Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Ter un coñecemento profundo dos diversos enfoques e modelos de planificación de plans e accións formativas, das formulacións teóricas que subxacen a cada uno deles e das vantaxes e inconvenientes que implica o seu uso.
2. Coñecer e saber desenvolver as diversas operacións que require o deseño dun proceso formativo: análise da demanda, contextualización da proposta, diagnóstico de necesidades, establecemento dos obxectivos e as prioridades, selección e secuenciación das accións e metodoloxías a empregar, selección e/ou deseño dos recursos, valoración dos custes, deseño dos dispositivos para a avaliación do proceso e dos resultados.
3. Estar en condicións de analizar os diversos compoñentes de propostas formativas realizadas desde diversas instancias (nacionais e internacionais) valorando a súa coherencia interna, a súa adaptación ao destinatariado e a súa viabilidade.
4. Asesorar e xestionar a planificación, desenvolvemento e avaliación de programas de formación.
5. Realizar orzamentos de accións e plans de formación.
- Sentido da formación na actualidade: condicionantes estruturais, persoais e institucionais da formación: marco normativo legal e institucional; a evolución de la formación; modalidades de formación.
- Planificación dos procesos formativos: modelos e enfoques da formación; fases da planificación: fundamentación e contextualización da proposta; establecemento de competencias, obxectivos e prioridades, selección de contidos, metodoloxía formativa, estimación de recursos, valoración de custes e deseño da avaliación; a planificación e os seus ámbitos; proxectos, plans e programas.
- Avaliación na formación: concepto e modelos; análise de necesidades; dimensións; instrumentos e axentes; posibilidades e límites da avaliación.
BÁSICA
Cano, E. (2015). Evaluación de la formación. Algunas lecciones aprendidas y algunos retos de futuro. Revista Educar, 51(1), 109-125. https://doi.org/10.5565/rev/educar.684
Fernández, C. (2004). Un enfoque pedagógico para el diseño de programas de formación en contextos organizativos. Teoría de la Educación, 16, 109-144. https://doi.org/10.14201/3089
Gairín, J., & Fernández, A. (1997). Planificación y Gestión de Instituciones de Formación. Wolters Kluwer Educación.
López, J. (2005). Planificar la formación con calidad. CissPraxis.
Monclús, A. (2000). Formación y empleo: enseñanza y competencias. Comares.
Andrés, M.P. (2005). Gestión de la formación en la empresa. Pirámide.
Pineda, P. (2002). Gestión de la formación en las organizaciones. Ariel.
Tejada, J. (2004). Un sistema nacional de competencias profesionales, respuesta a los desafíos de la formación y el empleo. Actas do V Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, 55-66.
COMPLEMENTARIA
Álvarez, J. M. (2000). Evaluar para conocer, examinar para excluir. Morata.
Bjornavold, J. (2002). Evaluación y reconocimiento del aprendizaje no formal en Europa. Principales tendencias y retos. Formación XXI, 3, 12-21.
Fernández, J., & Santos, M.A. (1992). Evaluación cualitativa de programas de educación para la salud. Aljibe.
Gairín, J. (2000). La planificación de propuestas formativas. Formación y empleo: Enseñanza y Competencias, 109-164.
García, J., & Sabater, R. (2004). Fundamentos de dirección y gestión de Recursos Humanos. Thomson.
Giménez, V., & Tejada, J. (2007) (Coords.). Formación de formadores. Escenario institucional. Thomson.
Hargreaves, A. (2003). Enseñar en la sociedad del conocimiento: La educación en la era de la inventiva. Octaedro.
Lamata, R. (2003). La construcción de procesos formativos en la educación no formal. Narcea.
López, J. (2005). Planificar la formación con calidad. CissPraxis.
.
Navío, A. (2005). Las competencias profesionales del formador: Una visión desde la formación continua. Octaedro.
Rial, A., & Zabalza, M. A. (1990). Análisis de necesidades en formación profesional y acceso al empleo. Revista de Investigación Educativa, 8(16), 265-270.
Tejada. J., & Ferrández, E. (2007). La evaluación del impacto de la formación como estrategia de mejora en las organizaciones. Revista Electrónica de Investigación Educativa, 9(2), 1-15.
Tejedor, F. J. (1990). Perspectiva metodológica del diagnóstico y evaluación de necesidades en el ámbito educativo. Revista Investigación Educativa, 8(16), 15-37.
COMPETENCIAS GENERALES
Expor e resolver problemas extraídos da práctica, chegando a usar esquemas de resolución non coñecidos (ser creativx).
Adoptar actitudes favorables cara á participación e implicación en procesos de formación e cara á colaboración como pauta de relación profesional.
Organizar e xestionar a utilización e o funcionamento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en contornas formativas.
Actuar con soltura no uso e aplicación de metodoloxías didácticas.
Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
Ter iniciativa na intervención en contextos complexos, resolver situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
Desenvolver unha actitude positiva cara á incorporación das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
Contribuír ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e a nichos formativos emerxentes.
Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde o diagnóstico de necesidades ata a concreción en accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguimento.
Promover, planificar e dirixir a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade.
Detectar e avaliar os diferentes factores tanto persoais, interpersoais ou sociais que inciden en determinadas situacións e que son xeradores ou manteñen situacións de exclusión.
Esta materia está concibida como un proceso de aprendizaxe teórico-práctico que leve ao alumnado tanto a coñecer os fundamentos de toda planificación como a analizar e valorar deseños formativos xa existentes e, sobre esa base, a deseñar proxectos formativos. Con esa lóxica está organizada a docencia.
Contaremos con sesións expositivas, interactivas e titorías. As sesións expositivas servirán de base e fundamentación no proceso de aprendizaxe e as interactivas focalizaranse no traballo práctico. En particular, realizaranse exposicións por parte da profesora, debates sobre lecturas previamente suxeridas, supostos prácticos, estudo de casos, traballos por parellas, traballos en grupo, etc. O 40% da materia impartirase de modo virtual. Polo seu lado, as titorías (ben individuais, ben grupais) permitirán clarificar a información básica, responder e atender a preocupacións de formación e de seguimento da materia, etc.
Nos casos nos que non haxa un número mínimo de alumnado matriculado, a metodoloxía de traballo variará en función das características do grupo. En todo caso, a metodoloxía sempre tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo. Terá un peso importante o traballo autónomo por parte do alumnado, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula.
Con base nas “Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021”, elaboradas pola Comisión para la Planificación Docente da USC, establécense tres escenarios posibles nos que se desenvolverá a docencia no curso 2021-2022, dependendo da evolución da crise sanitaria, e que afectarán directamente ao espazo no que se desenvolven as referidas metodoloxías:
No Escenario 1 a docencia será presencial e virtual (tal e como se veu realizando nos últimos anos no máster). Utilizaranse as clases presenciais e a aula virtual desta materia para facer un seguimento do traballo do alumnado, levar a cabo a comunicación entre o alumnado e o profesorado, entregar as actividades solicitadas e recompilar o contido e os recursos de cada tema, etc. A atención ao alumnado verase reforzada co desenvolvemento de titorías, que terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e que se levarán a cabo no horario especificamente dedicado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso.
No Escenario 2 a docencia levarase a cabo de modo presencial e virtual, atendendo á distribución da docencia presencial e virtual que a Facultade determine para a materia segundo o “Protocolo de centro para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura na Facultade de Ciencias da Educación no curso 2020-2021”. Ademais da docencia presencial nas aulas, para a actividade docente virtual empregaranse as ferramentas dispoñibles en Microsoft Teams e no Campus Virtual. Contémplanse sesións de titorización de carácter presencial e/ou virtual a través de medios telemáticos como Microsoft Teams, o Campus Virtual e/ou o correo electrónico.
No Escenario 3 a docencia desenvolverase de modo exclusivamente virtual a través de medios exclusivamente telemáticos: Microsoft Teams e Campus Virtual. Consecuentemente, a titorización realizarase unicamente polos medios telemáticos mencionados, así como a través de email.
Na realización dos traballos se seguiranse as normas APA:
Hai exemplares dispoñibles na biblioteca da USC, aínda que aquí tedes un resumo das cuestións que debedes manexar e aplicar:
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/ffp/desca…
A avaliación está centrada no dominio das competencias que se pretenden conseguir. Neste sentido, o alumnado elaborará unha proposta formativa en grupo, baseada en competencias e que deberá defender diante da docente das súas propias colegas de aprendizaxe. A realización do traballo en grupo é obrigatoria (máximo: 5 persoas por grupo), tanto para alumnado con dispensa como para alumnado asistente. A formación de grupos organizarase nas dúas primeiras semanas de clase. Se o alumnado non logra formar grupo, será a docente quen asigne aleatoriamente ao alumnado aos grupos, información que se colgará na aula virtual da materia.
O alumnado poderá elixir libremente a temática obxecto do proxecto, da que deberá ter coñecemento o profesorado. O proxecto en cuestión terá que recoller, polo menos, a análise do contexto, o estudio e priorización de necesidades, os obxectivos, o establecemento de competencias, a selección de contidos, a estimación de materiais e recursos para acadar os obxectivos (metodoloxía), as estratexias de avaliación, etc. Todas estas cuestións explicaranse nas sesións con máis detalle. É importante ter en conta que os contidos traballados ao longo da materia, tanto desde a vertente teórica como práctica, constituirán a base para a elaboración do devandito proxecto de formación que, neste caso, iniciarase tan pronto comece o proceso de aprendizaxe e rematará na etapa de peche deste.
A cualificación obtida estará constituída pola avaliación do proxecto de formación (60%) e a participación activa nas sesións da aula (40%). Cada estudante superará a materia cando teña entregado e defendido o proxecto en tempo e forma, e a suma das dúas valoracións non sexa inferior a 5 puntos, tanto para 1ª como para 2ª oportunidade. Se algunha das partes queda aprobada en 1ª oportunidade gardarase a nota para a 2ª oportunidade, tendo só que avaliarse da parte suspensa en 1ª oportunidade.
En calquera dos tres posibles escenarios previstos, mantense un único sistema de avaliación. Todas as actividades de avaliación propostas e a súa ponderación sobre a cualificación global mantéñense, tanto para o alumnado asistente, como para o non asistente.
Una vez o alumnado comunique á docente la recepción da resolución da exención/dispensa de docencia (documento que debe enviar á docente por email nun prazo de 15 días naturais como máximo desde tal resolución), este recibirá as debidas instrucións para a realización dun traballo individual que suporá o 40% da nota final, dada a imposibilidade de participar activamente nas clases presenciais.
O alumnado con complementos de formación realizará un traballo individual que consta de proxecto de formación e traballo de dous lecturas.
60% Nota 40% Nota
Alumnado asistente Proxecto de formación Participación aula
Alumnado exención/dispensa Proxecto de formación Traballo individual
Alumnado complementos de formación Proxecto de formación Traballo dous lecturas
Os traballos individuais ou de grupo do alumnado deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumnado na seguinte oportunidade. A efectos da avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Créditos ECTS: 6
ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS E METODOLOGÍA
Actividades presenciais
Horas de clases expositivas: 12
Horas de clases interactivas: 16
Horas de titorías individuais/grupais: 8
Actividades en liña
Horas para as sesións expositivas (debates sobre lecturas, etc.): 6
Horas para as sesións interactivas: 8
Total: 50
TRABALLO PERSONAL DE CADA ESTUDANTE
Horas de estudo, lecturas recomendadas, elección de temática para o proxecto de formación: 24
Horas de traballo para o deseño do proxecto de formación: análise do contexto, estudo e priorización de necesidades, obxectivos, competencias, e selección de contidos: 34
Horas para a aclaración de dúbidas e para o seguimento do traballo: 10
Actividades en liña
Horas para a lectura crítica de textos (materiais, recursos e avaliación para o proxecto de formación): 14
Horas para a presentación e defensa do proxecto de formación: 18
Total de horas de tempo de estudo e de traballo persoal (lecturas recomendadas; elaboración, defensa e debate do proxecto, etc.): 150
O alumnado que curse esta materia terá que realizar unha lectura atenta e crítica dos textos suxeridos pola docente, para así manexarse de modo preciso nos conceptos propios da disciplina e as súas aplicacións prácticas. Tamén resulta conveniente que o alumnado participe activamente nas tarefas de aula propostas, tanto presenciais como virtuais.
Recoméndase a utilización das titorías para todo aquilo que presente dúbidas e para recibir as aclaracións, apoio e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia, a realización dos traballos que se propoñen, etc.
O traballo continuado ao longo da materia coa realización das tarefas asignadas nos seus prazos, así como o estudo persoal constitúen un alicerce fundamental no proceso de aprendizaxe.
En particular, recoméndase:
- Ler detida, reflexiva e criticamente o programa da materia nos seus diversos apartados.
- Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades que se soliciten en clase.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha axeitada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas pola docente, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia.
É necesario seguir a Instrución Nº 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
O alumnado debe utilizar necesariamente o correo electrónico da USC (conta RAI) na súa comunicación co profesorado.
Este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
ASISTENCIA
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como se especifica para as titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. O alumnado que obteña a exención de docencia deberá presentar o documento oficial de concesión á docente a través de correo electrónico nun prazo de 15 días naturais desde a resolución desta.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Promoverase la entrega de traballos en formato dixital. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas tratados nos traballos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos solicitados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizando ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non adecuada deste.
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo ao que establece o ao Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia o curso 2021-2022 aprobado polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2021.
A metodoloxía docente será a mesma nos tres escenarios: a única diferenza prodúcese no espazo no que se desenvolverá. No apartado de Metodoloxía especifícanse todos os detalles dos tres escenarios posibles nos que se porá desenvolver a docencia no curso 21-22.
- Desenvolvemento da docencia:. Escenario 1 (presencial), escenarios 2 (presencial e telemática), escenario 3 (telemática). As sesións telemáticas co uso de Teams.
- Metodoloxía:
Escenario 1: (presencial, participación na aula en expositivas e interactivas)
Escenario 2: (Expositivas: sesións co Teams e apoio de PPT, Interactivas: grupos en Teams y traballo presencial por quendas)
Escenario 3 (Expositivas: sesións co Teams e apoio de PPT, Interactivas: traballo grupo por Teams co apoio en foro do docente e sesions de e seguemento por Teams.
- Avaliación:
Escenario 1: Exposición dos traballos presencial e participación.
Escenario 2: Exposición dos traballos por Teams e participación activa nas sesions expostivas e interactivas (virtuais e presenciais).
Escenario 3: Exposicion dos traballos por Teams e participación nas sesiones virtuais.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Iris Estevez Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- iris.estevez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11.01.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
27.06.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |