Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo prioritario da materia é o coñecemento teórico e práctico das relacións públicas, dos seus procesos e estruturas organizativas e da comunicación institucional e dos seus procesos. Na materia analizaranse as estratexias e procedementos de comunicación aplicables nas empresas e institucións públicas e privadas.
Os contidos do curso xirarán arredor do estudo e capacitación nas estratexias e procedementos de comunicación aplicable nas empresas e institucións públicas e privadas, así como técnicas e métodos para a súa análise e avaliación.
2.1.-Contidos teóricos
Os contidos teóricos xirarán arredor dos conceptos básicos da teoría das relacións públicas e da comunicación institucional.
2.2.-Contidos prácticos
Os contidos prácticos xirarán arredor das técnicas e métodos de análise e evaluación das relacións públicas e da comunicación institucional en organización, empresas, entidades e institucións.
2.3.-Temas do programa
1. Historia do Protocolo, definicións conceptuais e marco legal.
1.1. Antecedentes e orixes formais, o protocolo como instrumento de comunicación e perspectiva histórica do Protocolo en España.
1.2. Nocións fundamentais: presidencia e anfitrión; precedencia, valencia e cesión; o perfil do xefe de protocolo.
1.3. Normas xerais sobre o protocolo: RD 2099/1983; actos xerais e actos especiais; autoridades e personalidades; os tratamentos protocolarios en España.
2. O Protocolo oficial, o protocolo social e o protocolo na empresa.
2.1. O protocolo oficial e os símbolos (bandeiras, escudos e himnos). Os símbolos españois e os símbolos galegos.
2.2. O protocolo social: técnicas e convencións básicas (o cerimonial, a etiqueta e a netiqueta).
2.3. O protocolo na empresa: a función de organización e a de comunicación; principios básicos; regras; o Manual Interno de Protocolo.
3. Os actos como ferramenta comunicativa; organización de actos
3.1. Organización, planificación e desenvolvemento dos actos nas sociedades actuais. Actos externos e actos internos. Fases dos actos. Invitacións a un acto. Os símbolos de identidade corporativa.
3.2. Actos protocolarios máis frecuentes: inauguracións, colocación da primeira pedra, presentacións de produtos ou memorias, conmemoracións, sinaturas de convenios…
4. Fundamentos da comunicación institucional
4.1. Delimitación conceptual: comunicación institucional, comunicación política, city branding e marketing público. A lei 29/2005. Comunicación do primeiro, o segundo e o terceiro sector.
4.2. Relacións Públicas nas institucións. O modelo de información pública. O método RACE nas administracións públicas.
4.3. Funcións da comunicación institucional e aspectos fundamentais (os públicos, a duración e a xestión de intanxibles).
4.4. Comunicación externa, comunicación interna e comunicación de crise.
5. Teoría e técnicas da comunicación institucional
5.1. O Plan de Comunicación das institucións públicas. Os equipos de comunicación das administracións públicas.
5.2. Ferramentas, instrumentos e canles da comunicación institucional.
5.3. As salas de prensa online e os plans de Social Media.
Básica:
CANEL, María José (2007): Comunicación en las instituciones públicas. Madrid: Tecnos.
DIOS, Juan de (2016): Protocolo para la organización de actos oficiales y empresariales. Málaga: IC Editorial.
ESCALONA, Nuria (2015): Comunicación de instituciones públicas. Barcelona: UOC.
MARÍN, Francisco (2004): El protocolo en los actos de empresa: la gestión de eventos corporativos. Madrid: Fragua.
Complementaria:
AIRA, Toni; CURTO, Víctor e ROM, Josep (2009): Comunicació política i d’institucions públiques. Barcelona: UOC.
ÁLVAREZ, Jesús Timoteo (2013): Manejo de la comunicación organizacional. Madrid: Díaz de Santos.
BARQUERO, José Daniel (2005): Comunicación estratégica. Relaciones Públicas, Publicidad y Marketing. Madrid: McGraw Hill.
BARQUERO, José Daniel (2007): Los secretos del protocolo, las relaciones públicas y la publicidad. Valladolid: Lex Nova.
BURGUEÑO, José Manuel (2014): Comunicación institucional para periodistas. Barcelona: UOC.
CASTILLO, Antonio (2005): Comunicación organizacional. Teorías y estudios. Málaga: Clave.
CHAVES, Norberto (2005): La imagen corporativa. Teoría y práctica de la identificación institucional. Barcelona: Gustavo Gili.
CUADRADO, Carmen (2009): Protocolo y comunicación en la empresa y los negocios. Madrid: Fundación Confemetal.
FERNÁNDEZ LÓPEZ, Sergio (2008): Cómo gestionar la comunicación en organizaciones públicas y no lucrativas. Madrid: Narcea.
FERNÁNDEZ, Fernando e BARQUERO, José Daniel (2004): El libro azul del protocolo y las relaciones públicas. Madrid: McGraw Hill.
FERNÁNDEZ SOUTO, Ana Belén (2010): El protocolo internacional en la globalización económica. Barcelona: UOC.
FUENTE, Carlos (2005): Protocolo oficial: las instituciones españolas del Estado y su ceremonial. Madrid: Protocolo.
GARCÍA OROSA, Berta (2005): Los altavoces de la actualidad: radiografía de los gabinetes de comunicación. A Coruña: Netbiblo.
GARCÍA OROSA, Berta (2009): Gabinetes de comunicación online: claves para generar información corporativa en la red. Sevilla: Comunicación Social.
GUTIÉRREZ, Elena e LAPORTE, Teresa (2013): Tendencias emergentes en la comunicación de instituciones. Barcelona: UOC.
LLAMAZARES, Olegario (2014): Protocolo empresarial internacional: información práctica de 60 países. Madrid: Globalmarketing.
LÓPEZ-NIETO Y MALLO, Francisco (2006): Manual de protocolo. Barcelona: Ariel.
MARTÍNEZ GUILLÉN, María del Carmen (2007): Manual básico de protocolo empresarial y social. Madrid: Díaz de Santos.
MARTÍNEZ SOLANA, Yolanda (2005): La comunicación institucional. Análisis de sus problemas y soluciones. Madrid: Fragua.
MOLINA, Juan Pedro (2011): Introducción a la comunicación institucional a través de Internet. Madrid: Grupo 5.
OTERO, María Teresa (2009): Protocolo y organización de eventos. Barcelona: UOC.
RAMOS, Luis (2008): El protocolo de empresa: herramientas para crear valor. A Coruña: Netbiblo.
RAMOS, Luis (2010): Comunicación y protocolo en el espacio local: imagen y transparencia de las instituciones públicas. Pontevedra: Deputación de Pontevedra.
RÍO, Miguel del (2005): Protocolo: Manual práctico para conocer las normas básicas del protocolo de uso diario. Santander: RHIN.
TÚÑEZ, Miguel (2012): La gestión de la comunicación en las organizaciones. Sevilla: Comunicación Social.
URBINA, José Antonio de (2009): El arte de invitar: su protocolo. Madrid: Temas de Hoy.
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como funcionan as relacións públicas e a comunicación institucional.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, traballos individuais e grupais tutorizados, análises de procesos de comunicación oral e escrita…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de protocolo e de comunicación institucional.
No caso de que a docencia se vexa alterada por circunstancias de saúde, adaptaranse as sesións presenciais á ensinanza virtual a través da plataforma Teams, con clases asíncronas. Nese caso, intensificaranse as tarefas de seguimento dos traballos prácticos, potenciarase a interacción a través das canles dixitais e facilitaranse os contidos teóricos por parte do docente cunha antelación suficiente que permita unha correcta aprendizaxe.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante da progresión do alumno e dos coñecementos que vai adquirindo. Os instrumentos de avaliación serán:
- O exame teórico que se realizará na data fixada pola Facultade.
- As prácticas puntuables (unha por tema) que se establecerán ao comezo do curso.
- A participación activa e positiva nos seminarios interactivos.
Para o cálculo da nota terase en conta, a partes iguais, o apartado teórico e o práctico e para superala será requisito imprescindible que ambas as dúas estean aprobadas; a nota final será a nota media que resulte de dividir entre dous a suma das notas das dúas partes.
A estrutura do exame teórico será a seguinte: unha batería de preguntas curtas de avaliación obxectiva dos diversos temas abordados (tanto das nocións aportadas polo docente nas sesións expositivas como das traballadas nos seminarios interactivos coa bibliografía complementaria) e unha pregunta ampla sobre algún contido dun dos cinco temas. No caso desta segunda parte, valorarase a reflexión crítica do alumno e que demostre dominio sobre recursos bibliográficos.
Pola súa banda, a parte práctica será avaliada coa presentación dos cinco traballos que desenvolverá o alumnado. Será obrigatoria a entrega en papel de todos eles para poder superar a materia e a asistencia a, polo menos, un 80% dos seminarios interactivos.
Por último, cómpre sinalar que os erros de ortografía ou a mala expresión serán penalizados na puntuación, tanto na parte teórica como na práctica, máis aínda tendo en conta que se trata de estudantes universitarios que cursan o Grao de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Prácticas coma o plaxio ou o uso fraudulento da tecnoloxía serán penalizados polos docentes da materia, podendo chegar a supoñer o suspenso da mesma.
O alumno terá que dedicar corenta e catro horas e media de traballo presencial e cento dúas horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará no Campus Virtual da USC.
No caso de que se interrompa a actividade presencial, todas as semanas facilitarase ao alumnado a través do Campus Virtual un plan de traballo semanal, que deberá consultar ao comezo da semana.
Plan de Continxencia
No caso de que a docencia presencial se vexa interrompida, aplicaranse as seguintes modificacións:
- Metodoloxía de ensinanza: terá carácter asíncrono e realizarase a través da plataforma Teams. Prevese un incremento das sesións de titorización, tanto individuais coma colectivas, e unha potenciación da interacción alumnado-docentes.
Neste suposto, haberá un seguimento personalizado con carácter quincenal e enviarase unha programación semanal ao alumnado.
- Supresión ou reponderación da proba final, conforme aos seguintes criterios:
a) Se non se acada o 50% das sesións presenciais, o 100% da avaliación corresponderse coas tarefas de aplicación dos contidos teóricos previstas na modalidade presencial habitual.
b) Se se realizan, polo menos, o 50% das sesións presenciais, o exame final será substituído por un cuestionario a través do Campus Virtual, que representará un 15% da nota final. A ponderación do resto de actividades recalcularase de xeito proporcional ao seu peso orixinal.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Pablo Vazquez Sande
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- pablo.vazquez.sande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
24.01.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
07.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |