Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 24 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao rematar a materia, o estudantado será capaz de:
- Entender e desenvolver aplicacións web
- Entender e desenvolver aplicacións móbiles
- Utilizar aplicacións web e móbiles en diferentes ámbitos da empresa e da economía
- Internet e WWW
- Modelo cliente-servidor
- Programación web
- Web 2.0
- Servizos web e computación na nube
- Interfaces móbiles e usabilidade
- Programación de aplicacións móbiles
- Deseño de aplicacións
Bibliografía Básica:
El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript. Juan Diego Gauchat. MARCOMBO S.A; N.º 3 edición (12 abril 2019). ISBN-10 : 8426724639.
Bibliografía Complementaria:
Curso de Desarrollo Web: HTML, CSS y JavaScript. Mario Rubiales Gómez. ANAYA MULTIMEDIA; edición 2018. ISBN-10 : 8441539391
Learning Web Design 5e: A Beginner's Guide to HTML, CSS, JavaScript, and Web Graphics. Jennifer Niederst Robbins. O'Reilly Media, Inc, USA; 5th edition (25 mayo 2018). ISBN-10 : 1491960205
C10. Desenvolver solucións tecnolóxicas personalizadas para as necesidades empresariais.
C12. Manexar técnicas de elaboración de informes e presentacións tecnolóxicas e de xestión en distintos formatos e medios.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD7. Demostrar creatividade, iniciativa e espírito emprendedor e innovador.
CP6. Deseñar a integración dos sistemas de información e a súa aplicación nos distintos ámbitos da xestión empresarial.
- Resolución autónoma de problemas
- Estudos de casos
- Traballo titorizado
- Vídeos didácticos
Nesta materia empregaranse os seguintes sistemas de avaliación:
- Exame de preguntas obxectivas (test)
- Resolución de problemas/exercicios
- Traballos
Entregaranse 5 titoriais e 5 prácticas sobre o uso de diferentes ferramentas e plataformas de desenvolvemento web e móbil (netcat/netstat, HTML, Wordpress, Android Studio e Adalo). En xeral, os titoriais entregaranse 1 semana despois de comezar con eles, e as prácticas 2 semanas despois.
O exame de preguntas obxectivas permite avaliar a adquisición de coñecementos teóricos, especialmente aqueles relacionados co manexo de técnicas de elaboración de informes e presentacións tecnolóxicas (C12), así como a capacidade para xestionar información procedente de distintas fontes (HD2). En canto á resolución de problemas/exercicios, céntrase na aplicación práctica dos contidos, valorando a capacidade para desenvolver solucións tecnolóxicas personalizadas (C10), planificar o traballo en función dos recursos dispoñibles (HD3) e deseñar a integración de sistemas de información nos distintos ámbitos da xestión empresarial (CP6). Por último, os traballos permiten avaliar a elaboración de propostas completas e estruturadas, promovendo a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor (HD7), ademais de reforzar as competencias en comunicación mediante informes e presentacións (C12), e a capacidade de integrar sistemas de información en contextos reais (CP6).
O exame terá unha ponderación do 50%, e a avaliación continua (resolución de problemas/exercicios e traballos) o 50% restante.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións”.
A materia ten 6 créditos e correspondenlle 150 horas de tempo de estudo e traballo persoal. A distribución do tipo de docencia, número de horas e presencialidade é a seguinte:
- Docencia virtual asíncrona: 48 horas (0% presencialidade)
- Tutorías virtuais síncronas: 14 horas (0% presencialidade)
- Exame: 4 horas (100% presencialidade)
- Traballo persoal do alumnado: 84 horas (0% presencialidade)
Francisco Javier Garcia Polo
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- franciscojavier.garcia.polo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
19.05.2026 15:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 5 |
23.06.2026 15:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 5 |