Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Latina, Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer o ámbito da produción textual no mundo antigo e o xeito no que os filólogos sustentan dialecticamente a produción literaria.
2. Exploración de certos paradigmas críticos que vinculan a literatura co denominado xiro espacial; en particular, a xeografía e as cartografías literarias.
2. Coñecer diferentes aproximacións ao(s) conceito(s) de cultura e das suas aplicacións, asi como algunhas das mudanzas que esta área de estudos ven experimentando nas últimas décadas.
1. Literatura e literaturas na Antigüidade: o caso de Grecia e Roma.
1.1. Escenarios de produción do texto: oralidade e escrita.
1.2. Diálogos entre linguas e culturas. De Grecia a Roma, de Palestina a Grecia. Da Roma antiga ao Occidente medieval.
1.3. Copistas e filólogos: diálogos entre textos e comentarios.
2. Alternativas teóricas: xiro espacial e produción de lugar.
2.1. Xeografía literaria: fontes e fitos principais
2.2. Prontuario teórico e metodolóxico: xeografías literarias.
2.3. Cartografías literarias: límites e posibilidades. Casos prácticos.
3. Conceito(s) de cultura. Estudos da cultura como un novo ámbito do saber.
2.1. Obxectivos e aplicacións dos estudos e da análise da/na cultura.
2.2. Literatura e cultura nos procesos actuais de internacionalización. O caso do Brasil.
T.1
Bibliografía básica
Ford, Andrew (2002). The Origins of Criticism. Literary Culture and Poetic Theory in Classical Greece, Princeton University Press, Princeton and Oxford.
Reynolds, Leighton D. , Nigel Wilson (1995). Copistas y Filólogos. las vías de transmisión de las literaturas griega y latina, Gredos, Madrid.
Struck, Peter (2004), Birth of the Symbol, Ancient Readers and the Limits of their Texts, Princeton University Press, Princeton and Oxford.
Bibliografía Complementaria
Coulter, James A. (1976). The Literary Microcosm: Theories of Interpretation of the Later Neoplatonists, Leiden, Brill.
Gardini, Nicola (2017), Viva el latín. Historia y belleza de una lengua inútil, Crítica, Barcelona.
Lamberton, Robert (1989), Homer the Theologian: Neoplatonist Allegorical Reading and the Growth of the Epic Tradition, University of California Press,
Vallejo, Irene (2020), El infinito en un junco, Siruela, Madrid.
T.2.
Bibliografía básica
Collot Michel (2014), Pour une géographie littéraire, Éditions Corti, París.
Ryan, Marie-Laure, Kenneth Foote y Maoz Azaryahu (2016), Narrating space / Spatializing Narrative, The Ohio State University Press, Columbus.
Tally, Robert T. (2017), The Routledge Handbook of Literature and Space, Routledge, Nueva York.
Bibliografía Complementaria
Conforme avancen as sesións docentes e se entre nos diferentes apartados do programa, o profesor especificará referencias bibliográficas complementarias.
T.3
Bibliografía básica
Bourdieu, Pierre (2002). «Les conditions sociales de la circulation internationale des idées», Actes de la recherche en sciences sociales, 5 no 145, p. 3-8.
Even-Zohar, I. (2007-2010). Papers in Culture Research, Tel Aviv, Unit of Culture Research, Tel Aviv University. Disponible em: http:// www.tau.ac.il/~itamarez/works/books/EZCR-2005_2010.pdf.
Bibliografía Complementaria
Casanova, Pascale (2014). «Consécration et accumulation de capital littéraire. La traduction comme échange inégal».Actes de la Recherche em Sciences Sociales, n. 144, p. 7-20.
Coelho, Teixeira (2004), Dicionário crítico de política cultural. Cultura e imaginário, São Paulo: Iluminuras.
Fouces González, C. (2011). La traducción literaria y la globalización de los mercados culturales, Comares, Granada.
Jeanpierre, Laurent/Roueff, Olivier (dirs.) (2014). La culture et ses intermédiaires: dans les arts, le numérique et les industries criatives. Paris: Éditions des Archives Contemporaines.
Sapiro, Gisèle (dir.) (2008), Translatio. Le marché de la traduction en France à l'heure de la mondialisation, Paris: CNRS Éditions.
Sapiro, Gisèle (dir.) (2009), Les contradictions de la globalisation éditoriale, Paris: Nouveau Monde.
Sorá, Gustavo (2002). “Frankfurt y otras aduanas culturales entre Argentina y Brasil. Una aproximación etnográfica al mundo editorial”. Cuadernos de Antropología Social, n.15, 2002, pp. 125-143.
Warnier, Jean-Pierre (2007). La mondialisatíon de la culture, Paris: La Découverte.
-Coñecemento panorámico e comprensión do xeito de proceder no Mundo Antiguo, o valor do texto, o papel da escrita na configuración mental e cultural das sociedades antigas.
- Comprensión da encrucillada actual da crítica literaria, mediante o afondamento dalgunas das súas manifestacións máis relevantes.
- Adquirir o hábito e métodos para as análises interdisciplinarias (imprescindíbeis na ‘lectura das linguaxes da cultura’).
Nun desexable e prioritario escenario de docencia presencial, a materia desenvolverase mediante a presentación dos contidos fundamentais do seminario a través de explicacións do profesorado, acompañadas da distribución dunha bibliografía xeral e da recomendación de lectura e estudo dun corpus teórico-crítico básico que posteriormente será analizado en sesións de debate.
O tema 1 será responsabilidade da profesora Helena de Carlos. O tema 2 será da responsabilidade do profesor Fernando Cabo Aseguinolaza. Será a profesora Carmen Villarino Pardo quen imparta o tema 3. Cada un dos tres ámbitos ocupará un total de sete sesións. Na primeira reservarase un tempo para a presentación global da materia.
A Aula Virtual será un elemento importante no desenvolvemento da docencia, e máis aínda nos escenarios de semipresencialidade e non presencialidade descritos no apartado "Observacións".
Efectuarase a partir da continuidade no seguimento do curso e da participación activa e rigorosa no conxunto dos debates que se desenvolvan. Valorarase de maneira particular a incorporación de perspectivas innovadoras e orixinais, fundamentadas en lecturas e reflexións propias e na asimilación crítica da información fornecida polo profesorado. Cabe a posibilidade de que o estudantado realice exposicións. O valor destes factores —participación e exposicións— alcanzará o 30 % da calificación final da materia e o resultado sairá da media das notas alcanzadas en cada un dos sectores do programa.
Ademais, cada estudante presentará un traballo académico individual (70% da calificación final), ben referido a algún dos bloques do programa ben de carácter transversal, cunha extensión entre 2.000 e 2.500 palabras para o alumnado Crossways e entre 4.000 e 4.500 palabras para o alumnado MELC, incluídas xa nese cómputo a bibliografía e as notas a rodapé.
Cada alumno/a acordará a cal dos/as profesores/as da materia entregará ese traballo, que estará relacionado coa respectiva parte do programa da que se ocupou esse/a profesor/a. En todo caso, deberá tenderse a un reparto equilibrado dos traballos entre os/as tres profesores/as. A data límite de entrega do traballo fixarase oportunamente pero pode calcularse que se situará en torno ao mércores 8 de xaneiro de 2020. O/A docente que reciba o traballo será quen propoña a cualificación para o/a alumno/a neste apartado, que suporá un 70% da nota da materia.
Todo o anterior é válido por igual para as dúas oportunidades de cada convocatoria. Á marxe do sinalado, os casos que presenten especificidades non mencionadas nesta programación serán sometidos ao criterio da comisión académica do Máster, que será quen colexiadamente fixe a norma oportuna de aplicación.
A avaliación para o alumnado con dispensa de docencia emitida polo Decanato consistirá num exame (na data oficial marcada pola Faculdade) que representará o 100% da avaliación da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Nun ámbito de docencia presencial a estimación é a seguinte:
- Presentación das sucesivas partes da materia e da súa organización: 2 horas presenciais.
- Titoría personalizada: 3 horas presenciais.
- Exposicións teóricas e metodolóxicas a cargo do profesor: 42 horas presenciais.
- Lecturas complementarias: 36 horas de traballo autónomo.
- Preparación das intervencións na aula: 9 horas de traballo autónomo.
- Traballo en grupo á marxe das sesións conxuntas: 12 horas de traballo autónomo.
- TOTAL: 110 h.
O contido dos ítems precedentes refírese exclusivamente ao suposto do Escenario 1 ("normalidade adaptada") descrito nas "Bases para o Desenvolvemente dunha docencia presencial segura no curso 2020-21" aprobada pola USC o 19 de xuño de 2020.
Detállanse a seguer as adaptacións que terán lugar no caso de que se produzan os Escenarios 2 e 3.
1.-Escenario 2 (clases presenciais pero con distanciamento e medidas de prevención de contaxios):
-Agás que a situación se agrave, a docencia será fundamentalmente presencial.
-As tutorías poderán ser presenciais ou telemáticas (vía Teams).
-Os contidos do programa manteranse.
-Os criterios de avaliación non sufrirán modificacións respecto aos expostos: asistencia a clase, traballo activo e participativo, e traballo final.
2.-Escenario 3 (peche das instalacións):
-A docencia será completamente virtual vía Teams e se realizará de forma síncrona.
-A tutorías serán telemáticas.
-Os contidos do programa poderán sufrir modificacións que se especificarían no seu momento, dependendo de cando se producise o escenario 3.
-Os criterios de avaliación sufrirán as modificacións que a Reitoría indique pero, no fundamental, seguirá a ser obxecto de avaliación a asistencia ás clases telemáticas, a participación activa nestas e o traballo final (que se entregaría mediante "Tarefas" da Aula virtual). O alumnado con pouca ou nula conectividade nos seus domicilios porase en contacto coa coordinadora no momento mesmo de inicio deste hipotético Escenario 3.
-O material bibliográfico estará a dispor dos estudantes na aula virtual desta materia.
-De haber algún estudante con dispensa oficial, a proba de avaliación farase mediante Aula Virtual e contará o 100% da cualificación.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ma Del Carmen Villarino Pardo
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811781
- Correo electrónico
- carmen.villarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Fernando Cabo Aseguinolaza
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811807
- Correo electrónico
- fernando.cabo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | D08 |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | D08 |