Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo prioritario da materia é que o alumnado obteña as chaves para a comprensión e a análise da difusión cultural en todos os soportes, desde os tradicionais ata as multiplataformas de comunicación, coa finalidade de que poida levar a cabo unha análise crítica, independente e fundamentada.
A partir de casos prácticos, traballarase na lectura con sentido obxectivo, reflexivo e comprensivo, máis alá da inconsciencia coa que a miúdo se analizan os contidos dos medios. Para isto, será básico aprender a contextualizar os paradigmas culturais comunicativos, asociados aos ámbitos político, económico e tecnolóxico no marco do mundo global.
En terceiro lugar, detectaranse as diferenzas existentes no modo de proceder entre os medios tradicionais e os que están ligados ás novas tecnoloxías, é dicir, dixitais, blogs e incluso contas de redes sociais nas que se difunden acontecementos culturais. Neste contexto, dedicarase espazo á recepción en mobilidade que permiten os multidispositivos.
Os contidos da materia xirarán arredor do estudo e capacitación na programación e a difusión cultural. Trátase dun curso estruturado en cinco temas.
1.-A Comunicación da cultura na historia da Humanidade
-A evolución das formas de difusión cultural
-A comunicación colectiva e os novos modelos
2. A túa empresa cultural.
- Actores e contidos: o briefing
- Relacións coa miña contorna: clientes, provedores, patrocinadores, colaboradores, competencia.
- Estratexias e técnicas de comunicación.
3. Canles de comunicación.
- As canles de comunicación.
- A web e o blogue.
- As redes sociais.
- As plataformas e redes culturais.
4. Medios de comunicación.
- A prensa: xéneros xornalísticos.
- Xornalismo cultural.
- Difusión cultural nos medios.
5. A comunicación e promoción.
- Converter a información cultural en noticia ou produto noticiable.
- Promoción e márketing.
- O plan de comunicación.
- As ferramentas tecnolóxicas.
- Bibliografía básica
BLANCO CASTILLA, E. y ESTEVE RAMIREZ, F. (edit.) (2010). Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
DIJK, T. A. Van (2009). Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
GARCÍA CANCLINI, N. (1997). Cultura y comunicación: entre lo global y lo local. Buenos Aires: Universidad Nacional de La Plata.
FONTCUBERTA, M. (1993). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Madrid: Ediciones Paidós.
LOSADA DÍAZ, J.C. (coord.) (2004). Gestión de la comunicación en las organizaciones. Barcelona: Ariel.
TUBAU, I. (1982). Teoría y práctica del periodismo cultural. Barcelona: ATE.
VV.AA. (1999). Estudios de periodística VII. Periodismo y promoción cultural. Bilbao: Universidad del País Vasco.
- Bibliografía complementaria
ADORNO, T. W. (1998). “Resumo sobre a industria cultural”. A trabe de ouro, 34, 63-68.
ARMAÑANZAS, E. e DÍAZ NOCI, J. (1996). El periodismo electrónico. Información y servicios multimedia en la era del ciberespacio. Barcelona: Ariel.
BAREI, S. (1999). "Periodismo cultural: crítica y escritura", en Ámbitos, Revista Andaluza de Comunicación, 2. Sevilla: Universidad de Sevilla.
BLANCO, E. e ESTEVE, F. (Eds.) (2010). Tendencias del periodismo especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga.
CASTELLS, M. (2009). Comunicación y poder. Madrid: Alianza.
CEBRIÁN, B. E MARÍN, L. M. (2013). Áreas del periodismo. Salamanca: Comunicación Social.
ESTEVE RAMÍREZ, F. e MONCHOLI, M.A. (Coord.) (2007). Teoría y técnicas del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Fragua.
FERNÁNDEZ, J. e RICOY M.C. (2013). “A difusión interxeracional da cultura lúdico tradicional”, Revista Galega de Educación, 56, 78-82.
FONTCUBERTA, M. (1997). “Propuestas sistemáticas para el análisis y producción de información periodística especializada”, en ESTEVE, F. (coord.), Estudios sobre Información Periodística Especializada. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU.
FREIXANES, V. e MEIXIDE, A. (2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia.
GOYANES, H., NÚÑEZ, M., ROMERO, P. e TÚÑEZ, M. (1996). A información en galego. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
LEDO, M. (Cord.) (2013). Cine, diversidad y redes: pequeñas cinematografias, politicas de la diversidad y nuevos modos de consumo cultural. Buenos Aires: Instituto Universitario Nacional de Arte. Area Trasdepartamental de Critica de Artes: Santiago de Compostela Universidade.
LÓPEZ, X. e OTERO, M. (2001). As factorías da sociedade da información: produción de contidos para Internet. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
MARTÍN SERRANO, M. (1979). Cultura en periodismo. Madrid: Fundación Juan March.
MARTÍNEZ ALBERTOS, J. L. (1989). El lenguaje periodístico. Madrid: Paraninfo.
MARTÍNEZ ROLÁN, X. (2019). Diseño de páginas web. Barcelona. Editorial UOC.
MIGUEL, J.C.(1993). Los grupos multimedia. Barcelona: Bosch.
RODERO, E. e SOENGAS, X. (2010). Ficción radiofónica: cómo contar una historia en la radio. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión.
TÚÑEZ, M. e CHILLÓN, A. (2010). “La gestión y difusión de la cultura a través de plataformas online”, II Congreso Internacional Latina. Santa Cruz de Tenerife: Sociedad Latina de Comunicación Social.
SOBRADOS, M. (Coord.) (2013). Presente y futuro en el periodismo especializado. Madrid: Fragua.
ZALLO, R. (1998). Economía de la Comunicación y la Cultura. Madrid: Akal
O obxectivo prioritario da materia é que o alumnado adquira coñecementos que lle permitan entender como funciona a difusión cultural na sociedade en rede e que domine as técnicas básicas de comunicación cultural para que as poida aplicar ao ámbito das institucións culturais.
Para o desenvolvemento da materia combinaranse as clases teóricas e prácticas, sempre a partir dunha didáctica participativa, para xerar unha dinámica de implicación e interacción que garanta a correcta adquisición dos coñecementos e habilidades.
A distribución do programa será do seguinte modo:
1) Sesións teóricas dunha hora e media de duración.
2) Seminarios interactivos. Estas aulas serán dedicadas ao análise conxunto de exemplos prácticos relacionados cos contidos teóricos explicados nas clases teóricas.
3) Traballo individual e continuo dun proceso de difusión dun acontecemento ou empresa cultural.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado. Os instrumentos de avaliación dos contidos serán basicamente:
a) Traballo individual sobre unha plataforma de difusión cultural (15%).
b) Prácticas individuais (25%).
c) Traballo individual dun proceso de difusioón dun acontecemento ou empresa cultural (60 %).
Na segunda convocatoria, o alumno avaliarase como na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumnado terá que dedicar doce horas de traballo presencial e cento cincuenta horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, plataformas dixitais de cultura e aplicacións móbiles, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no campus virtual da USC.
Aparte da bibiiografía, é importante que o alumnado se familiarice con algunas redes sociais, programas e aplicacións.
+ Redes sociais
Facebook: https://www.facebook.com/help/
Twitter: https://help.twitter.com/es
Instagram: https://help.instagram.com
Youtube: https://support.google.com/youtube/?hl=es#topic=9257498
Linkedin: https://www.linkedin.com/help/linkedin?lang=es
Google My Business: https://www.google.com/intl/es_es/business/
+ Xestor de redes sociais
Hootsuite: https://hootsuite.com/es/plans/free
+ Correo electrónico
Gmail: https://support.google.com/mail/?hl=es#topic=7065107
Outlook: https://support.office.com/en-us/outlook
+ Xestor de correos electrónicos
Mailchimp: https://mailchimp.com/es/help/
+ Ferramentas de oficina online
Google suite: https://gsuite.google.com/intl/es/
Microsoft Office 365: https://support.office.com/es-es
+ Mensaxería
Whatsapp: https://www.whatsapp.com
+ Ferramentas de deseño
Canva: https://www.canva.com/es_es/
+ Agregador de noticias
Feedly: https://feedly.com/i/welcome
+ Creador de webs e blogues
Wordpress: https://es.support.wordpress.com
Wix: https://support.wix.com/es/
+ Tratamento de foto
Fotor: https://www.fotor.com/es/
Snapseed: app
+ Repositorio de fotos
Pixabay: https://pixabay.com/es/
Pexels: https://www.pexels.com
+ Creación de vídeo
Magisto: https://www.magisto.com
Storymaker: app
+ Ferramentas de xestión de clientes (CRM)
Insightly: https://www.insightly.com
Vtiger: https://www.vtiger.com
Apps de cultura
- Google Arts & Culture: https://artsandculture.google.com
- Guía de ocio: https://www.guiadelocio.com
- Tripadvisor: https://www.tripadvisor.es
- Lonely Planet: https://www.lonelyplanet.es
- DailyArt: https://www.dailyartmagazine.com
- Know Fast: https://medium.com/@knowfastapp
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
Oscar Alfeiran Varela
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- oscar.alfeiran.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Tito Dieguez Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Enrique Jose Gomez Souto
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
20.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
14.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |