Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 57
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A adquisición e consolidación, por parte do alumno, dos elementos básicos da Química relacionados co núcleo, a estrutura atómica e o enlace químico, os procesos ácido-base e de oxidación-redución. Estes conceptos son necesarios e fundamentais para comprender e racionalizar as restantes materias do Grao en Farmacia, especialmente as incluídas no Módulo de Química.
• Programa teórico:
TEMA 1. Bases da moderna teoría do átomo. Aplicación elemental da mecánica ondulatoria. Números cuánticos. Estrutura dos átomos multielectrónicos. Táboa periódica dos elementos. Periodicidade das estruturas electrónicas atómicas. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica.
TEMA 2. Enlace químico I. Conceptos básicos. Modelo Lewis. Carga formal. Resonancia. Excepcións á regra do octeto. Modelo de repulsión de pares de electróns de capa de valencia (T.R.P.E.C.V). Xeometría molecular. Electronegatividade, polaridade de enlace e momento dipolar.
TEMA 3. Enlace químico II. Introdución ao Método de Enlace de Valencia (T.E.V). Hibridación de orbitais atómicos. Enlaces covalentes múltiples. Introdución á Teoría de Orbitais Moleculares (T.O.M.), aproximación CLOA. Moléculas diatómicas homonucleares e heteronucleares. O enlace nos metais.
TEMA 4. O enlace iónico. Aspectos estruturais e consideracións enerxéticas. Enerxía de rede. Desviación do modelo iónico: polarización.
TEMA 5. Forzas de enlace débiles: diferentes tipos. Enlace de hidróxeno.
TEMA 6. Equilibrio químico en disolución. Ácidos e bases: definicións. Autoionización da auga e escala de pH. Forza ácido-base: constantes de acidez e basicidade. Indicadores ácido-base. Estrutura molecular e carácter ácido.
TEMA 7. Comportamento das sales en disolución acuosa: hidrólise. Disolucións reguladoras de pH.
TEMA 8. Reaccións de oxidación–redución. Aspectos cualitativos e revisión de conceptos fundamentais. Aspectos cuantitativos. Potenciais red-ox estándar. Efectos da concentración. Exemplos específicos de oxidantes e redutores. Electrólise.
TEMA 9. O núcleo. Reaccións nucleares. Radioactividade. Estabilidade nuclear. Series radioactivas. Fisión e fusión nuclear. Unidades de radioactividade.
• Programa Experimental:
Práctica 1. Sesión de aula: material e operacións básicas de laboratorio.
Práctica 2. Obtención de peroxoborato de sodio. Determinación da súa pureza.
Práctica 3. Separación dos compoñentes dunha mestura.
Práctica 4. Reaccións de especies en disolución.
Práctica 5. Obtención de hidroxenocarbonato de sodio.
Básica (manual de referencia):
• Petrucci R.H., Herring F.G., Madura J.D. y Bissonnette C.; Química General: Principios y Aplicaciones Modernas, 11ª ed.; Pearson, 2017. [Texto dispoñible en liña (BUSC), en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria]
Complementaria:
• Brown T.L., LeMay H.E. Jr., Murphy C.J. e Bursten B.E.; Química. La Ciencia Central, 12ª ed.; Pearson, 2014. [Texto dispoñible en liña]
• Atkins P. e Jones L. Principios de Química: los Caminos del Descubrimiento, 5ª ed.; Ed. Médica Panamericana, 2012.
• Chang R. e Overby K.; Química, 13ª ed.; McGraw-Hill, 2019.
• Masterton, W.L. e Hurley, C.N.: Química. Principios y reacciones, 4ª ed.; Paraninfo Cengage Learning, 2003.
• Kotz, J.C., Treichel, P.M. e Harman P.A.; Química y Reactividad Química, 5ª ed.; Thomson, 2003.
• Coñecementos:
Con 10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Con 11. Coñecer as características físico-químicas das substancias utilizadas para a fabricación dos medicamentos.
Con 12. Coñecer e comprender as características das reaccións en disolución, os diferentes estados da materia e os principios da termodinámica e a súa aplicación ás ciencias farmacéuticas.
Con 13. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
Con 14. Coñecer e comprender a natureza e comportamento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas.
Con 15. Coñecer os principios e procedementos para a determinación analítica de compostos: técnicas analíticas aplicadas á análise de auga, alimentos e medio ambiente.
Con 16. Coñecer e aplicar as técnicas principais de investigación estrutural incluíndo a espectroscopia.
• Habilidades ou destrezas:
H/D 07. Seleccionar as técnicas e procedementos apropiados no deseño, aplicación e avaliación de reactivos, métodos e técnicas analíticas.
H/D 08. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
H/D 09. Estimar os riscos asociados á utilización de substancias químicas e procesos de laboratorio.
• Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade de aprender.
• Clases expositivas en grupo grande: Clases impartidas polo profesor sobre os aspectos máis relevantes da materia, apoiadas nos medios informáticos e audiovisuais dispoñibles na aula.
• Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): Resolveranse cuestións e problemas, os cales se presentarán coa antelación suficiente para que o alumno poida traballalos previamente. O alumnado deberá participar activamente nestas clases obrigatorias, que poderán incluír probas de avaliación continua.
• Clases prácticas de laboratorio: Nestas clases, de asistencia obrigatoria, o alumnado adquire as habilidades requiridas nun laboratorio de química. Disporase dun manual de laboratorio que incluirá consideracións xerais sobre o traballo experimental e un guión de cada unha das prácticas a realizar. O desenvolvemento de cada experimento, así como os cálculos realizados e os resultados obtidos, deberán quedar reflectidos no manual de laboratorio.
• Titorías programadas en grupo reducido: Estas clases están encamiñadas á resolución de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, pero tamén se poderán expor nelas problemas ou exercicios a resolver de forma individual ou en pequenos grupos de traballo.
Todo o material didáctico necesario estará ao dispor do alumnado no Campus Virtual da USC.
Na cualificación final do alumno terase en conta os seguintes aspectos:
• Prácticas de laboratorio. Supoñerá un 5% da cualificación final. Terase en conta o desenvolvemento nas sesións de traballo, o diario de laboratorio e a realización dunha proba final. A cualificación das prácticas poderase manter, para os alumnos repetidores, durante un período de tres cursos académicos posteriores a súa realización. Para a avaliación dos restantes apartados o alumno deberá realizar e aprobar as prácticas de laboratorio.
• Avaliación continua. Supoñerá un 15% da cualificación final. Valorarase a participación nos seminarios e titorías, as probas de control realizadas, así como o completado de pequenas tarefas ou traballos propostos, na aula ou no campus virtual. A cualificación de avaliación continua poderase manter, para os alumnos repetidores que o soliciten por escrito ao principio do cuadrimestre, durante dous cursos académicos.
• Exame final. Supoñerá un 80% da cualificación. O exame constará de preguntas curtas, que poderán ser de tipo test ou verdadeiro/falso, e de exercicios e problemas de cálculo e razoamento. O alumno deberá demostrar coñecementos mínimos das diferentes partes da materia, e superar o 40% do máximo (3,2 sobre 8) para valorar os apartados anteriores.
Para aprobar a materia o alumno debe obter cinco puntos sobre dez.
Na segunda oportunidade do curso académico, realizarase soamente o exame final conservándose a cualificación de prácticas e da avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se atopa recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación dos coñecementos (Con), habilidades ou destrezas (H/D) e competencias (Comp) adquiridas, será realizada a través das seguintes vías:
- Nas prácticas de laboratorio: Con 12-16; H/D 07-09; Comp 02, 06-08.
- Nas clases interactivas: Con 10-13; Comp 07-08, 10-11, 18, 20.
- No exame final: Con 10-14; Comp 01, 07-08, 18.
• TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases expositivas en grupo grande, 30 h
- Clases interactivas en grupo reducido, 10 h
- Clases prácticas de laboratorio, 14 h
- Titorías en grupo reducido, 2 h
- Exames e revisión, 4 h
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio = 60 h
• TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo autónomo individual ou en grupo, 58 h
- Lecturas e resolución de exercicios ou outros traballos, 18 h
- Orientación e resolución de dúbidas, 4 h
- Preparación do traballo de laboratorio e elaboración do diario de laboratorio, 6 h
- Realización e revisión do exame, 4 h
Total horas traballo persoal do alumno = 90 h
- É aconsellable asistir ás clases expositivas e manter o estudo da materia ao día.
- Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben lembrar asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos:
(1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado.
(2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular.
(3) Identificar as ecuacións para utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor/a.
Mª Ángeles Sánchez González
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815083
- Correo electrónico
- angeles.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Soledad Garcia Tasende
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814954
- Correo electrónico
- soledad.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Elena Labisbal Viqueira
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815089
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
María Luz Durán Carril
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814952
- Correo electrónico
- marialuz.duran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Isabel García Santos
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814956
- Correo electrónico
- isabel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Fatima Lucio Martinez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814442
- Correo electrónico
- mariadefatima.lucio.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_C | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_D | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_C | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_D | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_C | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_D | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_C | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_D | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_C | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_D | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |