Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O que se pretende é que o alumnado sexa capaz de ter unha visión clara da evolución dos modos de organizar os lugares de traballo, así como a relación existente entre as estratexias, as tecnoloxías, as fórmulas organizativas nos lugares de traballo e os intentos de mellora da productividade. Que sexa capaz de diferenciar as características mais relevantes de cada modelo de organización do traballo, de calcular diferentes tipos de productividade e de comprender a evolución empresarial e organizativa dos últimos tempos, cara a unha mayor flexibilización dos seus modos de funcionamento, en particular no que se refire ás actuacións sobre ó tempo de traballo, aspecto moi relevante a estes efectos.
Todo elo debería permitir ó alumnado facer propostas e aplicar diferentes técnicas na súa futura labor profesional como técnico/a ou responsable de unidades de recursos humanos.
Tema 1.- Empresa e actividade productiva. O sistema de producción o de operacións
1.1.- Os subsistemas empresariais: un enfoque funcional
1.2.- Producción e proceso de producción
1.3.- A estratexia de producción
1.4.- As alternativas estratéxicas en producción
Tema 2.- A productividade
2.1.- Concepto de productividade
2.2.- Os factores que influen na productividade
2.3.- Formulación e medición da productividade
2.4.- Algunhas consideracións sobre a productividade
Tema 3.- Os modelos de organización do traballo e a producción
3.1.- A organización do traballo: concepto
3.2.- O modelo artesanal
3.3.- O modelo taylorista
3.4.- O modelo fordista e a producción en masa
3.5.- Calidade de vida no traballo e rediseño de postos
3.6.- O enfoque sociotécnico de organización do traballo
3.7.- O modelo toyota ou de producción lixeira
Tema 4.- Flexibilidade laboral
4.1.- A flexibilidade organizativa
4.2.- As estratexias ou tipos de flexibilidade
4.3.- A flexibilidade laboral
4.4.- A empresa flexible
Tema 5.- Flexibilidade e tempo de traballo
5.1.- Flexibilidade numérica externa
5.2.- Flexibilidade numérica interna
5.2.1.- Organización do tempo de traballo
5.2.2.- Duración da xornada de traballo
cBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Albizu, E. (1997): Flexibilidad laboral y gestión de los recursos humanos, Ariel, Barna.
Álvarez Fernández, C. J. (2018): Organización del trabajo. Modelos (2ª edición), Bubok Publishing, Madrid
Coriat, B. (2001): El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa, Siglo XXI, Madrid
Coriat, B. (2000): Pensar al revés, Siglo XXI, Madrid
Fernández S., E.; Avella C., L.; Fernández B., M. (2006): Estrategia de producción; Mc Graw-Hill, Madrid
Heyzer, J. y REndser, B. (2009): Direcciónde la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas, Pearson, Madrid
Martín Artiles, A. (1995): Flexibilidad y relaciones laborales, CES, Madrid
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aldag, R. J.(1993): Diseño de tareas y motivación de personal, Trillas, México
Aguirre de Mena, J. M. et al.(2002): Organización y métodos de trabajo, Pirámide, Madrid
Alonso García, A. (1998): Conceptos de organización industrial, Marcombo, Barna.
Álvarez Fernández, C. J. (2014): Turnos de trabajo. ¿Cómo organizarlos?, Bubok Publishing, Madrid
Arias Aranda, D. y Minguela Rata, B. (coords.) (2018): Dirección de la producción y operaciones: decisiones estratégicas, Pirámide, Madrid
Boyer, R.; Freyssenet, M. (2003): Los modelos productivos, Fundamentos, Madrid
Castillo, J. J. (compil.) (1991): Las nuevas formas de organización del trabajo, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, Madrid
Chávez Ramírez, P. I.: Flexibilidad en el mercado laboral: orígenes y concepto, Revista de la Fac. de Economía – BUAP, año VI, nº 17, págs. 57 a 74
Collantes, P., Mondelo, P. e Ibañez, J. M. (2012): Introducción a la organización del trabajo, Universitat Politécnica de Catalunya, Barna.
Corominas, A. et al. (2007): Organización del tiempo de trabajo, competitividad y calidad de vida, Ajuntament de Barcelona, Barna.
Dominguez Machuca, J. A.(Coordinador) (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios, Mc Graw-Hill, Madrid
Fernández Sánchez, E. (1993): Dirección de la producción. Fundamentos estratégicos, Civitas, Madrid
Ford, H. (1928): Aujourd'hui et demain, payot, Paris
Ford, H. (2016): Mi vida y obra, Lavergne (USA)
Freyssenet,M. (2002): Trabajo, automatización y modelos productivos, Lumen, Buenos Aires
Gómez Sánchez, A. (Coordinador) 1994): Cambio Tecnológico y organización del trabajo en la industria del automóvil, Comisiones Obreras, Madrid
Kanawaty, G. (1996): Introducción al estudio del trabajo, OIT, Ginebra
Monde, Y. (1988): El sistema de producción Toyota, CDN, Madrid
Ohno, T. (1991): El sistema de producción Toyota, Gestión 2000, Barcelona
Prokopenko, J. (1989): La gestión de la productividad, O.I.T., Ginebra
Rodríguez Carrasco, J. M. (2015): Taylorismo: La revolución mental que llega a Europa, UNED, Madrid
Rodríguez de Rivera, J. (1989): Estudios sobre organización: historia de las ideas sobre organización desde la Revolución Industrial al advenimiento del Taylorismo, Working papers, IDOE, Univ. de Alcalá, Nº 71
Rodriguez Fernández, M. (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Pearson, Madrid
Sarries Sanz, L. (1994): Nuevos modelos de organización industrial, Dykinson, Madrid
Sennet, R. (2009): El artesano, Anagrama, Barna.
Taylor, F. W. (1984): Principios de la Administración Científica, Orbis, Barna.
Taylor, F. W. (2010): Gestión de talleres, KRK ediciones, Oviedo
Womack, J. P.; Jones, D. T.; Roos, D. (1992): La máquina que cambió el mundo, Mc Graw-Hill, Madrid
- Contribución a competencias xerais da titulación:
Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información
Traballar individualmente e en equipo
Expoñer e defender axeitadamente un asunto ou tema de caracter xeral ou relacionado coa súa especialidade
Traballar e relacionarse con outros respetando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Planificar, organizar e tomar decisións no desarrollo de actividades e procesos diversos
- Contribución a competencias específicas da titulación:
Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos
Recoñecer e relacionar os procesos de cambio social, dende unha perspectiva histórica, económica e sociolóxica, coas innovacións en materia de organizazción do traballo e a evolución dos sistemas de relacións laborais.
- Competencias específicas da materia:
Capacidade para valorar o rendimento ou productividade dos procesos productivos e de traballo
Coñecemento de diferentes formas e sistemas de organización do traballo
Capacidade para realizar diagnósticos e propostas de mellora organizativa
Coñecemento e capacidade para elexir e aplicar diferentes sistemas e fórmulas de distribución do tempo de traballo e facer propostas nese senso.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de carácter teórico ou expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo a través da clase maxistral e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono e, nalgúns casos, deberán realizarse fora da aula, de xeito asíncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder todo-los matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, será empregada como plataforma para contactar co profesor, para facer consultas ou para acceder ás presentacións e materiais de cada tema, ós enunciados e contidos dos traballos e exercicios a realizar, así como para entregar as solucións ó profesor.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho nº 46 da facultade, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
No apartado observacións farase referencia ás características particulares da metodoloxía da ensinanza no caso de darse o escenario 2: Distanciamento ou o escenario 3: Peche das instalacións
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A cualificación final do alumnado será o resultado de dúas valoracións diferentes:
A) Os coñecementos, valorados mediante o exame final da materia que, na súa primeira oportunidade, terá formato test (con diferentes modalidades de preguntas) e, na segunda, consistirá nun conxunto de preguntas tipo tema.
Realizarase un único exame final, de carácter presencial, en cada unha das oportunidades, nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Centro, ó que poderá presentarse todo o alumnado matriculado na materia, sen condicións previas de ningún tipo.
B) A participación e as intervencións nas clases interactivas, a resolución de exercicios e casos, a presentación de traballos e outras actividades vinculadas. Precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa, o que permitirá avaliar, de xeito continuo (avaliación continua), as actitudes e capacidades de cada alumno. Para poder ser avaliado nas clases interactivas, o alumnado deberá asistir como mínimo a un 70% das sesións, salvo que, por causa xustificada, teña permiso do profesorado para asistir a un menor número de sesións, ou porque lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clases pola Xunta de Facultade.
Na cualificación final da materia, o resultado do exame suporá, como máximo, un 70% (nota máxima: 7) e a participación, avaliación na aula, exposicións, resolución de casos, así como os traballos realizados, como máximo un 30% (nota máxima: 3).
Para superar a materia, a suma das dúas cualificacións deberá ser igual ou maior que 5, debendo a nota do exame ser igual ou superior a 2,8 (sobe 7) e a cualificación das clases interactivas igual ou superior a 1,2 (sobre 3). Si non se cumprirse algún destes dous últimos requisitos, a cualificación final será tamén o resultado de sumar as dúas notas, pero, si aquela fose igual ou superior a 5, a cualificación definitiva será 4,5.
En caso de dispensa de asistencia, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesor o mais axiña posible, para recibir as oportunas instrucións. Este tipo de alumnado será avaliado en base ó resultado obtido no exame final e ás solucións dos exercicios e casos que deberá entregar ó profesor antes da realización da proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
No apartado Observacións farase referencia ás características particulares do sistema de avaliación da aprendizaxe no caso de darse o escenario 2: Distanciamento ou o escenario 3: Peche das instalacións.
A asistencia ás clases presenciais e interactivas (independentemente da súa obrigatoriedade), no caso do escenario de normalidade, facilitará, en grande medida, o estudo dos contidos da materia. Se isto fose así, estímase que, para o/a alumno/a tipo da titulación, bastaría cunha media de 3 horas semanais de estudo para poder superar a materia, incluíndo neste tempo o que se lle debe dedicar á preparación de traballos que deberán ser realizados fora da aula.
Cursar con anterioridade as materias "Empresa e organizacións" e "Planificación e diseño organizativo" de primeiro curso, ainda que non sexa obligatorio superalas previamente.
A existencia dun curso de apoio virtual á docencia presencial será unha ferramenta moi util para o alumnado, que deberá preocuparse por manterse ó día respecto dos contidos que no mismo se introduzan, a medida que avance a asignatura. A axeitada utilización dos contidos do curso virtual pode facilitar en boa medida a superación da materia.
En cualquera caso, a asistencia a clase é un factor decisivo para afrontar con éxito o estudo e superación da asignatura. O curso virtual non sustitue, sinon que complementa, á docencia presencial.
PLAN DE CONTINXENCIA:
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Metodoloxía da ensinanza
En caso de que non puidese asistir a totalidade do alumnado ás sesións expositivas presenciais, a determinación de quen poderá estar presente na aula dependerá dos criterios establecidos pola facultade. Aquel alumnado ó que non se lle permita asistir presencialmente poderá seguir, de xeito telemático, as sesións de clase, de xeito síncrono; para elo, o profesor empregará os sistemas técnicos postos a súa disposición pola facultade.
As sesión interactivas serán preferentemente presenciais, seguindo os mesmos criterios que no escenario 1. Agora ben, se debido á situación sanitaria, todas ou unha parte delas, non puidesen ser impartidas, as actividades a desenvolver realizaranse a distancia, en ocasións de modo síncrono e noutras de modo asíncrono. O profesor enviará as instrucións para a realización das prácticas e exercicios empregando o foro de novas e o servizo de e-mail do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse tamén a través do Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC). Poderán programarse tamén exposicións telemáticas empregando a plataforma Teams. A entrega polo alumnado das actividades requiridas realizarase empregando o campus virtual.
As titorías para a consulta de dúbidas realizaranse empregando o correo institucional da USC ou o Campus Virtual, no foro para dúbidas e consultas. Para unha atención máis pormenorizada, programaranse titorías colectivas, empregando a plataforma Teams, ou calquera outra plataforma autorizada pola USC.
Sistema de avaliación
Se debido á situación sanitaria non se puidesen realizar probas presenciais, manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) Exame final sobre coñecementos: A proba final presencial substitúese por unha proba telemática, a realizar nas datas establecidas pola facultade. Consistirá nun exame tipo test, nas dúas oportunidades, empregándose para elo as ferramentas do campus virtual, debendo permanecer conectados á plataforma Teams, coa cámara activada, todos os alumnos que realicen a proba. No caso de que se realizasen probas parciais de coñecementos, aplicarase este mesmo procedemento.
O alumnado que, xustificadamente, manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática, deberá comunicarllo ao profesor da materia con antelación suficiente.
2)Resto de actividades: Valoraranse do mesmo xeito que no escenario 1, salvo que se dese o caso de suspensión das sesións presenciais. Entón non se considerará a participación na aula. O profesor valorará os exercicios e casos remitidos polo alumnado, asi como as presentacións telemáticas realizadas, si as houbese.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía da ensinanza
As clases expositivas realizaranse telematicamente, de xeito síncrono, empregando a plataforma Teams, tentando respectar os horarios previstos na programación da facultade. Excepcionalmente, poderase desenvolver algunha das sesións de xeito asíncrono. Os materiais, presentacións, etc, estarán dispoñibles, ó igual que no escenario 1 e 2, no campus virtual.
As actividades a desenvolver nas sesións interactivas realizaraas o alumnado dende o seu domicilio, en xeral de xeito asíncrono, proporcionándoselle os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia. O profesor enviará as instrucións para a realización das prácticas e exercicios empregando o foro de novas e o servizo de e-mail do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse tamén a través do Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC). Poderán programarse tamén exposicións telemáticas empregando a plataforma Teams. O alumnado deberá entregar os resultados das actividades requiridas empregando o campus virtual.
As titorías para a consulta de dúbidas realizaranse empregando o correo institucional da USC ou o Campus Virtual, no foro para dúbidas e consultas. Para unha atención máis pormenorizada, programaranse titorías colectivas empregando a plataforma Teams, ou calquera outra plataforma autorizada pola USC.
Sistema de avaliación
Manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) Exame final sobre coñecementos: A proba final presencial substitúese por unha proba telemática, a realizar nas datas establecidas pola facultade. Consistirá nun exame tipo test, nas dúas oportunidades, empregándose para elo as ferramentas do campus virtual, debendo permanecer conectados á plataforma Teams, coa cámara activada, todos os alumnos que realicen a proba. No caso de que se realizasen probas parciais de coñecementos, aplicarase este mesmo procedemento.
O alumnado que, xustificadamente, manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao profesor da materia con antelación suficiente.
2)Resto de actividades: Non se considerará a participación na aula. O profesor valorará os exercicios e casos remitidos polo alumnado, así como as presentacións telemáticas realizadas, si as houbese
Carlos Javier Alvarez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881815144
- Correo electrónico
- carlosjavier.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_B-mañá | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_C-tarde | Castelán | Aula 1 |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_D-tarde | Castelán | Aula 5 |
27.05.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
27.05.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
27.05.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
27.05.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
27.05.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
27.05.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
08.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
08.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
08.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
08.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
08.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
08.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |