Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Situar ao alumno no núcleo do proceso de ensino-aprendizaxe desde unha perspectiva
curricular que lle capacite para: “Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe
potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas
ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes así como a orientación das
mesmas, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro”
(Orde ECI/3858/2007, de 27 de Decembro).
Baixo esas premisas, a materia procura especificamente os seguintes obxectivos:
1. - Facilitar o coñecemento dos conceptos e a terminoloxía básica da didáctica, da literatura especializada sobre o campo e dos debates actuais no ámbito profesional docente.
2.- Favorecer a comprensión das relacións existentes entre os modelos de aprendizaxe, o contexto escolar e as opcións didácticas utilizadas na acción docente.
3. - Promover o recoñecemento, análise e atención ás características diferenciais do alumnado, según o seu desenvolvemento evolutivo, contextos familiares, sociais e culturais de referencia en tanto que factores que condicionan a aprendizaxe e deben ser tidos en conta, por tanto, polas propostas docentes.
4.- Recoñecer o funcionamento e dinámicas propias dos centros de secundaria e as condicións organizativas que fan posible a colaboración con outros profesionais do ámbito educativo e o desenvolvemento dun ensino de calidade.
5.- Coñecer os compoñentes básicos das metodoloxías didácticas e do uso didáctico das TIC no ensino secundario.
6.- Propiciar unha formación cultural, persoal, ética e social axeitada á educación integral dos adolescentes.
7.- Potenciar o uso dos procesos de investigación na aula como base do seu desenvolvemento profesional.
1.-Deseño e Desenvolvemento do currículo: concepto de curriculum. O curriculum na
Secundaria: o Decreto de curriculum. Do Proxecto Curricular de Centro á Programación de aula.
A singularidade das dúas etapas: 12/16 e 16/18.
A especificidade da ESO, a ESPO e outras ensinanzas.
2.- Modelos de ensino e métodoloxía didáctica: a comprensión da aprendizaxe
na aula. O ensino centrado no estudante: a aprendizaxe significativa e autónoma. O modelo de ensinanza baseado nas competencias. A metodoloxía por proxectos e a aprendizaxe baseada en problemas. O clima de aula e a interacción didáctica.A avaliación formativa.
A innovación educativa.
3.- Os materiais curriculares e as TIC como recurso didáctico: o deseño, selección e uso de medios
e materiais didácticos. As TIC no centro escolar.
4.- A participación e a xestión nos centros de secundaria: o clima institucional. O proxecto
educativo de centro. A inserción do centro no medio social e cultural. A toma de decisións nos
centros escolares. O traballo colaborativo e colexiado fronte á individualización. Acoordinación intra e
interdepartamental. A dimensión burocrático-administrativa da xestión académica. O liderazgo
instrutivo e as funcións directivas. A participación da Comunidade Educativa. A implicación das
familias. A resolución de conflitos.
5.- A avaliación da calidade educativa e o desenvolvemento institucional e profesional de centros e
profesores: modelos de avaliación da calidade de centros e profesores.
O proceso de socialización profesional. O debate sobre as competencias. Análise crítica das funcións
docentes. A formación en servizo.
Básica:
Bolivar, A. (2010). Competencias básicas y currículo. Síntesis.
Gairín, J. e Castro, D. (2021). El contexto organizativo como espacio de intervención. Síntesis.
Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar: invitación al viaje. Graó
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. HomoSapiens.
Complementaria:
Bolivar, A. (2012). Políticas actuales de mejora y liderazgo educativo. Aljibe.
Escudero Muñoz, J.M. (2011). Dilemas éticos de la profesión docente, CEE Participación Educativa, 16, 93-102.
Escudero Muñoz, J.M. (2011). Centros escolares, condiciones de trabajo y desarrollo profesional de los docentes. En Mª.T. González (Coord.) Innovaciones en la gestión y el gobierno de los centros escolares (pp. 97-131). Síntesis.
Escudero Muñoz, J.M. (2017). La formación continua del profesorado de la educación obligatoria en el contexto español. Profesorado: Revista de Currículum y formación del profesorado, 21(3), 1 -20.
Esteve, J. M. (2002). Los profesores y la calidad de la educación ante la crisis de la reforma educativa. En Fundación Hogar del Empleado. Informe educativo 2002. Santillana.
Feito Alonso, R., Perrenoud, P. e Clemente Linuesa, M. (2012). Diseño, desarrollo e innovación del currículo. Morata.
Gairín, J. (2015). Innovación y mejora de las instituciones: cultura y cambio. En M. Medina Rivilla (Coord.). Innovación de la educación y de la docencia (pp. 179-230). Editorial Universitaria Ramón Areces.
Gimeno Sacristán, J. (2013). En busca del sentido de la educación. Morata.
Gimeno Sacristán, J. (2015). Los contenidos: una reflexión necesaria. Morata.
Gimeno Sacristán, J. e Pérez Gómez, A. (1992): Comprender y transformar la enseñanza. Morata
Gómez Hurtado, I. e García Prieto, F. (2021). Manual de didáctica general para la diversidad. Pirámide.
González González, Mª.T. (Coord.) (2005). Escuelas para la democracia: cultura, organización y dirección de instituciones educativa. Wolters Kluwer Educacion.
Hargreaves, A. (2014). Capital profesional: transformar la enseñanza en cada escuela. Morata.
Imbernón, F. (Coord.) (2016). Procesos y contextos educativos: enseñar en las instituciones de educación secundaria. Graó.
Monereo, C. (2011). Docentes en tránsito: incidentes críticos en secundaria. Graó.
Pérez Gómez, A. (2012). Educarse en la era digital: la escuela educativa. Morata.
Pozo, J. I. (2015). Aprender en tiempos revueltos: la nueva ciencia del aprendizaje. Alianza.
Rodríguez Espinar, S. (2011). Un MIR en Secundaria: ¿es necesario, es posible? Organización y gestión educativa: Revista de Fórum Europeo de Administradores de la Educación, 19(6), 18-22.
Sanjurjo, L. e Rodríguez, X. (2003): Volver a pensar la clase. Las formas básicas de enseñar. HomoSapiens.
Santos, M. (Coord.) (2009). Escuelas para la democracia. Kluwer.
Trillo, F. (2005). Competencias docentes y evaluación auténtica, Perspectiva Educacional, 45, 85-102.
Trillo, F. (2021). Los estudiantes y la evaluación para la evaluación para la emancipación. En Trillo, F. (Coord.). Repensando la educación superior. Narcea.
Vaillant, D. e Marcelo, C. (2015). El ABC y D de la formación docente. Narcea
Zabalza Beraza, M. A. y Zabalza Cerdeiriña, M.A. (2012). Profesores y profesión docente. Entre el ser y el estar. Narcea.
Zeichner, K.M. (2010). La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Morata.
COMPETENCIAS XERAIS
Ao finalizar esta materia o estudante será capaz de:
(CG2) Coñecer ocorpo de coñecementos didácticos en torno aos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
(CG3) Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
(CG5) Contextualizar o currículo a implantar nun centro docente participando naa planificación colectiva do mesmo.
(CG6) Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como persoalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
(CG7) Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadán e o respecto aos dereitos humáns que
faciliten a vida en sociedade, á toma de decisións e á construción dun futuro sostible.
(CG8) Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
(CG9) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula e abordar problemas de disciplina e resolución de conflitos
(CG12) Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións y as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
(CG13) Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de avance da calidade con aplicación ós centros de ensino.
(CG16) Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
(CG17) Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ó longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(CE-G3) Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais.
(CE-G4) Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe.
(CE-G5) Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro, abordar e resolver posibles problemas.
(CE-G9) Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de avance da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia.
(CE-G10) Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(CT-1) Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
(CT-2) Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
(CT-3) Potenciar a capacidade para o traballo en contornos cooperativos e pluridisciplinares.
Antes de continuar lendo o que segue sobre Metodoloxía da Ensinanza e sobre a Avaliación no seguinte apartado, convén ler primeiro o que se indica no apartado final “Plan de Continxencia”.
O desenvolvemento desta materia, seguindo a dinámica xeral do master, estará dividido en sesións expositivas e interactivas, para o que articulará diversas opcións metodolóxicas:
1. Método expositivo, para a transmisión de coñecementos
2. Estudo de casos, mediante a análise de prácticas reais ou simuladas de ensino- aprendizaxe
3. Aprendizaxe orientada a proxectos para aplicar o coñecemento á solución de problemas.
Máis pormenorizadamente, procurarase a persoalización do coñecemento mediante a interpelación das novas ideas e conceptos desde a experiencia persoal de cada estudante; especialmente nas sesións interactivas nas que se requirirá unha participación activa e argumentada no debate.
Para todo iso contarase con diversos documentos de lectura imprescindibles para a materia, que estarán dispoñibles no Campus Virtual da materia e no Servizo de Reprografía, Edición e Impresión Dixital da USC nalguna das sedes habilitadas para iso.
Para o curso 2021/22 a USC estableceu a necesidade de anticipar tres escenarios docentes distintos en función das circunstancias derivadas da pandemia por Covid-19, tal e como se explica no apartado “Observacións” deste programa. Segundo isto, a docencia expositiva, en caso do escenario 1, desenvolverase na aula. Nos escenarios 2 e 3, e en función das súas características, para a docencia e a titorización do alumnado habilitaranse, tal e como se indica no Plan de Continxencia, estruturas de traballo no software Teams mantendo en todo momento os horarios programados.
As actividades a desenvolver nas sesións interactivas serán nalgúns casos sincrónicas, en escenario 1, con entrega ó finalizar a mesma sesión interactiva de docencia, e noutros casos asincrónicas cunha data específica que se indicará na mesma sesión na que se propoña a tarefa. Esta segunda situación será xeralizable para as sesións interactivas en escenario 2 e 3 como se indica no Plan de Continxencia.
Ante a situación que se deriva polos escenarios de docencia previstos para o curso 2020-21, todo o que se indica sobre sobre o Sistema de Avaliación no presente apartado é de aplicación para os tres escenarios. Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula, tamén en escenario 2 e 3 en modalidae sincrónica, para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias estimarase ponderadamente:
-a participación de cada estudante na aula (10%),
-a realización do traballo ou traballos de curso (50%)
-o resultado acadado no exame (40%).
O alumnado con dispensa de clase xustificada, realizará os mesmos exames que o alumando asistente. Nos traballos prácticos asistirán a unha titoría presencial, no escenario 1, ou telemática, nos escenarios 2 e 3, co profesor/a previa ó inicio do traballo. Unha vez finalizado presentaranllo a este presencialmente, no escenario 1, ou telematicamente, nos escenarios 2 e 3, respostando ás preguntas sobre o contido e procedemento utilizado para a súa realización.
Actividades formativas co seu contido en horas do alumno:
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO:
- Clases expositivas: 13,5 h.
- Clases interactivas: 18 h.
- Titorías co profesor, 4 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudio autónomo individual: 25 h.
Lecturas a realizar fóra da aula: 20 h.
Realización de traballos da materia: 20 h
Preparación de debates ou exposicións, búsqueda bibliográfica. 10
Fronte a unha memorización pasiva, entender a lóxica do que se presenta e, sobre todo, atribuir sentido aos temas que se estudan, mediante a personalización do coñecemento ou a aprendizaxe significativa resulta inescusable. Desde esa perspectiva , convén saber que o desenvolvemento das competencias implica estar en condicións de utilizar o coñecemento (resolver tarefas) máis aló do contexto académico, é dicir, en contextos reais da práctica profesional. Nesta dirección, desenvolver unha aprendizaxe autorregulada que reforce unha motivación intrínseca ben enraizada na vontade (vocación) de ser profesor ou profesora é moi conveniente. As actitudes como predisposición para actuar poden e deben ser reguladas intencionalmente mediante o desenvolvemento dos proceso metacognitivos e unha especial atención á dimensión emocional da aprendizaxe.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria en escenario 1. Nos escenarios 2 e 3 esta obrigatoriedade da presencialidade redefínese en función da natureza sincrónica e asincrónica das sesións. No caso das sincrónicas terán que conectarse no horario establecido, e nas non sincrónicas supervisarase a través da entrega das actividades correspondentes.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Para iso o alumnado debe porse en contacto co profesorado ó obxecto de coñecer as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
Plan de Continxencia
Debido á situación que se deriva da transición a unha nova normalidade, e tomando como referencia as indicaciones do Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021 (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…), e eventualmente as que se aproben por e para a Facultade de Ciencias da Educación, plantéxanse tres escenarios posibles no desenvolvemento da docencia. As implicacións destes tres escenarios recóllense neste apartado e supoñen un elemento a ter en conta desde o primeiro momento da docencia ante a imposibilidade de prever os posibles cambios de escenario que puideran producirse. Estamos falando de tres escenarios posibles: (1) normalidade adaptada, (2) distanciamento, (3) peche de instalacións.
A nivel xeral, e con independencia do escenario no que se poida desenvolver a docencia, a materia disporá desde o seu inicio dun lugar específico no Campus Virtual da USC (https://cv.usc.es ) onde se dará soporte básico ó alumnado a través do foro. Este Campus Virtual estará normalizado no seu uso desde o comezo das clases de forma que supoña a infraestrutura básica de apoio para a docencia en previsión de calquera cambio de escenario. Neste espazo o alumnado atopará indicacións de apoio para as tarefas da docencia interactiva propostas e as tarefas de avaliación tanto sincrónicas como asincrónicas, que se amosan no apartado de Metodoloxía e Avaliación da presente Guía Docente.
Especificamente, no caso de docencia expositiva, o uso do Campus Virtual combinarase co software Teams mantendo en todo momento os horarios programados. Este software sopórtase desde Microsoft Office 365 e atópase a disposición do alumnado. Todo o alumnado matriculado incorporarase, debidamente titorizado, desde o Campus Virtual, establecendo así unha ponte entre os dous sistemas de apoio á docencia. En concreto, enviarase un enlace a través do foro da materia e daranse orientacións e supervisión para a utilización do software na súa versión de escritorio e móbil, adiantándonos así ás continxencias dos posibles cambios de escenario. Teams permite soportar videoconferencias e interacción co alumnado mediante chat, solicitude de turno e arquivos, entre outras. Ademais, as sesións poderán gravarse quedando dispoñibles para o alumnado de forma asincrónica, en previsión de dificultades que puideran xurdir no acceso.
En relación ás sesións interactivas, en escenario 2, prevese unha rotación do alumnado cunha presenza física do 50% das horas prácticas da materia. Neste caso publicitarase un calendario conforme ás normas establecidas.
As actividades a desenvolver nas sesións interactivas poden levar aparellada a entrega dun traballo de aula. Nos escenarios 2 e 3 estes traballos entregaranse a través do Campus Virtual da materia en formato PDF cunha estrutura de arquivo tipo “nome.primeiroapelido.pdf”. Nalgúns casos, estas tarefas requerirán un traballo cooperativo entre grupos. Estes grupos de traballo, en liña coa proposta do Rectorado sobre as bases para o desenvolvemento da docencia presencial, serán estables ó longo do cuatrimestre para evitar rotacións innecesarias e permitir a segmentación dos grupos para garantir o 50% da presencialidade en escenario 2.
Pola experiencia do curso anterior convén lembrar:
- Obrigatoriedade do uso da conta de correo Rai da USC.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionaies pola universidade (Lifesize, etc).
- Non se poderá empregar o teléfono móbil salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mismo.
- Ter en conta que a ensinanza-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Jose Felipe Trillo Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813826
- Correo electrónico
- felipe.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Varela Portela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813837
- Correo electrónico
- cristina.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Ramon Fernandez Vazquez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- xoseramon.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Isabel Dans Alvarez De Sotomayor
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813829
- Correo electrónico
- isabel.dans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU