Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 57
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras a conclusión do curso o alumno deberá:
1. Coñecer a fisiopatoloxía das principais síndromes clínicas. Tamén as enfermidades mais importantes, especialmente a súa patoxénese, a súa fisiopatoloxía, a orixe dos seus síntomas, e os posibles puntos de intervención terapéutica de cada unha.
2. Poder predicir as consecuencias locais e globais dunha falla nun determinado sistema do corpo, integrando o coñecemento fisiolóxico e fisiopatolóxico.
3. Dominar a terminoloxía médica, de modo que poda ler un prospecto farmacéutico, un libro ou un artigo de medicina, e entender un caso clínico.
4. Manexar as bases de datos e a literatura do campo para atopar e comprender información de calquera doenza ou proceso patolóxico no que poida estar interesado nas súa vida profesional.
Programa de clases expositivas e interactivas:
Tema 1. Lesión celular e as respostas inespecíficas á lesión.
Tema 2. Patoloxía xeral.
Tema 3. Fisiopatoloxía da pel, sangue e cardiovascular.
Tema 4. Fisiopatoloxía do sistema respiratorio.
Tema 5. Fisiopatoloxía do sistema nervioso.
Tema 6. Alteracións do ril e electrólitos.
Tema 7. Fisiopatoloxía do sistema dixestivo.
Tema 8. Endocrinoloxía, metabolismo e nutrición.
Bibliografía recomendada
Básica.
• Robbins y Kumar. Patología humana (11ª edición). Vinay Kumar, Abul K. Abbas, Jon C. Aster, Andrea T. Deyrup, Abhijit Das. Elsevier. 2024. Dispoñible en liña a través da BUS.
Complementaria.
• Fisiopatología de la Enfermedad: Una introducción a la Medicina Clínica (8ª edición). Gary D. Hammer, Stephen J. McPhee. McGraw-Hill. 2015. Dispoñible en liña a través da BUS.
• Fisiopatología (8ª edición). Mark Zelman, Jill Raymond, Paul Holdaway, Elaine Dafnis, Mary Lou Mulvihill. Pearson. 2018. Dispoñible en liña a través da BUS.
• Porth Fisiopatología: alteraciones de la salud, conceptos básicos (10ª edición). Tommie L. Norris, Rupa Lalchandani Tuan. Wolters Kluwer. 2019.
• Fisiopatología y patología general básicas para ciencias de la salud (1ª ed). Pastrana J., García de Casasola G. Elsevier. 2013.
• Fisiopatología. La ciencia del porqué y el cómo (1ª ed). Uribe R.A. Elsevier. 2018
• Harrison, Principios de Medicina Interna (20ª edición). Jameson J.L y cols, eds. McGraw-Hill. 2018.
• Introducción a la Medicina Clínica: Fisiopatología y Semiología (3º Ed). Laso F.J. Ed Elsevier. 2015
• Guyton y Hall. Tratado de Fisiología Médica (13ª edición). Hall J.E. Elsevier. 2016.
Competencias:
Comp_01. Capacidade de análise e síntese.
Comp_02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp_03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp_04. Coñecemento dunha segunda lingua.
Comp_05. Habilidades básicas de manexo do ordenador.
Comp_06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información procedente de fontes diversas).
Comp_07. Resolución de problemas.
Comp_08. Toma de decisións.
Comp_10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp_11. Traballo en equipo.
Comp_12. Habilidades interpersoais.
Comp_19. Habilidades de investigación.
Comp_20. Capacidade de aprender.
Comp_25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Coñecementos:
Con_02. Coñecer os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Con_10. Coñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoprendizaxe de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Habilidades ou destrezas:
H/D_15. Desenvolver habilidades para identificar dianas terapéuticas e de produción biotecnolóxica de fármacos, así como de uso da terapia xenética.
H/D_19. Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como consello nutricional e alimentario ós usuarios dos establecementos nos que presten servizo.
Con_37. Coñecer a estrutura e función do corpo humano, así como os mecanismos xerais da enfermidade, alteracións moleculares, estruturais e funcionais, expresión sindrómica e ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Con_41. Coñecer os fundamentos da saúde pública e intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade nos ámbitos individual e colectivo e contribuír á educación sanitaria, recoñecendo os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Con_43. Coñecer técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de ordenador).
A) Docencia teórica mediante clases expositivas:
Clases teóricas impartidas polo profesor que poden ter diferentes formatos. O profesor contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Normalmente estas clases irán seguindo o contido dun manual de referencia proposto nesta guía docente.
B) Docencia interactiva mediante seminarios en grupo reducido:
Clases teórico-prácticas nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios ... O alumno vai participar activamente de distintos xeitos: entrega ao profesor de cuestións e exercicios, resolución de cuestións na aula, etc.
C) Titorías:
Onde se repasan os avances no estudo dos temas e se resolven as dúbidas que os alumnos presentan sobre o tema.
De maneira xeral a avaliación basearase en:
Exame final: 70% da cualificación final
Avaliación continuada: 30% da cualificación final. Valorarase a asistencia ás clases expositivas e interactivas, así como a participación nas actividades propostas e na resolución das cuestións formuladas tanto nas clases expositivas como nas interactivas. A participación na docencia interactiva é obrigatoria para esta avaliación continuada. Os estudantes aos que se lles conceda unha dispensa de asistencia ás clases serán avaliados exclusivamente mediante o exame final.
Para sumar a nota da avaliación continuada, o alumnado deberá acadar unha cualificación mínima de 5,0 puntos (sobre 10) no exame final.
A avaliación das competencias adquiridas realizarase tanto no exame como nas clases interactivas.
A primeira e a segunda oportunidade da convocatoria rexeranse polos mesmos criterios de avaliación.
Docencia teórica mediante clases expositivas: 30 horas
Docencia interactiva mediante seminarios en grupo reducido: 24 horas
Titorización: 3 horas
Probas e revisión: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 90 horas
Recomendase a asistencia regular e seguir as actividades do curso día a día, así como participar activamente na clase. Coa asistencia e participación en clases e seminarios, non só se facilita a comprensión do alumno sobre o tema, senón que a súa actividade verase reflectida na cualificación (30% da nota final).
Ademais, é aconsellable facer tódalas preguntas e plantexar tódalas dúbidas que poidan xurdir sobre a materia, en clases e seminarios, e participar da titorías grupais previstas para ese fin.
Recomendase a utilización dos materiais didácticos dispoñibles na aula virtual. Asemesmo e aconsellable consultar con regularidade a bibliografía proposta, en papel e/ou en formato electrónico en función da dispoñibilidade, para habituarse ao manexo simultáneo de diversos textos e como complemento formativo.
É conveniente, antes de comezar a estudar o funcionamento do corpo durante a enfermidade, ter o coñecemento do seu funcionamento normal. Polo tanto, é aconsellable ter cursado as materias de Anatomía, Citoloxía e Histoloxía, e tamén Fisioloxía I e II e Bioquímica I e II. Desaconséllase especialmente a matrícula en Fisiopatoloxía sen ter aprobadas as dúas materias de Fisioloxía.
Importante: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”
Miguel Angel Fidalgo Perez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815488
- Correo electrónico
- miguel.fidalgo [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Mª Isabel Ben Batalla
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- misabel.ben [at] usc.es
- Categoría
- Profesor Distinguido
Cintia Folgueira Cobos
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- cintiamaria.folgueira [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Miguel Servet
Maria Del Mar Quiñones Tellez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mar.quinones [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Miguel Servet
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_B | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |
18:00-19:00 | Grupo /CLE_A | Castelán | 5035 Aula 2.1 Facultade de Políticas |