Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Botánica, Zooloxía, Produción Vexetal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Na Memoria Verificada da titulación recóllense coma obxectivos principais desta materia os seguintes:
1) Coñecimentos básicos sobre a biodiversidade
2) Problemática da conservación e xestión da biodiversidade
De maneira máis detallada, os obxectivos desta materia céntranse na asimilación dos conceptos de biodiversidade e ecosistema, así como na vertebración destes no Convenio da Diversidade Biolóxica e na Estratexia Europea da Biodiversidade, para posteriormente abordar a configuración dos compoñentes da biodiversidade (especies, hábitats) no ámbito territorial de Galicia. Finalmente, estes conceptos deberán ser utilizados na elaboración dos traballos que se presentarán como parte dos métodos de avaliación da materia.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Elementos integrantes do medio natural.
- A conservación da flora e fauna silvestre.
- O recoñecemento e estudio de ecosistemas e hábitats.
- Exemplos de integración do medio natural na organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
Estes contidos desenvolveranse da cordo ao seguinte temario:
Programa teórico
1.- Concepto de Biodiversidade: Convenio da Biodiversidade Biolóxica e Estratexia Europea da Biodiversidade.
2.- Riqueza e diversidade específica
3.- Especies protexidas
4.- Especies invasoras
5.- Concepto de Ecosistema: expresión territorial da biodiversidade
6.- Hábitats de Interese Comunitario
7.- Ameazas e xestión da biodiversidade
8.- Areas Protexidas, uso público e actividades na natureza
Programa práctico
Dentro do horario dedicado a clases interactivas realizarase prácticas de campo nas que se visitarán distintos Espazos Protexidos co fin de describir e avaliar os compoñentes da biodiversidade (especies, ecosistemas), así como as presións e ameazas causadas polo ser humano, e as medidas de xestión. Dependendo das condicións meteorolóxicas e a disponiblidade de recursos, as prácticas desenvolveranse en distintos escenarios (Reservas de Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, ZEC Ancares-Courel, ZEC Parga-Ladra-Támoga, Monumento Natural Ás Catedrais, Humidal Protexido A Frouxeira, Parque Natural Fragas do Eume, etc). Estas actividades levaranse a cabo de xeito coordinado coas outras dúas materias que integran o Módulo 3 desta Titulación (“P3281107 Coñecemento xeográfico do medio natural” e “P3281108 Natureza, paisaxe e arquitectura rural”.
Bibliografía básica
- Begon, M., Harper, J.L. & Townsend, C.R. (1999). Ecología. Individuos, poblaciones y comunidades (3ª ed.). Ed. Omega. Barcelona.
- CDB (1993). Convenio sobre la Diversidad Biológica, Río de Janeiro, 1992. Tratados Internacionales de las Naciones Unida. New York. (https://www.cbd.int/doc/legal/cbd-es.pdf).
- Comisión Europea (2011). Estrategia de la UE sobre la Biodiversidad hasta 2020. Oficina de Publicaciones de la Unión Europea. Luxemburgo.
- Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Rubinos Román, M., Ferreiro da Costa, J., Hinojo Sánchez, B., Blanco López, J.M., Sinde Vázquez, M., Gómez-Orellana Rodríguez, I., Díaz Varela, R. & Martínez Sánchez, S. (2005). La expresión territorial de la biodiversidad. Paisajes y hábitats. Recursos Rurais. Serie cursos e monografias do IBADER, 2: 109-128. Accesible en: http://www.ibader.gal/ficha/138/105/Serie-Cursos-02-2005.html.
- Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Hinojo Sánchez, B.A., Rodríguez González, P.M., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 189 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader2.pdf.
- Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Hinojo Sánchez, B.A., Martínez Sánchez, S., Cillero Castro, C., Díaz Varela, R.A., Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008): Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 627 pp. Accesible en: http://www.ibader.org/archivos/docs/Monografias_Ibader3.pdf.
- Ramil Rego, P., Crecente Maseda, R., Ferreiro da Costa, J., Hinojo Sánchez, B.A., de Nóvoa Fernández. B., Rubinos Román, M.A., Rodríguez Guitián, M.A., Valero Gutiérrez del Olmo, E., Picos Martín, J., Álvarez Bermúdez, X., Estévez González, V., Urcola Fernández-Miranda, E., Aguilar Cavanillas, P. & Lucía Martínez de la Fuente, L. (2011). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. 1 Vol. + 7 Anexos. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. Accesible en: http://www.ibader.gal/ficha/155/142/Plan-Director-da-Rede-Natura-2000-d….
Ramil-Rego, P., Vales, C. (2019). Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade.
Ramil-Rego, P.,Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P., Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do IBADER. Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. p 918.
Bibliografía complementaria
- Delibes De Castro, M. (2001). Vida: la naturaleza en peligro. Temas de Hoy. Madrid.
- Díaz-Fierros, F. & López Silvestre, F., (Eds.)(2009): Olladas críticas sobre a paisaxe. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
- Martínez Sánchez, S., Ramil Rego, P., Sánchez Hinojo, B. & Chuvieco Salinero, E. (2011). Assessing Loss of Biodiversity in Europe Through Remote Sensing: The Necessity of New Methodologies. En: O. Grillo & G. Venora (Eds.): Biodiversity loss in a changing planet: 19-48. In Tech. Rijeka, Croatia.
- Martínez Sánchez, S.; Ramil-Rego, P. & Chuvieco, E. (2010). Monitoring loss of biodiversity in cultural landscapes. New methodology based on satellite data. Landscape and urban Planning 94 (2): 127-140.
- Morales Miranda, J. & Guerra Rosado, F. (1992): Uso público y recepción en Espacios Naturales Protegidos. Seminario permanente de educación ambiental en Espacios Naturales Protegidos. Secretaria General de Medio Ambiente. MOPT. Sevilla.
- Pascual Trillo, J.A. (2001). La vida amenazada: cuestiones sobre la biodiversidad. Ed. Nivela. Madrid.
- Pineda, P.D., De Miguel, J.M., Casado, M.A. & Montalvo J. (2002). La diversidad biológica de España. Prentice Hall-Pearson Education. Madrid.
- Ramil-Rego, P. (2009). Sinopse dos agrosistemas de Galicia. En: X. Simón Fernández & D. Copena Rodríguez (Eds.): 51-70. Construíndo un rural agroecolóxico. Universidade de Vigo.
- Ramil-Rego, P. & Ferreiro Da Costa, J. (2015). Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe de Galicia. Horreum. Ibader. Lugo.
- Ricklefs, R.E. (1998). Invitación a la Ecología. La economía de la Naturaleza. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires, Madrid.
- Schulze, E.D. & Mooney, H.A. (1994). Biodiversity and ecosystem function. Springer-Verlag. Berlin-Heidelberg.
Páxinas web.
http://biodiversity.eionet.europa.eu/
http://eunis.eea.europa.eu/
http://europa.eu/legislation_summaries/agriculture/environment/index_es…
http://www.eea.europa.eu/es
http://www.ibader.gal/
http://www.floraiberica.org/
http://www.natura.org/
Nesta materia os estudantes adquirirán ou poñerán en práctica unha serie de competencias básicas, intrínsecas a calquera titulación universitaria, e específicas vinculadas aos obxectivos propios da materia. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas (CB)
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais i éticas vinculadas á aplicación dose seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Competencias específicas (CE):
CE8 - Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades educativas.
CE9 - Que los estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais.
A metodoloxía de ensinanza susténtase en clases teóricas (maxistrais e reversas), clases prácticas (viaxes de campo) e a elaboración de traballos, tanto individuais coma en grupo. As clases teóricas e prácticas, así como as titorías grupais, teñen un carácter presencial.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de coñecementos dispoñibles sobre a diversidade biolóxica do territorio galego, os seus compoñentes e o seu valor desde o punto de vista da educación ambiental. Tamén servirán para iniciar ós estudantes na busca e análise de información sobre biodiversidade e ecosistemas que resulte útil para os obxectivos da mesma. Alo menos en parte, estas sesións teóricas terán un carácter interactivo (clases reversas), relacionado coa discusión na aula de certos temas ou lecturas recomendadas previamente e á confección de pequenos traballos, a traveso dos que se realizará a avaliación das competencias CB8, CB9, CE8 e CE9.
Durante as clases prácticas visitaranse varios Espazos Naturais con diferente representación dos tipos máis sobresaíntes de ecosistemas (hábitats) e especies presentes en Galicia, nos que se estudiarán as ameazas que afectan a estes compoñentes da biodiversidade.
Os estudantes serán atendidos en titorías de grupos reducidos para orientar o seu proceso de elaboración do traballo conxunto das materias do módulo (2 horas repartidas en catro sesións). O desenvolvemento desta modalidade docente permitirá avaliar as competencias CB8, CB9, CE8 e CE9.
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo de grupo será proporcionada a traveso do Campus Virtual da USC.
A avaliación do grado de adquisición das competencias relacionadas coa materia realizarase por medio de tres vías:
- á valoración do grao de participación nas actividades específicas da materia.
- a elaboración dun traballo individual centrados nos contidos da materia.
- a elaboración dun traballo de grupo que versará sobre contidos abordados polo conxunto de materias que conforman o módulo 3 (traballo de módulo).
Establécese o seguinte cadro de correspondencias entre os sistemas de avaliación empregados, as competencias avaliadas e o peso de cada sistema na cualificación final:
Sistema de avaliación Competencias Ponderación mínima (%) Ponderación máxima (%)
- Participación nas aulas: CE8, CE9 5% 10%
- Elaboración do traballo individual: CB8, CB9, CE8,CE9 30% 35%
- Elaboración do traballo de módulo 3: CB8, CB9 60% 60%
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para superar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades interactivas (viaxes de prácticas) que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como a entrega dos traballos individual e de grupo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Traballo presencial: clase presencial en grupo completo (8 horas)
Traballo presencial: clases prácticas (8 horas)
Traballo presencial: titorías (individuais, en pequeno grupo ou en grupo completo) (2 horas)
Traballo presencial: realización de exercicios escritos ou exames (2 horas)
Traballo presencial: outras tarefas (excursións, etc.) (7 horas)
Subtotal: 27 horas
Traballo persoal: estudo autónomo (12 horas)
Traballo persoal: escritura de exercicios, conclusións ou traballo derivados da materia (8 horas)
Traballo persoal: lecturas recomendadas e procuras bibliográficas (20 horas)
Traballo persoal: asistencia a actividades recomendadas (4 horas)
Traballo persoal: outras tarefas propostas polo/a docente (4 horas)
Subtotal: 48 horas
Total: 75 horas.
Recomendase asistir ás actividades docentes programadas na materia así como facer uso dos materiais que se proporcionarán a traveso da Plataforma do Campus Virtual da USC.
Calquera dúbida relativa aos contidos teóricos, o desenvolvemento das prácticas ou a elaboración dos traballos da materia poderán ser resoltos dentro do horario de titorías dos profesores responsables da materia ou ben, mediante consulta telemática a traveso de correo electrónico dirixido a:
manuelantonio.rodriguez [at] usc.es (manuelantonio[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
ramil.rego [at] gmail.com (ramil[dot]rego[at]gmail[dot]com)
jesus.dominguez [at] usc.es (jesus[dot]dominguez[at]usc[dot]es)
Tamén se contempla, se existen causas xustificadas, a realización de titorías virtuais mediante o software Teams ou similar.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesus Dominguez Conde
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 30 |
19.01.2023 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
05.07.2023 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |