Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Bioloxía Funcional
Áreas: Botánica, Fisioloxía Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal na Enxeñaría.
Capacidade de comprender o funcionamento da célula, unidade esencial noutras materias con base biolóxica.
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de biodiversidade.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Breve descrición das principais biomoléculas. Estrutura e función da célula e os seus orgánulos. Bioenerxética celular. Reprodución celular. Evolución e clasificación dos seres vivos Principais grupos de organismos: caracteres xerais e ciclos biolóxicos. Morfoloxía interna e externa das plantas. Bioloxía reprodutiva das plantas.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa de clases expositivas: (24 horas)
Introdución: Tema 1. A Bioloxía no Grao. (1hora)
Bloque I. AS BASES MOLECULARES DA VIDA: Tema 2.- Auga, glícidos e lípidos. Tema 3.-Proteínas e ácidos nucleicos. (3 horas)
Bloque II. AS BASES CELULARES DA VIDA: Tema 4.- Tipos de células. Tema 5.- A célula e os seus límites. Tema 6.- O medio intracelular e o sistema de endomembranas. Tema 7.- Orgánulos citoplasmáticos. (4 horas)
Bloque III. AS BASES ENERXÉTICAS DA VIDA: Tema 8.- Enerxética celular: A respiración. (1.5 horas)
Bloque IV. AS BASES XENÉTICAS DA VIDA: Tema 9.- A información e a expresión xenética. Tema10.- A reprodución celular. (3horas)
Bloque V. EVOLUCIÓN E DIVERSIDADE. Tema 11.- Evolución e clasificación dos seres vivos (1.5 horas)
Bloque VI . PRINCIPAIS GRUPOS DE ORGANISMOS: Tema 12.- Principais grupos de organismos: caracteres xerais e ciclos biolóxicos. (3 horas)
Bloque VII. ESTRUTURA INTERNA E MORFOLOXIA EXTERNA DAS PLANTAS: Tema 13.- Histoloxía vexetal . Tema 14.- Organografía vexetal I. Tema 15.- Organografía vexetal II (4 horas)
Bloque VIII. BIOLOXÍA REPRODUTIVA DAS PLANTAS: Tema 16.- Plantas sen semente. Tema 17.- Plantas con semente: Ximnospermas. Reprodución. Tema 18.- Plantas con semente: Anxiospermas. Reprodución. (3 horas)
Bloques I a IV (Área de Fisioloxía Vexetal)
Bloques V a VIII (Área de Botánica)
Programa de Prácticas de Laboratorio:(20 horas)
Práctica 1. - Extracción e visualización do ADN (2 horas)
Práctica 2. - Determinación cuantitativa de proteínas (2 horas)
Práctica 3. - Permeabilidade de membrana (2 horas)
Práctica 4. – Especialización celular (2 horas)
Práctica 5. – Mitose (2 horas)
Práctica 6. – Diversidade I: Talófitas e Briófitas (2 horas)
Práctica 7. – Histoloxía vexetal I: Parénquima. Colénquima e Esclerénquima (1,5 horas)
Práctica 8. – Histoloxía vexetal II: Tecidos protectores. Tecidos condutores (1,5 horas)
Práctica 9. – Organografía vexetal I: Raíz (1,5 horas)
Práctica 10. – Organografía vexetal II : Caule e Folla (1,5 horas)
Práctica 11. – Diversidade II: Pteridófitas, Ximnospermas e Anxiospermas (2 horas)
Prácticas 1-5 (Área de Fisioloxía Vexetal)
Prácticas 6-11 (Área de Botánica)
Bibliografía básica
-Alberts, B.; Bray, D.; Hopkin, K.; A. Johnson. 2011. Introducción a la biología celular. 3ª edic. Ed. Panamericana.
-Curtis, H.; N. Sue Barnes. 2008. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana.
-Raven, P. H.; R. F. Evert; S. E. Eichhorn. 1992. Biología de las plantas. 2 tomos. Reverté
-Esau, K. 1987. Anatomía de las plantas con semilla. Ed. Hemisferio Sur.
-Sadava D.; D. M. Hillis; H. C. Heller; M. Berenbaum. 2014. Life: The science of Biology. 10ª edic. Ed. Panamericana.
Bibliografía complementaria
-Aira, Mª J., Vázquez, R.A. e Izco, J. Eds. 2014. Manual de prácticas de botánica: laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio Científico. Santiago de Compostela.
-Buchanan, B. B.; Gruissem W.; R. L. Jones. 2015. Biochemistry and Molecular Biology of Plants. 2ª edic. John Wiley and Sons, Ltd.
-Campbell N.A.; L. A. Urry, M. L. Cain, S. A. Wasserman, P. V. Minorsky, e J. B. Reece. 2018. Biology : a global approach. 11ª ed. Global ed., New York: Pearson, cop.
-Freeman, S.; Quillin, K. Allison, L. 2013. Fundamentos de Biología. 5ª ed. Pearson Educación
-Lodish, H.; A. Berk; C. A. Kaiser; M. Krieger; A. Bretscher; H. Ploegh; A. Amon; M. P.Scott. 2013. Molecular Cell Biology. 7th ed. Macmillan.
-Nabors, M. W. 2006. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid.
-Rodríguez, Mª C., P. De Sáa; R.A. Vázquez. 2004. Citología, Histología y Organografía Vegetal. In: Rodríguez, F. (Ed.). Galicia Naturaleza. Tomo XLI, Botánica I: 17-134. Hércules Ediciones, A Coruña.
-Taiz, L.; E. Zeiger 2010. Plant Physiology. 4ª ed. Sinauer.
Web-grafía (Botánica: citado xullo 2020)
TheJoy of Science.Richard A. Lockshin.2007.http://link.springer.com/openurl?genre=book&isbn=978-1-4020-6099-1.http…
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Bacterial_morphology_diagram-es…
https://es.wikipedia.org/wiki/Archaea
http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Diatoms_through_the_microscope.j…
Curtis, H. & N. Sue Barnes. 2001. Biología. 6ª edic. Ed. Panamericana (http://www.intercambiosvirtuales.org/software/biologia-sexta-edicion-%e…)
http://botweb.uwsp.edu/anatomy/Default.htm#parenchyma
http://www.sbs.utexas.edu/mauseth/weblab/table_of_contents.htm
http://www.biologia.edu.ar/plantas/tejvasc.htm
http://botit.botany.wisc.edu/Anatomy/Glossary/Anatomy-glossary.html#anc…
http://www4.uwsp.edu/biology/courses/botlab/lab07c.htm
(Poden atoparseoutrasligazóns nos Bloques e nos temas depositados no Aula virtual e poderánengadirse novas ligazónsao longo do progreso da docencia).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias. Dentro das especificadas para a materia, traballaranse as seguintes competencias:
Básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Xerais:
CX1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como una capacidade de adaptación a novas situacións ou contornos cambiantes.
CX2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CX3 - Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
CX5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
CX6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinais e multiculturais.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar una exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Específicas:
FB8 - Coñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal na enxeñaría.
Clases expositivas:
Leccións maxistrais participativas. Empregarase o método expositivo, apoiado en presentacións multimedia, vídeos e conexións a recursos web de interese. O docente introduce o tema e os obxectivos a lograr na clase, resólvense dúbidas, e trátanse os puntos máis importantes segundo os materiais docentes, dispoñibles na aula virtual previamente ao desenvolvemento da clase. Ao finalizar cada tema, faise unha síntese sinalando os puntos mais relevantes.
Clases interactivas:
1. Elaboración e presentación do traballo de curso, en grupo (Seminarios): O profesor encargará a elaboración de traballos da materia a grupos de 3 ou 4 alumnos e fará o seguimento da súa elaboración persoalmente ou a través do foro establecido ao efecto na aula virtual. Cada grupo deberá entregar ao profesor o traballo escrito e realizará unha presentación oral na aula. Ao finalizar a exposición abrirase un debate no que o profesor e os alumnos poderán facer preguntas aclaratorias ou comentarios aos poñentes. Esta presentación e debate realizarase nas 4 horas presenciais indicadas no horario como “seminarios”. Como o resto das actividades programadas, os seminarios son obrigatorios.
2. Clases prácticas de Laboratorio: Realizaranse en once sesións nas que o alumno experimentará con técnicas usuais en bioloxía (electroforese, espectofotometría, microscopía...), resolverá cuestións e elaborará os resultados obtidos. Antes de cada sesión os alumnos deberán coñecer o protocolo da práctica proporcionado previamente polo profesor a través da aula virtual.
3. Clases de titorías, en grupos reducidos: Durante as mesmas o profesor dirixirá preguntas encamiñadas a determinar o grao de entendemento que presentan os alumnos ata ese momento. Así mesmo, os alumnos poderán facer preguntas, tanto ao profesor como aos seus compañeiros, para resolver as dúbidas xurdidas durante o estudo do programa.
Clases expositivas de grupo grande: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT10, CT11, CT12, FB8.
Seminarios: CB2, CB3, CB4, CX1, CX2, CX3, CX5, CX6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, FB8
Prácticas: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8
Titorías en grupo: CB2, CX1, CX2, CX5, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8.
Titorías individuais: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8
Para aprobar a materia é necesario superar independentemente as partes teóricas e prácticas impartidas polas áreas de Botánica e de Fisioloxía Vexetal.
Os criterios a empregar e o peso de cada parte avaliada quedan plasmados como segue:
- Probas escritas: 50%. Realizaranse ata 2 probas escritas sobre os contidos tratados. Gardaranse as cualificacións das partes superadas para os exames finais da 1ª e 2ª oportunidade. Con estas probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT5, CT10, CT11, CT12, FB8.
- Aproveitamento das Prácticas: 25%. Participación activa no laboratorio e resultados presentados. Poderanse gardar as cualificacións finais durante dous cursos consecutivos a realización das mesmas. Con estas probas avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8.
- Traballos defendidos e entregados: 15%. Avaliación do grupo e individual, da presentación oral e do traballo escrito. Con estes traballos de seminario avaliaranse as seguintes competencias:CB2, CB3, CB4, CX1, CX2, CX3, CX5, CX6, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, FB8.
- Participación do alumnado nas actividades: 10%. Asistencia e a cualificación subxectiva da participación, actitude,... ao longo de todos os procesos docentes, especialmente nas titorías. Avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CX1, CX2, CX5, CT1, CT2, CT3, CT10, CT11, CT12, FB8.
Na segunda oportunidade poderá realizarse un exame final teórico-práctico.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas. Os alumnos repetidores Terán unha dispensa do 50% en cada unha das partes expositivas (presenciais) da materia. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.
Hai unha Guía Docente máis detallada na aula virtual da materia, que conten as rúbricas de avaliación das prácticas, dos traballos escritos e das presentacións orais.
Horas presenciais:
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas distribuídas en 20 h de prácticas de laboratorio e 4 horas de seminarios
Titorías: 3 horas
Actividades de avaliación: 4 horas
Total horas presenciais: 55 horas
Traballo persoal do alumno:
Horas de estudo clases expositivas: 59 horas
Horas de traballo clases interactivas: 6 horas para estudo previo á realización das prácticas
Horas de traballo clases interactivas : 12 horas para a preparación do traballo de curso
Horas para preparación de exames: 18 horas
Total de horas non presenciais: 95 horas
Total de horas de Traballo do alumno = 150 horas
- Asistencia e participación en todas as actividades programadas.
- Recoméndase que o alumno consulte cada tema na aula virtual, previamente ás sesións presenciais. Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación.
- Implicación e participación activa nas discusións que se susciten nas diferentes tipos de sesións presenciais.
- Manexar a bibliografía recomendada como complemento ás clases.
- Antes da avaliación aconséllase consultar os arquivos de preguntas tipo e/ou cuestionarios da aula virtual da materia.
- A materia Bioloxía contribúe pero non completa a adquisición das competencias básicas, xerais e transversais sinaladas, proceso no que interveñen varias materias da titulación.
- En relación aos traballos de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións de responsabilidade medioambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
No campus virtual o alumno dispoñera de diferentes materiais (audiovisuais,..) en inglés.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVADES DOCENTES EN REMOTO (ESCENARIO 2 E 3):
De acordo coas instruccións recibidas pola EPSE bseada nas directrices para unha docencia segura:
Metodoloxía da ensinanza
Incialmente, toda a docencia na EPSE responde ao Escenario 1 onde as medidas adoptadas serán as relativas a protección e seguridade sanitaria das persoas.
No suposto de ter que adoptar o Escenario 2, deberemos recurrir á docencia non presencial para as clases expositivas (videoconferencias e/ou Campus virtual) e a presencial na docencia interactiva (excepto as titorías, que serían totalmente no presenciais por medios telemáticos).
No suposto de ter que adoptar o Escenario 3, toda a docencia terá que ser non presencial por medios telemáticos.
Así:
-Clases expositivas. Todo o material docente se atopa recollido no Campus Virtual. Substitúense as clases maxistrais por clases
“on line” coa plataforma MS Teams, síncronas e coincidentes cos horarios de clase. Apoiado en presentacións multimedia, vídeos e conexións a recursos web de interese. Ao finalizar cada bloque ou tema, faranse exercicios ou test sobre os contidos.
-Seminarios: O traballo se fará en grupos a través dos foros establecidos no Campus virtual e elaborarase un material
escrito. Será defendido a través do MS Teams.
-Clases prácticas: Os guións orixinais das prácticas atópanse no Campus Virtual para que podan ser consultados polos alumnos.
Substituirase a parte presencial por actividades gráficas ou videográficas ao final do cal o alumno deberá responderse algún cuestionario relacionado.
-As titorías manteranse seguindo preferentemente o Foro de Dúbidas do Campus virtual e, de non ser posible, o correo electrónico.
A planificación de todo o traballo tentará axeitarse ao recollido no calendario e horarios da materia salvo posibles modificacións que serán comunicadas con tempo a través fundamentalmente do Campus virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións”.
A materia Bioloxía (4091109) propón as seguintes modificacións:
Escenario 2
-Para a primeira oportunidade proponse unha avaliación continua da mesma, tendo en conta o seguinte:
Contidos teóricos
O alumnado será valorado, mediante avaliación continua, tendo en conta as respostas ás cuestións dos bloques
da materia, que as profesora propoñan a través do Campus Virtual. Así como as probas de avaliación telemática (Campus Virtual) parciais.
Contidos prácticos: igual que no escenario 1.
Seminarios: No caso da elaboración do traballo de curso (seminario) individual ou en grupo, cada alumno ou grupo de alumnos deberá enviar á profesora o traballo a través do Campus Virtual (plataforma Moodle) nas datas que figuran na programación. O traballo defenderase, se é posible no aula ou ben a través da plataforma MS Teams. A nota formará parte da avaliación continua.
As titorías serán telemáticas. Os alumnos a través do Foro de Dúbidas e Consultas sobre a materia, habilitado no Campus Virtual, poderán consultar ao profesor todas aquelas dúbidas sobre a mesma (titorías) ou ben por correo electrónico, se esto non fora posible.
Modifícarase o peso das partes da materia na avaliación de acordo co seguinte:
Contidos teóricos - 40%
Contidos Prácticos- 30 %
Seminarios--------- 20%
Titorías ------------ 10%
Para a segunda oportunidade aqueles que non realizaran estas actividades (salvo os seminarios que nos son recuperables), terán a posibilidade de completalas igualmente a través do Campus Virtual ou ben mediante correo electrónico.
Asi mesmo, haberá unha data para avaliación telemática da parte teórica.
Escenario 3
Todas as actividades de avaliación serán non presenciais.
-Para a primeira oportunidade proponse unha avaliación continua da mesma, tendo en conta o seguinte:
Contidos teóricos
O alumnado será valorado, mediante avaliación continua, tendo en conta as respostas ás cuestións dos bloques
da materia, que as profesora propoñan a través do Campus Virtual. Así como as probas de avaliación telemática (Campus Virtual) parciais.
Contidos prácticos: O alumnado será valorado mediante avaliación continua, tendo en conta as respostas aos exercicios baseados nos guións de prácticas da materia que as profesoras proporán , de acordó coa programación semanal a través do Campus Virtual.
Seminarios: No caso da elaboración do traballo de curso (seminario) individual ou en grupo, cada alumno ou grupo de alumnos deberá enviar á profesora o traballo a través do Campus Virtual (plataforma Moodle) nas datas que figuran na programación. O traballo defenderase preferentemente a través da plataforma MS Teams. A nota formará parte da avaliación continua.
Titorías: igual que no Escenario 2.
En derradeiro lugar, e seguindo as recomendacións didácticas, modifícase o peso da parte teórica da materia no total da avaliación de acordo co
seguinte:
Contidos teóricos - 35%
Contidos Prácticos- 30 %
Seminarios--------- 20%
Titorías ------------ 15%
Para a segunda oportunidade aqueles que non realizaran estas actividades (salvo os seminarios que nos son recuperables), terán a posibilidade de completalas igualmente a través do Campus Virtual ou ben mediante correo electrónico.
Asi mesmo, haberá unha data para avaliación telemática da parte teórica.
Na Aula virtual se recollen con mais detalles as rúbricas correspondentes.
Teresa Cornide Paz
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- teresa.cornide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Del Carmen Rodriguez Gacio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- mdelcarmen.rodriguez.gacio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán, Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
09:00-10:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego, Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego, Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego, Castelán | Aula 3 (Aulario 1) |
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Salón de Actos (Pav.III) |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
24.05.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
29.06.2021 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |