Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O principal obxectivo desta materia é alumnas e alumnos aprenderen, con rigor matemático, os fundamentos da xeodesia xeométrica e da cartografía matemática.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Sistemas de referencia xeodésicos.
- Xeometría do elipsoide. Problemas xeodésicos fundamentais.
- Técnicas matemáticas de proxección do elipsoide nun plano.
- Teoría de deformacións.
- Proxección UTM e as súas aplicacións. Outras proxeccións cartográficas.
Estes contidos serán desenvolvidos en conformidade co seguinte temario, no cal se indica a estimación do número de horas presenciais (expositivas [HE] e de seminario [HS]) para cada tema:
Tema 1: Introdución á xeodesia xeométrica [2 HE]
- Que é a xeodesia xeométrica?
- O xeoide e o elipsoide de referencia
Tema 2: Propiedades do elipsoide [1 HE]
- Definicións e parámetros fundamentais
- Coordenadas elipsoidais
- A elipse meridiana
- Relacións entre as diferentes latitudes
Tema 3: Xeometría diferencial do elipsoide terrestre [4 HE]
- Direccións principais
- Raios principais de curvatura
- Raio medio de curvatura
- Lonxitudes de arco
- Superficie dun trapecio elipsoidal
- Método xeométrico para a determinación do elipsoide terrestre
Tema 4: Curvas sobre o elipsoide [3 HE + 2 HS]
- Seccións normais recíprocas
- Curva loxodrómica
- Curva ortodrómica
- Aplicacións
Tema 5: Coordenadas e sistemas de referencia [5 HE]
- Introdución
- Sistemas de coordenadas
- Data xeodésicos e sistemas de referencia coordenados (CRS)
- Sistema Xeodésico Mundial de 1984 (WGS84)
- Sistema de Referencia Terrestre Internacional (ITRS)
- Sistema de Referencia Terrestre Europeo de 1989 (ETRS89)
- Outros data
- Data verticais e sistemas de coordenadas
- Identificación de sistemas de referencia coordenados (Normas ISO 19100)
Tema 6: Operacións de coordenadas [4 HE + 4 HS]
- Introdución
- Conversións de coordenadas
- Transformacións entre sistemas de referencia coordenados xeocéntricos
- Transformacións entre sistemas de referencia coordenados elipsoidais
- Transformacións de coordenadas planas
- Operacións de coordenadas para sistemas de referencia coordenados verticais
Tema 7: Proxeccións cartográficas [3 HE]
- Introdución
- Conceptos fundamentais
- Clasificación dos sistemas de proxección cartográfica
Tema 8: Teoría de deformacións [6 HE + 3 HS]
- Cálculo de elementos diferenciais no elipsoide e no plano
- Módulos de deformación
- Elipse indicatriz de Tissot
- Campo dunha proxección
- Proxeccións conformes
Tema 9: Proxeccións acimutais [1 HE]
- Introdución
- Caso xeral: proxección escenográfica
- Proxección ortográfica
- Proxección estereográfica
- Proxección gnomónica
- A proxección acimutal equidistante
- A Proxección Acimutal Equivalente de Lambert (LAEA)
Tema 10: Proxeccións cónicas [1 HE]
- Introdución
- A proxección cónica equivalente de Albers
- A Proxección Cónica Conforme de Lambert (LCC)
Tema 11: Proxeccións cilíndricas [4 HE]
- Introdución
- A proxección de Mercator
- A proxección de Gauss
- A Proxección Universal Transversa de Mercator (UTM)
Tema 12: Proxeccións convencionais [1 HE]
- Introdución
- Proxeccións equivalentes
- Outras proxeccións para o globo
- Proxeccións con propiedades especiais
- Proxeccións interrompidas
- Outras proxeccións
Tema 13: Proxeccións cartográficas: recomendacións e aplicacións [1 HE + 3 HS]
- Introdución
- Proxeccións recomendadas na Europa
- Outros exemplos
Bibliografía básica:
- Baselga, S. Fundamentos de Cartografía Matemática. Valencia: Editorial Universidad Politécnica de Valencia, 2006. 101 p. ISBN 978-84-7721-010-8
- Iliffe, J. e Lott, R. Datums and Map Projections. Dunbeath (UK): Whittles Publishing, 2008. 208 p. ISBN 978-1-904445-47-0
- Martín, F. Geodesia y Cartografía Matemática. Madrid: Paraninfo, 2007. 422 p. ISBN 978-84-9362-142-1
- Mena, J.B. Geodesia Superior. Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica, 2008. 2 vol. ISBN 978-84-416-0768-2
Bibliografía complementaria:
- Alves, J. Cartas e Projecções Cartográficas. Lisboa: Lidel Edições Técnicas, 2005. 331 p. ISBN 972-757-371-1
- Hooijberg, M. Practical Geodesy Using Computers. Berlín: Springer-Verlag, 1997. 308 p. ISBN 978-3-642-64466-5
- Lu, Z., Qu, Y. e Qiao, S. Geodesy. Introduction to Geodetic Datum and Geodetic Systems. Berlín: Springer-Verlag, 2014. 401 p. ISBN 978-3-642-41244-8
- Snyder, J.P. Flattening the Earth. Chicago: The University of Chicago Press, 1997. 365 p. ISBN 978-0-226-76747-5
- Yang, Q., Snyder, J.P. e Tobler, W.R. Map Projection Transformation. Principles and Applications. Londres: Taylor & Francis, 2000. 367 p. ISBN 978-0-7484-0668-5
Competencias xerais:
- CG8: Planificación, proxecto, dirección, execución, e xestión de procesos de medida, sistemas de información, aproveitamento de imaxes, posicionamento e navegación; modelización, representación e visualización da información territorial en, so e sobre a superficie terrestre.
Competencias específicas:
- CRT6: Coñecementos e aplicación da xeodesia xeométrica.
- CTE6: Coñecementos de cartografía matemática.
Competencias transversais:
- CT1: Capacidade de análise e síntese.
- CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
- CT10: Utilización de información bibliográfica e en Internet.
- CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Utilizaranse as seguintes metodoloxías docentes:
Metodoloxías docentes Competencias traballadas
Clases expositivas de grupo grande CG8, CRT6, CTE6, CT1, CT2, CT5, CT10
Actividades en seminarios interactivos con grupos reducidos CG8, CRT6, CTE6, CT1, CT2, CT5, CT10, CT12
Titorías individuais Todas (potencialmente)
Actividades de avaliación Todas (potencialmente)
- Clases expositivas: aulas de teoría nas cales o profesor presentará, coa axuda de medios audiovisuais, os temas da materia. O obxectivo destas aulas é fornecer a alumnas e alumnos os coñecementos básicos que lle permitan, coa axuda da bibliografía, abordar o estudo da materia de maneira autónoma.
- Seminarios interactivos: aulas interactivas nas cales o profesor resolverá detalladamente os problemas de cada tema utilizando as ferramentas informáticas necesarias.
- Titorías: sesións de gabinete en que se atenderán as peticións de alumnas e alumnos para discutir, comentar, esclarecer ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia. O horario destas sesións (6 horas semanais) será marcado polo profesor ao inicio do curso académico.
Alén diso, a utilización da USC virtual permitirá ter á disposición dos estudantes material relacionado cos contidos teóricos desenvolvidos nas aulas expositivas e follas cos problemas propostos para cada tema.
Cada estudante poderá escoller entre dous posíbeis itinerarios: A ou B.
No itinerario A a/o estudante terá a posibilidade de examinarse independentemente de cada bloque temático (exame parcial: xeodesia xeométrica / exame final: cartografía matemática), e tamén de que parte da súa aprendizaxe sexa avaliada mediante a realización doutras actividades (follas de problemas, tests de avaliación, etc). Para poder escoller este itinerario será necesario asistir (ou ter asistido en anos anteriores), como mínimo, a un 80% das aulas de docencia expositiva e de seminarios. O control da asistencia realizarase mediante folla de sinaturas.
No itinerario B a/o estudante terá de examinarse de ambos os dous bloques temáticos realizando, exclusivamente, o exame final.
O peso de cada actividade formativa na avaliación da aprendizaxe será, en función do itinerario escollido, o seguinte:
Exame parcial: 35% (A) ou 0% (B) da nota final
Exame final: 35% (A) ou 100% (B) da nota final
Outras actividades: 30% (A) ou 0% (B) da nota final
Estas actividades avalían, para cada unha das competencias antes mencionadas, o 100% da parte correspondente que se adquire ao cursar esta materia.
Traballo presencial na aula:
- Expositivas: 36 horas.
- Seminarios: 12 horas.
- Actividades de avaliación: 7 horas.
Traballo persoal (estudo autónomo, realización de exercicios, traballos, lecturas recomendadas): 95 horas.
Total: 150 horas.
- Participar activamente no desenvolvemento do curso.
- Estudar a materia diariamente.
- Realizar os exercicios propostos previamente á súa corrección na aula.
- Asistir ás titorías de gabinete para discutir, esclarecer ou resolver calquera dúbida.
- A competencia CRT6 adquírese cursando as materias Astrometría e Xeodesia Física, e Xeodesia Matemática.