedades de familias de compostos, xa sexa mediante análise teórica ou como resultado de datos experimentais.
- Describir as aplicacións dos elementos e compostos de maior interese en Enxeñaría Química.
1. Propiedades periódicas dos elementos: A táboa periódica. Radio atómico. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica. Electronegatividade. Estados de oxidación. Termodinámica. Reaccións redox e ácido base.
2. Obtención, propiedades e reaccións do hidróxeno: O hidróxeno. O elemento e os seus isótopos. Dihidróxeno: obtención e reactividade. Economía do hidróxeno. Estudio xeral dos hidruros. Estudio específico da auga; o enlace de hidróxeno.
3. Características xerais dos elementos máis relevantes a nivel industrial dos diferentes grupos da táboa periódica.
3.1. Elementos do grupo 1: Características xerais e reactividade dos elementos do grupo. Compostos simples dos metais alcalinos (haluros, óxidos, hidróxidos, sales). Economía do litio.
3.2. Elementos do grupo 2: Características xerais dos elementos do grupo. Reactividade dos compostos alcalinotérreos. Singularidade do berilio. Compostos simples dos metais alcalinotérreos (haluros, óxidos, hidróxidos, sales). Dureza da auga.
3.3. Elementos do grupo 13: Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do boro: formas alotrópicas e obtención do elemento. Combinacións hidroxenadas: diborano. O aluminio: obtención e propiedades.
3.4. Elementos do grupo 14: Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do carbono. Alotropía no carbono. Combinacións osixenadas: CO e CO2. Carbonatos e hidroxenocarbonatos. O silicio: silicatos.
3.5. Elementos do grupo 15: Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do dinitróxeno: estado natural e obtención. O amoníaco: propiedades e obtención. O ácido nítrico e as súas propiedades. O fósforo: estado natural e extracción. Alotropía no fósforo. Combinacións osixenadas.
3.6. Elementos do grupo 16: Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do diosíxeno: enlace e reactividade. O triosíxeno: estrutura e enlace. Óxidos: clasificación e propiedades. O xofre. Propiedades físicas e químicas. Óxidos de xofre. Oxoácidos de xofre: o ácido sulfúrico.
3.7. Elementos do grupo 17: Características xerais dos elementos do grupo. Comportamento peculiar do flúor. Os estados normais dos elementos. O enlace nas moléculas X2. Métodos de preparación dos elementos. Propiedades físicas e químicas dos elementos. Haluros. Haluros de hidróxeno. Oxoácidos e oxosales.
3.8. Elementos do grupo 18: Características xerais dos elementos do grupo. Propiedades especiais do helio. Aplicacións dos gases nobres. O descubrimento da química dos gases nobres. El problema do radón en Galicia.
4. Reactividade: Reactividade do hidróxeno, dos alcalinos, alcalinotérreos e dos elementos dos grupos 13-18 da táboa periódica.
5. Compostos inorgánicos en procesos de química industrial: Obtención a escala industrial dos compostos inorgánicos máis relevantes do grupos do hidróxeno, alcalinos e alcalinotérreos e dos grupos 13-18 da táboa periódica.
Programa de prácticas:
1.- Alume potásico
2.- Síntese do hidroxenocarbonato de sodio
3.- Estudio das propiedades redox do peróxido de hidróxeno e ácido-base do hidroxenocarbonato de sodio
4.- Estudio da reactividade dos halóxenos y dalgún dos seus compostos
5.- Obtención de ferro por aluminotermia
Desenvolvemento das actividades do curso.
Realizaránse 39 sesións entre expositivas (28 h) e interactivas tanto seminarios coma titorías (6+1= 7 h), e un exame e a súa su posterior revisión (4 h) [28 + 6 + 1 + 4 = 39 horas]. Ao comenzo de cada tema subministraráselle ao alumnado unha presentación do tema. Con antelación suficiente o alumnado terá o boletín que se traballará en cada unha das sesións interactivas. Ao longo do curso explicarase cómo será o examen final da materia.
As prácticas de laboratorio realizaranse en catro sesións de catro horas cada unha (16 horas). En cada sesión o alumnado realiza unha das prácticas, salvo na última sesión na que se farán dúas. Antes das prácticas o alumnado disporá do manual de prácticas e do material explicativo para cada unha delas.
O traballo persoal do alumnado será de 95 h para preparar as diferentes actividades do curso (56 h para a docencia teórica, 24 h para a docencia interactiva de seminarios, 8 h para a docencia interactiva de prácticas, 3 h para a titoría e 4 h para o exame e a súa revisión).
Bibliografía básica (manuais de referencia):
- RAYNER-CANHAM, G., 2000. Química Inorgánica Descriptiva. 2ª edición. México: Pearson Educación. ISBN 9684443854.
- HOUSECROFT, C.E., A.G. SHARPE, 2018. Inorganic Chemistry. 5ª edition. Harlow: Pearson. ISBN 9781292134147
Bibliografía complementaria:
-PETRUCCI, R. H. et al., 2017. Química General: Principios y aplicaciones modernas, 11ª edición. Madrid: Pearson. ISBN: 978-84-9035-533-6
- QUIÑOA, E., R. RIGUERA, J.M., VILA. 2006. Nomenclatura y formulación de los compuestos inorgánicos. 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill. ISBN 8448146255
- RAYNER-CANHAM, G., 2014. Descriptive Inorganic Chemistry. 6ª edición. New York: Freeman. ISBN 9781464125577
- LEE, J.D., 2009. Concise inorganic chemistry. 5ª edition. Oxford: Blackwell Science. ISBN 9780632052936
- SHRIVER, D.F., Peter W. ATKINS, 2008. Química Inorgánica. 4ª edición. México: McGraw-Hill, ISBN 9789701065310
O profesorado poñerá a disposición do alumnado, as presentación de cada un dos dez temas da materia, ademáis dos guións e explicación das prácticas a través do Campus Virtual. Éstos deberán completarse mediante a as anotacións oportunas de contidos explicados durante as clases expositivas ou as prácticas.
Coñecementos e contidos
Con07: Coñecemento dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
Con14: Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sostenibilidade.
Con18: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
Habilidades y destrezas
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Competencias
Comp04: Capacidade para comprender e aplicar os principios dos coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería.
O desenvolvemento do programa establecido nesta asignatura realizarase na aula, no Campus Virtual (Moodle) e na plataforma MS Teams, se fose necesario. A asignatura contará cun aula virtual a disposición do alumnado, na que se colgarán calendarios, instrucións así como todo o material necesario para o desenvolvemento da materia.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesorado que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xeráis, directrices xeráis da materia…). O profesorado pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos, aínda que o alumnado non necesitan manexalos na clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
B) Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumnado participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesorado (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesorado pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos, aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Incluénse as probas de avaliación intermedia se as houbese e pequenas probas sobre o contido do boletín que se traballará en cada seminario.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumnado adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumnado disporá dun guión de cada unha das prácticas a realizar. Deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente ditos guións. Tras unha explicación do profesorado, o alumnado realizará as tarefas e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. O profesorado poderá pedir ao alumnado que lle mostre o diario de laboratorio en cualquera intre. A realización das prácticas será obrigatoria. Ao final das prácticas poderá realizarse unha proba para avaliar o aproveitamiento das mesmas.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
D) Titorías en grupo reducido: Suporá 1 hora para o alumnado. Nestas clases o alumnado deberá expor, debatir ou comentar aquelas actividades previamente plantexadas polo profesorado. As actividades realizaránse individualmente ou en grupo, segundo se indique. A participación nas titorías será avaliada.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
A avaliación da materia realizarase segundo se recolle deseguido mediante avaliación continua e a realización dun exame final:
Exame final: 70%
Avaliación continua: 30%
A avaliación continua está distribuida nas seguintes actividades:
Prácticas: 15%
Entregas, probas e titorías: 5%
Traballo: 10%
1. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dun exame final escrito común para todo o alumnado. No exame final poderase esixir unha puntuación mínima en bloques de contidos para poder superar a materia. En calquera caso, para facer media coa nota de avaliación continua, e poder superar a materia, a nota do exame non poderá ser inferior a un 4 sobre 10. O exame final da materia será presencial. Aquel alumnado que non se presente ao exame final constará coma “non presentado” sempre que non teña participado en actividades de avaliación continua, sendo neste caso a nota final a de avaliación continua.
2. A avaliación continua farase por medio das prácticas de laboratorio, da entrega de exercicios ou probas durante as clases interactivas e titorías, e a realización dun traballo sobre algún tema relacionado coa materia.
3. A asistencia ao 100% das clases prácticas de laboratorio é obrigatoria. Para superar a materia o alumnado deberá alcanzar a calificación de aprobado nas prácticas de laboratorio. As prácticas de laboratorio non realizadas intentarán recuperarse, na medida do posible, dacordo co profesorado e dentro do horario previsto para a materia. As ausencias ou cambios de grupo deberán estar debidamente xustificadas. No caso de que as prácticas non se poidan realizar no horario reservado para a materia o alumnado realizará as actividades sustitutivas que se estipulen. Esixirase a realización dun caderno de laboratorio que será empregado para realizar a proba final de avaliación de prácticas Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems que se poderán ter en conta serán os seguintes: organización e pulcritude no laboratorio e execución da práctica (10%), proba final de avaliación de prácticas (5%).
4. A asistencia ás clases de seminarios e titorías é obrigatoria para ter dereito á avaliación continua. Será preciso asistir ao menos a un 83% de ditas clases para que a avaliación continua sexa valorada. Para isto realizaranse controles de asistencia en seminarios e titorías. Con anterioridade á realización do exame publicarase un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse.
Nas sesión interactivas de seminario e titorías valoraráse a participación activa na aula relativa á realización dos exercicios propostos, mediante entregas de exercicios ao profesorado ou mediante as probas curtas realizadas.
5.El alumnado deberá realizar un traballo sobre un tema de actualidade relacionado coa materia, actividade que será será presentada ao principio de curso na sesión de presentación da materia. Poderá realizarse de xeito individual ou en grupo. Nesta actividade será valorada a innovación temática, a transversalidade, a presentación dacordo ás condicións que se estipulen e redacción do mesmo. Esta actividade será valorada dentro da avaliación continua cun 10% da nota da materia.
a) No exame final programado ao final do semestre avaliarase a aprendizaxe dos contidos e a capacidade para a resolución de problemas de xeito individual. Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
b) Nos traballos realizados durante as sesións de seminario e nas prácticas de laboratorio serán avaliadas a capacidade de resolución de problemas individualmente ou en grupo e a habilidade para realizar as tarefas de laboratorio. As sesións de seminario implicarán a participación na resolución dos exercicios, a entrega de exercicios ou probas en papel. Para a entrega do traballo proposto se empregará o Campus Virtual. Ao finalizar as prácticas de laboratorio realizarase unha proba para avaliar o grao de aproveitamento das mesmas. Nos traballos realizados durante as sesións de seminario e nas prácticas de laboratorio serán avaliados a capacidade de resolución de problemas individualmente ou en grupo e a habilidade para realizar as tarefas de laboratorio.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
c) Nas titorías en grupo avaliarase a capacidade de análise e síntese e a capacidade para aprender de xeito autónomo algunha cuestión puntual plantexada polo profesorado.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
O profesorado analizará con aquel alumnado que non supere con éxito o proceso de avaliación, e así o requira, tódolos pormenores atopados na aprendizaxe dos contidos da asignatura. Este alumnado contará cunha segunda oportunidade. A avaliación desta recuperación farase igual que na primeira oportunidade, é dicir: realizarase un novo exame global da asignatura, que contribuirá cun 70% á nota de recuperación, mentres que as notas correspondentes á avaliación continua obtidas a longo do curso contribuirán un 30% (prácticas de laboratorio, 15%, clases interactivas, titorías 5% e entrega do traballo proposto 10%).
Para superar a asignatura haberá que obter, como mínimo, un 50% da calificación global. Para obter unha nota final como media ponderada dos distintos apartados, esixirase alcanzar unha puntuación mínima dun 40% no exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantado e de revisión de calificacións.
Distribución da actividade formativa en horas (H) e en créditos ECTS.
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS (HP), HORAS TRABALLO ALUMNADO (HTA)
Docencia teórica 28 HP+ 56 HTA
Docencia interactiva: seminarios 6 HP + 24 HTA
Docencia interactiva laboratorio 16HP + 8 HTA
Titorías grupo reducido 1 HP + 3 HTA
Exame e revisión 4 +4 HTA
Subtotal 55 HP + 95 HTA
Total : 150 H, 6 ECTS
Recoméndase que a formación inicial do alumnado sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro dese perfil, ademáis da Química, resulta recomendable cursar materias de Matemáticas e Física. Ademáis, o coñecemento de inglés podería ser unha ferramenta moi útil xa que permitiría ao alumnado acceder a un maior número de recursos: páxinas web específicas para os contidos ou de temas de interese relacionados cos contidos, libros, artigos científicos, etc.
Especificamente recoméndanse coñecementos previos propios de Química Fundamental, con especial atención aos conceptos de equilibrio químico, ácido-base e oxidación-redución.
Igualmente:
a) É aconsellable asistir ás clases expositivas.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase consultar os libros de texto propostos.
c) Unha vez finalizada a lectura dun tema nos libros de texto de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) É importante realizar as actividades propostas polo profesorado nas clases interactivas e nas titorías de grupo.
e) É imprescindible a preparación das prácticas, individualmente ou en grupo, antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica e a súa explicación, intentando entender os obxetivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida ou incidencia que puidese xurdir deberá ser consultada co profesorado.
As clases impartiranse en galego.
Farase uso do Campus Virtual para subministrar aos alumnos todo o material necesario para o dedenvolvemento da materia.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais.
Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814245
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A2 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
25.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
06.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |