Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Análisis de tendencias e liñas de autor/a no documental. Principais modelos de dirección documental de creación.
Coñecemento das posicións que definen o pensamento documental contemporáneo e achegamento aos seus aspectos seminais, entendidos como aqueles sobre os que se pode evolucionar cara ás figuras que identifican o cinema do real. A análise de autores e autoras secomasí de obras representativas proponse como ámbito de discusión dos contidos teóricos do Programa e como preparación para a abordaxe da práctica.
Análise de tendencias e liñas de autoría no documental. Principais modelos de dirección documental de creación
1. O documental na cultura contemporánea. O pensamento documental: a consciencia da cámara, a consciencia do mundo. Documental e vangarda. As propostas documentais.
2. O documental e o cinema moderno. As leccións do Free Cinema:o cotián como materia creativa, a expresión como resistencia, a provocación como emblema. Do directo ao observacional.
3. Do filme ao espectador/a: a construción de novas convencións. O confronto de dous imaxinarios. Os filmes de familia.
4. Do suxeito ao obxecto: o ensaio fílmico. Do "eu filmo" ao cinema sen cámera.
O autor como actor: o documental performativo. A ficción documental.
5. Novas prácticas no documental contemporáneo: a experiencia da filmación, a consciencia dx outrx, a exploración do real. A reutilización de materiais.
6. Mulleres e documental: o personal é político. O corpo como material, o documento como documento, o cine como territorio independente.
7. Intermedialidade, novas narrativas e vías híbridas. Corpo, espazo e ritmo: O cine-danza e o teatro documental. O tempo, o plano e a mirada: Cine de fotógrafos. A pintura na pantalla e a narración dos procesos creativos. Documental interactivo e documental expandido
Básica:
AA.VV.- Para unha historia do cinema en lingua galega 1.Marcas na Paisaxe, Galaxia, Vigo, 2018
AA.VV.- Para unha historia do cinema en lingua galega 2. A Foresta e as Árbores, Galaxia, Vigo, 2019
Breschand, Jean.- El documental, la otra cara del cine, Paidós, Barcelona, 2004
Carrera, Pilar y Taléns, Jenaro.- El relato documental, Cátedra, Madrid, 2018
Català, Cerdán, Torreiro (comp.).- Imagen, memoria y fascinación. Notas sobre el documental en españa, Ocho y Medio, Madrid, 2001
Cerdán, J. y Torreiro, C. (comp.).- Documental y Vanguardia, Cátedra, Madrid, 2005
Comolli, J.L.- Filmar para ver, Buenos Aires, 2001
Ledo Andión, Margarita.- Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidós, Barcelona, 2004
------------------------------- Cine de Fotógrafos, GG, Barcelona, 2005
--------------------------------El cuerpo y la cámara, Cátedra, Madrid, 2020
Complementaria:
Balázs, Bela.- El Film.Evolución y esencia de un arte nuevo, Gustavo Gili, Barcelona, 1978
Baqué, Dominique.- Pour un nouvel art politique, Flammarion, parís, 2004
Bruzzi, Stella.- New Documentary: a critical introduction, Routledge, Londres, 2000
Chris Marker, retorno a la inmemoria del cineasta, La Mirada, Barcelona, 1999
Collas, Gérald.- Le défi de la réalité, Festival Tous Courts, Aix-en-Provence, 1997 (trad. cast. El desafío de la realidad, Semana Internacional de Cine de Valladolid, 1997)
Heredero, Carlos F. y Monterde, José Enrique (comp.).- En torno al Free Cinema, Institut Valencià de Cinematografia, València, 2001
------------------------------------------------------------------------ En torno a la Nouvelle Vague, Institut Valencià de Cinematografia, València, 2002
Hill, John.- Sex, Class and Realism, BFI, Londres, 1986
Hispano, A. y Sanchez-Navarro, J. (comp.).- Imágenes para la sospecha. Falsos documentales y otras piruetas de la no-ficción,Glénat, Barcelona, 2001
Niney, François.- L’Epreuve du Réel à l’Écran, De Boeck, Bruxelas, 2000
Weinrichter, Antonio.- Desvíos de lo real, T&B, Madrid, 2004
Winston, Brian.- Lies, Damn Lies and Documentaries ,BFI, Londres, 2000
Recursos en liña:
Capturing reality: the art of documentary (NFB/ONF): https://capturingreality.nfb.ca/
What’s an interactive documentary? (A.Gifreu) : http://comeindoc.com/
MentamentalDOC (U.Vic) http://www.metamentaldoc.com/
Posta en relación dos aspectos teóricos que forman parte da cultura do documental e, en particular, do que permite identificar unha nova corrente que se denomina “contemporáneo” para pasar a súa aplicación práctica dende diferentes modelos. Relación entre o dispositivo, a época, o espectador e o autor. Condicións de produción e de exhibición.
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información
Traballo en equipo
Aprendizaxe autónoma
Creatividade
Iniciativa e espíritu emprendedor
Coñecementos básicos da profesión
Coñecer as técnicas de análise de produtos televisivos e cinematográficos
Capacitar para a dirección de documentais audiovisuais
Coñecer o marco histórico no que se teñen desenvolvido os medios audiovisuais
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual
Impartiranse os contidos teóricos de cadanseu tema con exemplos e fragmentos de películas que poñan en imaxe os diferentes aspectos tratados e con apoios textuais –artigos, críticas, reflexións– que sirvan para ponderar o seu sentido en cada momento. Cada dúas semanas farase a análise en profundidade dunha obra e entre a semana número 7 e a 10 abordarase o proceso completo (idea, sinopse, investigación, guión, localizacións, rodaxe, edición e posprodución) dun filme documental que se defenderá e debatirás nas aulas.
Segundo as condicións, algunha sesión teórica podería desenvolverse en liña, a través da plataforma Teams asi como a análise das obras, que, neste caso, reclamaría a implicación persoal do alumnado na devandita análise cun pequeno exercicio escrito (2 folios).
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
Ao longo do curso irase avaliando ao alumnado de maneira continuada e haberá unha proba final de coñecemento teórico (que representa o 50 por cento da cualificación numérica) e de análise e, ponderada con tres exercicios de aula de análise de filmes (un 20 por cento) e coa avaliación dos traballos desenvolvidos na realización dun filme documental (o 30 por cento) e presentados, ben na aula, ben en liña. Cada un dos aspectos está en relación cos outros, de xeito que non se poderá superar a teoría sen ter aprobado tanto os exercicios de análise como a práctica.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
6 créditos ECTS = 150 horas. Delas, 48 son presenciais e as restantes (102) son de traballo individual do alumno.
Cómpre achegarse primeiro ás teorías e mais ao pensamento documental para, con esta bagaxe, ver os filmes e analizar os aspectos de interese conforme os epígrafes do Programa. Vixiar o gusto persoal e as apreciacións impresionistas, así como someterse ao que cada autor e autora propón coa súa obra é, tal vez, a condición per se do estudo do documental contemporáneo.
Plan de Continxencia:
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Segundo as condicións, algunha sesión teórica podería desenvolverse en liña, a través da plataforma Teams asi como a análise das obras, que, neste caso, reclamaría a implicación persoal do alumnado na devandita análise cun pequeno exercicio escrito (2 folios).
Os traballos prácticos desenvolvidos na realización dun filme documental (o 30 por cento da cualificación ) poderán ser presentados en liña a través da plataforma Teams.
O alumnado poderá acceder tanto na aula virtual coma nos servizos en liña da Biblioteca a unha escolma dos textos básicos e das mostras visuais que lle permitan complementar, a nivel individual, a súa formación..
Margarita Maria Ledo Andion
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816539
- Correo electrónico
- margarita.ledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
20.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
20.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
29.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |