Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Bioloxía Funcional, Física de Partículas
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Fisioloxía Vexetal, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao estudiante unha base de coñecementos de ciencias esperimentais que sirvan para adquirir unha visión xeral de estas disciplinas .
Proporcionar aos estudiantes as ferramentas necesarias para o tratamento didáctico no ensino secundario, prestando especial atención a temas de actualidade e con incidencia no desenvolvemento integrado e sostible da nosa sociedade.
- A Física clásica: forzas e movementos (leis de Newton, modelos de Galileo).
- A Física do século XX: materia e enerxía (o átomo, a mecánica cuántica, electromagnetismo, relatividade).
- Temas actuais en Física: da orixe do Universo á nanotecnoloxía (cosmoloxía, fontes de enerxía, materiais, etc..).
- Principios básicos da Xeoloxía. O tempo e o espazo en Xeoloxía.
- Estrutura e propiedades das substancias. Cambios químicos e as súas repercusións.
- Estrutura, composición e dinámica da Terra. Tectónica de placas e as súas implicacións
- O ciclo xeolóxico. Minerais e Rochas
- O solo
- Orixe e diversidade da vida
- Evolución. Adaptación dos organismos vivos ao medio
- Biotecnoloxía
Bibliografía básica e complementaria
Básica:
- Campbell, N. A. & Reece, J.B. (2007). Biología (7ª ed.). Madrid: Editorial Médica Panamericana.
- Tarbuck, E.J. & Lutgens, F.K. (2005). Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. Madrid: Ed. Prentice Hall.
- Tipler, P. A.& Mosca, G. (2012). Física para la Ciencia y la Tecnología (6ª ed.). Barcelona: Editorial Reverté.
Complementaria
- Anguita, F. (1988). Origen e historia de la Tierra. Madrid: Ed. Rueda.
- Bastida, F. (2005). Geología: una visión moderna de las ciencias de la tierra. Gijón: Trea.
- Caamaño Ros, A (coord.). 2011. Física y química complementos de formación disciplinar. Editores: Ministerio de Educación Cultura y Deporte, Secretaría General Técnica.
- Curtis, H., Barnes, N.S., Schnek, A. & Massarini, A. (2008). Biología (7ª ed.). Madrid: Editorial Médica Panamericana.
- Curtis, H., Barnes, N.S., Schnek, A. & Massarini, A. (2015). Invitación a la biología en contexto social (7ª ed.). Madrid: Editorial Médica Panamericana.
- Freeman, S. (2009). Biología. (3ª ed.). Madrid: Editorial Pearson.
- Porta, J., López-Acevedo, M. & Poch, R.M. (2008). Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Madrid: Mundi-Prensa.
- Solomon E.P., Berg, L.R. & Martin D.W. (2013). Biología (9ª ed.) México D.F.: Editorial Cengage Learning.
- Urry A.L., Cain M.L., Wasserman S.A., Minorsky P.V. & Reece J.B. (2017) Campbell Biology (11ª ed.). New York: Pearson.
- Young, H. D.& Freedman, R. A. (2013). Física Universitaria (13ª ed.) México D.F.: Editorial Pearson.
Algúns recursos de Física na web:
https://phet.colorado.edu/gl/simulations
http://kcvs.ca/index.html
http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/
Algúns recursos de Bioloxía na web:
https://multiblog.educacion.navarra.es/metayosa/
https://ambientech.org/biologia-para-educacion-secundaria
http://www.aula2005.com/index.htm
https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/recursos-biologia-secun…
http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/
https://es.educaplay.com
CG4 - Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias específicas estudadas.
CT1 - Utilizar ferramentas de investigación e bibliografía para recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet.
CEE2 - Coñecer os contidos estudados nas respectivas ensinanzas.
CEE8 - Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e valora as achegas dos alumnos.
CEE9 - Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe
Escenario 1.- O alumnado participa nas distintas clases expositivas e interactivas co fin de familiarizarse cos métodos básicos empregados nas ciencias experimentais. No desenvolvemento de cada tema, as clases prácticas se intercalan coas de teoría co obxecto de utilizar inmediatamente os coñecementos adquiridos.
Os temas propostos desenvolveranse nas clases expositivas. Nas clases interactivas levaranse a cabo distintas actividades relacionadas cos tema propostos, incluíndo comentarios sobre lecturas recomendadas, seminarios, prácticas de laboratorio e prácticas de campo.
Os profesores farán chegar a información sobre os temas tratados, as actividades a realizar, e las cualificacións a través da aula virtual.
Las tutorías da materia poderán ser, para todo o alumnado, presenciais ou a través do equipo da aplicación Teams que se creará para a materia.
A avaliación da materia pretende favorecer o traballo constante sobre a materia. Terá en conta a participación do alumnado na realización de traballos, así como a súa participación activa nas actividades docentes.
Escenario 1.- A avaliación realizarase:
- Mediante proba escrita, ao final do cuadrimestre, sobre os contidos da parte teórica e práctica (50% da cualificación final).
- Avaliación continua (50% da cualificación final). Realizaranse traballos escritos que serán expostos e discutidos co resto de alumnos, nos que se valorarán os contidos, a exposición e a defensa. Os traballos a realizar serán sobre temas actuais en física (12.5%), temas de xeoloxía (12.5%), traballo comparando o tratamento de distintas editoriais dalgún tema de bioloxía (25%).
Para a avaliación da segunda oportunidade realizarase un exame, presencial ou telemático segundo o escenario do momento. A cualificación final calcularase do mesmo modo descrito para a primeira oportunidade.
No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución Nº 1/2017 de Secretaría Xeral), as actividades a realizar serán as indicadas para o resto do alumnado e a avaliación se realizará da mesma maneira, se ben a cualificación obtida na proba escrita realizada na data oficial suporá o 75% da cualificación final e a avaliación continua o 25% da cualificación final.
Actividade presencial
- Clases expositivas - 15h (3.75 Física, 3.75 Xeoloxía, 7,5 Bioloxía)
- Clases interactivas - 20h (5 Física, 5 Xeoloxía, 10 Bioloxía)
- Titorías - 5h
- Realización dunha proba escrita (2h)
Traballo persoal do estudiante:
- Tempo de estudio - 40h
- Elaboración de un traballo bibliográfico- 15h
- Resolución de problemas e/ou cuestións - 5h
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, etc. 25h
- Asistir e participar activamente nas actividades docentes e realizar todas as actividades propostas.
Seguindo as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2021-2022, as actividades docentes nos escenarios 2 e 3 serán clases tanto expositivas como interactivas de xeito virtual a través da aplicación Teams.
A avaliación nos escenarios 2 e 3 realizarase:
- Mediante un cuestionario no campus virtual, ao final do cuadrimestre, sobre os contidos da parte teórica e práctica (50% da cualificación final).
- Avaliación continua (50% da cualificación final). Realizaranse traballos escritos que serán expostos e discutidos co resto de alumnos, nos que se valorarán os contidos, a exposición e a defensa. Os traballos a realizar serán sobre temas actuais en física (12.5%), temas de xeoloxía (12.5%), traballo comparando o tratamento de distintas editoriais dalgún tema de bioloxía (25%).
Para a avaliación da segunda oportunidade realizarase un exame, presencial ou telemático segundo o escenario do momento. A cualificación final calcularase do mesmo modo descrito para a primeira oportunidade.
No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución Nº 1/2017 de Secretaría Xeral), as actividades a realizar serán as indicadas para o resto do alumnado e a avaliación se realizará da mesma maneira, se ben a cualificación obtida na proba escrita realizada na data oficial suporá o 75% da cualificación final e a avaliación continua o 25% da cualificación final.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plás:co ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados
Carolina Torron Casal
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814023
- Correo electrónico
- carolina.torron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Remigio Paradelo Nuñez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881815042
- Correo electrónico
- remigio.paradelo.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Martes | |||
17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Mércores | |||
17:30-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
19.01.2022 14:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
04.07.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |