Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Xerais
-Desenvolver estratexias de aula para a reflexión e o debate.
-Acadar unha competencia comunicativa en FLE eficaz para os contextos profesionais.
Conceptuais
-Analizar o léxico específico para a expresión das ideas e os contidos da xestión cultural.
-Adquirir modelos e procedementos que permitan Interpretar, analizar e avaliar adecuadamente procesos de xestión cultural en lingua francesa.
-Profundar no papel e aplicación das TIC mesmas.
-Reflexionar sobre os vínculos entre o ensino/aprendizaxe de linguas e as competencias inter/transculturais.
-Coñecer e valorar diferentes tipos de propostas de xestión ligadas a unha lingua e cultura outras que a propia.
Procedimentais
-Familiarizarse coa linguaxe específica da cultura e a xestión en lingua francesa.
-Comprender, comparar e elaborar discursos escritos e orais para o deseño, programación e difusión en lingua francesa de proxectos culturais.
-Participar activamente en espazos de mediación cultural.
-Manexar diversas ferramentas, en especial aquelas vinculadas ás TIC, para a aprendizaxe autónoma.
Os contidos xerais que seguen serán distribuídos en varios percorridos que se especificarán na guía didáctica da materia:
Contidos transversais
-A lingua a través das súas manifestacións de carácter cultural (de índole musical, cinematográfica, artística, etc.) e do ámbito das celebracións, espectáculos e outras manifestacións festivas e de ocio.
-Linguaxe específica do ámbito da cultura e a xestión.
-Casos prácticos: deseño, programación e difusión en lingua francesa de produtos culturais.
-A transmisión patrimonial.
Contidos específicos
-Directrices e estratexias para a xestión en lingua francesa da cultura nas súas diferentes manifestacións.
-Noción de cultura na aprendizaxe de linguas.
-Xestión de proxectos culturais en lingua francesa: concepción e posta en práctica.
-Mediación cultural: competencias de mediación lingüística e potencial da figura de espectador/a.
-Capacidades comunicativas en francés para tarefas profesionais.
-Toma de decisións e organización do traballo en equipo.
BENHAMOU, Françoise (2015) L`économie de la culture. Paris : La Découverte.
CHAUMIER, Serge; MAIRESSE, François (2015) La médiation culturelle. Paris : Armand Colin.
CHARPENTIER, Isabelle (dir.) (2006) Comment sont reçues les œuvres. Grane : Creaphis.
COULAGEON, Philippe (2006) Sociologie des pratiques culturelles. Paris : La Découverte.
FLEURY, Laurent (2016)3 Sociologie de la culture et des pratiques culturelle.Paris : Armand Colin
HOFSTEDE, Geert (1991) Vivre dans un monde multiculturel : Comprendre nos programmations mentales. Paris : Editions d'organisation.
MAIRESSE, François; BALLARINI, Marie (col.) (2016) Gestion de projets culturels: conception, direction et mise en oeuvre Paris : Armand Colin,
TOBELEM, Jean Michel (2017) La gestion des institutions culturelles: musées, patrimoine, centres d`art. Malakoff : Armand Colin,
TROMPENAARS, Fons et HAMPDEN-TURNER, Charles (2008) L'entreprise multiculturelle. Paris : Maxima.
Competencias xerais:
-CX1 – que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura derivados da súa secundaria xeral e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegas recentes.
-CX2 – que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e que posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e a Cultura.
-CX3 – que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar dados relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e a Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-CX4- que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non.
-CX5- que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas da materia:
-CE7 – Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
-CE8 – Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario.
-CE9 – Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Competencias transversais
- CT-1- Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situación comunicativas diversas.
- CT-2 – Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
- CT-3 – Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
- As clases alternarán a modalidade expositiva e interactiva que poderán combinarse nunha mesma sesións.
- As secuencias expositivas aportarán o marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Incluirán espazo para as propostas do alumnado, a análise e reflexión crítica e a posta en común.
-Nas secuencias interactivas, xunto co debate e discusión de casos, se porán en práctica os contidos das secuencias expositivas a través de documentos auténticos e supostos concretos.
-Os traballos do alumnado para a resolución ou proposta de casos prácticos serán decididos na aula e/ou a través do campus virtual.
-As tarefas do alumnado serán atendidas na aula e nas sesións de titoría.
-O campus virtual da USC é o soporte de documentos de distinta natureza que completan os contidos das aulas así como das achegas do alumnado.
A avaliación da materia será continua e final. Concederase unha grande relevancia á participación na dinámica das aulas e ás tarefas realizadas e presentadas nelas. Terá non obstante especial peso na nota a elaboración e defensa dun proxecto final sobre un caso práctico.
Para a superación da materia, cada estudante deberá :
- participar activamente nos comentarios e debates xerados na aula.
- realizar as tarefas sinaladas no transcurso da materia.
- elaborar e defender un proxecto final para a xestión cultural en FLE.
A valoración deste proxecto terá en conta a calidade do propio documento elaborado, a defensa oral e a exposición. Para a presentación oral teranse en conta a claridade expositiva, a calidade e interese da proposta, o uso dunha fonética produtiva e a calidade da expresión oral en lingua francesa.
Porcentaxes estimadas de parámetros avaliables :
-asistencia ás clases e participación activa (15%)
-realización e exposición de tarefas específicas (35%)
-realización e exposición do proxecto final (50%)
Avaliación en segunda oportunidade
O alumnado que non supere a materia segundo os parámetros de avaliación descritos, contará coa posibilidade de presentarse á segunda edición ordinaria coa parte que teña suspensa (traballos e/o proxecto) o á través dun traballo titorizado acordado previamente coa persoa ou persoas responsables da materia.
Alumnado en segunda matrícula
As persoas que estean matriculadas nesta materia por segunda vez deberán consultar coa profesora ou o profesor responsable as condicións para a súa avaliación.
Dispensa de asistencia a clase
O alumnado que precise dunha dispensa de asistencia ás aulas presenciais deberá presentar esta petición oficialmente e tal dispensa deberá ser aprobada pola Comisión Académica do Grao.
As persoas con dispensa de asistencia a clase aprobada:
* con data anterior ao inicio das clases presencias, deberán fixar e acordar coas profesoras as horas de titoría correspondentes (entre 3h e 5h) para permitir un seguimento axeitado da progresión da materia.
* serán avaliadas segundo as porcentaxes estimadas que seguen:
-realización de tarefas específicas programadas (30%)
-proxecto final (40%)
-proba final teórico/práctica (30%)
Alumnado con diversidade funcional
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade temporal deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo ‘Servizo de promoción e integración universitaria’ da USC e informar á docente da materia durante as dúas primeiras semanas do semestre para que sexan aplicadas as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes.
Traballo presencial - Clases presenciais (36h):
- Sesións expositivas – 18 h
Tratarán os distintos contidos e reservarán un espazo para a reflexión e o debate. Servirán para orientar o traballo das clases interactivas e do traballo autónomo.
-Sesións interactivas – 18h
Estarán centradas nas exposicións, debates, elaboración e corrección de exercicios e traballos prácticos, na análise de casos e na valoración de propostas.
-Titorías individuais e en grupo – 4h (+ 5h de avaliacións e outras actividades)
Terán como obxectivo a guía e atención personalizada da evolución das tarefas e do proxecto final.
Traballo persoal (67.5h):
Este traballo inclúe:
-estudo autónomo ou en grupo
-procura e elaboración de materiais e de propostas
-preparación de debates e sesións orais
-lectura, visionado, etc. dos documentos propostos
-busca de información, bibliografía e outros materiais (en biblioteca e na web) e lecturas recomendadas.
-elaboración e exposición do proxecto final.
Sería recomendable que o alumnado desta materia tivera un nivel en torno ao B1 do MCER en FLE para poder facer un seguimento adecuado das aulas.
Tanto nas sesións interactivas como nas expositivas será necesaria a participación activa do alumnado para a correcta progresión e a superación da materia.
O campus virtual da USC é o soporte de documentos de distinta natureza que completan os contidos das aulas así como o espazo de aportación das diferentes tarefas do alumnado.
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo de exame | Aula 12 |
23.06.2022 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |