Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148 Horas de Titorías: 2 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Aproximarse de xeito práctico ao traballo na xestión da Saúde Pública.
As prácticas (35 horas semanais durante 4 semanas) poderán realizarse na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, e nos Hospitais e Centros de Saúde do Servizo Galego de Saúde.
Ademais poderán realizarse en aquelas empresas ou organizacións dedicadas ao deseño ou execución tanto de estudos epidemiolóxicos como de programas de intervención comunitaria que a Comisión Académica autorice.
A propia para as actividades de cada servizo
1. Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como estes actúan.
2. Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
3. Estar en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizarlos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas máis axeitadasa.
4. Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
5. Ser quen de aplicar medidas de promoción da saúde mediante técnicas de comunicación e educación individual e de grupo.
Durante o período de Prácticas Externas o alumno integrarase na institución ou empresa seguindo os códigos de conduta da institución con responsabilidade e lealdade, de acordo ao recollido no Real Decreto 592/2014.
A institución ou empresa comprométese coa práctica supervisada do alumno, de acordo ao recollido no Real Decreto 592/2014.
O Titor da entidade colaboradora, o Titor académico e o Coordinador manterán unha comunicación permanente a fin de acadar estes obxectivos.
Finalizadas as prácticas o Titor da entidade colaboradora emitirá un informe sobre o desempeño das prácticas polo alumno considerando os aspectos recollidos no Real Decreto 592/2014 así como ao grao de adquisición das Competencias específicas da materia recollidas na Memoria de Verificación do Título, no que incluirá unha nota cuantitativa entre 0 e 10. Este informe será remitido ao Coordinador do Máster, quen o fará chegar ao Titor académico.
A avaliación será realizada polo Titor Académico. Nesta avaliación terase en conta tanto o informe do Titor da entidade colaboradora así como a adecuación da Memoria de Prácticas ao recollido nas Normas para a asignación, desempeño e avaliación das Prácticas Externas.
O tempo de estancia é de 140 horas.
O tempo para a elaboración do informe 10h.
Ver Normas para a asignación, desempeño e avaliación das Prácticas Externas. Aprobadas pola Comisión Académica na reunión do 19-05-2015.
PLAN DE CONTINXENCIA:
A competencia para autorizar o acceso dos estudantes aos centros socio-sanitarios é da Consellería de Sanidade, polo que o devandito acceso queda supeditado ás medidas que, perante un repunte da pandemia pola COVID-19 esta autoridade puidera adoptar.
En calquera caso a superación da materia requirirá dun mínimo do 50% das horas de prácticas previstas, non pudendo descartarse a extensión do horario e do calendario de prácticas para poder completar a actividade formativa, sen prexuízo da normativa xeral que a USC estableza.
Escenario 2: Distanciamento
No Escenario 2 a autoridade sanitaria podería limitar a realización da práctica ou decretar incluso a suspensión da mesma.
Neste contexto se a situación o esixira, podería reducirse a presencialidade ata o 50%, Fomentaranse o emprego de ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams…) para a comunicación dos centros de practicas cos alumnos.
Neste contexto non se pode descartar a extensión do horario e do calendario de prácticas para poder completar a actividade formativa, sen prexuízo da normativa xeral que a USC estableza.
Escenario 3: peche das instalacións.
No Escenario 3 a autoridade sanitaria podería decretar a suspensión da actividade docente presencial. As actividades non presenciais como elaboración de traballos, resolución de casos e outros constitúen ferramentas dispoñibles para completar o total da carga. Para iso, empregaranse ferramentas e plataformas institucionais (Aula Virtual-Moodle e Microsoft Teams…)”.
Neste contexto non se descarta a extensión do horario e do calendario de prácticas para poder completar a actividade formativa, sen prexuízo da normativa xeral que a USC estableza.
Avaliación:
Escenarios 1. Informe do titor profesional e valoración da memoria por parte do titor académico.
Escenarios 2 e 3. Informe do titor profesional, valoración da memoria por parte do titor académico, e valoración dos traballos realizados cun peso proporcional ao dedicado a estas tarefas en substitución das horas de prácticas non realizadas.
Adolfo Figueiras Guzman
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812276
- Correo electrónico
- adolfo.figueiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Agustin Montes Martinez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Ruano Raviña
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Monica Perez Rios
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maruxa Zapata Cachafeiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- maruxa.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU