Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 136 Horas de Titorías: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O Traballo Fin de Grao (TFG) ten como principal obxectivo a acreditación por parte do/a alumno/a dos coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos de grao, a través da elaboración, presentación e defensa dun traballo orixinal centrado nos contidos que se detallan no seguinte apartado.
A través do desenvolvemento do TFG o/a alumno/a logrará:
1. Integrar os coñecementos teórico -práctico adquiridos ao longo da carreira.
2. Demostrar competencias para planificar, avaliar e innovar a práctica profesional.
3. Desenvolver de forma sistemática un traballo orixinal que inclúe como mínimo os seguintes aspectos:
a) Delimitación do tema
b) Formulación de obxectivos
c) Selección, análise e tratamento de información
d) Elaboración de conclusións e propostas de traballo
O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual ou en grupo dun
traballo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores/as académicos. A posibilidade de elaboración grupal do traballo quedará supeditada á súa inclusión na guía do TFG do Grao correspondente, na que se especificarán as pautas para o seu desenvolvemento, informe e avaliación.
A elaboración do traballo implicará -en calquera das tres modalidades que se establecen, tarefas de análise, diagnóstico, valoración e/ou actuación adaptadas a seu perfil profesional - que poda entenderse tamén como continuación do traballo desenvolto no Practicum- e cuxos contidos deben estar relacionados coas funcións dos pedagogos/as sinalados no apartado A) nalgún dos contextos de aplicación do apartado B).
A) Funcións de:
1. Diagnóstico de situacións complexas arredor do desenvolvemento persoal, social e cultural.
2. Análise integral dos aspectos que conforman situación educativas en diferentes contextos formativos.
3. Deseño, desenvolvemento, implementación e avaliación de:
a) acciones, proxectos y produtos educativos e formativos adaptados aos contextos analizados
b) programas de desenvolvemento persoal, profesional e institucional e de intervención educativa
c) tecnoloxías da información e a comunicación en contornas asociadas aos procesos educativos
B) Contextos de aplicación:
1. Ámbitos de formación ao longo da vida.
2. Contornas virtuais de formación e tecnoloxías da información e a comunicación.
3. Servizos e organizacións educativas e formativas.
Ofrécense tres modalidades de traballo:
a/ Traballo de investigación documental
O/a estudante realiza unha investigación que adopta como base a busca documental sobre unha temática específica, analizando con estas fontes o estado da cuestión dun problema ou realidade educativa presentando un informe claro e coherente no que se achegue unha interpretación fundamentada e unha análise reflexiva sobre o obxecto de estudo.
b/ Traballo de iniciación á investigación
O/a estudante deseña e leva a cabo unha investigación na que, tomando como base a revisión da literatura básica sobre o tema ou realidade educativa obxecto de análise, desenvolve un estudo de campo que complementa a perspectiva teórica cos datos empíricos, dando conta no traballo dos elementos habituais nos informes de investigación.
c/ Deseño dun proxecto de intervención ou innovación pedagóxica
O/A estudante desenvolve unha análise diagnóstica dun contexto (centro, aula...) co obxectivo de concretar as necesidades existentes. En base a elas, deseña un proxecto de intervención educativa e/ou deseña estratexias e recursos innovadores para a acción socioeducativa (metodolóxicas, avaliativas, materiais, persoais…), no que se integran aspectos das diversas áreas de coñecemento cursadas no Grao.
Con carácter orientativo, o traballo deberá adoptar a seguinte estrutura:
- Portada exterior na que figuren: denominación do Grao, título do traballo, nome completo de
autor/a, curso académico e convocatoria.
- Portada interior co título en galego, castelán e inglés.
- Compromiso de cumprimento da Lei de Propiedade Intelectual e a Lei de Protección de Datos.
- Índice dos capítulos e apartados.
- Abstract ou resumo (máx. 200 palabras) e palabras chave (5) en galego, castelán e inglés.
- Introdución .
- Desenvolvemento dos contidos en función da modalidade de TFG
-Conclusións
- Referencias documentais.
- Anexos, se procede.
A extensión poderá variar entre un mínimo de 30 páxinas e un máximo de 40, computables desde a introdución ata as referencias documentais.
Boeglin, M. (2007). Leer y redactar en la universidad: del caos de las ideas al texto estructurado. Alcalá de Guadaira (Sevilla): MAD.
Castello, M. (Coord.) (2007). Escribir y comunicarse en contextos científicos y académicos: conocimientos y estrategias. Barcelona: Graó.
Creme, P. (2000). Escribir en la universidad. Barcelona: Gedisa.
García Sanz, M. P. e Martínez Clares, P. (Coords.) (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y fin de máster. Murcia: Universidad de Murcia.
Vicente, L. (2008). Los caminos del trabajo intelectual: una guía para jóvenes trabajadores intelectuales. Oleiros (La Coruña): Netbiblo, D.L.
Vivanco, V. (2008). El don de la escritura: comunicar con estilo profesional. Madrid: Paraninfo.
a) competencias da titulación ás que contribue a materia
7G Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción, e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
8G Estar en condiciones de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respeto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Pedagoxía, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
6T Manter unha permanente actitud de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
7T Demostrar profesionalidad integrando teoría e práctica.
1E Coñecer, comprender e analizar de modo integral situación educativas en diferentes contextos.
2E Planificar e programar accións formativas.
4E Avaliar programas e accións formativos.
b) competencias específicas da materia
- Poder aplicar os seus coñecementos e comprensión de forma profesional, mostrando a súa capacidade para xerar o soster argumentos e resolver problemas dentro da área propia de estudo.
- Demostrar habilidad epara recoller e interpretar datos relevantes en orde a informar emitindo xuizos que incluan reflexión sobre ámbitos significativos de carácter social, científico ou ético.
Ser capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións a audiencias tanto se son, como si non son especializadas.
- Haber desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxje que son necesarias para continuar os procesos de estudo e formación nun alto grao de autonomía.
Os TFG serán realizados baixo a supervisión dun titor ou titora que oriente e asista ao/á estudante.
O/a titor/a programará sesións de traballo con cada estudante, nas que establecerá a
programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expor ao/á
estudante as características do TFG, e de axudalo no seu desenvolvemento, na procura da
consecución dos obxectivos propostos; e de emitir un informe do TFG que teña tutelado. A Comisión Académica
poderá, excepcionalmente e de forma motivada, nomear un/ha cotitor/a coas funcións que lles
asigne.
O titor ou titora será ordinariamente Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na propia titulación ou téñaa impartida nos dous cursos anteriores.
Excepcionalmente tamén poderán ser cotitores profesores da USC que se atopen nas situacións
indicadas no artigo 5 da Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos TFG na USC.
Os traballos poderán desenvolverse parcialmente no marco de convenios con empresas ou
institucións. Neses casos a matrícula realizarase na USC pero poderá designarse un cotitor que
poderá ser persoal da institución na que se desenvolva o traballo. En todo caso a defensa e
avaliación dos traballos deberá realizarse na USC.
Solicitude de titor/a:
O alumnado matriculado no TFG cubrirá unha solicitude de asignación de titor/a do ordenando as súas preferencias unha vez consultada a relación de temas presentados por cada profesor/a.
O formulario entregarase na Secretaría da Facultade nos prazos fixados a tal fin pola Comisión Académica en cada período de matrícula ordinaria.
Criterioss de asignación: tendo en conta como criterio as preferencias expresadas na solicitude e tomando como criterio selectivo o expediente académico do/a alumno/a.
Realizada a asignación cada estudante deberá contactar co/a titor/a a fin de
delimitar o traballo a realizar e asinar un compromiso de inicio do TFG, que deberá remitirse á Comisión Académica, a través da Secretaría da Facultade no prazo dun mes desde a aprobación da asignación,
coa seguinte información:
a) Título do TFG.
b) Resumo da proposta
c) Sinatura do titor/a e do/a alumno/a e data.
ADAPTACIÓN DA METODOLOXÍA DE ENSINANZA A 3 ESCENARIOS:
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
-As titorías poderán realizarse en parte de xeito telemático.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
-As titorías realizaranse preferentemente de xeito telemático, a través da plataforma da aula virtual e do correo electrónico institucional do docente ou a través da ferramenta corporativa MS Teams e a plataforma Lifesize.
ESCENARIO 3: PECHE DE INSTALACIÓNS
-As titorías realizaranse exclusivamente de xeito telemático, a través da plataforma da aula virtual e do correo electrónico institucional do docente ou a través da ferramenta corporativa MS Teams e a plataforma Lifesize.
A Comisión Académica aprobará e publicará o calendario de depósito e defensa dos TFG.
Entre o depósito e a exposición do traballo deben mediar, polo menos, 7 días naturais.
O alumnado poderá elixir entre dúas modalidades de avaliación, ámbalas dúas en defensa pública:
- 1) avaliación por un tribunal composto por tres profesores/as da USC que impartan docencia no Grao do que non poderá formar parte o titor/a. A cualificación do tribunal poderá ser no intervalo 0-10 puntos, sendo requisito para a mención de “matrícula de honra”
Os membros dos tribunais encargados de avaliar os TFG, serán docentes do grao nese curso académico.
2) Avaliación polo titor/a ao abeiro do artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016, e pola Xunta de Facultade do 22 de abril de 2016. Neste suposto, o/a Titor/a será o/a encargado/a da avaliación e a cualificación non poderá ser superior a notable (8.0) .
O tribunal poderá invitar ás deliberacións ao/á titor/a, en calidade de asesor, con voz pero sen voto.
En ambas modalidades de avaliación teranse en conta os seguintes criterios:
Presentación escrita: máximo 70% da cualificación.
a) Relevancia do obxecto de estudo seleccionado para a profesión, tanto a nivel de coñecemento científico como de achega á práctica profesional.
b) Suficiencia, relevancia e actualidade das fontes consultadas.
c) Xustificación, pertinencia e coherencia do proceder metodolóxico.
d) Concreción e relevancia dos resultados e conclusións atendendo ao ámbito de estudio, aos obxectivos formulados, á reflexión sobre a profesión e á formación recibida.
e) Presentación escrita: calidade da presentación escrita, adecuación ás normas e aspectos formais requiridos, corrección gramatical, coherencia e claridade na redacción.
Presentación oral e defensa do TFG: máximo 30% da cualificación
a) Calidade, adecuación e capacidade síntese na expresión oral
b) Calidade e adecuación dos soportes empregados na exposición
c) Habilidade no manexo de tecnoloxías e/ou materiais previstos na exposición.
d) Capacidade e calidade de argumentación ás preguntas e observacións que puideran formularse polo tribunal ou titor/a.
ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN A 3 ESCENARIOS:
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
-A defensa do TFG realizarase de xeito presencial.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
-A defensa do TFG realizarase preferentemente de xeito presencial. De non poder ser así, realizarase telemáticamente.
ESCENARIO 3: PECHE DE INSTALACIÓNS
-A defensa do TFG realizarase telemáticamente.
A aprendizaxe na asignatura apóiase en:
Lectura detida e reflexiva do programa da materia e da guía para a elaboración do TFG.
- Participación activa nas sesións e/ou seminarios informativos xerais e actividades de aula que se planifiquen.
- Asistencia ás titorías e realización das tarefas indicadas polo titor ou titora.
- Traballo planificado e continuado individual ao longo do curso.
- Presentación en prazo dos traballos encomendados no proceso de elaboración do TFG.
A normativa que regula os TFG en el Grao en Pedagoxía, e que deberá terse en cuenta é:
“Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela aprobada polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2017” regula la realización del TFG. Se puede consultar en: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/descar…
Regulamento dos Traballos Fin de Grao da Facultade de Ciencias da Educación, aprobada polo "Consello de Goberno" 31 de xaneiro de 2017
As tarefas de titorización do TFG adecuaranse ó encargo docente recoñecido polo reitorado de 4 horas no caso dos Graos de Pedagoxía e Educación Social e 5 horas no caso do Grao de Mestre en Educación Infantil e Primaria por alumno/a aínda que este recoñecemento sexa considerado insuficiente dado o número de tarefas encomendadas.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista na elaboración do Traballo fin de Grao. Pódese seguir como referencia a información contida no seguinte enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
MODIFICACIÓNS A REALIZAR EN CASO DE ESCENARIO 3 E 2 SEN POSIBILIDADE DE PRESENCIALIDADE EN INSTITUCIÓNS
No tocante ás modalidades de Traballo Fin de Grao (punto 4 da guía), cómpre reformulalas, nos seguintes termos, polas situacións excepcionais de non presencialidade:
Na modalidade b) Traballo de iniciación á investigación de campo: O/a estudante deseña unha investigación na que, tomando como base a revisión da literatura básica sobre o tema ou realidade educativa obxecto de análise, fundamentará e deseñará a metodoloxía requirida para levar a cabo o estudo de campo: fundamentará teoricamente a investigación e organizará e deseñará os instrumentos e técnicas para poder poñela en marcha aínda que, debido á situación excepcional de non presencialidade non se leve a cabo dita implementación senón que se substitúa pola adaptación á situación contextual posible facendo a planificación para a súa posible implementación.
Beatriz Cebreiro Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813749
- Correo electrónico
- beatriz.cebreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Touriñan Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813757
- Correo electrónico
- josemanuel.tourinan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Adriana Gewerc Barujel
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813785
- Correo electrónico
- adriana.gewerc [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813843
- Correo electrónico
- jesus.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Fernandez Rey
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813696
- Correo electrónico
- elena.fernandez.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Porto Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813839
- Correo electrónico
- anamaria.porto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Antonio Caride Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813754
- Correo electrónico
- joseantonio.caride [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Agustin Godas Otero
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813805
- Correo electrónico
- agustin.godas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rita Maria Radl Philipp
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881813810
- Correo electrónico
- ritam.radl [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Rodriguez Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813764
- Correo electrónico
- antonio.rodriguez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Josefa Mosteiro Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Outon Oviedo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813838
- Correo electrónico
- paula.outon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alicia Diaz Balado
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
David Facal Mayo
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alejandro Sotelino Losada
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Isabel Couce Santalla
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813898
- Correo electrónico
- ana.couce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Julio Cesar Labandeira Sanchez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Do Carmen Cambeiro Lourido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Maria Del Mar Sanjuan Roca
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813811
- Correo electrónico
- mariadelmar.sanjuan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Del Rosario Castro Gonzalez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Josefa Del Carmen Fernandez De La Iglesia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813807
- Correo electrónico
- c.delaiglesia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diana Priegue Caamaño
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Esther Vila Couñago
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813831
- Correo electrónico
- esther.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Mareque Leon
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- francisco.mareque.leon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ana Rodriguez Groba
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Carmen Gomez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Milena Villar Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- milena.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Igor Mella Núñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jesus Garcia Alvarez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813760
- Correo electrónico
- jesus.garcia.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU