Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo xeral da materia Biotecnoloxía médica é familiarizar ao/á alumno/a cos conceptos básicos da 1) Patoloxía e 2) Investigación clínica, para ter un substrato ou contexto sobre o que situar os seus coñecementos biotecnolóxicos no que atinxe á sua aplicación nun contexto médico. Mais concretamente, o/a alumno/a adquirirá competencias para:
• Enumerar e recoñecer os axentes causantes e factores de risco (etioloxía) que determinan os estados de saúde e o desenvolvimento da enfermidade, así como os mecanismos que conducen á mesma (patoxenia).
• Identificar as bases xenéticas das enfermidades mendelianas e complexas ou comuns.
• Saber definir as bases moleculares da enfermidade.
• Reunir información contida nas bases de dados sobre ditas enfermidades e identificar a sua importancia.
• Enumerar os métodos diagnósticos utilizados na xenética/xenómica clínicas.
• Definir o concepto de ensaio clínico, describir o seu papel no desenvolvimento de productos biotecnolóxicos e seleccionar o tipo de deseño de ensaio clínico mais axeitado para cada pregunta de investigación
Temario expositivo (presenciais, 20 horas):
• Presentación. Conceptos: enfermidade, signo, síntoma, síndrome, etioloxía, patoxenia, fisiopatoloxía, lesión, clínica, diagnóstico, tratamento, profilaxe, Patoloxía, Propedéutica.
• Enfermidades xenéticas. Enfermidades mendelianas. Cromosomopatías. Enfermidades polixénicas. Mecanismos epixenéticos da enfermidade.
• Bases moleculares da enfermidade. Mecanismos de diferenciación e proliferación celular anormal. Mecanismos moleculares e celulares do envellecemiento. Concepto de enfermidade dexenerativa.
• Mecanismos xerais polos que os axentes infecciosos e químicos producen enfermidade.
• Inmunodeficiencia: formas xerais e consecuencias patolóxicas.
• Mecanismos xerais de dano tisular. Concepto e formas de hipersensibilidade. Autoinmunidade e tolerancia. Rexeitamento e tolerancia de transplantes. Inflamación.
• Terapias moleculares e biolóxicas.
• Ensaios clínicos: definición e tipos, aspectos éticos e legais.
• Ensaios clínicos: Definición de poboación e grupos de estudo.
• Ensaios clínicos: Realización, organización, rexistro, monitorización e xestión de ensaios clínicos.
Seminarios (presenciais, 6 horas)
6 seminarios: estudo de casos clínicos e resolución de cuestións
Prácticas de laboratorio (presenciais, 11 horas)
• 3 prácticas de laboratorio de 2 horas de biomedicina.
• 5 horas de aula de bioinformática.
Titorías (presenciasi/remotas, 1.5 horas)
Consulta persoalizada segundo a iniciativa do/a alumno/a
Bibliografía básica:
• Laso, F.L. Introducción a la Medicina Clínica. 4ª Edición. 2004, Elsevier.
• Martínez Nieto, C. Ensayos Clínicos en España. Ética, normativa, metodología y aspectos prácticos. 1ª edición 2010 Astellas Pharma.
Bibliografía complementaria:
• Dal-Ré, R. et al. Luces y sombras en la investigación clínica. 1ª edicion, 2013. Triacastela. https://www.fundaciogrifols.org/es/web/fundacio/-/05-luces-y-sombras-en…
• Básicas e xerais:
As que figuran na memoria do Grao.
• Transversais:
CT1 - Pensar de xeito integrado e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Procurar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT6 - Razoar críticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT8 – Ser quen de adaptarse a novas situacións (resiliencia).
• Específicas:
CE13 – Ser quen de desenvolver proxectos biotecnolóxicos axeitados a problemas e demandas específicas da Biomedicina.
CE14- Apreciar claramente as implicacións éticas, sociais, económicas e ambientais da actividade profesional desenvolvida, así como coñecer e aplicar criterios de avaliación de riscos biotecnolóxicos.
• Clases expositivas; presentacións en clase por parte dos/as alumnos de traballos realizados en grupo; aprendizaxe baseado en problemas (seminarios); sesións interactivas de laboratorio; titorías.
• Todas as actividades mencionadas serán obrigatorias.
• Todas as actividades serán presenciais excepto as titorías, que serán opcionalmente remotas (Teams). A Aula virtual será utilizada como ferramenta de apoio: comunicación, repositorio de material didáctico e foros de discusión de temas específicos.
• Exame con dúas convocatorias: 70% da calificación
• Avaliación continua:controis escritos, traballos entregados e/ou presentados (haberá tanto obrigatorios como voluntarios) participación do/a estudante na aula, caderno de laboratorio (entrega obrigatoria): 30% da calificación.
• A avaliación das competencias básicas e transversais adquiridas realizaráse como parte da avaliación continua (participación, madurez dos traballos escritos), e a das específicas, mediante o exame.
• Número total de horas de traballo persoal do alumno: 74
Clases, seminarios e prácticas: 37
Estudo da materia: 60
elaboración de traballos individuais ou colectivos: 14
Titorías: 1.5
• Asistencia e participación activa nas clases e seminarios
• Toma de notas/apuntamentos
• Estudo dosificado mas continuo
• Aproveitamento da posibilidade de titorías
• Seguimento da evolución da pandemia de Covid-19 através dos medios de comunicación e publicacións especializadas desde a perspectiva da biotecnoloxía médica (desenvolvimento e utilización de vacinas, de fármacos, de métodos diagnósticos; ensaios clínicos; elucidación dos mecanismos patoxénicos da enfermidade; cuestións bioéticas, etc.)
• Coñecementos previos:
• Coñecementos básicos de xenética, bioquímica e bioloxía molecular (nivel dos adquiridos durante os 3 primeiros cursos do Grao en Biotecnoloxía).
• Haberá unha aula virtual operativa da materia na plataforma Moodle a disposición do alumnado e un grupo de Teams).
• “Plan de Continxencia”
o Escenario 2 (Distanciamento; restricións parciais á presencialidade física):
A docencia expositiva realizárse total ou parcialmente de xeito virtual, neste último caso con preferencia polos mecanismos síncronos.
Garantiráse o máximo grao de presencialidade física posíble segundo as instruccións concretas do Reitorado.
Estableceránse grupos de prácticas, co obxectivo de que todos/as alumnos/as teñan garantida a participación.
Os horarios programados manteránse independentemente da modalidade de docencia que se utilice.
As titorías serán exclusivamente por vía telemática.
o Escenario 3 (Peche das instalacións)
Toda a docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolveráse completamente de xeito virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
As prácticas de laboratorio serán sustituídas por “prácticas virtuais”, (visionado interactivo de videos), nos mesmos horarios programados.
As titorías serán exclusivamente por vía telemática.
As probas finais serán exclusivamente telemáticas.
Metodoloxía da ensinanza:
o Nos escenarios 2 e 3, a metodoloxía da ensinanza só se verá influida de xeito significativo no que respeita ás prácticas de laboratorio (vide supra). Por outra parte, a docencia telemática síncrona realizaráse através da plataforma Teams (grupo “Biotecnoloxía Médica”).
• Sistema de avaliación da aprendizaxe. Haberá que ter en conta:
Os escenarios 2/3 cambiarán únicamente as características do exame (dúas convocatorias). No caso do escenario 2, o exame manteráse aínda que se ocupará un número maior de aulas para cumprir o distanciamento. No escenario 3, o exame realizaráse en forma de proba remota síncrona através de Moodle.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Adolfo Figueiras Guzman
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812276
- Correo electrónico
- adolfo.figueiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesus Rodriguez Requena
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Teléfono
- 881815464
- Correo electrónico
- jesus.requena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 07. Konrad Lorenz |
13.01.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
23.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |