Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 141.5 Horas de Titorías: 5.5 Clase Interactiva: 3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos.
O contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos/titores que cada curso realizará a Facultade.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Todas
Competencias específicas da materia:
- Ser capaz de definir os obxectivos do traballo, identificando o problema a resolver e o obxectivo de coñecemento a alcanzar.
- Ser capaz de deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para alcanzar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
- Saber buscar e seleccionar información relevante para o caso, problema ou obxecto de estudo, a partir de fontes do nivel de libros de texto avanzados, e incorporando algunhas achegas de textos científicos especializados.
- Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida.
- Ser capaz de organizar a información da que dispón e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas.
- Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propor suxestións de cara ao futuro.
O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica sinxela ou unha análise de casos.
Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións de traballo co director, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Finalmente, o estudante deberá presentar un resumo oral do traballo.
A avaliación basearase no traballo, que ademais de entregarse por escrito deberá presentarse oralmente. Valoraranse os contidos (corrección e pertinencia da información), nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do Grao, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, normas de estilo, corrección lingüística e expresiva (oral e escrita) e claridade da presentación.
Así mesmo, terase en conta para a avaliación a realización sistemática do traballo e o compromiso durante a realización do mesmo: seguimento das orientacións do director, cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a súa iniciativa.
O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas.
Plan de Continxencia:
En aplicación do previsto nos documentos aprobados pola USC sobre a organización da docencia no curso 2021-2022 (Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, aprobado polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación:
METODOLOXÍA DA ENSINANZA, a titorización realizarase de xeito presencial ou telemático no escenario 2 e de xeito telemático no escenario 3, en función das indicacións da administración competente e da USC.
SISTEMA DE AVALIACIÓN, a presentación e defensa do TFG realizarase de xeito presencial ou telemático no escenario 2 e de xeito telemático no escenario 3, en función das indicacións da administración competente e da USC. En canto ao procedemento de defensa e aos criterios de avaliación atenderase ao disposto pola Normativa Académica da USC (tanto xeral como a específica do Regulamento de matrícula, elaboracioìn e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na USC, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, e do Regulamento do Traballo de Fin de Grao en Xestión de Pemes da USC, aprobado no Consello de Goberno de 14 de novembro de 2017), coas adaptacións que sexa preciso facer no escenario 2 e no escenario 3 en función das indicacións da administración competente e da USC.
Na Guía Docente do TFG pode consultar información máis detallada sobre os obxectivos, metodoloxía, avaliación, etc.
No seguinte enlace pode consultar toda a información relativa ao TFG:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-administracion-direccion-empres…
Fernando Losada Perez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824420
- Correo electrónico
- fernando.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luis Ignacio Rodriguez Gil
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824472
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Begoña Barreiro Fernandez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade