Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Aprender a analizar e comprender a realidade educativa desde unha perspectiva pedagóxica, reflexiva e crítica.
b) Usar con solvencia as teorías e conceptos de reflexión pedagóxica para comprender, avaliar e optimizar os procesos educativos que teñen lugar nas diversas situacións educativas.
c) Comezar a usar e avaliar os medios de produción do coñecemento - observar, pensar, actuar e avaliar- tal e como propoñen as mellores tradicións pedagóxicas.
d) Ser capaz de aprender a partir da experiencia como alumnos/as e profesionais en formación, desde a perspectiva do pensamento pedagóxico clave sistemática.
e) Analizar criticamente os principais problemas teórico-prácticos do mundo do ensino.
f) Comprender os principais ideais de formación da cultura occidental desde unha perspectiva histórica.
g) Entender a diferenza de niveis e de diferentes institucións de ensino no seu contexto histórico.
BLOQUE I: O FENÓMENO EDUCATIVO
I.1. O concepto de cultura: entendendo o multiculturalismo
I.2. As Ciencias da Educación como ámbito de coñecemento.
I.3. Conceptualizando a Educación: Fins, dimensións e piares.
I.4. O educando como ser social: a finalidade da educación.
BLOQUE II: A ILUSTRACIÓN: HERDANZAS, CAMBIOS EDUCATIVOS
II.1. A Ilustración: Período de cambio cultural, social e educativo.
II.2. Os Antecedentes ao século das luces: De Trento ao Emilio de Rosseau.
II.3. A Revolución Francesa: una nova maneira de entender a participación social.
BLOQUE III: A EDUCACIÓN NO PENSAMENTO PEDAGÓXICO CONTEMPORÁNEO.
III.1. O movemento da Escola Nova. O pragmatismo de J. Dewey e a pedagoxía experimental: Binet. Montessori, Decroly, Claparede e Piaget.
III.2. As ideas socialistas en educación e a reforma democrática da educación.
III.3. Reformas sociais e renovación pedagóxica: C. Freinet e a pedagoxía da Escola Popular. Políticas democráticas de educación.
III.4. Sociedades tecnolóxicas, neo-liberalismo e crise nos modelos de educación pública. A internacionalización da educación e a desescolarización.
BLOQUE IV: DESENVOLVEMENTO E EVOLUCIÓN DOS SISTEMAS EDUCATIVOS E MOVEMENTOS
IV.1. Paradigmas do pensamento educativo. Evolución histórica dos diferentes ámbitos e áreas principais de intervención.
IV.2. Xénese dos sistemas educativos contemporáneos.
IV.3. Movementos e institucións educativas en España no S.XX.
IV. 3.1. O primeiro terzo do S.XX., o reinado de Alfonso XIII, a ditadura de Primo de Rivera e a II República 1900 – 1939).
IV. 3.2. A Guerra Civil e a ditadura franquista (1939-1975).
IV. 3.3. A transición e os cambios lexislativos en España. (1975 – 2000).
BLOQUE V: INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS CONTEMPORÁNEAS
V.1. A construción histórica da identidade Europea: Repercusións sociais e educativas
V.2. Panorámica internacional do ensino primario e secundario. Unha perspectiva comparada.
V.3. O dereito a educación e as súas implicacións.
Bibliografía Básica
- Carreño, M. (Coord.) (2010). Teorías e instituciones contemporáneas de Educación. Síntesis.
- Colom, A., Bernabeu, J. L., Domínguez, E., y Sarramona, J. (1997). Teorías e instituciones contemporáneas de la educación. Ariel.
- Costa-Rico, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia. Edicións Xerais.
- Pozo-Andrés, M. M. (Coord.) (2004). Teorías e instituciones contemporáneas de educación. Biblioteca Nueva.
Bibliografía Complementaria
- Ainscow, M. (2001, 2ª ed. 2008). Hacia escuelas eficaces para todos. Manual para la formación de equipos docentes. Narcea.
- Bowen, J. (1985). Historia de la Educación Occidental. Tomo III. El Occidente Moderno. Europa y el mundo Moderno. Siglos XVII-XX. Herder.
- Capitán, A. (2000). Educación en la España Contemporánea. Ariel.
- Caride, J. A. (2009). Las fronteras de la pedagogía social: perspectivas científica e histórica. Gedisa.
- Caride, J. A. y Trillo, F. (Dirs.) (2010). Dicionario Galego de Pedagoxía. Edicións Xerais.
- Carreño, M., Colmenar, C., Egido, I., y Sanz, F. (2000). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación. Síntesis.
- Colom, A. J., Domínguez, y. E Sarramona, J. (2011). Formación básica para profesionales de la educación. Ariel.
- Delors, J. (Ed.) (1996). La educación encierra un tesoro. Informe a la UNESCO de la Comisión Internacional sobre la Educación para el Siglo XXI. Santillana, UNESCO.
- Fernández-Soria, J. M. (2002). Estado y educación en la España contemporánea. Síntesis.
- Imbernón, F. (Coord.) (1999). La educación en el siglo XXI. Los retos del futuro inmediato. Graó.
- Lauder, H., Brown, P., Dillabough, J. A., y Halsey, A. H. (2006). Education, globalization and social change. Oxford Oxford University Press.
- Lorenzo, M., Santos-Rego, M. A., Olveira, M. E. y Rodríguez-Martínez, A. (2002). Cooperar para aprender en un mundo de ordenadores. Aula abierta, 79, 15-30.
- Puelles, M. (2008). Política y educación en la España contemporánea. UNED.
- Rodríguez, J. (2009). Teoría de la educación. Arte.
- Romero, C. y Núñez, L. (2003). Pensar la educación. Conceptos y opciones fundamentales. Pirámide.
- Sanchidrián, C. y Ruiz, J. (2010). Historia y Perspectiva actual de la Educación Infantil. Graó.
- Santos-Rego, M. A. (2013). Cosmopolitismo y educación: aprender y trabajar en un mundo sin fronteras. Brief.
- Touriñán, J. M. y Sáez-Alonso, R. (2012). Teoría de la educación, metodología y focalizaciones. La mirada pedagógica. Netbiblo
- Touriñan, J. M. (2016). Pedagogía general: principios de educación y principios de intervención pedagógica. BelloyMartinez.
- Trilla, J. (Coord.) (2007). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI. Graó
a) Fomentar a convivencia dentro e fora da aula, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal.
b) Desenvolver técnicas de aprendizaxe cooperativa.
c) Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer os modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
d) Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fora dela, relativos ao período 6-12 anos.
e) Coñecer os fundamentos da educación primaria.
f) Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa.
g) Capacidade para transferir os coñecementos previos e a procura de información á elaboración de xuízos e reflexións propias sobre os contidos.
h) Utilización e dominio dunha segunda lingua.
i)Coñecemento e perfeccionamento no ámbito das TIC.
j) Procura activa de emprego e capacidade de emprendemento.
Competencias Xerais:
G.5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G.8 Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, dos valores e das institucións sociais públicas e privadas.
G.9 Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sustentábel.
G.10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre as e os estudantes.
G.12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Específicas:
E.7 Promover o traballo cooperativo e o traballo e o esforzo individuais.
E.8 Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
E.10 Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula.
E.12 Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
E.13 Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación, identificando indicadores de avaliación.
Competencias Básicas:
B.1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atopa habitualmente a un nivel que, malia apoiarse en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Transversais:
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
O desenvolvemento desta materia basearase nunha metodoloxía activa e participativa que favoreza a adquisición dos coñecementos teóricos que teñen que ver coa Teoría e a Historia da Educación, e tamén as habilidades e destrezas necesarias para poñer en práctica en contextos diversos os coñecementos adquiridos. Apostamos por unha aprendizaxe reflexiva, non mecánica, na que o alumnado vaia adquirindo responsabilidades ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, ao tempo que desenvolve as capacidades e habilidades precisas para facer fronte aos diversos contextos de intervención dun/unha mestre/a.
Falamos, polo tanto, dunha aprendizaxe centrada no propio alumnado, de forma que se favoreza a súa participación activa, adquirindo responsabilidades no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo capacidades e competencias de razoamento. A conxunción destes factores posibilitarán que o alumnado adquira uns coñecementos e razoamentos estruturados que, con posterioridade, poderá aplicar nos distintos contextos de intervención pedagóxica.
É por isto que unha das nosas prioridades será implicar activamente ao/á estudante en procesos de busca, experimentación, reflexión, e aplicación dos coñecementos, a través do estudo de situacións reais e problemas relevantes nunha sociedade como a nosa, cambiante e diversa.
Teñamos presente que o valor educativo dos contidos se pon de manifesto cando os coñecementos xorden como resposta a preguntas verdadeiras, a problemas sentidos.
A cooperación entre iguais será unha estratexia didáctica de vital importancia ao longo do cuadrimestre, por ser un marco especialmente axeitado para o diálogo, o debate, a discrepancia e, por suposto, o respecto ás diferenzas.
É importante salientar a posibilidade da realización de saídas de campo e visitas a lugares de interese dentro e fora de Santiago de Compostela, sempre que complementen os contidos desenvoltos nas sesións de aula. Asemade, tamén existirá a posibilidade de que algún grupo de alumnado poda desenvolver un proxecto de aprendizaxe-servizo onde se vinculen as aprendizaxes da materia con algún servizo a comunidade.
Así as cousas, a nosa función como docentes pode concibirse como a titorización da aprendizaxe dos/as estudantes, o que implica deseñar, planificar, estimular, acompañar, e reconducir os seus procesos de aprendizaxe.
A materia contará cunha aula virtual que será imprescindible para o seu seguimento. Neste espazo non só se presentaran os materiais de traballo necesarios para as sesións , senón que tamén se utilizará para facer as entregas dos documentos grupais e individuais e para a comunicación, cando faga falta. En consecuencia, o uso regular da aula Virtual será fundamental ao longo da materia.
É claro que o proceso de avaliación debe ser continuo, aínda contando coas limitacións propias dunha materia cuadrimestral. Debe abranguer tamén todas as dimensións que se implican nun proceso de ensino-aprendizaxe dirixido ao fomento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios que informen a consecución, en parámetros suficientes, dos obxectivos formulados. A realización e entrega das actividades prácticas e da recensión, xunto co traballo monográfico son condición necesaria para poder acadar unha avaliación positiva. Deste xeito, establécese que:
50% = Exame con cuestións de resposta curta, no cal se avaliará o dominio dos coñecementos teórico-prácticos. Para poder superar a materia é necesario acadar alomenos un 25% nesta proba.
15% = Prácticas, Dinámicas de Aula e Saídas de Campo, as cales se recollerán nunha memoria que se entregará ao final do cuadrimestre. Cada práctica terá unha puntuación individual en función da dificultade da mesma e o tempo adicado.
10% = Lectura e Recensión (en aula) dun dos seguintes libros:
- Meirieu, P. (1998). Frankenstein Educador. Laertes.
- Aldecoa, J. (2007). Historia de una maestra. Punto de lectura.
- Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos. Kalandraka
- Savater, F. (2007). El valor de educar. Ariel.
A data desta recensión será acordada co grupo aula nas tres primeiras semanas de clase.
15% = Realización dun traballo monográfico en grupo (non excederá os cinco membros) a través do cal os/as estudantes afonden nos contidos da materia. A temática do traballo será acordada nas tres primeiras semanas de clase.
Este traballo monográfico poderá ser substituído pola realización dun proxecto de aprendizaxe- servizo acordada co/coa docente e sempre no eido da Teoría e Historia da Educación Escolar. Dita experiencia de ApS terá o mesmo peso na avaliación da materia.
10 % = Exposición do traballo grupal.
IMPORTANTE: Non se poderá superar a materia sen ter realizado e entregado todas as actividades recollidas nesta guía. Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso na avaliación do alumno ou alumna na convocatoria.
NOTA ALUMNADO DISPENSA/EXENCIÓN: Considerando a Instrucción 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención de docencia, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, agás no que atinxe á realización da memoria de prácticas, que será substituída pola realización dun traballo acordado co profesorado da materia nas tres primeiras semanas de clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos/as estudantes e de revisión de cualificacións.
- Créditos totais da materia: 6 ECTS. Horas presenciais: 51.
Horas de traballo autónomo: 99.
Concretamente, o total de volumen de traballo repártese da seguinte forma:
- Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
- Actividades titoriales en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
*Non se computarán os traballos e a reseña se non se supera a proba final de avaliación.
*Non se poderá ter a materia superada sen ter entregado todas as actividades requeridas no programa.
a) Asistencia regular ás clases.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica o profesorado.
c) Ler os apuntamentos cada día e expor as dúbidas ao profesorado sen demora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva ao redor da materia, e construír os piares acerca dun corpo de coñecementos sobre o campo socio-educativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.
Recoméndase ao alumnado levar ao día a materia, o traballo continuado. Igualmente, destacamos a importancia de asistir ás sesións de titoría non obrigatorias para clarificar posibles dúbidas ou dificultades. Para superar a materia será imprescindible ter acadada unha valoración suficiente na proba final, e ter demostrado unha contribución efectiva no traballo cooperativo.
A plataforma da universidade utilizarase para poñer o dispor de todos os membros da clase esquemas dos diferentes temas tratados, as presentacións utilizadas na aula (PowerPoint), os modelo de documento de avaliación (rúbricas) que o profesorado vai a utilizar en cada actividade e outra información de interese para o alumnado.
A plataforma tamén se utilizará para facer as entregas dos documentos grupais e individuais e para a comunicación asíncrona, cando faga falta. As lecturas sinaladas nos diferentes temas están escollidas para o dominio dos contidos, pero non son obrigatorias todas elas. O profesorado indicará en cada momento que textos son imprescindibles e cales serven como ampliación e documentación de apoio ós traballos.
É importante resaltar que o Consello de Goberno de 25/03/2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
Responsabilidade medioambiental:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
*Con todo, as tarefas se entregaran a través da aula virtual da materia.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
David Garcia Romero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821010
- Correo electrónico
- d.garcia.romero [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Patricia Alonso Ruido
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ce) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 (Li - Ra) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_05 (Re - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Ci - Gom) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 (Gon - Le) + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
16.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
16.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
16.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
16.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
22.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Gom) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
22.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Gon - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |