Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | (Si)
- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á medida, probabilidade e estatística.
- Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemática en xeral.
- Desenvolver a capacidade de analizar, razoar e comunicar eficazmente argumentacións matemáticas.
- Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da medida, probabilidade e estatística: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.
- Percibir o coñecemento matemático como parte da nosa cultura, con un carácter interdisciplinar e socialmente útil.
Temas a desenvolver:
1. Magnitudes e a súa medida
2. Estimacións. Aproximación e error
3. Organización, representación e análise de datos
4. Tratamento do azar e probabilidade
5. Dificultades de aprendizaxe da medida, probabilidade e estatística
6. Propostas curriculares para a educación primaria
Contidos recorrentes:
Resolución de problemas
Materiais e recursos
Currículo escolar de matemáticas
Bibliografía básica
Os capítulos relacionados co programa das seguintes referencias son un recurso básico para o desenvolvemento da materia:
- ALBARRACÍN, L. et al. (2018). Aprender a enseñar matemáticas en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- CARRILLO, J. et al. (Coords.) (2016). Didáctica de las matemáticas para maestros de educación primaria. Madrid: Paraninfo.
- FLORES, P. e RICO, L. (Coords.) (2015). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en educación primaria. Madrid: Pirámide.
Bibliografía complementaria
- ALSINA, A. (2019). Itinerarios didácticos para la enseñanza de las matemáticas (6-12 años). Barcelona: Graó.
- ALSINA, A. (2004). Desarrollo de competencias matemáticas con recursos lúdico-manipulativos para niños y niñas de 6 a 12 años. Madrid: Narcea.
- ÁLVAREZ, A. (1996). Actividades matemáticas con materiales didácticos. Madrid: M.E.C.-Narcea.
- BATANERO, C. (2001). Didáctica de la Estadística. Granada: Grupo de Investigación en Educación Estadística. Departamento de Didáctica de las Matemáticas. Universidad de Granada. Recuperado de http://www.ugr.es/~batanero/pages/ARTICULOS/didacticaestadistica.pdf
- BATANERO, C. e GODINO, J. (2003). Estocástica y su didáctica para maestros. Granada: Proyecto Edumat-Maestros. Recuperado de http://www.ugr.es/~jgodino/edumat-maestros/manual/6_Estocastica.pdf
- CANALS, M. A. (2009-2016). Los dossiers de María Antonia Canals, nº 103. Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat.
- CASTRO, E. (Ed.) (2001). Didáctica de la matemática en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- CHAMORRO, M. C. (Coord.) (2003). Didáctica de las matemáticas para primaria. Madrid: Pearson.
- CHAMORRO, M. C. (Ed.) (2001). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas. Madrid: M.E.C.
- DE PRADA, M. D. (1990). Cómo enseñar las magnitudes, la medida y la proporcionalidad. Málaga: Ágora.
- GODINO, J., BATANERO, C e ROA, R. (2003). Medida de magnitudes y su didáctica para maestros. Granada: Proyecto Edumat-Maestros. Recuperado de http://www.ugr.es/~jgodino/edumat-maestros/manual/5_Medida.pdf
- NCTM (2003). Principio y Estándares para la Educación Primaria. Sevilla: SAEM Thales.
- SEGOVIA, I. e RICO, L. (Coords.) (2011). Matemáticas para maestros de educación primaria. Madrid: Pirámide.
Dentro da colección “MATEMÁTICAS: CULTURA Y APRENDIZAJE” da Editorial Síntesis, os libros que tratan os contidos do programa constitúen un recurso básico, estes son:
- CHAMORRO, C. e BELMONTE J. M. (1991). El problema de la medida.
- FIOL, M. L. e FORTUNY, J. M. (2000). Proporcionalidad Directa. La forma y el número.
- GODINO, J, BATANERO, C e CAÑIZARES, M. J. (1991). Azar y Probabilidad.
- LUENGO, R. (1990). Proporcionalidad Geométrica y Semejanza.
- NORTES, A. (1991). Encuestas y precios.
- SEGOVIA, I., CASTRO, E., CASTRO, E. e RICO, L. (1989). Estimación en cálculo y medida.
- OLMO Del, M. A., MORENO, M. F. e GIL, F. (1993). Superficie. Volumen.
Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:
- "EPSILON", publicada pola Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
- "GAMMA", publicada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.
- "NÚMEROS", da Sociedad Canaria de P. de M. ISAAC NEWTON.
- "SUMA", editada pola Federación Española de Profesores de Matemáticas.
- "UNO", editada por GRAÓ.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o alumnado debe adquirir:
Competencias xerais (G):
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias específicas (E) da materia:
E38. Adquirir competencias matemáticas (estimación e medida, organización e interpretación da información, azar e probabilidade).
E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
E41. Expor e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias transversais (T):
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Escenario 1:
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G8, G11; E38, E39, E40, E41, E42, E43; B1, B4; T2, T3.
As actividades en grupo interactivo de laboratorio desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G4, G11; E38, E39, E40, E41, E42, E43; B2; T2, T3).
Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría, tanto ás programadas no horario da materia como ás ordinarias fixadas polo profesor no seu horario, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G1, G2, G8, G11; E38, E39, E40; B1, B2, B3; T2, T3.
A materia contará con aula virtual, a través da cal se realizarán as comunicacións oficiais e se procurará proporcionar todo o material necesario para a realización das actividades propostas.
Se as circunstancias o permiten, contemplarase a realización de relatorios, prácticas de campo ou experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que manteñan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela, que axuden a consolidar as aprendizaxes pretendidas na materia.
Esta materia e os seus docentes participan do proxecto Competente(S) da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Desenvolverán por iso a docencia da materia en lingua galega, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puideran estar redactados noutra lingua.
Escenarios 2 e 3:
En función do que dispoña a Facultade, no caso de que parte da docencia (ou toda) non se poida celebrar presencialmente, as actividades formativas previstas para as sesións expositivas e interactivas desenvolveranse por medio da combinación de:
- Sesións a distancia vía MSTeams, de maneira síncrona.
- Tarefas individuais e/ou grupais a través da aula virtual, de maneira asíncrona.
A programación das actividades será respectuosa coa carga de traballo da materia. A temporalización para a realización das mesmas, así como as condicións e prazos de entregas, de ser o caso, anunciaranse coa antelación suficiente.
As titorías desenvolveranse vía correo-e ou MSTeams.
Escenario 1:
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1:
A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G8, G11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T2, T3): 10%
B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G2, G4, G8, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T2, T3): 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G2, G8, G11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T2, T3): 10%
Parte 2:
D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, G8, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3): 50%
Para superar a materia será necesario:
- Superar as dúas partes, isto é, obter en cada unha delas polo menos o 40% da cualificación máxima posible.
- Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.
Para obter cualificación positiva no apartado A será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. De ser o caso, o profesorado da materia informará oportunamente ao alumnado con dispensa de asistencia da alternativa de avaliación correspondente a este apartado.
Os apartados (B) e (C) corresponderanse en boa medida coa avaliación de varios traballos interdisciplinares e en grupo. A asistencia a polo menos o 50% das sesións presenciais poderá ser requisito para presentar os traballos.
As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En virtude da participación desta materia no proxecto Competente(S) da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesor e a profesora poidan polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto a exposición oral como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
O apartado D, parte 2, consistirá nunha proba final sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia.
Segunda oportunidade:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á oportunidade de xullo só terá dereito a realizar a proba final, manténdonselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores:
O alumnado que xa cursou a materia e obtivo cualificación positiva nos apartados A, B e/ou C terá opción de que se lle garde a cualificación obtida, tendo que facer só o exame. Evidentemente, pode optar por implicarse en todas as actividades de xeito ordinario e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. En calquera caso, deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
Escenarios 2 e 3:
No caso de que parte das sesións non se poidan celebrar presencialmente:
No apartado A terase en conta, na proporción que corresponda:
- A asistencia ás sesións presencias, para a parte da docencia que se desenvolva presencialmente.
- A participación nas sesións a distancia e/ou entrega das tarefas propostas, para a parte da docencia non presencial.
A versión escrita do traballo grupal correspondente aos apartados B e C entregarase a través da aula virtual. A presentación do mesmo realizarase, de non ser posible presencialmente, a través da realización dun video que se subirá á aula virtual.
O apartado D consistirá nunha proba final telemática. Dependendo da extensión do período de docencia non presencial que se prevea, poderá contemplarse a realización dunha actividade avaliable como alternativa substitutoria a esta proba final.
O alumnado que precisase da segunda oportunidade só terá dereito a realizar a proba correspondente ao apartado D, nas mesmas condicións descritas para a primeira oportunidade.
Os criterios e condicións específicos para o caso do alumnado de dispensa e do alumnado de 2ª convocatoria e posteriores serán os mesmos que no escenario 1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Búsqueda de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estes efectos (Servizo de Promoción e Integración Universitaria) e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguintes á concesión da dispensa, deberá falar co profesor da materia para determinar no seu caso a vía de avaliación alternativa ao apartado A.
Plan de continxencia
Metodoloxía de ensinanza: Escenarios 2 e 3
En función do que dispoña a Facultade, no caso de que parte da docencia (ou toda) non se poida celebrar presencialmente, as actividades formativas previstas para as sesións expositivas e interactivas desenvolveranse por medio da combinación de:
- Sesións a distancia vía MSTeams, de maneira síncrona.
- Tarefas individuais e/ou grupais a través da aula virtual, de maneira asíncrona.
A programación das actividades será respectuosa coa carga de traballo da materia. A temporalización para a realización das mesmas, así como as condicións e prazos de entregas, de ser o caso, anunciaranse coa antelación suficiente.
As titorías desenvolveranse vía correo-e ou MSTeams.
Sistema de avaliación da aprendizaxe: Escenarios 2 e 3
No caso de que parte das sesións non se poidan celebrar presencialmente:
No apartado A terase en conta, na proporción que corresponda:
- A asistencia ás sesións presencias, para a parte da docencia que se desenvolva presencialmente.
- A participación nas sesións a distancia e/ou entrega das tarefas propostas, para a parte da docencia non presencial.
A versión escrita do traballo grupal correspondente aos apartados B e C entregarase a través da aula virtual. A presentación do mesmo realizarase, de non ser posible presencialmente, a través da realización dun video que se subirá á aula virtual.
O apartado D consistirá nunha proba final telemática. Dependendo da extensión do periódo de docencia non presencial que se prevea, poderá contemplarse a realización dunha actividade avaliable como alternativa substitutoria a esta proba final.
O alumnado que precisase da segunda oportunidade só terá dereito a realizar a proba correspondente ao apartado D, nas mesmas condicións descritas para a primeira oportunidade.
Os criterios e condicións específicos para o caso do alumnado de dispensa e do alumnado de 2ª convocatoria e posteriores serán os mesmos que no escenario 1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Dolores Rodríguez Vivero
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821046
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez.vivero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor