Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Entender no contexto do grao de Bioquímica as implicacións dos procesos que os xenobióticos sofren nos seres vivos.
- Ter unha comprensión global da forma en que un fármaco ou tóxico pode interaccionar coas estruturas moleculares e celulares.
- Valorar e comprender o efecto dos xenobióticos en modelos biolóxicos.
T.1.- Introdución. Concepto de xenobiótico e fármaco.
T.2- Interaccións moleculares dos fármacos nos seres vivos.
T.3.- Procesos cinéticos dos fármacos nun organismo
T.4.- Modelos teóricos da interacción dos fármacos coas células e as súas biofases
T.5.- Fármacos: as súas accións nos sistemas biolóxicos.
T.6.-. Cribado dos fármacos. Identificación dos seus efectos.
T.7. Cuantificación da actividade dos fármacos
T.8.- Ensaios moleculares con estruturas celulares
T.9.- Ensaios in vitro.
T10. Ensaios in vivo. Estudos en animais de experimentación: Modelos animais. Lexislación aplicable
Prácticas:
Práctica 1: Ferramentas básicas para estudos de interaccións moleculares.
Práctica 2. Introdución a técnicas de alto rendemento.
Práctica 3: Cuantificación da interacción fármaco-receptor.
Práctica 4: Simulación informática do efecto de xenobióticos in vitro.
Práctica 5. Simulación informática de experimentos in vivo.
Seminarios:
Modelos farmacocinéticos
Cinética dos niveis de fármaco no organismo.
Deseño dun método para avaliar o efecto de fármacos
BIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL:
Velázquez, Manual de Farmacoloxía Básica e Clínica, Editorial Médica Panamericana, 2014
Brunton, L. L., Hilal- Dandan R., Kollmann, B. C. Goodman and Gilman’ s The Pharmacologic Basis of Therapeutics. 14ª Ed. McGraw- Hill Publishing Company, 2018
John Dickenson, Fiona Freeman, Chris Lloyd Mills, Shiva Sivasubramaniam and Christian Thode. Molecular Pharmacology: From DNA to Drug Discovery. Wiley- Blackwell. 2013
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Rang HP, Dale MM, Ritter JM, Flower RJ. Farmacoloxía (7º ed). Elsevier, 2012
Ruiz- Gayo, Fernandez-Alonso, Fundamentos de Farmacoloxía básica e clínica. Editorial Médica Panamericana, 2014
Principalmente artigos das revistas:
Molecular Pharmacology, British Journal of Pharmacology, The Journal of Pharmacology and Experimental Therapeutics e Nature Reviews Drug Discovery
Florez J, Armijo JA, Mediavilla A. Farmacoloxía Humana (6ª ed). Elsevier, 2014
Dev Bukhsh SinghDev. Computer- Aided Drug Design. Springer. 2020_ Bukhsh_Singh
Annette Gilchrist.
GPCR molecular pharmacology and drug targeting. Wiley. 2010
LIGAZÓNS RECOMENDADAS
Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios: http://www.aemps.gob.es/
Vademecum: http://www.vademecum.es/
Competencias básicas e xerais:
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
CB5-Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG4.- Ter unha visión integrada do funcionamento celular (incluíndo o metabolismo e a expresión génica), abarcando a súa regulación e a relación entre os diferentes compartimentos celulares.
Competencias específicas transversais:
CT2. Capacidade para organizar e planificar.
CT3. Capacidade para traballar en equipo.
CT7. Capacidade para a resolución de problemas.
CT14. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica. Competencias específicas
CES12. Coñecer os principais métodos para o ensaio da actividade biolóxica dos compoñentes celulares tanto in vitro como in vivo. Ser capaz de monitorizar a presenza de xenobióticos (fármacos, contaminantes, biocidas dopantes, etc.).
As clases maxistrais consistirán na explicación dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual, en combinación con tarefas na aula relacionadas coa explicación impartida por parte do persoal docente, utilizando o encerado e medios audiovisuais.
Os seminarios son actividades complementarias que se intercalarán co contido teórico do programa.
Tanto as clases maxistrais como os seminarios realizaránse na aula en sesións de 50 minutos.
Ao longo do curso asignaranse tarefas ao estudante (estudo, traballos, lecturas) que serán orientadas polo persoal docente nas sesións de titoría. As entregas de tarefas ou cuestionarios asociados realizaránse na aula presencialmente ou a través da aula virtual, seguindo as instrucións do profesorado.
As prácticas de laboratorio servirán para complementar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades inherentes ao traballo experimental. As clases prácticas impartiranse no laboratorio de prácticas do Departamento de Farmacoloxía.
As titorías en grupos reducidos empregaranse para organizar tarefas e orientar o traballo do alumnado e desenvolveranse na aula.
A aprendizaxe do alumno durante as prácticas avaliarase mediante a entrega dos resultados das actividades realizadas ao finalizar a práctica.
Realizarase unha avaliación continua da aprendizaxe durante as sesións expositivas e seminarios mediante cuestionarios e tarefas realizados polo alumno ao longo do curso. Valoraranse tamén os coñecementos adquiridos na materia mediante un exame final presencial.
CUALIFICACIÓN FINAL:
1) 15% Prácticas (ata un 3% cada práctica). CT14, CG4, CES12
2) 35% Avaliación continua (participación activa en clases, cuestionarios, tarefas). CB2, CB5, CT2, CT3, CT7
3) 50% Exame: exame tipo test e/ou pregunta curta no que se valorarán os coñecementos adquiridos na materia. Na cualificación dos exames aplicarase unha corrección para a probabilidade de acerto por azar. CB5, CG4, CES12
É necesario superar un mínimo en cada parte para superar a materia. Da cualificación final (sobre 10 puntos):
1) Polo menos 0,75 puntos deben provir de prácticas
2) Polo menos 1,75 puntos deben provir da avaliación continua
3) Polo menos 2,5 puntos deben provir do exame
Se non se cumpre o anterior, como calificación final do alumno na acta figurará a nota máis alta das obtidas en cada apartado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Exames:
Primeira oportunidade: Martes 21 de maio de 2024 as 10 horas, Aulas 3 e 4, segunda planta
Segunda oportunidade: Martes 2 de xullo de 2024 as 16 horas, Aulas 3 e 4, segunda planta
Tempo de estudo
O traballo do estudante correspondente aos 6 créditos ECTS da materia (150 horas) repártense do seguinte modo:
Horas presenciais: Sesións Expositivas: 30 horas
Sesións Interactivas Seminario: 3 horas
Sesións Interactivas de Prácticas: 15 horas
Horas de Titorías: 3 horas
Total (PRESENCIAIS): 51
Horas de traballo autónomo:
10 horas de elaboración de traballos
10 horas de procura e revisión bibliográfica
79 horas de estudo persoal
Total (non presenciais): 99
Maria Del Carmen Vale Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 982822223
- Correo electrónico
- mdelcarmen.vale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Vilariño Del Río
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- natalia.vilarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sandra Raposo García
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- sandra.raposo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Alejandro Cao Cancelas
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- alejandro.cao.cancelas [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
21.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
21.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
02.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
02.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |