Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a. Adquirir coñecementos e ferramentas para potenciar a competencia literaria e a creatividade no desenvolvemento da súas carreiras coma ensinantes.
b. Coñecer as características fundamentais dos xéneros literarios para poder traballar con eles dunha maneira efectiva e eficiente.
c. Coñecer os clásicos da literatura infantil para desenvolver a animación á lectura na aula.
d. Aplicar con coherencias os criterios de selección de libros infantís que amosen un coñecemento axeitado deste campo literario. .
e. Empregar axeitadamente os diferentes recursos e estratexias para unha efectiva animación á lectura.
f. Adquirir a destreza axeitada para producir textos literarios cunha corrección formal e ortográfica precisa.
g. Recoñecer o texto literario como realización plena da lingua e a importancia da recepción e produción textual para o desenvolvemento da competencia literaria e lingüística no contexto da competencia comunicativa.
h. Ser consciente da relevancia da creatividade na aula para fomentar os sentimentos artísticos, a autonomía persoal e a autoestima do alumnado.
i. Pór en valor a literatura infantil como manifestación literaria de calidade, que constitúe un instrumento fundamental para a instauración da competencia literaria nas primeiras idades..
1. A promoción da lectura, da literatura e da creatividade: unha tarefa docente.
1.1. O currículo oficial de Educación Infantil
1.2. O currículo oficial de Educación Primaria.
2. A educación literaria: sentido e importancia.
2.1. O fomento da competencia literaria.
2.2. A abordaxe da literatura na aula.
2.3. A literatura infantil.
2.4. Criterios de selección de obras infantís.
3. A literatura como proceso creativo colectivo.
3.1. A literatura popular de tradición oral.
3.2. Xéneros da literatura popular de tradición oral galega.
4. A literatura como proceso creador.
4.1. Historia da literatura infantil universal.
4.2. Historia da literatura infantil galega.
5. Estratexias, técnicas e recursos para o fomento da creatividade nas aulas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BRAVO VILLASANTE, C. (1988). Historia y Antología de la Literatura Infantil Universal. Valladolid: Miñón.
CAZÓN CERVIÑO, R. (1999). La palabra sorprendida: técnicas creativas de escritura. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.
COLOMER, T. (1998). La formación del lector literario: narrativa infantil y juvenil actual. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
DELMIRO COTO, B. (2002). La escritura creativa en las aulas: en torno a los talleres literarios. Barcelona: Graó.
GONZÁLEZ BOULLOSA, P. (1997): Cando o rei por aquí pasou. Vigo: Edicións Xerais.
LLORENS, R. F. [ed.] (2000). Literatura infantil en la escuela. Alicante: UA-CAM.
LLUCH,G. (2010). Cómo seleccionar libros para niños y jóvenes. Los comités de valoración en las bibliotecas escolares y públicas. Gijón: Editorial Trea.
MOTOS TERUEL, T. (1999). Juegos creativos del lenguaje. Santiago: Universidade de Santiago.
RODARI, G. (2010). Gramática da fantasía. Pontevedra: Kalandraka.
ROIG RECHOU, B. A. (2013). Educação Literária e Literatura Infantojuvenil / Educación Literaria e Literatura Infantil e Xuvenil. Porto: Tropelias&Companhia.
ROIG RECHOU, B. A. (coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
ROIG RECHOU, B. A.; SOTO, I.; NEIRA RODRÍGUEZ, M. (2015). Retorno aos clásicos. Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil. Vigo/Santiago de Compostela: Edicións Xerais de Galicia / Rede Temática de Investigación LIJMI / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
RODRÍGUEZ ALMODÓVAR, A. (1989). Los cuentos populares o la tentativa de un texto infinito. Murcia: SPUM.
TABERNERO SALA, R. (2005). Nuevas y viejas formas de contar. Zaragoza: UZ.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
GARCÍA PADRINO, J. (2003). Formas y colores: la ilustración infantil en España. Cuenca: UCLM.
LLUCH,G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles. Cuenca: UCLM.
MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora. Málaga: Aljibe.
ROIG RECHOU, B. A.; SOTO, I.; NEIRA RODRÍGUEZ, M. (coord.) (2010): Reescrituras do conto popular (2000-2009). Vigo: Xerais
SÁNCHEZ CORRAL, L. (1995). Literatura infantil y lenguaje literario. Barcelona: Paidós.
TEJERINA, I. (1994). Dramatización y teatro infantil. Madrid: Siglo Veintiuno.
VV.AA (2002). Siete llaves para valorar las historias infantiles. Madrid: FGSR.
Específicas
E.45.- Coñecer a tradición oral e o folclore.
E.47.- Falar, ler e escribir correcta e axeitadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
E.48.- Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E.49.- Fomentar a lectura e animar a escribir.
E.50.- Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
Nas aulas expositivas trataranse contidos, conceptos e técnicas básicas relacionadas coa materia atendendo ás posibles dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta fundamentaranse na exposición da profesora e será complementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As aulas interactivas consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como a lectura e interpretación de textos alleos, as prácticas de escrita creativa en diferentes xéneros e o deseño de diferentes proxectos de potenciación da creatividade nas aulas.
A avaliación estará guiada pola consecución dos obxectivos e das competencias recollidas neste programa.
Para obter esta información terase en conta:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
a) O seguimento e participación nas aulas. Esta parte suporá un 10% da cualificación global.
b) As tarefas realizadas nas aulas interactivas. Esta parte suporá un 40% da cualificación global.
c) O traballo final individual. A nota deste exercicio escrito conta o 50%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Ó alumnado que suspenda a materia na primeira oportunidade e que deba acudir á segunda, gardaránselle as notas correspondentes ó apartado e deberá repetir os apartados b) e c).
DISPENSA DE DOCENCIA
O alumnado que conte con dispensa de asistencia outorgada polo Decanato deberá realizar as tarefas solicitadas nas aulas interactiva (valoradas co 40% da cualificación global) e o traballo final individual cunha amplitude maior á requirida para o alumnado asistente. Este traballo suporá o 60% da cualificación global.
A dispensa debe comunicarse á profesora nas dúas primeiras semanas de clase.
O mecanismo de avaliación manteranse sen alteración sexa cal sexa o escenario en que se desenvolvan as aulas do curso 2020-2021.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Segundo consta na memoria da titulación, este é o tempo de estudo e de traballo que precisa dedicar o alumnado para superar a materia:
Créditos ECTS: 4.50
Total: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias
Clase Expositiva: 18.00
Clase Interactiva Seminario: 18.00
Horas de Titorías: 2.25
Traballo do Alumnado ECTS: 74.25
Total: 112.5
PLAN DE CONTINXENCIA. curso 2020-2021
ESCENARIO 2. A docencia teórica pasará a telemática e a profesora colocará na aula virtual institucional da USC os apuntamentos correspondentes á materia que se imparta e contactarase coa alumnado de xeito síncrono con todo o alumnado o día establecido no horario.
Tratándose dunha materia optativa, é previsible que as aulas interactivas poidan ser presenciais con todo o grupo. De non ser así, o alumnado ausente seguirá telemática e sincronicamente a aula presencial a través de Teams, a plataforma institucional da USC.
ESCENARIO 3. Para as aulas expositivas actuarase consonte co indicado para o escenario 2. Para as aulas interactivas recibirán con antelación unha tarefa a través da aula virtual e presentarán os resultados de xeito telemático e síncrono a través da plataforma institucional Teams.
O sistema de avaliación é válido para calquera dos escenarios considerados.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
CORREO ELECTRÓNICO:
É recomendable o emprego do correo institucional rai.usc.es.
PROTECCIÓN DE DATOS:
Aplicarase a normativa de protección de datos incluída en hpps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
USO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
María Do Carme Hermida Gulías
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881812002
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
22.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
30.06.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |