Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 23 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer, analizar e valorar individualmente a(s) función(s) dos diversos órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Analizar cada función e os seus mecanismos en cada un dos niveis de organización que a Fisioloxía conseguiu describir.
• Coñecer os elementos básicos e comúns nas distintas formas de realizar unha función, de maneira que se amose a unidade de funcións e a rica diversidade de formas que apareceron na filoxenia animal.
• Comprender as posibilidades funcionais do organismo que o condicionan e lle permiten interactuar co medio ambiente.
• Coñecer os diversos sistemas de adaptación ao medio ambiente cos que conta o organismo.
• Coñecer e comprender o significado biolóxico de todas as funcións en circunstancias normais, en diferentes etapas especiais da vida, así como en circunstancias especiais.
• Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos sobre funcións e a súa regulación ante circunstancias anormais que tenden a modificalas.
• Ser capaz de valorar criticamente as hipóteses emitidas para explicar cientificamente o mecanismo dunha función definida.
• Poder valorar as funcións alteradas dun organismo en función da análise dunha serie de parámetros fisiolóxicos.
Funcionamento, regulación e coordinación dos distintos órganos, aparellos e sistemas fisiolóxicos das principais especies de interese veterinario.
CAPÍTULO I.- MEDIO INTERNO, SANGUE E HEMOSTASE (3h)
• T01 Compartimentos líquidos do organismo. Sede.
• T02 Sangue e sistema linfático.
• T03 Hemostase.
CAPÍTULO II.- SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO (8h)
• T04 Electrofisioloxía cardíaca.
• T05 O corazón como bomba. Ciclo cardíaco.
• T06 Regulación da actividade cardíaca.
• T07 Fisioloxía vascular. Hemodinámica.
• T08 Presión arterial e a súa regulación.
• T09 Fisioloxía da microcirculación. Intercambio transcapilar.
CAPÍTULO III.- SISTEMA RESPIRATORIO (4h)
• T10 Mecánica respiratoria. Traballo respiratorio.
• T11 Intercambio gasoso. Transporte de gases. Hemoglobina.
• T12 Circulación pulmonar. Equilibrio ventilación/perfusión.
• T13 Regulación da respiración.
CAPÍTULO IV.- SISTEMA EXCRETOR RENAL (3h)
• T14 Organización do sistema excretor renal. Filtración glomerular.
• T15 Manexo tubular do filtrado. Reabsorción. Transporte máximo. Secreción.
• T16 Mecanismos de concentración de ouriña. Balance hidrosalino.
CAPÍTULO V.- EQUILIBRIO ÁCIDO-BÁSICO (2h)
• T17 Equilibrio ácido-básico (I).
• T18 Equilibrio ácido-básico (II).
CAPÍTULO VI.- FISIOLOXÍA ENDOCRINA (10h)
• T19 Principios xerais de acción endocrina.
• T20 Hormonas hipotalámicas.
• T21 Hormonas hipofisarias: adenohipófise e neurohipófise.
• T22 Hormonas tiroideas.
• T23 Homeostase do calcio e o fósforo.
• T24 Glándula adrenal.
• T25 Páncreas endócrino: homeostase da glicosa.
• T26 Hormonas gastrointestinais.
CAPÍTULO VII.- SISTEMA REPRODUTOR (6h)
• T27 Eixe hipotálamo-hipófise-testicular.
• T28 Eixe hipotálamo-hipófise-ovárico.
• T29 Ciclos reprodutivos.
• T30 Xestación e parto.
• T31 Fisioloxía da lactación.
PRÁCTICAS (21h)
1. Análise de sangue e probas serolóxicas (OR1, 4h)
2. Fisioloxía e dinámica cardiovascular (Lab, 4h)
3. Mecánica do sistema respiratorio (OR3, 4h)
4. Fisioloxía renal (OR4, 4h)
5. Equilibrio ácido-básico (OR5, 1h)
6. Fisioloxía endócrina (OR2, 4h)
PRÁCTICAS ENCERADO (2h)
Análise e interpretación do electrocardiograma
Bibliografía básica:
• Fisioloxía Veterinaria (2ª edición) 2018. Albino García Sacristán. Edit. Tébar Flores.
• PhysioEx 10.0: Laboratory Simulations in Physiology. 2020. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson.
• Cunningham Fisioloxía Veterinaria (6ª edición), 2020. Bradley G. Klein. Edit. Elsevier.
• Berne-Levy. Fisioloxía. (8ª edición), 2024. Bruce M. Koeppen. Edit. Elsevier.
• Anatomy and Physiology (2nd edition), 2022. J. Gordon Betts et al. Edit. OpenStax (descarga legal gratuíta en https://openstax.org/details/books/anatomy-and-physiology-2e).
Bibliografía complementaria:
• Guyton. Tratado de Fisioloxía Médica. (14ª edición). 2021. John E. Hall. Edit. Elsevier.
• Fisioloxía Humana (8ª edición), 2019. Dee U. Silverthorn. Edit. Médica Panamericana.
• Norman & Henry. Hormones. 3ª ed., 2015. Academic Press.
• Norris, D.O. e Carr, J.A. Vertebrate endocrinology. 6ª ed., 2020. Academic Press.
Xenéricas:
• Capacidade de aprendizaxe e adaptación (GVUSC01)
• Capacidade de análise e síntese (GVUSC02)
• Coñecementos xerais sobre a área de traballo (GVUSC03)
• Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC06)
Disciplinares:
• Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación (CEDVUSC01)
• Estrutura e función dos animais sans (CEDVUSC02)
• Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC16)
Profesionais:
• Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos (D1VUSC03)
Académicas:
• Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario (CEAVUSC01)
• Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade (CEAVUSC02)
Competencias transversais:
• Capacidade para o razoamento e a argumentación (CTVUSC01)
• Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala de forma crítica (CTVUSC02)
• Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible (CTVUSC03)
• Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa (CTVUSC04)
• Habilidade no manexo das TICs (CTVUSC05)
• Utilización de información en lingua estranxeira (CTVUSC06)
• Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos (CTVUSC07)
Resultados da aprendizaxe
Competencia a día 1 (CD1): 1.9 Ser capaz de revisar e avaliar de forma crítica a literatura e as presentacións.
Actividade académica: Realización dun traballo optativo con exposición presencial ante a clase e os profesores dun aspecto avanzado da materia durante un tempo máximo de 10 minutos.
Obxectivos da aprendizaxe:
• OA1: Empregar bases de datos seleccionando de forma crítica a información sobre un tema.
• OA2: Sintetizar e organizar a información obtida sobre un tema e crear unha presentación para expoñela publicamente.
A avaliación desta tarefa realizarase mediante unha rúbrica ao finalizar a exposición do traballo optativo.
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, axudándose do encerado e dos medios audiovisuais que considere oportunos, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
As prácticas de ordenador (OR) e laboratorio (Lab) servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o/a estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
Nas prácticas de encerado abordaranse exercicios como interpretación básica do electrocardiograma (derivacións, eixes, ritmos, voltaxes e formas de onda) que permitan complementar a formación en aspectos previamente desenvolvidos nas clases maxistrais e nas prácticas de laboratorio ou ordenador.
Todas as tarefas do/a estudante (estudo, traballos optativos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico
nas sesións de titoría. Os traballos optativos (participación voluntaria) consistirán na preparación de temas seleccionados polos propios alumnos sobre aspectos relacionados coa materia que non estean implícitos no programa (fisioloxía especial, fisioloxía comparada...) para a súa posterior exposición (10 min) e defensa.
A temporalidade é de aproximadamente unha hora expositiva por cada tema do programa e aproximadamente 3,5 horas de traballo por cada práctica.
Para todas as actividades académicas utilizarase como recurso fundamental a Aula Virtual da USC.
A exención de asistencia a clase non é aplicable.
A cualificación de cada estudante basearase en tres criterios:
1. Cualificación teórica (80% da puntuación final): Exame final tipo test, preguntas curtas e/ou desenvolvemento de temas. No caso de que o exame teórico se divida en bloques temáticos, ningunha parte poderá ter unha cualificación inferior a 4,0. Competencias avaliadas: GVUSC01, GVUSC03, CEDVUSC01, CEDVUSC02.
2. Cualificación práctica (20% da puntuación final): Exame tipo test e asistencia obrigatoria ás prácticas. Competencias avaliadas: GVUSC06, CEDVUSC16, D1VUSC03, CTVUSC06. Para o cálculo da nota media final é indispensable que a cualificación práctica sexa igual ou superior a 4,0.
3. Avaliación continua (ata un 20% adicional): Contémplase a posibilidade de mellorar a nota mediante (i) controis escritos (test, preguntas curtas e/ou temas), (ii) elaboración e exposición de traballos optativos individuais e/ou en grupo e (iii) participación activa na aula, titorías, etc., que poderán engadir ata 2 puntos.
Esta cualificación adicional engadirase á parte teórica, sempre que a súa nota sexa igual ou superior a 4,0. Competencias avaliadas: GVUSC02, GVUSC06, CEAVUSC01, CEAVUSC02, CTVUSC01, CTVUSC02, CTVUSC03, CTVUSC004, CTVUSC05, CTVUSC06, CTVUSC07, CD1.
As cualificacións finais superiores a 10,0 truncaranse a este valor, sen afectar ás inferiores.
As notas prácticas conservaranse para convocatorias posteriores. As da avaliación continua non se gardarán.
A asistencia ás prácticas programadas é obrigatoria. A súa falta, agás causa de forza maior debidamente xustificada, implicará a non superación da materia en calquera das convocatorias.
Non se contempla a posibilidade de dispensa das actividades académicas.
Nos casos de fraude en exercicios ou probas aplicarase a "Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións".
O número total de horas de traballo nunha materia organizada en créditos ECTS é 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e o traballo autónomo do 60%.
Traballo presencial:
• Expositivas: 36 h
• Interactivas laboratorio: 4 h
• Interactivas ordenador: 17 h
• Prácticas pizarra: 2 h
• Titorías: 1 h
Traballo individual:
• Estudo individual: 57 h
• Elaboración de traballos: 18 h
• Revisión bibliográfica, etc.: 4 h
• Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 1 h
• Resolución de casos/problemas: 3 h
• Presentacións orais: 2 h
• Realización de exames: 5 h
Coñecementos previos de Ciencias Fundamentais, Anatomía Veterinaria I e II, Bioquímica, Citoloxía e Histoloxía Veterinaria e Fisioloxía Veterinaria I.
A materia impartirase nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma: Castelán e Galego.
Jesús Antonio Casabiell Pintos
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS13 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
13:30-14:30 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
13.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
13.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
29.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
29.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |