Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquisición de coñecementos básicos sobre a importancia dos organismos fotosintéticos no medio ambiente e na saúde. Prestarase especial atención aos grupos utilizados como bioindicadores e biomonitores.
Tema 1.- Botánica ambiental e saúde. Conceptos e contido. Fotosíntesis. Ecosistemas e servizos ecosistémicos.
Tema 2.- Bioindicadores e Biomonitores. Definiciónes, características e tipos. Aplicación e utilidade dos distintos grupos vexetais.
Tema 3.- Augas continentais, contaminación e organismos fotosintéticos. Bioindicadores en augas continentais.
Tema 4.- Cianobacterias. Floracións de augas (“ blooms”). Cianotoxinas .
Tema 5.- Diatomeas. Metodoloxía de mostraxe e análise de diatomeas. Índice diatómico. Métodos de avaliación da contaminación. Euglenófitos.
Tema 6.- Dinoflagelados e mareas vermellas. Floracións de augas (“ blooms”) tóxicos. Caracterización, condicións de aparición, ciclos, toxinas. Implicacións para a saúde. Métodos de control.
Tema 7.- As algas mariñas e a contaminación do mar. As algas bentónicas como bioindicadores. Cambios nas comunidades.
Tema 8.- Os liques. Características. Contaminación atmosférica. Efecto dos contaminantes. Liques epífitos como bioindicadores. Métodos de estudo. Índices liquénicos.
Tema 9.- Os briófitos. Características. Brións como bioindicadores. Contaminación e deposición atmosférica. Brións acumuladores de metais pesados. Métodos de estudo e aplicacións. Brións indicadores da contaminación en augas continentais.
Tema 10.- Plantas vasculares. Características. Resposta aos contaminantes. Plantas vasculares como bioindicadores de contaminación atmosférica. Plantas vasculares indicadoras de contaminación en augas continentais.
Tema 11.- Helófitos como descontaminantes. Augas residuais. Métodos de descontaminación de augas residuais. Humidales artificiais. Plantas empregadas. Tipos de humidais. Vantaxes e inconvenientes dos diferentes tipos de humidais artificiais.
Tema 12.- Compoñentes biolóxicos da atmosfera como produtores de alerxias. Ciclos Biolóxicos de plantas produtoras de pole. Tipos de polinización. Anemofilia. Tipos polínicos. Calidade biolóxica do aire. Redes de Aerobiología.
Tema 13.- Botánica, cambio climático e saúde. Efecto invernadoiro. Emisións de gases de efecto invernadoiro. Quecemento global. Deforestación e Cambio climático. Secuestro de Co2, evapotranspiración e albedo. Usos do chan. Océanos e C02. Fuentes e sumidoiros.
Tema 14.- Infraestruturas verdes. Poles, alerxias e xardíns urbanos. Infraestruturas verdes urbanas e saúde. Servizos ecosistémicos. Hortos urbanos. Xustiza ambiental.
Tema 15.- Saúde e cambio climático. Quecemento global. Permafrost e emisións de gases. Desxeo. Aumento do nivel do mar. Anomalías climáticas. Fenómenos catastróficos. Ondas de calor. Cambio climático e enfermidades transmitidas por vectores. Xustiza ambiental e saúde.
Programa de clases prácticas
Realizaranse 3 prácticas co programa que se indica a continuación. A parte de mostraxe realizarase na contorna do Centro e o resto da actividade no laboratorio.
Práctica 1. Identificación e reconto de diatomeas en augas continentais. Cálculo de índices diatómicos.
Práctica 2. Identificación e reconto de liques. Aplicación dunha escala simple de medida da contaminación.
Práctica 3. Identificación e reconto de pole e esporas fúngicas en mostras aerobiológicas.
O traballo realizado polo alumnado, nestas sesións, formará parte da avaliación continua.
Seminarios
Dedicaranse a tratar a parte metodolóxica (mostraxe, análise, aplicación de índices) dos bioindicadores máis comúns, concretamente das partículas biolóxicas atmosféricas, as diatomeas e os liques. O traballo realizado polo alumnado nestas sesións, formará parte da avaliación continua.
Titorías
As titorías desta materia (2 h), utilizaranse para que o alumnado presente os resultados dun traballo de curso, realizado individualmente ou en pequeno grupo (2 alumnos máximo), cuxa cualificación formará parte da avaliación continua.
Nas titorías de despacho (6horas/semana), voluntarias para o alumnado, atenderanse as dúbidas sobre aspectos teóricos ou prácticos do desenvolvemento do programa así como calquera outra relativa á organización e avaliación da materia.
Bibliografía básica
- Izco, J. et al., (2004). Botánica. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
- Ederra A. (1996). Botánica ambiental aplicada: las plantas y el equilibrio ecológico de nuestra tierra. Ed. Eunsa.
- McMichael A.J. et al, eds. (2003) Cambio climático y salud humana - Riesgos y respuestas. RESUMEN. WHO, Geneva.
- Nabors, M.W.(2006). Introducción a la Botánica (en línea). Madrid: Pearson. https://bibliotecaia.ism.edu.ec/Varios/IntroduccionBotanica.pdf
https://www.who.int/globalchange/publications/en/Spanishsummary.pdf
Bibliografía complementaria
- Aira M.J., Vázquez R. & Izco J. Eds (2014). Manual de prácticas de Botánica: laboratorio y campo. Servicio de Publicaciones. Universidade de Santiago.
-Ávila C., Matamoros V. & García J. (2016). Depuración natural de aguas residuales. Investigación y Ciencia 473: 60-67.
- Bonan G.B. (2008). Forest and climate change: Forcings Feedbacks, and the Climate Benefits of Forests. Science 320: 1444-1449.
- Cambra J., Ector L. & Sabater S. (2005). Protocolos de muestreo y análisis para Fitobentos (Microalgas bentónicas). En Metodología para el establecimiento del Estado Ecológico según la Directiva MARCO del Agua. Confederación Hidrográfica del Ebro. Ministerio de Medio Ambiente. http://195.55.247.234/webcalidad/estudios/indicadoresbiologicos/Manual_…
- Cirujano S., Cambra J. & Gutiérrez C. (2005). Protocolos de muestreo y análisis para Macrófitos. En Metodología para el establecimiento del Estado Ecológico según la Directiva MARCO del Agua. Confederación Hidrográfica del Ebro. Ministerio de Medio Ambiente. http://195.55.247.234/webcalidad/estudios/indicadoresbiologicos/Manual_…
- de la Varga D. (2016). Humedais artificiais en Galicia. Depuración Ecolóxica das augas residuais. Cerna, 76: 30-33.
- Carballal R. & García A. (1987) Líquenes epífitos como indicadores de la contaminación atmosférica II. Utilización de una escala cualitativa en la ciudad de Vigo (España). Lazaroa, 10:243-251.
- Carballal R. & García A. (1991). Valoración de la contaminación atmosférica por SO2 en la zona de Ferrol-Fene (La Coruña) mediante líquenes epífitos. Acta Botánica Malacitana 16: 197-206.
- Carballal R., Iglesias R. & López de Silanes M.E.(1990). Delimitación de áreas de isocontaminación atmosférica en la ciudad de La Coruña. Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía), 1: 19-24
- Carballeira A. (2003). Biomonitorización de la calidad ambiental de Galicia. En Casares, J.J. Coordinador. Reflexiones sobre el Medio Ambiente en Galicia. Xunta de Galicia.
- Cariñanos P., Casares-Porcel M., Díaz de la Guardia C. et al. (2016) Salud Ambiental de los parques españoles: Aproximación al potencial alergénico de espacios verdes urbanos. Revista de Salud Ambiental. 16(1):33-42.
- Fernández-Salegui A.B. & Terrón Alfonso A. (2003). Biomonitorización de la calidad del aire en los alrededores de La Robla (León). Ecosistemas 2003/2 (URL: http://www.aeet.org/ecosistemas/032/investigacion2.htm)
- González Torres D., López de Silanes M.E. & Paz-Bermúdez G. (2006). Determinación de la contaminación atmosférica en la ciudad de Pontevedra mediante bioindicadores liquénicos. Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía), 15: 37-46.
- Iriso Calle A, Bueno Marí R, De las Heras E, Lucientes J, & Molina R. (2017). Cambio climático en España y su influencia en las enfermedades de transmisión vectorial. Revista de Salud Ambiental.; 17(1):70-86.
- Jackson R.B. y col. (2008) Protecting climate with forest. Environ. Res. Lett. 3: 1-5
- Jato V., Iglesias I. & Aira M.J. (2001) Atlas de polen alergógeno, Xunta de Galicia.
- Kilroy C. (2004) Guide to common diatom genera in freshwaters. NIWA, National Institute of Water and Atmosphere Research.
- Mendez V.H. & Monge J. (2011). El uso de Líquenes como biomonitores para evaluar el estado de la contaminación atmosférica a nivel mundial. Biocenosis, 25: 51-67.
- Ministerio de sanidad, Servicios sociales e Igualdad. (2013). Impacto del Cambio Climático en la Salud. Resumen Ejecutivo. Informes estudios e investigación. Ministerio de sanidad, Servicios sociales e Igualdad. https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/saludAmbLaboral/docs/CCResumen_ESP…
- Nash, T.H. (2008). Lichen sensitivity to air pollution. In: Nash, T.H.III (ed.) Lichen biology, pp. 299-314. Cambridge University Press.
- Pérez C., López M.C. & López M.E. (2003). Guía dos liques de Galicia. Ed. Bahía.
- Rodríguez-Rajo F.J., Jato, V., Iglesias, I. & Aira Mª J. (2007) Estudo aerobiolóxico. Galicia 2006. Calidade do Aire. Xunta de Galicia.
- Seoane M. (2005). Depuración de las aguas residuales por tecnologías ecológicas y de bajo costo. Ed. Mundi-Prensa.
- Vicente, E.; de Hoyos, C.; Sánchez, P. & Cambra J. (2005). Protocolo de muestreo y análisis para Fitoplancton. En Metodología para el establecimiento del Estado Ecológico según la Directiva MARCO del Agua. Confederación Hidrográfica del Ebro. Ministerio de Medio Ambiente. http://195.55.247.234/webcalidad/estudios/indicadoresbiologicos/Manual_…
- World Health Organization, Regional Office for South-East Asia. (2008). How is climate change affecting our health? a manual for students and their families. WHO Regional Office for South-East Asia. http://www.who.int/iris/handle/10665/205310
- World Health Organization, Regional Office for South-East Asia. (2008). How is climate change affecting our health? a manual for teachers. WHO Regional Office for South-East Asia. http://www.who.int/iris/handle/10665/205311
- Xunta de Galicia. Informe de Cambio Climático de Galicia 2012-2015.
https://cambioclimatico.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path…
As competencias xerais desta materia son:
- Capacidade de análise do papel dos diferentes grupos sistemáticos estudiados pola Botánica, en relación ao medio ambiente e a saude.
- Adquisición de coñecementos básicos sobre as técnicas de análise da contaminación a partir do estudo de organismos vexetais.
- Aprendizaxe das técnicas de estudo en palinoloxía ambiental e implicacions da presencia de pole atmosférico para a saude.
- Comprensión do carácter multidisciplinar da relación existente entre medio ambiente e saude.
As competencias da titulación ás que contribuie esta materia son:
B03- Estimar os riscos biolóxicos asociados á utilización de sustancias e procesos de laboratorios implicados.
B10-Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
As competencias transversais (instrumentais, interpersonais e sistémicas) son:
CI01- Capacidade de análise e síntese.
CI03- Coñecementos xenerales básicos.
CI09- Resolución de problemas.
CI10- Toma de decisions.
CP02- Traballo en equipo.
CP08- Compromiso ético.
CS01- Capacidade de aplicar os coñecementos a práctica.
CS03- Capacidade de aprender.
Instrumentais
CI01- Capacidade de análise e síntese
CI03- Coñecementos xerais básicos
CI09- Resolución de problemas
CI10- Toma de decisións
Interpersonais
CP02- Traballo en equipo.
CP08- Compromiso ético.
Sistémicas
CS01- Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
CS03- Capacidade de aprender.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor con apoio de presentacións en power point e no seu caso, material audiovisual adicional (vídeos, etc)
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “ S” nas táboas horarias): Clases teórico/prácticas que se dedicarán a tratar a metodoloxía do uso dos bioindicadores. O alumnado dispoñerá de guións específicos na aula virtual. Dado que o traballo realizado polo alumnado nestas sesións, forma parte da avaliación continua, a asistencia a clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas e no campo. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá de guións específicos na aula virtual, que incluirán consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía para seguir e a indicación dos cálculos para realizar e resultados a presentar. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a obtención dos resultados, que serán avaliados. Dado que o traballo realizado polo alumnado nestas sesións, forma parte da avaliación continua, a asistencia a clases é obrigatoria.
D) Titorías de lousa en grupo moi reducido (“ T” nas táboas horarias): Destinaranse á exposición por parte dos alumnos #ante o resto da clase dun traballo de curso, realizado en pequenos grupos. Ao finalizar a exposición realizarase un debate sobre o tema elixido. Dado que o traballo realizado polo alumnado nestas sesións, forma parte da avaliación continua, a asistencia a clases é obrigatoria.
O horario das clases expositivas atópase especificado na páxina web da Facultade de Farmacia. O horario no que se impartirán os seminarios e as prácticas quedará fixado na primeira semana de clase, de acordo co alumnado matriculado nese momento. Ditas datas deben ser acordes coa impartición do temario de clases expositivas. O primeiro día de clase tamén se fixará a data de entrega e exposición do traballo de curso.
O aprobado da materia lograrase coa obtención de 5 puntos, dos cales un mínimo de 3 puntos deben corresponder ao exame teórico, o cal versará sobre os contidos do programa e será valorado cun máximo de 6 puntos da cualificación total (10 puntos).
Será necesario obtener 2,5 puntos en el examen teórico para poder sumar con la evaluación continua.
As actividades de avaliación continua valoraranse con 4 puntos da cualificación total (10 puntos), que se poden obter da seguinte maneira:
• Ata 3 puntos pola actividade dos seminarios e prácticas (1 punto por bloque temático), coa realización de probas específicas ao final de cada bloque temático de prácticas e seminarios.
• Ata 1 punto polo traballo de curso
A asistencia e participación en todas as actividades que forman parte da avaliación continua é obrigatoria para o alumnado de primeira matricula. Na segunda oportunidade, conservaranse ditas cualificacións ás que se sumará o resultado da repetición do exame de contidos das clases expositivas.
A puntuación da avaliación continua pódese manter ( unicamente o curso seguinte) para os alumnos repetidores que o desexen, pero os alumnos repetidores poden repetir as actividades de avaliación continua se o desexan.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
No exame avaliaranse dúas competencias xerais: B08 e B10, dous instrumentais: CI01 e CI03 e unha sistémica: CS03, a través das cuestións que o alumnado debe responder de forma escrita. Nas prácticas de laboratorio avaliaranse dúas competencias instrumentais: CI09 e CI10 e dous sistémicas: CS01 e CS02, observando as respostas do alumnado aos protocolos de cada actividade práctica. Nas clases interactivas avaliaranse tres competencias instrumentais: CI02, CI07 e CI08. No traballo de curso avaliarase a competencia sistémica CS05.
Clases expositivas - 23
Clases interactivas: Prácticas e seminarios - 18 (9+9)
Tutorías- 2
Exámenes e revisión - 2
Total horas trabajo presencial na aula ou no laboratorio 45
Estudio autónomo individual ou en grupo - 46
Preparación, po traballo de curso - 18
Consulta e descargas da aula virtual - 3,5
Total horas traballo personal do alumno - 67,5
- Asistencia a la totalidad de las actividades docentes.
- Consultar con el profesorado cualquier duda relacionada con la materia.
- Aprendizaje diario de los contenidos impartidos en las clases.
- Consulta de la bibliografía recomendada y complementaria.
- Utilizar el aula virtual
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Físico Química |
Martes | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Físico Química |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Físico Química |