Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 138.5 Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 3.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Economía Aplicada
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado deberá adquirir as competencias de elaboración e defensa dun traballo orixinal no que demostre os coñecementos e destrezas adquiridas na titulación e os aplique á temática abordada.
Así, debe demostrar a capacidade de analizar, interpretar e integrar información, así como a capacidade de comunicar argumentos e conclusións, tanto verbalmente como por escrito, utilizando as formalidades da redacción académica.
O Traballo Fin de Máster (TFM) consiste na elaboración dun traballo orixinal de carácter individual no que se demostren os coñecementos e destrezas adquiridos nas materias que conforman o plan de estudos, baixo a supervisión dun/ha titor/a académico/a.
O traballo debe integrar e desenvolver os contidos formativos recibidos, e as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Máster.
Os traballos deben estar orientados á aplicación das competencias específicas da titulación, a capacitar para a busca, xestión, organización e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
O Traballo Fin de Máster consiste en elaborar un traballo, no que o alumnado debe realizar unha revisión de literatura e unha achega empírica ou un estudo de caso.
A súa extensión será de aproximadamente 40-50 páxinas.
O documento presentado mostrará o traballo desenvolvido polo/la alumno/a.
Como norma xeral, incorporará como mínimo os seguintes apartados:
a) Páxina inicial: Nesta páxina aparecerá
i) O título completo do Traballo Fin de Máster
ii) O seguinte parágrafo: “Traballo Fin de Máster presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela por NOME ALUMNO/A, como requisito para obter o título de Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación”
iii) Ano de presentación
iv) Nome do/a alumno/a
v) Nome do titor/a
vi) Nome da materia
b) Resumo de aproximadamente 5 páxinas
c) Índice de contidos, de táboas, de gráficos, etc.
d) Introdución, na que figurarán os obxectivos, metodoloxía e interese do traballo
e) Traballo realizado: incluirá unha parte de análise teórica e outra empírica
f) Conclusións e posibles ampliacións: debe incluír os principais resultados do traballo, de forma que o traballo realizado cumpra os obxectivos indicados no apartado d), así como cales son as limitacións do traballo e as posibles ampliacións.
g) Bibliografía: incluirá a bibliografía empregada para a realización do traballo.
Os temas propostos e instrucións sobre estrutura, formato e presentación pública detallaranse cada curso académico pola Comisión Académica do Máster. A lista de temas propostos non ten carácter restritivo, podendo propoñer o alumnado temas do seu interese relacionados cos contidos da titulación, sempre que conten co visto e prace dun profesor/a da titulación
Como a bibliografía depende do tema específico do traballo, o/a titor/a recomendaralle as lecturas oportunas.
- Saber aplicar os coñecementos e destrezas adquiridos no título axeitados á temática elixida;
- Ter capacidade para resolver os problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co campo do desenvolvemento económico e a innovación;
- Ser capaz de integrar novos coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información, que sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos no campo do desenvolvemento económico e da innovación;
- Ser capaces de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas no campo do desenvolvemento económico e da innovación, e de interpretar os resultados para extraer conclusións;
- Ser capaz de comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral sobre a área de coñecemento do desenvolvemento económico e da innovación, así como saber comunicar as súas conclusións con claridade e solidez a públicos especializados e non especializados;
- Posuír as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando os fenómenos relacionados coa temática do desenvolvemento económico e da innovación;
- Ser capaces de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento;
- Ser capaz de localizar, seleccionar e avaliar información e fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación no tema seleccionado; e usar e citar a información respectando os límites éticos e legais;
- Demostrar o coñecemento das técnicas de investigación e/ou ferramentas de diagnóstico para poder elaborar un informe de diagnóstico e consultaría;
- Ser capaz de delimitar un tema, definir os obxectivos, deseñar as tarefas, utilizar a metodoloxía axeitada, organizar, estruturar e sistematizar a información e desenvolver o traballo para acadar os obxectivos propostos;
- Saber identificar as limitacións do traballo e propoñer ampliacións futuras;
- Ser capaz de realizar unha contribución ao coñecemento a través dunha investigación orixinal, que pode ter carácter aplicado, como un estudo de caso.
Esta materia supón un traballo autónomo por parte do/a alumno/a, que debe orientar e planificar o seu traballo tutelado por un/a titor/a, que será o/a profesor/a co perfil máis axeitado para poder asesorar e facer o seguimento axeitado do traballo.
Dado o carácter aplicado desta materia e a necesaria tarefa de titorización do/a profesor/a, as sesións presenciais serán en titorías individuais. Se un/ha mesmo/a titor/a dirixe varios traballos pode organizarse algunha sesión de traballo en grupo reducido.
O traballo realizado debe defenderse ante un tribunal, nas datas establecidas anualmente ao efecto.
A asignación de temas e titores do TFM realizarase seguindo o procedemento descrito no Regulamento de Traballos Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, nos prazos establecidos en cada curso académico. En calquera caso, antes do inicio do segundo cuadrimestre, publicarase a convocatoria co listado de temas proposto polo profesorado, para que o novo alumnado indique os temas o/a titor/a seleccionados por orde de preferencia. A asignación de temas realízase tendo en conta as preferencias expresadas polo/la alumno/a, a afinidade temática e a distribución entre o profesorado da titulación. De ser necesario, teranse en conta criterios académicos.
No caso dos/as estudantes repetidores, considérase que manteñen o/a titor/a asignado, agás que o alumno/a e/ou o titor/a soliciten un cambio.
Dada a natureza da materia, as actividades presenciais e titorías son individuais ou en grupo moi reducido.
Para as titorías telemáticas utilizaranse a plataforma MS Teams, os foros do Campus Virtual e o correo electrónico.
O TFM debe defenderse publicamente na data establecida e será avaliado por un tribunal formado por tres profesores/as da titulación, segundo o establecido no Regulamento de Traballos Fin de Máster.
O traballo realizado avaliarase segundo os criterios de orixinalidade, rigor e calidade, utilización de fontes bibliográficas e estatísticas actualizadas, a achega propia, a claridade expositiva e a capacidade de resposta ás preguntas realizadas polo tribunal designado pola Comisión Académica. Os aspectos formais, así como a asistencia a titorías ou reunións para realizar un mellor seguimento do traballo e os seus avances tamén se terán en conta.
Seguindo o procedemento establecido no Regulamento de Traballos Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, cada membro do tribunal avaliará de 0 a 10, os seguintes aspectos:
a) Calidade do proxecto: orixinalidade, interese da temática, formulación e claridade dos obxectivos, capacidade para delimitar ben o ámbito de estudo, cumprimento dos obxectivos propostos, estrutura, adecuación da metodoloxía, manexo de bibliografía e de información empírica, desenvolvemento das tarefas formuladas, contribucións, resultados e conclusións;
b) Presentación escrita: presentación formal (expresión escrita, redacción, ortografía,...) e formalidade da redacción académica (citas, referencias bibliográficas, fontes de datos, táboas e gráficos, …);
c) Defensa pública: concisión, claridade expositiva e capacidade de resposta ás preguntas e comentarios formulados polo Tribunal.
A cualificación final outorgada por cada membro do tribunal ao TFM obterase de acordo coa seguinte ponderación:
a) Calidade do TFM (C): 65%
b) Presentación escrita do TFM (PE): 15%
c) Defensa Pública (DP): 20%
Cualificación Final: 0,65*C+0,15*PE+0,20*DP (indicada cunha cifra decimal)
A cualificación final do TFM obterase como media aritmética das cualificacións outorgadas polos membros do tribunal.
O tribunal poderá ter en conta, no momento de cualificar o traballo, o informe que debe emitir o titor/ra do TFM no modelo establecido.
A Comisión do Máster aprobará os períodos de depósito e avaliación do TFM, que se comunicarán ao alumnado con suficiente antelación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
6 créditos ECTS, correspondente principalmente ao traballo autónomo do/a alumno/a, ademais das horas correspondentes ás titorías.
Según la normativa de la USC, el Trabajo Fin de Máster solo podrá ser defendido y evaluado una vez que el/la alumno/a supere todos los créditos necesarios para la obtención del título de Máster, salvo los correspondientes a esta materia.
Segundo a normativa da USC, o Traballo Fin de Máster só poderá ser defendido e avaliado unha vez que o/a alumno/a supere todos os créditos necesarios para a obtención do título de Máster, salvo os correspondentes a esta materia.
Plan de continxencia
En aplicación do previsto nos documentos aprobados pola USC sobre a organización da docencia no curso 2021-2022 (Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, aprobado polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021), nos Escenarios 1, 2 e 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
Metodoloxía de ensinanza
Dada a natureza da materia, as actividades presenciais e titorías son individuais ou en grupo moi reducido.
Para as titorías telemáticas utilizarase a plataforma MS Teams, os foros do Campus Virtual e o correo electrónico.
- No Escenario 1 Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- No Escenario 2: Distanciamento (Restricións parciais á presencialidade física)
As titorías serán prioritariamente de carácter telemático.
- No Escenario 3: Peche das instalacións
As titorías serán exclusivamente por vía telemática.
Sistema de avaliación
Dadas as características da materia, o sistema de avaliación mantense nos tres escenarios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- No Escenario 1 Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
A defensa do TFM terá carácter presencial.
Non obstante, para casos excepcionais debidamente autorizados, poderá realizarse a defensa por medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
- No Escenario 2: Distanciamento (Restricións parciais á presencialidade física)
A defensa do TFM será preferentemente presencial.
- No Escenario 3: Peche das instalacións
A defensa do TFM será exclusivamente telemática.
Mª Loreto Fernandez Fernandez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811623
- Correo electrónico
- loreto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoan Ramon Doldan Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811569
- Correo electrónico
- xoan.doldan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xavier Vence Deza
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Oscar Rodil Marzabal
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811657
- Correo electrónico
- oscar.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Andres Villamarin Taboada
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- joseandres.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Rosa Maria Regueiro Ferreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811647
- Correo electrónico
- carmela.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Juan Alberto Turnes Abelenda
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Hugo Campos Romero
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- hugo.campos.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros